POPULARITY
No 3 em 1 desta quarta-feira (03), o destaque foi a prisão do presidente da Assembleia Legislativa do Rio de Janeiro (Alerj), Rodrigo Bacellar (União Brasil), detido pela Polícia Federal na Operação Unha e Carne. O deputado é suspeito de vazar informações sigilosas. Reportagem: Rodrigo Viga. O senador Alessandro Vieira (MDB) afirmou que a pena para líderes de facção no PL Antifacção poderá chegar a 120 anos. O relator defende ainda a criação de um fundo de combate ao crime organizado financiado pela taxação das bets, alertando que “não há segurança sem orçamento”. A votação do texto no Senado foi adiada. Reportagem: André Anelli. O ministro da Justiça, Ricardo Lewandowski, elogiou o relatório do senador Alessandro Vieira sobre o PL Antifacção e determinou a demissão de Anderson Torres e Alexandre Ramagem da Polícia Federal, ambos condenados na trama golpista. Reportagem: André Anelli. O ministro Gilmar Mendes decidiu restringir o alcance de pedidos de impeachment contra ministros do Supremo Tribunal Federal. A partir de agora, apenas a Procuradoria-Geral da República poderá formalizar denúncias. A oposição reagiu em coletiva nesta quarta-feira (03), enquanto o presidente do Senado, Davi Alcolumbre (União), afirmou que a medida “fere a Constituição”. Reportagem: Janaína Camelo. O senador Weverton Rocha (PDT) tentou minimizar o impacto do adiamento da sabatina de Jorge Messias ao STF, afirmando que a decisão não significa voto contrário — em meio ao clima tenso criado pela decisão do presidente do Senado, Davi Alcolumbre. O relator da PEC da Segurança, Mendonça Filho (União Brasil), adiou a votação do texto para a próxima semana. Segundo ele, o presidente da Câmara, Hugo Motta (Republicanos), pediu mais tempo para articulação política. Reportagem: Victoria Abel. Tudo isso e muito mais você acompanha no 3 em 1. Learn more about your ad choices. Visit megaphone.fm/adchoices
#CineTv Pedro Pérez acheganos novidades e curiosidades de cine e tv. Imos contigo ás salas de cine e á pequena pantalla para contarche as novidade, curiosidades do cine, recomendacións e críticas que che axudan a escoller que ver. Un espazo pensado tanto para amantes do cine coma para os que buscan unha guía clara e próxima á hora de decidir que película ou serie disfrutar. Neste episodio especial mergullámonos no universo salvaxe, máxico e desbordante das peliñas de Espada e Bruxería. Unha viaxe única na que Pedro Pérez e Richie Terceiro repasan, con humor, paixón cinéfila e un chisco de retranca, algúns dos títulos máis icónicos do xénero. Desde a forza primitiva de Conan, pasando polo delirio kitsch de Deathstalker, o romanticismo maldito de Lady Halcón ou a fantasía clásica de Willow, ata chegar ao espírito rolero de Dragóns e Mazmorras. E si, tamén falamos das pontes inesperadas que conectan todo isto coa épica galáctica de Star Wars. Para rematar, unha parada inevitable nun conto perfecto: A Princesa Prometida. Un percorrido por mundos imposibles, criaturas lendarias, feitizos, espadas e moita nostalxia. ️ Conan o Bárbaro (1982) O clásico absoluto do xénero. Arnold Schwarzenegger convértese no guerreiro definitivo nun mundo brutal, deuses vingativos e batallas lendarias. Estética épica e música inesquecible de Basil Poledouris. ⚔️ Deathstalker (1983) Serie B pura e dura. Aventuras, feitizos, combates imposibles e un heroe que non encaixa en ningunha norma. Un guilty pleasure que define o espírito máis salvaxe do xénero. Lady Halcón (1985) Unha historia de amor condenada por unha maldición. Cabaleiros, maxia, aventura e unha das parellas máis recordadas do cine fantástico. Un clásico romántico con toque medieval. Dragóns e Mazmorras (2000) Baseada no famoso xogo de rol. Mazmorras, dragóns, feiticeiros e moito espírito rolero. Un filme imperfecto pero cheo de imaxinario fantástico. Star Wars (1977) Non é espada e bruxería medieval… pero si espada e bruxería galáctica. O arquétipo do heroe, o mestre, a forz… e unha aventura que redefine o mito moderno. Unha ponte perfecta entre fantasía e ciencia ficción. ✨ Willow (1988) Feitizos, criaturas máxicas, humor e un elfo que non é elfo. Producción de George Lucas e maxia por todos lados. Un favorito xeracional. A Princesa Prometida (1987) Esgrima perfecta, humor, aventura, romance e frases míticas. Un conto de fadas irrepetible e un dos filmes máis queridos da historia. Máis Información PEDRO PÉREZ: ✔️Web: http://www.panic.aestrada.gal/ ✔️Instagram: https://www.instagram.com/panicaestrada/ ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
Uxía, unha das grandes voces da música galega, chega este domingo dia 23 ao Pazo da Cultura de Narón coa súa xira Será por flores, que celebra os 40 anos de carreira da artista. Máis que un concerto, este espectáculo é unha viaxe ás súas raíces, ás composicións propias e ás músicas que a inspiraron, cunha posta en escena coidada que transforma o escenario nun xardín sensorial de música e poesía. A dirección musical corre a cargo de Pablo Novoa, acompañado de Sérgio Tannus, Santi Cribeiro e Isaac Palacín, entre outros. O espectáculo inclúe invitadas especiais que marcaron a súa traxectoria, como Maria Manuela ou Carla Romalde. Uxía repasa os fitos máis emblemáticos da súa carreira, desde Enredadas e Mulleres a viva voz ata proxectos con NARF ou Malvela, combinando tradición, modernidade e compromiso coa memoria histórica. Unha noite de emocións e celebración que o público non pode perder
Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía , un espazo no que se abordan cuestións fundamentais do benestar emocional, as dinámicas persoais e as relacións humanas. Un podcast pensado para quen quere reflexionar, conectar coas súas emocións e aprender ferramentas útiles para vivir con máis saúde mental, autenticidade e respeto propio. Hoxe falamos das somatizacións. "A somatización é un proceso mediante o cal unha persoa experimenta malestar físico orixinado por causas psicolóxicas ou emocionais". "Os síntomas da somatización poden variar amplamente, afectando diferentes partes do corpo e manifestándose de formas que poden resultar confusas". "Deixar de somatizar non significa ignorar ao corpo nin querer eliminar os síntomas custe o que custe, senón empezar a escoitalo de forma diferente". Que é a somatización? A somatización é un proceso mediante o cal unha persoa experimenta malestar físico orixinado por causas psicolóxicas ou emocionais. Aínda que os síntomas se manifi estan no corpo, a súa raíz non está nunha enfermidade física, senón en emocións non expresadas ou ben xestionadas. Dores de cabeza, tensión muscular, molestias dixestivas ou mesmo problemas dermatolóxicos son algunhas das formas nas que o corpo tenta comunicar o que a mente non logra procesar. Todas as persoas somatizamos en maior ou menor medida. É unha forma natural na que o corpo responde á tensión, a ansiedade ou as emocións non expresadas. Con todo, cando non prestamos atención ao que sentimos, esas emocións buscan outras formas de saír, e o corpo convértese na súa canle de expresión habitual. Cando isto ocorre de maneira persistente, a somatización pode chegar a ser moi limitante. Moito persoas ven afectada a súa calidade de vida, buscan axuda en múltiples especialistas, fanse probas que non lanzan respostas e viven con frustración ou culpa ao non entender o que lles pasa. Co tempo, isto pode xerar problemas no traballo, confl ictos familiares, illamento social, gastos médicos innecesarios e un profundo sentimento de incomprensión. Cales son os síntomas da somatización? Os síntomas da somatización poden variar amplamente, afectando diferentes partes do corpo e manifestándose de formas que poden resultar confusas. Adoitan interferir coa vida diaria e xerar preocupación, xa que non sempre se logra entender as súas causas. ✔️Dores de cabeza recorrentes ou hemicrania Estas dores adoitan ser debilitantes e poden estar asociados con episodios de tensións ou ansiedade. ✔️Tensión muscular É un dos síntomas máis comúns, especialmente en áreas como o pescozo, os ombreiros e as costas. Esta tensión pode xerar dor e difi cultar a mobilidade, ademais de causar malestar xeneralizado. ✔️Dor abdominal Outro síntoma común son as molestias estomacais, como dor abdominal, cólicos, distensión ou malestar xeral. A miúdo, estes síntomas non teñen unha causa médica específi ca e poden empeorar en momentos de ansiedade ou tensión. ✔️Problemas dixestivos Ademais da dor abdominal, poden presentarse síntomas como estreñimiento, diarrea, náuseas ou acidez estomacal, xeralmente moi relacionados coa tensión emocional. ✔️Fatiga crónica As persoas que sofren fatiga constante séntense sempre cansas, aínda que descansasen ben previamente. Este cansazo afecta tanto o corpo como á mente, o que fai difícil concentrarse ou realizar tarefas cotiás. ✔️Palpitacións ou ritmo cardíaco acelerado A somatización pode provocar unha sensación de palpitacións ou de que o corazón latexa demasiado rápido, a pesar de non haber un problema cardíaco real. Isto aumenta o malestar xerando unha gran sensación de ansiedade. ✔️Dificultade para respirar As persoas que somatizan a miúdo experimentan a sensación de non poder respirar ben, coma se lles faltase aire ou estivesen a se afogar. Este síntoma está relacionado coa ansiedade e en ocasións pode xerar pánico. ✔️Problemas dermatolóxicos A somatización tamén pode afectar a pel, manifestándose como erupcións, picazón, enrojecimiento ou acne sen causa dermatolóxica. ✔️Dor articular Outro posible síntoma é a dor nas articulacións sen unha causa médica identifi cable, que pode limitar a mobilidade e causar incomodidade. ✔️Trastornos do soño As persoas que somatizan tamén poden experimentar difi cultades para durmir, xa sexa insomnio ou un soño pouco reparador. A tensión emocional acumulada pode afectar a calidade do descanso, aumentando o cansazo durante o día. ✔️Por que somatízase? Vimos o impacto da unión entre a mente e o corpo, os distintos síntomas que xorden da somatización e que situacións poden ser exemplo desta mecánica. Pero, por que somatízase? Hai varios factores emocionais, persoais e sociais detrás deste fenómeno: ✔️Dificultade para identificar e expresar emocións Como xa mencionamos, cando un mesmo non recoñece as súas propias emocións, xa sexa pola dificultade para identificalas ou a falta de aceptación e procesamento adecuados, o corpo manifesta as emocións por medio de síntomas físicos. ✔️Mecanismo de defensa Ás veces, converter o malestar psicolóxico en síntomas físicos é unha forma inconsciente de protexernos de emocións que resultan demasiado dolorosas ou difíciles de afrontar. Por tanto, cando se somatiza, o corpo actúa como un escudo para evitar que unha emoción ou un conflito interno causen dor psicolóxica ou emocional. ✔️Aprendizaxes temperás e contorna familiar e social Desde pequenos, a nosa contorna familiar e social ensínanos como relacionarnos coas nosas emocións. Se crecemos nun ambiente familiar ou cultural onde se nos ensina a reprimir ou ignorar o que sentimos, podemos internalizar que expresar emocións está mal ou non é adecuado, difi cultando así a capacidade de comunicar o que sentimos. ✔️Tensión crónica e sobrecarga emocional. Cando vivimos con demasiadas esixencias, preocupacións ou responsabilidades, sen pausas nin espazos para o descanso, o noso sistema nervioso mantense nunha tensión constante. Esta activación continua vai esgotando aos poucos os nosos recursos físicos e mentais, e, co tempo, esta tensión tradúcese en dores musculares, insomnio ou problemas dixestivos, entre outros síntomas. ✔️Traumas psicolóxicos non resoltos. Certas experiencias traumáticas do pasado poden quedar “almacenadas” no corpo se non se procesaron emocionalmente da maneira adecuada. Aínda que parezan esquecidas, esas feridas poden seguir activas e expresarse a través de numerosos síntomas físicos. É a forma que ten o corpo de lembrarnos que aínda hai algo pendente que necesita ser atendido. Como deixar de somatizar? Deixar de somatizar non significa ignorar ao corpo nin querer eliminar os síntomas custe o que custe, senón empezar a escoitalo de forma diferente. O primeiro paso é recoñecer que, moito veces, o que nos doe fisicamente pode ser o sinal de que algo sucede a nivel emocional. Aquí deixámosche algunhas claves que che poden axudar neste proceso: ✔️Identifica o que sentes Identificar o que sentes é o primeiro paso para entender que está a pasar no teu corpo. A miúdo, estamos tan enfocados no físico que esquecemos que moito das nosas molestias teñen unha raíz emocional. Tómate un momento cada día para explorar o que realmente estás a sentir e poñerlle nome a esas emocións. Lembra que non se trata só de recoñecer o que sentes, senón de aceptalo sen presionarche por cambialo inmediatamente. ✔️Expresa as túas emocións Expresar o que sentimos non só alivia as nosas emocións, senón que tamén beneficia a nosa saúde física. Falar con alguén de confianza, escribir nun diario ou simplemente chorar pode liberar tensións e reducir síntomas físicos asociados a emocións reprimidas. ✔️Cura as túas feridas Revisar experiencias pasadas que aínda doen e buscar apoio para procesalas, especialmente mediante axuda terapéutica, pode aliviar tensións físicas derivadas de feridas emocionais non resoltas. ✔️Descansa física e mentalmente Non só durmir, senón tamén baixar o ritmo mental e emocional. O corpo necesita pausas reais para poder rexenerarse. Permite desconectar sen sentir culpa. ✔️Busca axuda profesional se o necesitas Ás veces, o malestar é tan profundo ou persistente que necesitamos acompañamento. A terapia psicolóxica pode axudarche a poñer en orde o que sentes e a atopar formas máis sas de canalizalo. ⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella... Máis información BARROS PSICOLOGÍA: ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/ ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
#Consumo con Ana Maria Cores Meixus Asociación de amas de casa y consumidores O Noso Lar e Kim Llobet Asociación de Consumidores de A Estrada. atoparás información práctica e consellos útiles para o día a día. Dereitos das persoas consumidoras, novidades do mercado, hábitos responsables e recomendacións para aforrar e consumir con criterio. Un espazo divulgativo, próximo e claro, pensado para axudarche a tomar decisións informadas e coidar tanto do teu peto como do teu benestar. HOXE: O Bono Social Térmico é un programa de axudas destinadas a paliar a pobreza enerxética en consumidores vulnerables. A súa finalidade é compensar os gastos necesarios para garantir a subministración de enerxía para calefacción, cociña ou auga quente ou para axudar no pago de actuacións de eficiencia enerxética, que permita o aforro. ✔️Persoas beneficiarias As persoas beneficiarias recibirán unha carta no seu domicilio para comunicarlles os importes que lle corresponden en concepto do Bono Social Térmico 2024. É preciso sinalar que son beneficiarios do Bono Social do ano 2024, sen necesidade de realizar ningunha solicitude, as persoas que sexan xa beneficiarias do Bono social de electricidade, ao 31 de decembro de 2023. Por tanto, a relación de persoas beneficiarias do Bono Social Térmico son as mesmas que a do Bono Social Eléctrico ao 31 de decembro de 2023. A contía da axuda que percibirá cada persoa beneficiaria determínase atendendo o seu grao de vulnerabilidade, segundo defíneo a norma reguladora do bono social de electricidade, así como á zona climática en que se localice a vivenda na que se atope empadroado. A axuda do Bono Social Térmico é compatible coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais. Así mesmo, como é lóxico, é compatible coa percepción do Bono social eléctrico. As persoas beneficiarias recibirán unha carta no seu domicilio para comunicarlles os importes que lle corresponden en concepto do Bono Social Térmico 2024. ✔️Carta de renuncia ou actualización de datos Pódese presentar un escrito de renuncia á percepción do bono ou actualizar os datos bancarios se así o desexan. Para ambos dispoñerán de un prazo de 10 días para facelo. Transcorrido o prazo de 10 días, entenderase que a axuda foi aceptada, e procederase a abonala na conta bancaria na que domiciliaron o seu recibo de electricidade, de acordo cos datos facilitados pola súa comercializadora, salvo que comunicasen algún cambio da mesma. ✔️ Actualización de datos: así mesmo, no caso de que os datos de que se dispoñen sexan incompletos ou incorrectos, requiriráselle para a presentación da documentación acreditativa. Deberá ter en conta que para presentar ou actualizar os datos da conta corrente para facerlle o abono das axudas, é preciso achegar un certificado bancario da mesma na que vostede figure como titular. ✔️ Renuncia da axuda: as persoas beneficiarias poden renunciar ao bono social térmico. A persoa beneficiaria poderá comunicar a renuncia, consultar, corrixir e comunicar os datos pendentes a través dun dos seguintes medios: ✔️ Accedendo ao formulario electrónico a través da seguinte ligazón: https://bonosocialtermico.xunta.gal, identificándose co seu certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365. ✔️ Presentando escrito, segundo o modelo que se lle comunicou individualmente en calquera rexistro das administracións públicas ou oficina de Correos ou por correo postal, dirixido á: Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas Rúa Avelino Posa Antelo, 5 (San Lázaro) 15781 Santiago de Compostela www.xunta.gal Así mesmo, poden descargar os modelos de comunicación de renuncia, achega de documentación ou actualización de datos bancarios nas ligazóns seguintes abaixo en ADXUNTOS. Presentación de Documentación: Consellería de Economía e Industria Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas Teléfonos: 881 996 572 Correo electrónico: bonosocialtermico@xunta.gal ✔️Normativa: Real decreto lei 15/2018, do 5 de outubro, de medidas urxentes para a transición enerxética e a protección dos consumidores (BOE/BOE/BOE/BOE nº: 242, do 6 de outubro ). STC 134/2020, do 23 de setembro de 2020, que declara a nulidade dalgúns preceptos legais que impoñen a modalidade e momento temporal de pago do bono social térmico. ✔️Como sei se son beneficiario/a de o Bono social térmico? O Bono social de electricidade é unha axuda do Gobierno central, e debe solicitala á súa comercializadora eléctrica. O mais cómodo é que acuda aos servizos sociais para que lle axude no trámite ou diríxase á oficina da súa comercializadora. O Bono social térmico concédese directamente aos que xa sexan beneficiarios/as do Bono social de electricidade ao 31 de decembro de 2025. Proximamente recibirá unha carta confirmando a túa condición de beneficiario/a así como a contía para percibir. No caso de que os datos de que se dispoñen sexan incompletos ou incorrectos, requiriráselle para a presentación da documentación acreditativa. Deberá ter en conta que para achegar ou actualizar os datos da conta corrente para facerlle o abono da axuda, é preciso achegar un certificado bancario da mesma. Para facelo debe de ir ao apartado de PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN que hai nesta mesma páxina. Se os datos que lle achegan na carta (nome do beneficiario/a, DNI e número de conta bancaria) están ben non ten que facer nada para cobrar a axuda. Farase directamente pasadas unhas semanas. Aínda que non é necesario, pode confirmar que os datos están ben a través da web https://bonosocialtermico.xunta.gal identificándose co seu certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365 e subindo a documentación correspondente... De acordo coa normativa vixente, non existe un prazo determinado para o pago da axuda, que en todo caso realizarase dentro da anualidade correspondente. No 2025 comezarase a enviar as cartas informando de que es beneficiario proximamente. Unha vez váianse confirmando os datos de beneficiario/as xa se irá abonando a axuda de maneira progresiva ás máis de 90.000 persoas beneficiarias. No caso de falecemento da persoa beneficiaria poderá reclamar o abono da axuda quen acredite a condición de herdeiro/a ou renunciar á mesma. Para facelo debe de ir ao apartado de PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN que hai nesta mesma páxina. Se quere reclamar o abono da axuda, no caso de falecemento da persoa beneficiaria, deberá presentar un escrito acompañado da seguinte documentación: ✔️ Certificado de defunción. ✔️ Certificado de últimas vontades. ✔️ Testamento ou documento que acredite a condición de herdeiro/a. ✔️ No caso de existir máis dun herdeiro, escrito de aceptación asinado por todos eles en favor da persoa que reclama a axuda. ✔️ Fotocopia do DNI da persoa que reclama a axuda. ✔️ Certificado da conta bancaria a nome da persoa que reclama a axuda. ✔️ Imposto sobre sucesións e doazóns da persoa que reclama a axuda. Se quere renunciar á axuda, no caso de falecemento, deberá presentar: ✔️ Certificado de defunción. ✔️ Testamento ou documento que acredite a condición de herdeiro/a. ✔️ Escrito asinado por todas as persoas herdeiras no que manifestan a renuncia expresa á axuda. Se ten dúbidas pode poñerse en contacto preferiblemente no correo electrónico bonosocialtermico@xunta.gal ou, de maneira opcional, no 881 996 572. O bono térmico de Galicia para 2025 empezarase a cobrar a partir de xuño, pero a data exacta pode variar segundo a comunidade autónoma e a tramitación das solicitudes. Trátase dun pago único anual que se realiza mediante transferencia bancaria á conta onde se ten domiciliada a factura eléctrica do fogar. ✔️ Inicio de pagos: Está previsto que os pagos comecen a partir de xuño de 2025, aínda que pode haber variacións. ✔️ Método de pago: Realízase a través dunha transferencia bancaria á conta bancaria do titular da factura da luz. ✔️Confirmación e actualización de datos: É importante ter en conta que a Xunta de Galicia enviará cartas informando os beneficiarios do pago e da cantidade correspondente, segundo a información dispoñible na súa plataforma en liña, detalla Irsap. ✔️ Beneficiarios: Baséase na lista de beneficiarios do Bono Social Eléctrico ao 31 de decembro de 2024. ✔️ Información oficial: Para máis detalles, como a lista de beneficiarios e o estado do seu pago, consulte a páxina web oficial da Xunta de Galicia. ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
A Asociación Micolóxica Viriato, coa colaboración do Concello de Neda, organiza as V Xornadas Micolóxicas de Neda, unha actividade gratuíta de iniciación ao mundo dos fungos e dos cogomelos que se desenvolverá os dias 7 e 8 de novembro. O prazo de inscrición está aberto e as prazas son limitadas. O programa inclúe dúas sesións teóricas, que se celebrarán o venres na Casa das Palmeiras, entre as 19:00 e as 21:00 horas, e unha saída práctica de observación o sábado pola mañá, ben no parque micolóxico do Belelle. Durante as xornadas, os expertos da asociación explicarán as diferencias entre fungos e cogomelos, as súas características, modos de reprodución e tipoloxías, e ensinarán a identificar especies comestibles e tóxicas, acompañando as explicacións con mostras reais. As persoas interesadas poden anotarse ata o día anterior ao inicio da actividade chamando ao 981 390 233 (Biblioteca Municipal).
Samaín que organiza a Asociación de Veciños de Arca. Unha xornada chea de tradición, música e bo ambiente que comeza cunha gran comida popular con empanada, callos e bingo con premios, segue pola tarde coa entrega do Premio “Raíces do Rural” e a actuación de Luis Rey, e remata á noite coa esperada Procesión da Santa Compaña, mexillóns e castañas de balde e unha nova sesión musical para despedir o día. Falamos cos organizadores, repasamos a historia desta festa e descubrimos como o Samaín segue vivo entre pantasmas, risas e moita participación veciñal. ️ Inchables gratis todo o día, photocall, disfraces e moita festa. 1 de novembro na Escola de Arca. PREMIO DE DINAMIZACIÓN DO RURAL “RAÍCES DO RURAL” XÉNESE O premio nace pola necesidade de recoñecer o labor que desempeñan moitas persoas e colectivos a prol do medio rural. Un labor que non sempre conta coa atención que merece dende institucións, Administración e medios de comunicación, en xeral. O que pretende, pois, este premio é o de fomentar a posta en valor do traballo que realizan estas persoas e entidades. OBXECTIVOS 1.-Recoñecer ás persoas, asociacións ou entidades que traballan pola conservación e desenvolvemento do rural. 2.-Fomentar a cultura e as tradicións que lle son propias a este medio 3.-Garantir o relevo xeracional, propiciando que a xuventude se sensibilice e implique no seu coñecemento e .desenvolvemento. CATEGORÍAS Premiaranse proxectos dirixidos aos seguintes ámbitos: 1.-Proxectos de natureza empresarial que fomenten o desenvolvemento, emprendemento e benestar económico da zona. 2.-Proxectos de natureza cultural ou de fomento das tradicións e festividades. 3.-Proxectos de conservación e divulgación do patrimonio material e inmaterial. 4.-Proxectos de dinamización turística inherentes ao medio rural. 5.-Proxectos de dinamización deportiva e fomento do ocio saudable. ️"SUSCRÍBETE" ao podcast. MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
Converso con Oswaldo Digón, un dos cómicos galegos máis recoñecidos e versátiles da escena actual. Actor, guionista, improvisador e mestre do humor con máis de vinte e cinco anos de traxectoria, chega ao Teatro Principal da Estrada co seu espectáculo In-Certo, unha proposta chea de intelixencia, retranca e reflexión sobre o mundo no que vivimos. Neste episodio repasamos a súa carreira, dende os primeiros contacontos ata o escenario actual, e coñecemos a súa visión sobre o público galego, o oficio de facer rir e o que significa actuar en lugares coma A Estrada. Unha conversa divertida, fonda e moi galega, para rir, pensar e deixar que a retranca poña orde no desorde. In-certo Venres 31 de outubro 20:30 h Teatro Principal XÉNERO: Monólogo cómico DURACIÓN: 75 min PÚBLICO: Adultos PREZO: 10,00€ / venda online en ataquilla.com SINOPSE: In-certo é unha comedia onde Oswaldo mestura o seu estilo de cómico de Stand-up coa súa dilatada experiencia como improvisador teatral contando historias que abran- guen dende o fenómeno do tsunami tecnolóxico á ansiedade e as preocupacións da vida moderna. Todo en clave de humor e cunha coidada escenografía. TRAILER: https://www.youtube.com/watch?v=Z1lW9rajFhM ️"SUSCRÍBETE" ao podcast. MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
#CineTv Pedro Pérez acheganos novidades e curiosidades de cine e tv. Imos contigo ás salas de cine e á pequena pantalla para contarche as novidade, curiosidades do cine, recomendacións e críticas que che axudan a escoller que ver. Un espazo pensado tanto para amantes do cine coma para os que buscan unha guía clara e próxima á hora de decidir que película ou serie disfrutar. Hoxe falamos de documentais. Desde o fondo do océano con Encantadora de Tiburóns, ata os segredos máis escuros do crime en Maje; desde a intelixencia e sensibilidade de Pulpo, ata a tensión e misterio de Infiltrada no Búnker; pasando pola emotividade de Mi mamá Jayne e a resistencia cultural de O home que salvou o Louvre. Máis Información PEDRO PÉREZ: ✔️Web: http://www.panic.aestrada.gal/ ✔️Instagram: https://www.instagram.com/panicaestrada/ ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
Cáritas Diocesana de Mondoñedo - Ferrol celebrou esta mañá o acto central da Campaña de Persoas sen Fogar, unha iniciativa anual que busca visibilizar a realidade das persoas que viven sen un teito e reivindicar o dereito a unha vivenda digna, nun contexto marcado pola subida constante dos alugueiros e o aumento da exclusión residencial. O acto deu comezón ás 12:00 horas coa lectura simultánea do manifesto no Centro Torrente Ballester, en sintonía co resto de Cáritas de España, nun xesto simbólico de unidade e compromiso. No texto, a entidade lembrou que “ninguén debería vivir sen fogar” e reclamou políticas públicas que garantan o acceso real á vivenda e a protección das persoas máis vulnerables. Como parte da xornada, inaugurouse unha exposición fotográfica con imaxes da fotógrafa Lua Ribeira, voluntaria do programa de persoas sen fogar de Cáritas, que amosa con sensibilidade a dignidade e as historias de vida de quen afrontan situacións de exclusión. Ademais, proxectouse un vídeo con testemuños de participantes do centro de día de inclusión social Gabriel Vázquez Seijas, nos que comparten os seus soños, esperanzas e experiencias. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 30 de outubro no propio Centro Torrente Ballester. O prezo do alugueiro, un problema crecente A celebración coincide co Día das Persoas sen Fogar, nun momento no que o acceso á vivenda se converteu nun dos principais factores de exclusión social. Segundo os últimos datos, os alugueiros asinados en 2020 incrementáronse un 37 % nos últimos cinco anos. Un piso de 80 metros cadrados que daquela custaba 856 euros sitúase agora arredor dos 1.144 euros, e estímase que máis de 300.000 familias en España se ven afectadas por esta subida. Na comarca de Ferrol, a realidade maniféstase cada tarde no albergue Pardo de Atín, en Caranza, que permanece cheo desde o verán debido ao aumento de usuarios, moitos deles persoas migrantes. A Fundación Santo Hospital de Caridade pediu ás administracións máis apoio ante a falta de prazas e o incremento dos custos de mantemento. Desde Cáritas Diocesana de Mondoñedo - Ferrol faise un chamamento á cidadanía para acompañar esta campaña, visitar a exposición e difundir o seu mensaxe, lembrando que ter un fogar é un dereito fundamental e un requisito indispensable para vivir con dignidade.
Conservatorio Profesional de Música da Estrada, Coral Polifónica Estradense, Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) e Tequexetéldere estiveron esta mañá representadas no acto de presentación da zarzuela “A lenda de Montelongo”, que se estreará no Teatro Principal da Estrada os días 25 e 26 de outubro, no marco da programación cultural de outono. Sábado 25 de outubro 20:00 h Teatro Principal e Domingo 26 de outubro 19:00 h Teatro Principal A parte musical desta zarzuela correrá por conta da orquestra que conforma o profesorado do Conservatorio Profesional de Música da Estrada e das voces da Coral Polifónica, dúas entidades baixo a batuta de Xabier Comesanha. Actores da Escola Municipal de Artes Escénicas subirán ao escenario, nunha peza que tamén ten na dirección teatral a outro alumno da EMAE, Julio Cores. Xunto a eles estarán os solistas Indra Sesti e Jacobo Rubianes. A función do sábado 25 será ás 20.00 horas e a do domingo 26, ás 19.00. As entradas estarán á venta dende mañá mércores no departamento municipal de Cultura, ao prezo de 5 euros. ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía , un espazo no que se abordan cuestións fundamentais do benestar emocional, as dinámicas persoais e as relacións humanas. Un podcast pensado para quen quere reflexionar, conectar coas súas emocións e aprender ferramentas útiles para vivir con máis saúde mental, autenticidade e respeto propio. Hoxe falamos das dores ou dificultades nas relacions sexuais: dispareunia, vaxinismo "O vaxinismo é un tipo de disfunción sexual feminina. Neste trastorno os músculos da vaxina contráense de forma automática". "A dispareunia é unha dor xenital persistente e recorrente de intensidade variable que se produce durante o coito. Non está causado exclusivamente por falta de lubricación, nin por unha enfermidade médica como as infeccións vaxinais". "As causas de ambas as disfuncións sexuais (vaxinismo e dispareunia) poden ser psicolóxicas ou físicas". Dentro das disfuncións sexuais femininas que causan dor xenital durante o coito destacan o vaginismo e a dispareunia. Ambas as disfuncións sexuais impiden que a muller poida manter unha sexualidade plena; afectando de forma recorrente e persistente nalgunha fase da resposta sexual, xerando malestar e problemas nas relacións de parella. Ademais da dor física, as mulleres que sofren estas disfuncións sexuais experimentan medo anticipatorio. Con todo, pódese manter un bo desexo sexual e a capacidade de excitarse, sempre que non haxa intentos de penetración. Pola contra, nalgúns casos estes problemas acaban afectando o desexo e a excitación: se cada vez que a muller ten relacións sexuais sente unha intensa dor, o sexo pasa a vivirse como un feito aversivo. Que é a Dispareunia? A dispareunia defínese como unha disfunción sexual que se caracteriza pola dor xenital recorrente ou persistente asociado á relación sexual, tanto en homes como en mulleres. Este trastorno pode provocar un malestar significativo ou dificultades nas relacións interpersoais. É importante destacar que a dispareunia non se explica unicamente pola presenza de vaginismo ou falta de lubricación, nin se debe para os efectos fisiolóxicos directos dunha substancia ou enfermidade médica. Causas e Factores da Dispareunia A dispareunia pode ter a súa orixe tanto en factores físicos como psicolóxicos. Unha causa física bastante común é a contractura na musculatura xenital que provoca dor durante a penetración. As causas psicolóxicas poden incluír medo á dor, a un posible embarazo non desexado, a comprometerse, e á falta de coñecemento sobre o propio corpo e o seu funcionamento. É importante sinalar que os factores predisponentes, precipitantes e de mantemento da dispareunia poden ser moi similares aos do vaginismo. Que é o Vaxinismo? Doutra banda, o vaginismo é unha disfunción sexual na que se produce unha contracción involuntaria dos músculos do terzo inferior da vaxina, impedindo a penetración. do mesmo xeito que a dispareunia, o vaginismo pode causar un notable malestar ou dificultades nas relacións interpersoais. Causas e Factores do Vaginismo As causas do vaxinismo tamén poden ser tanto físicas como psicolóxicas. A nivel físico, pode ser causado por infeccións, trauma, menopausia, entre outras. No plano psicolóxico, o medo e a ansiedade poden xogar un papel crucial, como o medo á dor, ao embarazo, ao compromiso, á intimidade, á vulnerabilidade, etc. ⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella... Máis información BARROS PSICOLOGÍA: ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/ ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
Os amantes dos cogomelos e da micoloxía teñen unha cita ineludible en Ferrol a próxima semana coa celebración da XXXVII Semana Micolóxica de Ferrol, que terá lugar do 20 ao 25 de outubro de 2025 no Local Casa da Muller (Ludoteca), situado na céntrica Praza de España, fronte á Oficina de Turismo. Organizada pola Asociación Micolóxica Viriato, coa colaboración do Concello de Ferrol, esta edición contará cun programa de actividades divulgativas que inclúe charlas especializadas, unha exposición e a tradicional saída ao campo. O ciclo de conferencias arrancará o martes 21 de outubro ás 19:30 h co relatorio: “Intoxicacións por malas prácticas de conservación e tratamento dos cogomelos comestibles”, a cargo de Javier Marcos Martínez. A segunda ponencia será o miércoles 22 á mesma hora, na que Javier Marcos Martínez abordará “O xénero Amanita en Galicia”. Os días xoves 23 e venres 24 de outubro estarán dedicados á exposición. Ás 09:30 h abrirase a exposición aos centros educativos que solicitaran previamente a visita. A partir das 16:00 h, a exposición estará aberta ao público en xeral, permitindo a todos achegarse a coñecer a diversidade micolóxica da zona. Como colofón, o sábado 25 de outubro realizarase a tradicional saída ao campo para a recollida, previa anotación no local da exposición. A XXXVII Semana Micolóxica de Ferrol pechará as súas portas ás 20:00 h do sábado. Unha oportunidade excelente para que tanto afeccionados como curiosos se acheguen ao fascinante mundo da micoloxía da man de expertos.
Como noutras ocasións pasadas, facemos retrospectiva do ano. Non traemos moitas recomendacións, pero máis vale calidade que cantidade. Tamén de calidade o debate sobre o estado dos podcasts en español nos nosos círculos sociais. Ollo ao pequeno espoiler sobre "Misterio en la Moraleja". (00:00) Intro e debuxos infantís (01:30) O que escoitamos en 2022 (04:50) Misterio na Moraleja (10:20) A última copa (16:31) Son os podcast mainstream? (nos círculos sociais/demografía de Nada Orixinal) e outros debates (28:12) Punch-up the jam e a posible tendencia de perda de fondos (36:05) Os podcasts informativos e conclusión Grabado o 9 de Xaneiro de 2023 Música: "34 Ghosts I-IV", de Nine Inch Nails. CC BY-NC-SA. Nada Orixinal 25: Unha lista de todo o que pasou en 2022 © 2025 by Eloy Tembrás, Javier Ramalleira, Noé Ramalleira is licensed under CC BY-NC-SA 4.0 Misterio en la Moraleja https://open.spotify.com/show/4wBAhAvoZlbEPceWMNHi9t La última copa https://www.npr.org/podcasts/510367/the-last-cup Coffee break https://señalyruido.com Punch up the jam https://headgum.com/punch-up-the-jam Today in Focus https://podcasts.apple.com/gb/podcast/today-in-focus/id1440133626 Hoy en el país https://elpais.com/podcasts/hoy-en-el-pais/ Un tema al día https://www.eldiario.es/blog/al-dia/escucha-episodios-podcast-tema-dia_132_10991531.html The daily https://podcastaddict.com/podcast/the-daily/3206581 Up first https://www.npr.org/podcasts/510318/up-first As rapazas de Ac2ality https://www.tiktok.com/@ac2ality O informativo matinal de Ángel Martín (proxecto cancelado hoxe en día) https://open.spotify.com/show/58wZdwUFkFS0fnMEXlYvxv https://www.elperiodico.com/cuore/famosos/2024/11/18/angel-martin-retira-cancela-informativo-111785005 O newsletter e páxina de Pablo Fisher https://www.escuchapodcast.com.ar https://escuchapodcast.substack.com El gran apagón https://www.podiumpodcast.com/podcasts/el-gran-apagon-podium-os/
Pancho Varona chega ao Recreo Cultural da Estrada coa súa Xira Punto e Seguido 2025, nunha noite íntima e emocionante para gozar das súas cancións, das súas anécdotas e da súa inconfundible maneira de contar a vida dende o escenario. "Considérome un intruso total porque me metín en áreas que descoñecía e aprendín experimentando". "Levo moitos anos pisando grandes escenarios e botaba moito de menos o contacto coa xente, directo, o cara a cara, o boca orella, a sala pequena". "Hai algunhas cancións que te emociona especialmente cantar ou pensar en elas. A min "Peces de ciudad" é unha canción que me enamora dende que a fixemos Joaquín (Sabina) máis eu. Xunto con "Ruido", unha canción que me pon os pelos de punta. Ou "No me importa nada" que tan marabillosamente canta Luz Casal". Sábado 11 de outubro 22:00 h Recreo Cultural Con máis de corenta anos de carreira, Varona é un dos grandes referentes da música en español. Compañeiro inseparable de Joaquín Sabina —con quen compartiu máis de 3.000 concertos, produciu 15 discos e coescribiu máis de 100 cancións—, o seu talento tamén brillou ao carón de artistas como Ana Belén, Miguel Ríos, Estopa, Los Secretos ou Pasión Vega. Neste concerto, o público poderá emocionarse con temas como Princesa, Y sin embargo ou Peces de ciudad, ademais de descubrir novas composicións como Pájaro herido. Unha cita imprescindible no Recreo Cultural da Estrada, dentro do Festival O Sitio do Meu Recreo!!! Fin límite inscrición? sábado 11 outubro ás 14:00hrs. OU ATA ESGOTAR LOCALIDADES Inscricións https://forms.gle/1qiCbRoBDfMa1uyk9 ; só NON SOCIOS whatsapp o 606423689 Prezo: 5 € para soci@s e 12 € convidados (formulario); 15 € para non socios (vía whatsapp o 606423689) Máis Información RECREO CULTURAL DE A ESTRADA: ✔️Páxina Web: http://www.recreocultural.aestrada.gal/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/recreoculturalaestrada ✔️Twitter: https://twitter.com/RCAEstrada ✔️Instagram: https://www.instagram.com/rcaestrada/ ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
David Castellanos é Enxeñeiro Técnico Forestal, experto en Xestión de Explotacións, e achéganos consellos para os nosos cultivos. Hoxe: CONSELLOS DA HORTA PARA O MES DE OUTUBRO "O primeiro do que temos que coidar é o solo. Ben sigamos cultivando, ben deixemos o terreo valdío, hai que traballala terra para recuperala". "É importante que o solo non quede completamente espido e que haxa algún tipo de cuberta para evitar a escorrentía e a erosión". "Debemos elexir cultivos que se desenvolvan adecuadamente nas condicións climáticas e do terreo que teremos no outono e inverno: frío e choiva. A familia das brásicas son as raiñas da horta". O mes de outubro marca a transición no campo dos cultivos de primavera-verán cara os de outono-inverno. O primeiro do que temos que coidar é o solo. Ben sigamos cultivando, ben deixemos o terreo valdío, hai que traballala terra para recuperala. Se deixamos o terreo sen cultivar: ✅É importante que o solo non quede completamente espido e que haxa algún tipo de cuberta para evitar a escorrentía e a erosión. O mínimo que podemos facer é trituralos restos do cultivos anterior e deixalos esparcidos sobre o terreo. Por un lado, evitamos a escorrentía e a erosión e, por outro, estamos incorporando materia orgánica que o descompoñerse axudará á fertilidade da terra. Se cultivamos o terreo: ✅Debemos elexir cultivos que se desenvolvan adecuadamente nas condicións climáticas e do terreo que teremos no outono e inverno: frío e choiva. A familia das brásicas son as raiñas da horta: nabos, coles, nabicol, coliflor, brecol, repolos. Gústanlles os terreos húmidos e con alta cantidade de materia orgánica. Non só aportan alimentos, se non que a súa raíz pivotante mellora a capacidade de inflitración da auga no terreo. ✅Outros cultivos de horta que tamén se poden sementar/plantar en outubro son os chícharos, tirabeques, allos e ceboletas. Baixo invernadoiro podemos obter boas leitugas, espinacas ou cenorias ✅Outros cultivos propios desta época son os cereias. O máis importante é que teñan boa sanidade vexetal, que sexan resistentes a moitas enfermidades funxicas (roia, septoriose, carbón). Non só reducen a produción, se non que baixan a calidade do grao. Unha opción intermedia é sementar cultivos mellorantes. Este tipo de cultivos axudan a rexenerar o solo e dependendo de que tipo de cultivo fagamos o beneficio sobre o solo é diferente: ✅ Nabos: aportan materia orgánica e melloran a capacidade de infiltración da auga. ✅ Leguminosas (chícharos, veza, trevo) fixan nitróxeno atmosférico no solo para ser aproveitado por outros cultivos. ✅ Mostaza: é usada como desinfectante de solos, sobre todo para certo tipo de nematodos e fungos Máis Información DAVID CASTELLANOS: ✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/in/david-castellanos-iglesias-a6358b3b/?originalSubdomain=es ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast Máis Información e outras entrevistas: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
O Campus Industrial de Ferrol e o IGADI inician hoxe a 2ª edición do curso “China no horizonte do S.XXI: Sociedade, cultura e política internacional”. Unha nova oportunidade para achegarse á lingua, á cultura e ás relacións internacionais da China contemporánea. As sesións desenvolveranse os mércores de outubro na Facultade de Humanidades e Documentación da UDC. Aberto á comunidade universitaria e á cidadanía en xeral. As prazas son limitadas!
A Casa dás Letras da Estrada acollerá este xoves a presentación de tres libros infantís: As tres mouras dá Fonte Lantana, Antón e a Moura do Lameiro de Viana e Ou tesouro do Castro dá Veiga. Falo con un dos autores, Santiago Gómez Fuentes. "Buscamos facer un recurso educativo, plantexamos un xogo sobre comprensión lectora. Unha vez rematado o libro no videoxogo van superando diferentes misións, que van sobre diferentes cuestións que lle pasan aos personaxes ao longo do libro". "Xoan Carlos é un experto en toda esta riqueza que temos en Galiza que son as lendas de mourindade e sobre todo a importancia educativa que teñen". "Estes libros están pensados para un público de 6 a 15 anos". O acto contará coa participación dos autores: Xoán Carlos García Porral, Santiago Gómez Fuentes e Gabriel Iglesias Sanmartín. E con Pilar Bernárdez, responsable de "O Recuncho da lingua" e de Lucía Seoane, Concelleira de Cultura do Concello da Estrada. Tamén contará coa lectura de partes dos libros por Triana Mogo e Valeria Orosa do CEIP O FOXO. Santiago Gómez Fuentes foi quen se encargou da realización do xogo dixital vinculado ao libro. O xogo dixital ten un carácter de "cumprimento ao libro" e busca ser unha ferramenta de aprendizaxe complementaria tanto para nenas/os como para adultas/os. O libro fai parte dunha colección de mitos e lendas infantís, intentando poñer en valor a memoria colectiva, as lendas locais galegas, sobre mouros, mouras e tesouros. As últimas páxinas dos tres títulos da triloxía inclúen un apartado didáctico con explicacións e actividades para que os lectores poidan “comprobar o aprendido” Xoves 9 de outubro 20:00 h Casa das Letras MERCAR LIBROS: https://www.edicionsfervenza.es/search?controller=search&orderby=position&orderway=desc&search_query=mouras&submit_search= ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
En “Relatos Urbanos” Ricardo Terceiro achéganos a historia da Estrada. Lembranzas que reconectan coas raíces e coa sensibilidade da vida cotiá do noso pobo. Memoria local e ollada persoal conflúen nun espazo sonoro para quen quere escoitar a voz do pobo e sentirse parte dela. "O edificio onde estaba o "Casino", o Recreo Cultural, construeuse no ano 1927". "O Recreo Cultural pode lle deba o seu nome de "Casino", porque alí se xogaban timbas fortes, nas que se apostaban cartos". "Houbo porteiros míticos como Pepe do pueblo ou Suso Luna, que trataban de impedir que os que nos éramos socios nos coláramos, pero case sempre o conseguíamos". O antiguo “Casino” na “Farola”. A ubicación na “casa do Escobeiro” ou “Casa do Capón” O personal do casino. Centro de xogo. Timba. Xogos de cartas con cartos por medio. Unha mesa de billar. Os cadros de Castelao, “Cego de Romeria” e “Moza con Cabuxa” O Cadro de Corredoira olvidado nunha leñeira e rescatado por Chicote Os trucos para entrar sen ser socio. O Bingo do Club Deportivo Estradense. A Asociación Cultural A Estrada. Café “A Farola” , o pasado en conserva. ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
Nesta conversa coñecemos a Gonzalo Piñeiro e Juan Rey, dous emprendedores que decidiron dar o salto e crear RG Aquaclima, unha nova empresa estradense especializada en fontanaría e calefacción. Con experiencia previa no sector e un equipo con máis de dez anos de traxectoria, chegan con ilusión, profesionalidade e ganas de ofrecer un servizo serio, áxil e de confianza. Gonzalo Piñeiro "É un novo proxecto que aumenta a oferta de fontaneros que hai. Ofrecemos seriedade e profesionalidade para resolver os problemas da xente". Juan Rey "Eu xa me adico ao sector das reformas e construcción entón quería expandir ao tema da fontaneria, porque vimos que había demanda". Falamos con eles sobre como xurdiu a idea de poñer en marcha o proxecto, os retos de comezar un negocio neste ámbito, os valores que definen o seu traballo e o papel das novas tecnoloxías e das redes sociais na súa estratexia de comunicación. Ademais, anuncian en exclusiva un sorteo dunha estufa de pellets, un sistema eficiente, ecolóxico e económico, coa que queren agradecer o apoio da veciñanza e de Radio Estrada. ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
#CineTv Pedro Pérez acheganos novidades e curiosidades de cine e tv. Imos contigo ás salas de cine e á pequena pantalla para contarche as novidade, curiosidades do cine, recomendacións e críticas que che axudan a escoller que ver. Un espazo pensado tanto para amantes do cine coma para os que buscan unha guía clara e próxima á hora de decidir que película ou serie disfrutar. Hoxe falamos de canles gratuitas para ver series "Youtube sorprenderate a cantidade de películas, series e sobre todo webseries que podes atopar no contedor audiovisual máis importante do mundo". "Pódese ver na tele ou descargalo no móbil. Unha marabilla. Hai de todo e todo, un arquivo infinito de contidos". "Son películas e series asiáticas de Corea do Sur – China – Xapón – Tailandia – Filipinas. Sorprende pola súa calidade e pola variedade de material que podes atopar". CANALES GRATUITOS PARA VER SERIES Netflix, Prime, Disney+, HBO, Movistar? Comezamos por estas plataformas que ofrecen un bo servizo, pero valen cartos. Hai que suscribirse e pagar. E non solo eso, é que por riba meten publicidade. Queren colarcha pola calidade de emisión, ou tes que ter moito coidado en non “clickar” onde non debes porque podenche cobrar incluso o que ves. Como por exemplo en Amazon Prime. Ante todos estos abusos. Hai otras canles. ✔️YouTube (Cinetel Medios): https://www.youtube.com/@CINETELMULTIMEDIA Pois si, Youtube. Sorprenderate a cantidade de películas, series e sobre todo webseries que podes atopar no contedor audiovisual máis importante do mundo. Sen ir máis lonxe “A Casa da Troia” ou o “Pazo de Oca”. Por suposto non temos estreas, pero si cantidade de cousas. ✔️PLUTO TV: https://pluto.tv/es/live-tv/5f984f4a09e92d0007d74647?utm_source=google&utm_medium=textsearch&utm_campaign=11303955803&utm_content=110079208479&utm_term=plutotv&utm_creative=471418324248&device=c&gad_source=1&gad_campaignid=11303955803&gclid=CjwKCAjw6P3GBhBVEiwAJPjmLoxjyD2d9Zi_KxWT0BZLw5aC9BOdj6Yuaeam4bdR4Dgj7GxsoTVA0hoC9ncQAvD_BwE Con opción para o móbil ou PC. Pluto é gratuíto e ten publicidade. Nada… cubres 4 datos e a ver películas e series. Pluto ten 2 xeitos de visualizar: On demand É dicir, ao estilo Netflix: hai un catálogo con centos de películas e series e escolles o que che gusta. En vivo A calquera hora que entres verás unha chea de canles onde están poñendo cousas e ti escolles a que che apeteza. ✔️RTVE Play: https://www.rtve.es/play/ Pódese ver na tele ou descargalo no móbil. Unha marabilla. Hai de todo e todo o que botan cada día na 1 e na 2 de TVE. Un arquivo infinito de cousas e ollo que agora van engadir o famoso NO-DO. Sobre todo documentais: hai centos de todo tipo e categorías. ✔️AGALEGA.GAL: https://www.agalega.gal/ Series da TVG: Padre Casares, Matalobos, Marcas Vivas, outras fantásticas e todas as novas. Películas galegas ou internacionais dobradas ao galego. Curtametraxes e series web. De feito vimos “O último día de Terranova” en PANIC. Programas da TVG e infantís. Hai moitas cousas para criticar á CRTVG, pero Ágalega.gal é para FELICITALOS. ✔️Cine.ar: https://cine.ar/ Cine arxentino. Subscríbeste, dando un par de datos e tes acceso a centos de películas. Segundo escoitei, as políticas de recortes de Milei en Arxentina queren acabar coas axudas ao cine. Ou xa acabaron e tamén con esta web. Funciona, pero non se mete nada novo. ✔️ Doramasflix.io: https://doramasflix.io/ Son películas e series asiáticas de Corea do Sur – China – Xapón – Tailandia – Filipinas. Neste caso sen subtítulos, creo que non hai ningunha dobrada ao castelán. Utiliceina moi pouco, pero sorprende pola súa calidade e pola variedade de material que podes atopar. ✔️O resto de plataformas... MiTele → de Mediaset: Tele5, Cuatro, FDF, Energy. Pero anuncios continuos… moi pesada e para iso véxoa na tele convencional. Despois hai outras como Atresplayer con moitos anuncios e outras que che din que é gratis e logo pídenche cartos. VIX (Atresplayer), VUDU, CRACKLE. Máis Información PEDRO PÉREZ: ✔️Web: http://www.panic.aestrada.gal/ ✔️Instagram: https://www.instagram.com/panicaestrada/ ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
No sorteo celebrado en directo, coñecemos á persoa afortunada que levou o premio do concurso da Asociación Río Gallo. Entre todas as participacións recibidas, a sorte quixo que o agasallo fose para Lucía Mejuto . ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
Carlota Sánchez-Montaña Puga, Comisaria de la exposición y coordinadora adjunta de Educación Superior de AfundaciónAlberto Blanco Penelas, equipo didáctico de Afundación
Carlota Sánchez-Montaña Puga, Comisaria de la exposición y coordinadora adjunta de Educación Superior de AfundaciónAlberto Blanco Penelas, equipo didáctico de Afundación
🔊"Na Estrada acadamos a friolera de 1.217 doazóns, unha taxa do 60.4%, cando a taxa galega é dun 39%". 🔊"Con cada doazón axudas a tres doentes e ten unha data de caducidade". 🔊"Todos os grupos sanguíneos son benvidos pero actual os que están máis baixos son o A- e o 0- ". Doar sangue é salvar vidas. Hoxe falamos con José María Vázquez, representante da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que nos conta os detalles da visita da unidade móbil á Praza do Concello da Estrada, dispoñible de 10:00 a 15:00 horas. Na entrevista repasamos a importancia da doazón, a situación actual das reservas en Galicia e como cada xesto solidario pode marcar a diferenza para centos de pacientes. Unha conversa para lembrar que doar é un acto sinxelo, solidario e imprescindible. 🎙️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast👍 👉MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html 👉Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
Converso con Dori Carbia, que acaba de conseguir dúas medallas de ouro no Trofeo Ciudad de Salamanca de Culturismo Natural. Participou nas categorías Bikini+40, en Sport Model y Run Way. Durante a entrevista falamos da preparación que require un evento desta magnitude, dos valores do culturismo natural e dos retos que supón compatibilizar vida persoal e adestramento. Unha conversa motivadora para coñecer mellor o deporte desde dentro. 🔊"Tiña moitas ganas de ter esa sensación de subir ao máis alto do podium. Despois deste traballo tan duro e sobre todo, despois deste ano tan duro". 🔊"A min gústame socializar e levo ben o de compaxinar a miña vida social cos adestramentos, non son das que se queda en casa". 🔊"Iba un sen moitas espectativas, porque non me sentía ao 100%, pero ao final conseguín sobrepoñerme. E agora a pensar no Campionato de España". 🎙️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast👍 👉MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html 👉Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
Lorena Penas, de " ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Esta sección está centrada na comunicación dixital, nas redes sociais e nas ferramentas que necesitamos hoxe para expresarnos con creatividade e eficacia. Nesta sección propoñemos reflexións, consellos e estratexias para estar ao tanto das tendencias, optimizar a presenza dixital e resolver aquelas cuestións que xurden ao comunicar nas plataformas dixitais. Hoxe falamos de se son boas ou malas as apps de IA?, son unha axuda ou un perigo?. 🔊"Se nos acostumamos a que a IA o faga todo, corremos o risco de perder a nosa voz propia, a nosa creatividade e mesmo a capacidade de pensar con criterio". 🔊"Para quen traballamos en redes sociais ou en marketing dixital, a IA pode ser un gran apoio". 🔊"Co as IA non todo é positivo. Aquí vén o gran reto: estas ferramentas tamén poden ser unha fonte de desinformación". 📢 Son boas ou malas as apps de intelixencia artificial? Son unha axuda ou un perigo? 💡O lado positivo: unha ferramenta que impulsa a creatividade Imos comezar polo bo, porque a IA ten moitísimas vantaxes. ✅Para quen traballamos en redes sociais ou en marketing dixital, a IA pode ser un gran apoio: desde axudarnos a atopar ideas para publicacións, redactar textos, programar contidos, ata xerar imaxes ou vídeos cando nos falta material. 📌 Tamén pode aforrar tempo en tarefas repetitivas, como responder mensaxes, organizar calendarios ou incluso analizar estatísticas. 📌 E o mellor é que non fai falta ser un experto para comezar a usala: a maioría destas apps son sinxelas e están ao alcance de todos. En resumo, ben utilizada, a IA pode ser como un “asistente” que nos libera tempo para centrarnos no creativo e no estratéxico. 💡O lado perigoso: desinformación e perda de criterio ✅Non todo é positivo. Aquí vén o gran reto: estas ferramentas tamén poden ser unha fonte de desinformación. 📌 A IA é capaz de xerar textos, imaxes ou vídeos que parecen reais, pero que en realidade non o son. Desde fotos de persoas que nunca existiron ata novas falsas moi convincentes. 📌 Isto fai que cada vez sexa máis difícil saber que é verdade e que é mentira en internet. 📌 Ademais, se nos acostumamos a que a IA o faga todo, corremos o risco de perder a nosa voz propia, a nosa creatividade e mesmo a capacidade de pensar con criterio. Por iso, aínda que a IA é útil, é fundamental non depender totalmente dela e sempre verificar a información. 💡Exemplos de casos reais de mal uso da IA ✅En varias eleccións ao redor do mundo (EE. UU., Brasil, India…), apareceron noticias falsas e imaxes manipuladas feitas con IA para influír na opinión pública. Por exemplo, en campañas electorais creáronse vídeos deepfake de políticos dicindo cousas que nunca dixeron, co obxectivo de xerar desconfianza ou confusión entre os votantes. ✅Hai casos de actores, cantantes e deportistas aos que lles fixeron vídeos falsos onde parece que fan ou din cousas que nunca ocorreron. Un exemplo moi comentado foi o de Tom Hanks, que apareceu nun anuncio falso de seguro dental xerado con IA sen o seu consentimento. ✅Algúns ciberdelincuentes usan IA para clonar voces e facerse pasar por familiares ou directivos dunha empresa. Chaman a unha persoa e, coa voz dun fillo, dun pai ou dun xefe, piden diñeiro ou datos confidenciais. Moita xente xa caeu nestas estafas porque a voz soa exactamente igual. ✅Circulan nas redes fotos de acontecementos que nunca existiron, como desastres naturais, manifestacións ou personaxes históricos. Por exemplo, fíxose viral unha foto falsa do Papa Francisco cun abrigo branco de moda, e moita xente cría que era real porque a imaxe era perfecta. 💡O equilibrio: usar a IA como apoio, non como substituto ✅A clave está no uso responsable. 📌 A IA non debería substituír a nosa creatividade, senón potenciala. 📌 Sempre debemos revisar e adaptar o contido que xera, para asegurarnos de que é veraz e que reflicte o noso estilo. 📌 E, sobre todo, lembrar que a última palabra témola nós, non unha máquina. 💡Entón, volvemos á pregunta inicial: son boas ou malas as apps de intelixencia artificial? ✅Eu penso que non hai unha resposta única. A IA non é nin boa nin mala por si mesma, todo depende de cómo a utilicemos. ⁉️Encantaríame saber que opinades vós: 📌 Védelas como unha axuda no voso día a día ou como unha ameaza? 📌 Fiades do contido que crean ou pensades que é perigoso? 👉Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño: ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/ 🎙️"SUSCRÍBETE" ao podcast.👍 👉MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html 👉Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
#Consumo con Ana Maria Cores Meixus Asociación de amas de casa y consumidores O Noso Lar e Kim Llobet Asociación de Consumidores de A Estrada. atoparás información práctica e consellos útiles para o día a día. Dereitos das persoas consumidoras, novidades do mercado, hábitos responsables e recomendacións para aforrar e consumir con criterio. Un espazo divulgativo, próximo e claro, pensado para axudarche a tomar decisións informadas e coidar tanto do teu peto como do teu benestar. 🎙️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast👍 👉MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html 👉Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
Lorena Penas, de "ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Esta sección está centrada na comunicación dixital, nas redes sociais e nas ferramentas que necesitamos hoxe para expresarnos con creatividade e eficacia. Nesta sección propoñemos reflexións, consellos e estratexias para estar ao tanto das tendencias, optimizar a presenza dixital e resolver aquelas cuestións que xurden ao comunicar nas plataformas dixitais. Hoxe falamos dos beneficios de ter unha aplicación ou tenda online para o pequeno comercio local 🔊"Os hábitos de consumo cambiaron moito. Hoxe en día, o cliente busca comodidade, rapidez e opcións dixitais". 🔊"Non se trata de competir con xigantes como Amazon, senón de aproveitar a tecnoloxía para estar máis preto dos nosos clientes e darlles facilidades". 🔊"Ter unha tenda online ou unha app non é un luxo, é unha oportunidade. Non substitúe o trato cercano do comercio local, complétao". 📢Hoxe imos falar dun tema que pode marcar a diferenza para os pequenos negocios: ter unha tenda online ou incluso unha aplicación propia. O comercio local sempre foi o corazón dos barrios e vilas, pero os hábitos de consumo cambiaron moito. Hoxe en día, o cliente busca comodidade, rapidez e opcións dixitais. Non se trata de competir con xigantes como Amazon, senón de aproveitar a tecnoloxía para estar máis preto dos nosos clientes e darlles facilidades. 💡*Comentamos a app da Mimela* Unha app na que podes facer os teus pedidos e despois recoller no local. Unha maneira rápida, que che permite dende o sofá escoller o que queiras, tes unha carta de productos, sabes os presos e así so tes que chegar alí e recoller. Unha maneira de unirse a tecnoloxía sen perder o foco de que somos un comercio local. Pensada para a xente de fora. 💡Vantaxes para o pequeno comercio 📌Maior visibilidade • Unha tenda online está aberta 24/7, nunca pecha. • Permite que clientes de fóra do barrio, incluso doutras cidades, coñezan e compren produtos. • Exemplo: unha tenda de artesanía que antes só vendía a veciños, agora pode vender en toda Galicia ou España. 📌 Fidelización de clientes • Cunha app pódense enviar notificacións de ofertas ou novidades. • Programas de puntos ou descontos exclusivos online. • Exemplo: “Por cada compra na app, acumulas puntos que podes gastar na tenda física”. 📌Comodidade e novas formas de compra • Click&Collect: mercar online e recoller na tenda. • Reparto local: entrega a domicilio sen depender de grandes plataformas. • Ideal para quen non ten tempo de ir á tenda ou para persoas maiores con mobilidade reducida. 📌 Diferenciación fronte á competencia • Non todos os pequenos comercios se animan a dar o salto dixital. • Ser pioneirona zona dá unha imaxe moderna e innovadora. • Exemplo: unha libraría de barrio que ten catálogo online e envíos rápidos pode atraer clientes de fóra. 📌 Marketing máis efectivo • Medir que produtos gustan máis, cantas visitas ten a web, en que horarios. • Posibilidade de facer campañas de publicidade moi dirixidas: redes sociais, Google Ads, etc. • Moito máis rendible que a publicidade tradicional en moitos casos. 📌 Adaptación ás novas xeracións • A xente nova está afeita a mercar dende o móbil. • Se non atopan un comercio local en internet, probablemente non o teñan en conta. • Estar online é asegurar a continuidade do negocio no futuro. ✅Barreiras e como superalas • “Medo aodixital”: existen solucións sinxelas e accesibles, non fai falta investir unha fortuna. • Falta de tempo: moitas plataformas son automáticas, e sempre se pode contar con axuda externa. • Pensar que “os meus clientes non usan internet”: cada vez son máis os que mercan online, incluso persoas maiores coa axuda da familia. Ter unha tenda online ou unha app non é un luxo, é unha oportunidade. Non substitúe o trato cercano do comercio local, complétao. E canto antes se dea o paso, máis fácil será adaptarse e medrar. Imaxinemos unha vila onde o comercio local non desaparece, senón que se transforma e chega moito máis lonxe grazas a internet. Ese futuro está nas nosas mans. 👉Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño: ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/ 🎙️"SUSCRÍBETE" ao podcast.👍 👉MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html 👉Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
O Banco de Reciclaxe Electrónica con Software Libre do Campus Industrial de Ferrol, promovido pola Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC xunto co Programa Green Campus e Enxeñaría Sen Fronteiras, leva recuperados 15 ordenadores que xa foron entregados a persoas con baixos recursos, así como a entidades sociais como o Centro de Recursos Solidarios de Narón, ALCER e a Fundación Amigó de Lugo. Ademais de equipos informáticos, tamén deron unha segunda vida a monitores, radios ou mesmo pequenos electrodomésticos. O proxecto, segundo espazo destas características da Universidade da Coruña, busca fomentar o software libre, reducir residuos e loitar contra a fenda dixital.
Fene prepárase para unha fin de semana cargada de música e boas oportunidades de compra coa celebración do Fene Rock e do Outlet do Comercio Local, dous eventos que encherán de vida o municipio entre os días 5, 6 e 7 de setembro. O Outlet Fene, organizado polo Concello en colaboración coa Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos O Cruceiro e co apoio económico da Deputación da Coruña, converterá as rúas do municipio nun gran escaparate de ofertas. O horario será de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas o venres e sábado, e de 11.00 a 13.30 horas o domingo. Durante estes días, o público poderá atopar produtos a prezos rebaixados e gozar dun ambiente festivo cos comercios participantes: A Tenda Agasallos, Arrecendo Galego, Berline Boutique, Bualá, Cafetería CMIU Fene, Calzados Locay, Cáprica Cómics e Xogos, Costuras Mercería e Lencería, DaMa Fene, El Baúl de Bego, Jomer, Kenia Fene, Koralli Boutique, Lencería Loly Calvo, Lualé 114, Más Sport, Mayka Moda, Mi Pachu e Un Pedacito de Mí. Algúns establecementos preparan ademais promocións especiais: o CMIU Fene ofrecerá unha ración de 10 aletas de polo barbacoa con patacas a 5 euros, mentres que Arrecendo Galego organizará sorteos de cestas e vales para ceas o venres e sábado ás 21.30 horas. En paralelo, a música tamén será protagonista cunha nova edición do Fene Rock, festival que volverá converter a ría de Ferrol nun punto de encontro para os amantes do rock, completando así unha fin de semana que mestura cultura, lecer e dinamización do comercio local.
Hoxe, coma todos os días, moitas persoas están ingresadas nos hospitais galegos agardando por unha transfusión de sangue. Enfrontan operacións cirúrxicas, transplantes, tratamentos contra o cancro ou consecuencias graves de accidentes ou hemorraxias. Todas elas teñen algo en común: necesitan sangue para sobrevivir. No verán, as doazóns de sangue adoitan descender, mentres que as necesidades seguen constantes ou incluso aumentan. As vacacións, as altas temperaturas ou o cambio de rutinas fan que moitas persoas esquecen un xesto tan sinxelo como salvar vidas. A solidariedade está dentro de ti. Doa sangue. Cada día fan falta preto de 500 doazóns de sangue en Galicia para garantir que todos os pacientes reciban o tratamento que precisan. Por iso, dende o Servizo Galego de Saúde (Sergas) anímase á cidadanía a colaborar. É doado: podes doar en unidades móbiles que percorren os concellos galegos ou acudir a calquera dos sete puntos fixos de doazón nas principais cidades. Se tes dúbidas, queres saber cando estará a unidade móbil no teu concello ou desexas facer unha suxestión, podes contactar en: 🌐 Web: ados.sergas.gal 📞 Teléfono gratuíto: 900 100 828 Neste verán, ti podes facer a diferenza. Unha doazón pode salvar ata tres vidas. Non o deixes para mañá. Doa sangue hoxe.
Era actualitat dera Val d'Aran en aran
Este sábado 19 de xullo, o barrio ferrolán de Canido será escenario da segunda cita do ciclo musical Solpores, que celebra a súa quinta edición co impulso de Ferror Records, o apoio da Asociación Veciñal de Canido e o Concello de Ferrol. O evento desenvolverase no Centro Cívico de Canido a partir das 20:00 horas, cunha programación marcada pola diversidade sonora e o talento galego. Abrirá a xornada BELISH, proxecto de electrónica emocional liderado por Enric Pellicer, nado en Santiago a principios de 2024. O seu primeiro álbum, Un Grito de Amor (2025), foi moi ben recibido pola súa frescura e sensibilidade. Ás 21:00, subirá ao escenario FRENCH RIVIERA, alter ego de David Fermoselle, cun directo cheo de sintetizadores, funk e esencia oitenteira. Pechara a noite BOLD G, DJ compostelá e cofundadora da festa queer Tr3mor, cunha sesión vibrante que mestura pop e electrónica.
Del 11 al 25 de julio, As Pontes celebrará las Festas do Carme e A Fraga 2025 con un extenso programa de actividades culturales, musicales e infantiles, pensado para todos los públicos. Aunque el inicio oficial será el viernes 18 de julio con el pregón y el concierto tributo a Mecano Hijo de la Luna, las actividades comenzarán una semana antes. El 11 de julio, a las 21:00 h, se abrirá el programa con una exhibición de danza de la Escola Municipal. El 12 tendrá lugar el Certame de Bandas, precedido de pasacalles, con la participación de agrupaciones de Touro, Arca y As Pontes. Del 14 al 17 de julio, la Praza de América acogerá las Noites do Carme, con conciertos de acordeones, música tradicional y agrupaciones como Canavella, Os Trevillas o No Cómbaro. También se celebrarán exposiciones, como Unha foto, un poema y As Pontes Eléctrico. A partir del 14 de julio, el “Parque Activo” ofrecerá espectáculos y juegos para la infancia. Entre el 19 y el 25 de julio habrá pasacalles, verbenas con orquestas como Olympus, Finisterre o Los Españoles, el Festival Internacional de Folclore y la tradicional Romaría da Fraga, que cerrará las fiestas el 25 de julio
O emblemático Festival do Río Castro celebra mañá, sábado 5 de xullo, a súa 30ª edición, consolidándose como unha das citas máis queridas do verán galego e exemplo vivo da recuperación das antigas romarías populares. A festa desenvolverase, como é tradición, no espazo da Bóla, xunto á ponte románica da Ferrería, un entorno natural e patrimonial privilexiado. A programación arrincará ao redor das 14.00 horas cunha sesión vermú a cargo de Sérralhe aí!, que volven subir ao escenario do festival como un dos grupos emblemáticos da cita. Durante o xantar, Manolo Maseda e Roberto Grandal —quen xa participaron no 25 aniversario— volverán poñer música e ambiente ao mediodía. Xa pola tarde, será a quenda para os máis pequenos co inicio dos xogos tradicionais, e ás 18.00 horas chegará un dos momentos máis esperados para o público infantil: a actuación do pallaso Peter Punk, outro vello coñecido do festival, que combinará risas con mensaxes de concienciación social. Unha vez rematada a súa actuación, o protagonismo pasará aos deportes rurais para adultos, unha proposta que mestura tradición, diversión e participación veciñal. Os concertos nocturnos comezarán con Vai Rañala Meu!, agrupación con sede no centro social de Sedes e composta por músicos da comarca, que traerán un repertorio cargado de temas recoñecibles interpretados con gaitas, acordeón, clarinete, saxo, percusión e voces, prometendo facer bailar ao público ata ben entrada a noite. Con este completo programa, o Festival do Río Castro reafirma o seu compromiso coa cultura popular, o encontro interxeracional e o goce da música e tradicións galegas nun marco natural incomparable.
A cantante e compositora ferrolá Lidia India actúa este sabado ás 21:00 horas no marco das Xornadas Ventos de Bacallau en Ferrol Vello, onde presentará en directo o segundo capítulo do seu traballo discográfico “A galiña, ou toxo e o río” Tras o lanzamento do primeiro tema, Galiña vella, a artista completa agora o segundo bloque do disco con dúas novas cancións, Toxo e Vale a pena, que serán interpretadas por primeira vez sobre o escenario. Ambas as pezas mergullan con ironía, emoción e mirada poética nas pequenas vertixes cotiás. Toxo é un retrato divertido e algo salvaxe desa ferocidade matutina que aparece antes do primeiro café. Nela, Lidia descríbese con humor como un toxo: punzante e arisco ao espertar, pero tamén capaz de florecer co tempo. O tema fusiona ritmos de muiñeira con influencias afrobrasileñas, e chega acompañado dun videoclip dirixido por Omar Romero. Pola súa banda, Vale a pena ofrece unha mirada máis íntima. Con aires de xota e toques de chacarera, é unha oda ao valor de arriscarse, de atreverse a querer, a mollarse aínda que nada estea asegurado. Unha canción que convida a sentir intensamente, porque “ás veces mollarse é a única forma de sentirse viva”. O proxecto conta con Juan de Dios na produción musical, César Yáñez ao buzuki e Pedro Montilla ao violín, nunha proposta sonora que mestura raíz e vangarda. Lidia India continúa consolidando unha voz propia dentro da escena galega, cunha proposta artística que enlaza o ancestral co contemporáneo, e onde conviven as sonoridades do mundo coa emoción profunda das súas vivencias persoais.
Ferrol acolle un ano máis o prestixioso Festival Atlántica, unha cita ineludible coa narración oral que, nesta edición, ofrece unha proposta especialmente atractiva para coñecer a fondo a súa ría e a súa historia. O venres 4 de xullo, a partir das 10:20 horas, o recoñecido historiador Guillermo Llorca Freire será o encargado de guiar o "Paseo en Barco Narrado: O Porto Ilustrado", unha actividade que promete mergullar aos participantes na riqueza cultural e patrimonial da cidade. A saída do porto de Curuxeiras marcará o inicio desta viaxe única. Llorca, profesor honorario de instituto e autor de numerosas obras sobre Ferrol e a súa comarca, compartirá os seus vastos coñecementos sobre a evolución histórica da ría, dende a súa relevancia como porto estratéxico ata a vida cotiá das súas xentes ao longo dos séculos. Durante o percorrido, os asistentes terán a oportunidade de aprender sobre a influencia xeográfica da ría na configuración da Base Naval do Noroeste peninsular, así como deterse en puntos clave como a Graña de primeiro arsenal, a esteleira real a partir de 1726 en Arousa, as fortalezas defensivas dos castelos de San Felipe e San Martiño, ou as baterías defensivas de San Carlos e Carrizo, entre outros. Ademais da actividade de Llorca, o Festival Atlántica contará con outras propostas en Ferrol. O xoves 3 de xullo, Margarita Sánchez presentará "Ferrol na historia: a súa Igrexa de San Xiao" ás 19:00h na Praza do Marqués de San Sadurniño (Praza Vella). As inscricións para estas actividades están dispoñibles na web festivalatlantica.gal. Unha oportunidade sen igual para desfrutar da narración oral e descubrir os segredos da ría de Ferrol
Narón prepárase para celebrar as súas tradicionais Festas de San Xiao, que terán lugar o vindeiro sábado, 28 de xuño de 2025, no Entorno Cívico Social de San Xiao de Narón. Unha xornada repleta de actividades para toda a familia, que comezará ás 19:00 horas con xogos tradicionais, populares e inchables para os máis pequenos. O prato forte da xornada será a Sardinada Churrascada popular, que dará comezo ás 21:00 horas, ofrecendo unha deliciosa oportunidade para desfrutar da gastronomía local con churrasco, criollo, pan, viño, gaseosa, auga e café. Os prezos serán de 15€ para socios/as (incluíndo unha sardiña de agasallo) e 18€ para non socios/as. Tamén haberá sardiñas soltas a 3€ cada unha. Os tickets poderán adquirirse con antelación os días 18, 20, 25 e 27 de xuño no Centro Cívico Social de San Xiao en horario de 19:30 a 21:00h, e o propio día 28 de 19:00 a 21:00h. A música será un dos piares fundamentais destas festas. Ás 21:00 horas, o Grupo de Gaitas do Padroado da Cultura deleitará aos asistentes coa mellor música tradicional. E para pechar a noite cun broche de ouro, ás 22:30 horas, o recoñecido artista Budiño ofrecerá un concerto que promete ser inesquecible, presentando o seu novo espectáculo baseado no seu último traballo discográfico, "Branca Vela".
Lorena Penas e Laura López, de "Actual Comunicación Amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe fálanos da importancia de desconectar das redes. 🔊"Nunha contorna tan competitiva como o dixital, desaparecer durante semanas pode supoñer perder compromiso, alcance e posicionamento". 🔊"Outro dos efectos desta desconexión dixital dos usuarios é que existe a posibilidade de que haxa un cambio nos hábitos de compra durante o verán". 🔊"As marcas poden experimentar unha diminución no número de usuarios que ven as súas mensaxes e na interacción do seu contido". 📢Agora que comezou oficialmente o verán, é momento de falar sobre a desconexión dixital. A praia, as tardes na piscina, os longos plans con amigos e os festivais fan que, como usuarios, fagamos un menor uso de redes sociais, cando menos o que se refiere aoscroll infinito que adoitamosfacer en horas baixas. 💡A desconexión dos usuarios E que significa isto dende o punto de vista empresarial? As marcas poden experimentar unha diminución no número de usuarios que ven as súas mensaxes e na interacción do seu contido e, por tanto, as campañas que se poidan realizar durante esta tempada pode que non sexan tan efectivas como noutras épocas do ano. Outro dos efectos desta (necesaria) desconexión dixital dos usuarios é que existe a posibilidade de que haxa un cambio nos hábitos de compra durante o verán. O feito de pasar máis tempo ao aire libre fai que derive nunha diminución na intención de compra e nunha predisposición menor a interactuar con mensaxes publicitarias. Precisamente, esta desconexión dixital pode levar a unhamaior competencia pola atención do consumidor cando este volve a conectarse e, por tanto, unha grande oportunidade de ser creativos e desenvolver estratexias diferenciadoras. 💡A desconexión da empresa E, por outro lado, que acontece se unha empresa desaparece no verán das súas redes? Non vai a ser a fin do mundo, iso está claro, pero o máis probable é que perdavisibilidade, aodeixar de estar presente na mente do seu público durante a tempada estival. Nunha contorna tan competitiva como o dixital, desaparecer durante semanas pode supoñer perder compromiso, alcance e posicionamento. Ademais, o verán ofrece contidosmáis frescos, máisemocionais, máis próximos, que humanizan ás marcas. É unha época perfecta para mostrar o lado máis natural dunha empresa: compartir consellos, inspirar con ideas de lecer, ensinar como segue funcionando o negocio aínda que sexa agosto, ou mesmo conectar co público desde un enfoque máisrelaxado. Hoxe en día, as redes non se poden apagar como unha oficina, cando menos ao 100%. Están vivas 24/7, e aínda que unha empresa se tome un respiro, a súa presenza en liña debe manterse mínimamente activa e coidada. Se, como empresas, queremos desconectar un chisco, a clave está naplanificación, xa que as redes non se van de vacacións (e os clientes tampoco). Destexeito, se pensamos a nosaestratexia con antelación, poderemosdeixar o contido programado e tentar deixar as redes un pouquiño de lado. E, por seaínda non vos convencemos aínda, aquí van algunhasrazón para non desconectar de todo: ✔️• Menos competencia e máis visibilidade. Aínda que é certo que acabamos de decir que moitas empresas compiten con uñas e dentes pola atención dos usuarios en verán, tamén é certo que no ámbito local esta batalla non é tan encarnizada (ao final, é o veciño o que te atende e taménquere as súas vacacións). É por iso que moitas empresas reducen a súa actividade en redes durante o verán. Isto significa que o contido que si se publica ten máis probabilidades de destacar e xerar interacción. ✔️• Reforza a conexión emocional coa audiencia. O verán permite ás marcas mostrarse máis humanas, próximas, relaxadas. É un bo momento para xerar contidos máis frescos, contar historias, mostrar o “detrás de cámaras” ou compartir valores. ✔️• Mantén o algoritmo activo. As plataformas premian a constancia. Se deixamos de publicar, máis alá dunha reducción do compromiso do usuario, tamén se pode experimentar unha baixada do alcance por mor do algoritmo e logo custa recuperado. Publicar con regularidade axudaranos a evitar isto. ✔️• Pódese programar contido con antelación. Hoxe en día, grazas a ferramentas de planificación, dende medios externos como Metricool ata as propias opcións que ofrecen as nosas redes sociais, pódese deixar o contido preparado para que se publique só. Non fai falta estar conectado todo o día para manter viva a conta. O noso único consello, se programas o contido, é simplemente que revises se se publicou de maneira correcta. ✔️• Apoia campañas específicas de tempada. No verán hai oportunidades concretas: promocións, rebaixas, eventos, turismo… Se non comunicamos en redes, perdemos oportunidades de venda e de atraer novos clientes. ✔️• Demostra compromiso e profesionalidade. Unha marca que coida a súa comunicación mesmo no verán transmite seriedade, constancia e compromiso. E isoxera confianza. Non por ser verán o departamento de atención ao cliente pode permitirse ser menos esixente cos tempos de resposta. Non por ser verán as redes sociais deben quedar desatendidas ou perder en calidade de tempo de resposta, contidos ou relación cos consumidores. E non por ser verán os pedidos dunha tenda en liña deben saír máis tarde e ser recibidos con menos rapidez. As empresas deben ser moi conscientes de que, que sexa verán e que moitas persoas estean de vacacións, non debe implicar perder calidade na xestión das redes sociais nin un motivo baixar a garda durante eses meses. Pode que o verán implique unha relaxación xeral da actividade, pero iso non implica que os consumidores sigan estando, consumindo (aínda que sexa a outro ritmo e volumen) e analizando que fan as empresas. Así que nada de deixar as redes sociais en silencio. Os consumidores seguen activos, interactuando, protestando e queixándose. E isto é especialmente importante porque, a pesar de que é verán e a pesar de que todo se relaxa un pouco, os consumidores seguen enfrontándose a problemas, seguen queixándose polos fallos no servizo e continúan reclamando respostas e accións a través das redes sociais. Ese esforzo que se realizou durante todo o ano para xerar unha maior taxa de compromiso non pode irse pola borda polas vacacións. Ao estar inactivos, perdemos interacción, e logo será moito máis difícil que as túas publicacións cheguen á túa comunidade. 👉Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño: ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/ 🎙️"SUSCRÍBETE" ao podcast.👍 👉MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html 👉Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. No espazo de hoxe de Aula Saúde A Estrada imos falar con Lucía Fernández Ascariz e Mónica Montoto Vázquez, odontóloga e higienista da Unidade de Saúde Bucodental do Centro de Saúde da Estrada. 🔊“A saúde bucodental non é algo illado: é parte fundamental da nosa saúde xeral”. 🔊“ Cando un neno ou nena cumpre 12 meses, os pediatras e enfermeiras do centro de saúde derívannolo para unha primeira revisión”. 🔊“En Galicia, afecta xa ao 40% dos nenos de 5 anos, unha cifra moi alta para algo que se pode previr”. 📢 Porque a saúde bucodental non é algo illado: é parte fundamental da nosa saúde xeral. Unha boca sa permítenos falar, masticar, respirar e relacionarnos con normalidade. Ademais, inflúe directamente na nosa autoestima e no noso benestar físico e emocional. Na nosa unidade traballamos cun obxectivo claro: previr antes que curar. Non queremos que se nos vexa só como “as que quitan moas”. O noso labor vai moito máis alá, especialmente na prevención desde as primeiras etapas da vida. 💡Que ofrecemos na Unidade de Saúde Bucodental? A nosa unidade forma parte da rede pública do SERGAS e ofrecemos unha carteira de servizos dirixida a distintos grupos de poboación. Pero queremos destacar especialmente dous: a infancia e as mulleres embarazadas, xa que sobre eles céntrase boa parte do noso traballo preventivo. Cos máis pequenos, empezamos desde moi pronto. Cando un neno ou nena cumpre 12 meses, os pediatras e enfermeiras do centro de saúde derívannolo para unha primeira revisión, tal como recomendan as sociedades científicas. A partir de aí, facemos seguimentos periódicos, aplicamos flúor, selamos fisuras, e traballamos moito en educación sobre hixiene e alimentación. Por que tan temperán? Porque os bos hábitos que se adquiren na infancia mantéñense toda a vida. E porque a mellor maneira de evitar carie e outros problemas é previlos desde o principio. No caso das embarazadas, contamos cun programa específico. Non só valoramos a súa saúde oral, senón que tamén lles damos ferramentas para coidar a do seu bebé desde o nacemento. 💡Dez claves para unha boca sa desde o nacemento Durante as sesións con embarazadas e as súas parellas, compartimos recomendacións moi prácticas para crear unha contorna saudable desde os primeiros meses de vida. Algunhas das máis importantes son: ✅ 1. Apostar pola lactación materna, que favorece un bo desenvolvemento da boca e mellora a respiración e a deglución. ✅ 2. Empezar a hixiene dental coa saída do primeiro dente, usando pasta fluorada (1000 ppm) en pequena cantidade, sen enjuagar, dúas veces ao día. ✅ 3. Evitar os azucres libres nos dous primeiros anos, mesmo en produtos que parecen saudables pero conteñen moita azucre. ✅ 4. Crear un “fogar dental”, onde a saúde bucal forme parte da rutina e do benestar familiar. ✅ 5. Facer a primeira revisión dental antes do primeiro ano, para establecer un plan personalizado de prevención. Unha das mensaxes que máis insistimos en transmitir é este: a carie prevense en casa. Non hai que esperar a que haxa dor ou problemas para acudir á consulta. O noso obxectivo é que as familias aprendan como evitar que eses problemas aparezan. 💡A carie: unha enfermidade común, prevenible e moi relacionada co azucre 💡A carie dental segue sendo a enfermidade crónica máis frecuente na infancia. 💡En Galicia, afecta xa ao 40% dos nenos de 5 anos, unha cifra moi alta para algo que se pode previr. Se un neno ten carie nos dentes de leite, e non se cambian os hábitos, o máis probable é que tamén as teña nos dentes definitivos. Isto implica máis tratamentos, máis molestias, e un impacto negativo na súa saúde xeral, emocional e económica. Sabemos que a carie é unha enfermidade azucre-dependente, é dicir, está moi relacionada co consumo frecuente de azucre. Por iso, insistimos en evitar os azucres entre comidas, xa que impiden que a saliva cumpra a súa función protectora. 💡E aquí entra en xogo un aspecto moi importante: as merendas. Merendas Saudables”: educar para previr Desde a nosa unidade impulsamos o programa “Merendas Saudables”, dirixido aos centros escolares do municipio. Reunímonos con equipos directivos, profesores e familias para traballar xuntos nun enfoque común: que alimentos son adecuados para o recreo e cales convén evitar. Destas reunións naceron chárlalas “Prevención da carie en dentes de leite”, que impartimos nos colexios durante o horario escolar, con moi boa acollida. Nelas ensinamos a identificar azucres ocultos en produtos infantís como zumes envasados, galletas, iogures bebibles ou bolería. E propoñemos alternativas sinxelas e sas: ✅ • Pan integral, froita, verdura, queixo ou iogur natural sen azucre. ✅ • Tortitas de millo ou arroz sen azucres engadidos. ✅ • Auga como bebida principal. Grazas a esta colaboración, conseguimos implicar a familias e escolas, creando unha contorna saudable que protexe aos máis pequenos. Isto é o que chamamos “fogar dental”, un concepto apoiado pola Sociedade Española de Odontopediatría. ⚠️En resumo Desde o SERGAS e a Unidade de Saúde Bucodental do Centro de Saúde da Estrada queremos lembrar que a saúde oral é saúde xeral. Que a carie se pode previr. Que a prevención comeza en casa e continúa na escola. E que os recursos públicos están dispoñibles para acompañar ás familias en cada etapa do crecemento dos seus fillos. Traballamos cada día por unha odontoloxía pública, accesible e preventiva, que poña o foco na persoa e non só na enfermidade. 🚑Máis Información CENTRO DE SAÚDE DA ESTRADA. https://observatoriosaudepublica.sergas.gal/es/atopa-saude/centro-de-salud-de-estrada 👉 Máis Información de MULLERES QUE PODEN ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057202191221 🎙️ "SUSCRÍBETE" ao podcast👍 📢 MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html 👉Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Os caras do Vogalizando estão de volta com mais um episódio do Podcast do Vogalizando, daquele jeitinho que tu conhece, cheio de respostas aos seguidores, as notícias mais malucas da semana e curiosidades que cercam o nosso mundo. Pra participar com a gente é só mandar um email pra podcastdovogalizando@gmail.com
Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. Hoxe atendemos a recomendación dunha oínte e falamos de Emilia Pardo Bazán. 📢Los MUJERICIDIOS de Emilia Pardo Bazan Tres veces lle negaron ser académica da Real Academia Española (RAE). Padeceu todo tipo de chascarrillos machistas. Nestes días de reivindicacións feministas, bo é lembrar ás que abriron camiño. Fai máis dun século, Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851 - Madrid,1921) xa publicou máis de 30 contos relacionados coa violencia exercida polos homes sobre as mulleres. Contos non suficientemente coñecidos que, a finais do XIX, xa falaban de “mujericidios”. De acoso sexual. De prostitución. Da discriminación no marco educativo. Do papel reprodutor delas. Da linguaxe. Do dereito ao voto... A finais do século XIX, a unha daquelas primeiras liñas de tranvía que circulaban pola cidade os machirulos chamábana “La Bazán”. O argumento: “Pasaba por Lista, pero non por Hermosilla”, facendo referencia á escritora galega e ao rueiro por onde se atopaban os raíles daqueles primeiros roteiros tranviarias madrileñas. Á Bazán adoitámola coñecer como novelista polos Pazos de Ulloa e outras narracións. Tamén polas súas relacións persoais, pero gran parte da súa obra, achegas, compromisos e loitas son escasamente celebrados. Amante da literatura, aprendeu varios idiomas para poder ler nas linguas orixinais. Introduciunos na literatura rusa. A súa obra xornalística e literaria é enorme; servir como exemplo que escribiu máis de 650 contos. Primeira Catedrática de Literatura na Universidade madrileña. Primeira socia do Ateneo madrileño. Primeira Presidenta da Sección de Literatura do mesmo. Tres veces negáronlle ser académica da Real Academia Española (RAE). Tiveron que transcorrer 250 anos, desde a súa creación, para que Carmen Conde (1978) ocupase a letra K, pasando a ser a primeira muller en acceder á Docta Casa da Literatura. Bazán introduciu o naturalismo en España. Viaxeira empedernida, fundadora dos seus propios medios de expresión e moito máis, e máis, realidades non mostradas dunha muller independente, coherente no persoal e no público, con contradicións e cambios, como lle ocorre a todas as persoas ao longo da súa vida. A finais do XIX xa falaba de “mujericidios”. De acoso sexual. De prostitución. Da forma de vestirse. Da discriminación no marco educativo. Do papel reprodutor delas. Da linguaxe. Do dereito ao voto. Da violencia machista e as penas derivadas por ela. Sobre isto último Cristina Patiño Eirín publicou a finais do ano pasado Emilio Pardo Bazán: O encaixe roto. Antoloxía de contos de violencia contra as mulleres. A profesora da Universidade de Santiago reúne unha selección de 35 contos relacionados coa violencia exercida polos homes sobre as mulleres que foron publicados entre 1883 e 1922. Relatos variados, diversos, algúns desgarradores, estremecedores. Pola ambientación, polos personaxes, polos acontecementos, polos resultados. Panoramas próximos, botando unha ollada a páxinas e imaxes de xornais e informativos actuais. Historias e personaxes pouco abordados, descoñecidos, anónimos, ocultos. De traballadoras cando a integración delas no mundo laboral era invisible. De parellas, noivos, nais, fillos. Da Galicia rural tan ignota como hermética, máis máxica que a urbana. Medo, temores, encrucilladas, incluso un vampiro dos oitenta que desangra á súa nova esposa, de tan só 15 anos, achegándose á literatura gótica?. Todo tipo de violencias, psicolóxicas, físicas, malos tratos, asasinatos... O indulto é o primeiro dos contos. Publicado orixinalmente en Revista Ibérica, o 1 de abril de 1883, a súa lectura viaxa entre a esperanza e o terror. Entre o desexo de estar e un escenario que debuxa un final próximo que por momentos lémbrache O conto da criada, por certo publicada por Margaret Atwood, 102 anos máis tarde. “Non é non” se reafirma Micaelita Aránguiz no momento de contraer matrimonio con Bernardo de Meneses, no último dos textos que dá título á antoloxía, sen que ninguén das ilustrísimas familias presentes comprendan os motivos de tal rexeitamento ao ser “uns noivos satisfeitos e amarteladísimos”. Foi publicado no Liberal o 19 de setembro de 1897. Entre ambos, 33 relatos e unha lúcida introdución de Patiño Eirín que nos axuda a coñecer mellor as contornas e realidades dos contos, aos seus personaxes, á escritora. Lectura reflexiva, efectiva, imprescindible. Aqueles que a asociaban coa tranviaria só reflectían a visión simplista e mal intencionada que transmitían dela escritores, colegas, aristócratas, tentando ningunear a unha persoa apaixonada, valente, feminista, cando en España non se falaba diso. Muller libre. Personalidade irresistible á que hai que ler para coñecer, descubrir, coñecéndoa desde ela mesma, sen necesidade de ningún tipo de intermediación. 👉 Máis Información de MULLERES QUE PODEN ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057202191221 🎙️ "SUSCRÍBETE" ao podcast👍 📢 MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html 👉Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Moderación: Laura Lesta García (Middlebury College) e Daniel Amarelo (Universitat Oberta de Catalunya).Participantes: Daniel Amarelo (Universitat Oberta de Catalunya), Alba Díaz Geada (Universidade de Santiago de Compostela), Laura Lesta García (Middlebury College), María Reimóndez (investigadora independente), Reyes Rodríguez Rodríguez (Investigadora colaboradora do Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela).- Uma história pequena da Galiza rural (1939-1982) (Através Editora2024), Autora: Alba Díaz Geada.- Beyond Sentidiño: New Diasporic Reflections on Galician Culture (Routledge 2024). Editoras: Daniel Amarelo e Laura Lesta García.- A casa do amo. Unha análise do discurso colonial e racista na literatura galega (Xerais 2024). Autora: María Reimóndez.- A Limia Baixa. Onde o mundo se chama en galego ( U Vigo 2024). Autora: Reyes Rodríguez Rodríguez.
(0:24) Non está documentado que Einstein dixera que a introdución do termo cosmolóxico fora a maior metida de zoca da súa vida. Pero a súa constante cosmolóxica é, ata o de agora, unha chave de bóveda do que sabemos do universo. (6:11) O noso ornitólogo Nacho Munilla explícanos o papel recentemente descuberto da biofluorescencia das aves do paraíso. (20:54) Efeméride do 20 de marzo do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (23:08) Os datos liberados hoxe pola colaboración DESI (Dark Energy Spectroscopic Instrument) no encontro anual da American Physical Society apuntan a que a enerxía escura non é unha constante, senón que vai devalando na historia do universo. Isto podería rachar co actual modelo estándar cosmolóxico Lambda CDM. Nolo debulla o investigador da Universidade de Berkeley Antón Baleato Lizarcos.
(0:21) Einstein pasou de esguello por Galicia hai 100 anos. (4:39) Wicho deixa en evidencia os bulos sobre astronautas abandonados na Estación Espacial Internacional. (13:37) Alejandro Gómez Pazo, xeógrafo e profesor axudante doutor na Universidade de León, estuda a dinámica das pedras costeiras. (24:24) Dramatizamos o relato "Pedra, area, balea" de Noelia Rodríguez que gañou a XIII edición do concurso Inspiraciencia, convocado pola delegación do CSIC en Cataluña, na categoría de textos en galego. (39:47) Eferméride do 13 de marzo do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez (40:58) Na sección "Cambio de Fase" de Daniel Pizarro coñecemos a banda deseñada "Unha fracción de segundo" (Asitbierri) de Guy Delisle sobre a azarosa vida de Eadweard Muybridge
(2:17) Luis Muiño fálanos desde un lugar secreto na nosa sección "Un libro, un autor, un lugar" (6:12) Bibiana García Visos explícanos cal é a infraestrutura que permite que teñamos auga da billa nas nosas casas. (15:34) Conversamos co psicólogo Luis Muiño sobre o seu libro "A trampa do amor. Unha reflexión contra o amor romántico. Unha guía para o amor san"
Conversamos co psicólogo Luis Muiño sobre o seu libro "A trampa do amor. Unha reflexión contra o amor romántico. Unha guía para o amor san"
Siga a gente em http://youtube.com/@diariodebordopod
Del disco del guitarrista Marcus Tardelli 'Unha e carne. Marcus Tardelli interpreta Guinga' los instrumentales 'Cheio de dedos', 'Baião de Lacan', 'Igreja da Penha', 'Cine Baronesa' y Dichavado'; del disco 'Dialetto carioca', de Guinga, Paulo Sérgio Santos, Lula Galvão y Jorginho do Trompete, 'Dichavado', 'Mingus samba' y 'Senhorinha'; 'Noturna' y 'Bolero de Satã' del disco de Guinga y Gabriele Mirabassi 'Passos e assovios' y de los discos de Guinga 'Noturno Copacabana' la canción que le da título, de 'Delirio carioca' 'Catavento e girassol', y 'Par constante' en 'Avenida Atlântica' y 'Graffiando o vento'.Escuchar audio