Alt-P

Alt-P

Follow Alt-P
Share on
Copy link to clipboard

Alt-P é o podcast sobre tecnoloxía, ciencia, videoxogos, series e todo aquelo que sexa considerado friki e raro. Un podcast onde falar de todo o que rodea aos ordenadores, os cables e os aparellos varios porque deso é xusto do que falamos en altg.net

AgosReigosa


    • Feb 21, 2016 LATEST EPISODE
    • infrequent NEW EPISODES
    • 25m AVG DURATION
    • 10 EPISODES


    Search for episodes from Alt-P with a specific topic:

    Latest episodes from Alt-P

    #10 Videoxogos para tres

    Play Episode Listen Later Feb 21, 2016 62:08


    Neste novo Alt-P falamos de videoxogos, facemos un percorrido polo que foi a nosa experiencia persoal neste mundo tan diverso e apaixoante cunha liguaxe apta para todos os públicos. Dende os nosos comezos ata o que agardamos do futuro, a realidade virtual e esa nova modo dos deportes elecrónicos da man de Carlos Morales e Berto Yáñez. Se todo isto soa chino para ti, está no sitio adecuado. Unha de hora de podcast onde aprender e entender o mundo dos videoxogos dende un punto de vista moi cercano.

    #9 Tres series de humor que non atoparás en Netflix

    Play Episode Listen Later Oct 28, 2015 10:24


    Facemos un repaso a tres series de humor que tiveron pouco percorrido por españa e que de seguro vos farán pasar un tempo diante da tele. Tres series curtas coas que calquera pode relaxarse e pasalo ben. Música: Professor Kliq, Wire & Flashing Lights Spaced Soundtrack Fligth of the Conchords Soundtrack Bored to Death Soudtrack

    #8 Let's Play

    Play Episode Listen Later Mar 8, 2015 26:38


    Neste novo episodio falamos de xogos para todos, de unha serie de videoxogos con prezos reducidos, doados de xogar e dispoñibles para todas as plataformas para que ninguén se quede sen descubrir o mundo dos píxeles independientemente de cal sexa a súa plataforma, Windows, Mac ou Linux.

    #7 Microsoft 10

    Play Episode Listen Later Jan 22, 2015 29:46


    Co novo ano chega un novo podcast xunto con algúns cambios. Falamos de smartwatches que non son tan intelixentes e algún que o queren ser. Revisamos as Google Glass agora que marchan e Whatsapp web agora que chega. Por último falamos da presentación de Microsoft con Windows 10 como refente.

    #6 Aniversarios

    Play Episode Listen Later Dec 18, 2014 21:16


    Voltamos tras o especial dando as gracias pola acollida e falando de resumos do ano e listas de agasallos, de premios a videoxogos e películas para ver no nadal, tanto de videoxogos como de cine independiente. E evidentemente celebramos uns cantos aniversarios, un por sección para ser exactos.

    #5 Especial Podcast

    Play Episode Listen Later Dec 4, 2014 29:56


    Facemos un percorrido pola creación de un podcast, dende a súa idea e guión ata a súa circulación pasando pola gravación e edición. Falamos das diferentes opcións e métodos e dos programas máis usados. A nova era do podcast está aquí para quedarse, non te quedes fóra dela.

    #4 Anuncios

    Play Episode Listen Later Nov 27, 2014 21:28


    Hoxe tocamos a fibra de aqueles que pasan tempo diante da caixa tonta ou que disfrutaban das pelis dos 80. Falamos do GTA V e do Smash Bros, dos anuncios de Honda, das bicis con rodas de xeo e de algúns documentais interesantes sobre a historia de internet.

    #3 Cursillo rápido

    Play Episode Listen Later Oct 30, 2014 18:39


    Nesta nova newletter sonora falamos de min, do blog, de redes e máis cousas, como as novas películas que van saír este ano, os novos xogos que se presentan, voltamos ao Gamergate para deixalo por fin finalizado e moitas máis cousas en menos de 20 minutos, que máis se pode pedir?

    #2 Gamergate

    Play Episode Listen Later Oct 17, 2014 16:19


    Voltamos con novas sobre Apple, novas tarxetas intelixentes, o difícil e complicado mundo dos videoxogos co Gamergate ao fronte, un fin de semana para disfrutar en Steam e series, como o comezo de The Walking Death ou quen morreu nos Simpson. Para finalizar temos recomendacións para todos os gustos e cores, coma sempre :)

    #1 mmo

    Play Episode Listen Later Sep 29, 2014 16:22


    Comezamos co noso primeiro podcast falando de tecnoloxía, videoxogos, series e todo o que teña algo que ver co mundo friki. Falamos de blizzard, dos novos iPhone, dos mundiais do League of Legend, Big Bang, The Simpsons e moito máis de todo o relacionado coa cultura geek e freak.

    Claim Alt-P

    In order to claim this podcast we'll send an email to with a verification link. Simply click the link and you will be able to edit tags, request a refresh, and other features to take control of your podcast page!

    Claim Cancel