POPULARITY
Comezamos la decima temporada!...si. seguimos con la misma porqueria.Instagram: charladeamigospodcast
Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. Hoxe facemos un repaso ao que nos deixou este verán. 🔊"Este ano 2024 ata o día de hoxe, o número de mulleres asasinadas por Violencia de Xénero en España ascende a 26". 🔊"Gisele Pelicot: “A Vergoña debe cambiar de bando”." 🔊"Este verán tamén nos deixou películas moi interesantes como "A casa en chamas" ou "Pechando o círculo"". Desde que iniciou a súa andaina este ano 2024 ata o día de hoxe, o número de mulleres asasinadas por Violencia de Xénero en España ascende a 26 e o total desde que en 2003 empezarase a contabilizar ascende a 1270. 17 menores quedaron orfos no que levamos de 2024 e suman un total de 450 desde 2013 , que se empezou a contabilizar. Xullo foi un mes tráxico...Zaragoza, Valencia, Madrid, Tarragona, Alacante e en plena investigación un asasinato en Barcelona... Mujeres de diferentes idades...48, 31, 29, 76, 36 e de confirmarse Barcelona, 30 anos... Espertámonos con 2 noticias internacionais que teñen que ver con mulleres e nada para ben. A primeira, o asasinato de Rebeca Cheptegel, atleta ugandesa de 33 anos, especialista en carreira de longa distancia e en campo a través. Posuidora do récord nacional na maratón. A mans do seu ex-noivo. Acababa de participar nos Xogos Olímpicos de París deste 2024, quedando no posto 44 da maratón feminina. Foi atacada polo seu ex-noivo na súa casa, o pasado 1 de setembro...asperxeuna de gasolina e prendeulle lume. Faleceu o pasado 5 deste mes... A segunda, o coñecemento de que un esposo durante 9 anos había drogado á súa muller de 72 anos para que fose violada por máis de 50 homes, o icluido. Un energúmeno colgou un anuncio nunha web para captar homes que violasen á súa esposa, mentres o observaba, gravaba e participaba. Calcúlase que foron unhas 200 violacións en total. Gravacións que foron atopadas por casualidade en dispositivos electrónicos deste depredador, despois de ser sorprendido fotografando sen consentimento a varias mulleres nun supermercado e ser denunciado. É arrepiante saber da existencia doutros 50 depredadores que participaban da barbarie. Homes con perfís profesionais de alto nivel, pero cunha catadura ética e moral...totalmente inexistente... Aplaudo a decisión de Gisele Pelicot, victima, que á súa idade e con esta experiencia involuntaria ás súas costas, decide enfrontala coas súas accións e as súas palabras: “A Vergoña debe cambiar de bando”. E sobre todo por todas aquelas mulleres que poida que NUNCA sexan recoñecidas como victimas. CINEMA Unha Casa en chamas. Pechando o Circulo 👉 Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 👉 Máis Información de MULLERES QUE PODEN ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057202191221 🎙️ "SUSCRÍBETE" ao podcast👍 📢 MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html 👉Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Comezamos a nova tempada do Hoy por Hoy A Coruña falando cos oíntes. Ana Iglesias amadriña o programa
Comezamos coa música da Gabi Buarque. A seguir navegamos polas músicas da Galiza e polas de todos os países a onde chegou o noso idioma.
No episodio desta semana espímonos da man da nosa convidada Ludy, practicante do naturismo dende hai media vida e membro da Asociación Nudista de Galicia (NaturiGal). Comezamos facendo un breve percorrido pola historia do movemento naturista na Galiza e aprendemos cal é a diferenza entre nudismo e naturismo. Cales son as vantaxes e inconvintes de practicar nudismo? Que impacto ten sobre a autoimaxe de quen o practica? Sexualización, perda de espazos propios e a incógnita do recambio xeracional son algunhas das preocupacións habituais entre as practicantes do nudismo, mais cales son os novos desafíos aos que ten que enfrotarse este colectivo? Descubrídeo neste novo episodio das Womansplainers!
Esta semana as tanxentes son unha mestura de temas. Comezamos falando un chisco sobre os prexuizos asociados aos códigos de vestimenta, a orientación sexual e a gordofobia, para rematar ca nosa opinión sobre as (non) nominacións de Greta Gerwig e Margot Robbie nos Oscars.
Comezamos o programa falano con Fatima Estevez do EFA A Cancela, que organizan para o 26 de outubro unha xornada con panadeiros galegos e alemáns para os alumno e alumnas da ecola. Sección "Comemos historia" con Juan Otero Chaves e "Conversas nun viño" con Mariña Fernández.
A conversa con Tino López estivo protexida por Man de Santo e o resultado foi dos mellores. O segredo? Que ambas as partes tivemos fe nas nosas respectivas responsabilidades. Comezamos pola explicación do nome da banda e continuamos coas procedencias de cada unha das persoas implicadas na formación musical. Despois falamos do estilo xamaicano adaptado á nosa realidade e da acollida nos concertos. Obviamente, non puidemos deixar de lado o paso da Man de Santo pola festa das festas: o San Froilán.
Comezamos temporada y lo hacemos por todo lo alto, hablando de todas las novedades, noticias y rumores que tenemos sobre el Pontevedra Club de Fútbol Si quieres que esto siga adelante, apóyanos en nuestro Patreon.
Cada martes falo coa Psicóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe a nosa psicóloga explicanos cales son os síntomas de que precisamos ir á consulta. En contraposición do Blue Monday, considerado como o día máis triste do ano, o 20 de xuño celebramos o Yellow Day ou Día máis Feliz do Ano. "Existen motivos ou factores a ter en conta para catalogar ao Yellow Day como o día máis feliz do ano, relacionados co incremento das horas de lecer, mellora das condicións climáticas e a proximidade dos días libres". "Calquera motivo é máis que suficiente para sentirnos optimistas e positivos". "Dacordo coa psicoloxía da cor, o amarelo que caracteriza a este día tan especial simboliza a felicidade, o optimismo, o positivismo, a diversión, a intelixencia e a creatividade". Esta efeméride viral tínguese de amarelo, para lembrarnos todo aquilo que nos fai felices: unha persoa especial, a conexión coa natureza, unha canción ou un recordo da nosa infancia. Calquera motivo é máis que suficiente para sentirnos optimistas e positivos. Son moitas as razóns para celebrar este gran día, así que a gozar! Dacordo coa psicoloxía da cor, o amarelo que caracteriza a este día tan especial simboliza a felicidade, o optimismo, o positivismo, a diversión, a intelixencia e a creatividade. Por que se elixiu o 20 de xuño como o día máis feliz do ano? A selección da data de celebración do Yellow Day non é casual, xa que de acordo a expertos (psicólogos e meteorólogos) estatisticamente o día 20 de xuño é o día máis feliz do ano. Isto susténtase cientificamente na análise das emocións de miles de persoas durante este día en específico. Por outra banda, o día 20 de xuño despide á primavera, dando unha calorosa benvida ao verán, con temperaturas favorables. Isto corresponde a un fenómeno astronómico coñecido como Solsticio de Verán, mediante o cal o sol alcanza a súa máxima declinación, proxectando a súa luz sobre a máxima latitude xeográfica sobre a Terra. Existen motivos ou factores a ter en conta para catalogar ao Yellow Day como o día máis feliz do ano, relacionados co incremento das horas de lecer, mellora das condicións climáticas e a proximidade dos días libres: ✔️ O aumento das temperaturas e das horas de luz. Segundo os expertos, as temperaturas medias próximas aos 20 ou 21 graos síntannos mellor. Adoita ser a temperatura de mediados do mes de xuño. Ademais a luz ten un gran efecto ao activar a serotonina, coñecida como a hormona da felicidade. ✔️ A proximidade das vacacións e os días máis longos fan que o noso ánimo aumente considerablemente. Comezamos a planear viaxes e días de goce interminables. Estamos de mellor humor e temos máis ánimo. ✔️ Os horarios intensivos dos que se adoitan beneficiar os traballadores no verán e a esperada paga extra. ⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella... Máis información BARROS PSICOLOGÍA: ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/ ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Programa especial que reúne as mellores voces da música dos países de raíz galega. Comezamos coas Tanxugueiras e continuamos con Filipa Pais, Guadi Galego, Sés, Mariza, Uxía Senlle e Calema. Non perdemos a oportunidade de recuperar unha peza de Bea, a de Estrella, con quen conversamos na semana pasada no Deixe Falar.
Comezamos unha semana de programas diarios analizando os venres desde o punto de vista do business e recibindo unha soberana masterclass do cancaneo na sexta-feira da man de Rubén Lino, baluarte do hihi-haha. MBA MAL PODCAST, un podcast de Francamente Cariño. https://linktr.ee/francamentec
PONTE…NAS ONDAS! é unha Asociación Cultural e Pedagóxica que, desde 1995, realiza actividades educativas e culturais en Galicia e no Norte de Portugal. Entre os fins da asociación están a promoción de actividades culturais e pedagóxicas así como a promoción da identidade común dos dous pobos dentro dunha perspectiva xeral de integración europea e do mundo lusófono. A estas finalidades engadíuselle no ano 2002 o compromiso de traballar na recuperación e difusión do Patrimonio Cultural común a galegos e portugueses. Grazas á cooperación entre escolas de Primaria e Secundaria, ao longo de máis dúas décadas, realizáronse diversas actividades desde os centros educativos das dúas marxes do río Miño, construíndo unha ponte de comunicación que atravesa a fronteira de dous territorios, descubrindo un patrimonio común compartido pola antiga Gallaecia. "Comezamos en 1995 facendo un experimento radiofónica, que consitía en unir dos estudos de radio, un en Portugal e outro en Galicia. Emitíronse máis de 12 horas, en directo, elaboradas por 15 centros educativos". "A radio nos centros educativos é ar fresco, é empoderar aos alumnos, que eles melloren e se sintan valorados na súa competencia comunicativa. Sobre todo porque desenvolven unha serie de capacidades que non se dan nunha aula clasica". "A proposta da UNESCO, supón un recoñecemento ao traballo de "PONTE NAS... ONDAS" durante todos estos anos, por parte dos dous países (España e Portugal). Queremos que sexa unha celebración de todos os pequenos que facemos cousas". PONTE...NAS ONDAS! INICIA A CONTA ATRÁS PARA A SÚA INSCRICIÓN NA UNESCO COMO MODELO DE BOAS PRÁCTICAS Presentada a candidatura por parte de Portugal e España en marzo de 2021, será a primeira inscrición para Portugal e Galicia Un ano de avaliacións que culminará na inscrición como modelo de boas prácticas co PCI (Patrimonio Cultural Inmaterial ) no Rexistro das Boas Prácticas da UNESCO Despois de ser presentada na UNESCO o pasado mes de marzo polos embaixadores de Portugal e España, a candidatura de Ponte...nas ondas! entrou na fase final avaliación por parte do organismo internacional. Nesta etapa o comité avaliador decide as propostas de inscrición das candidaturas de patrimonio inmaterial para ser proclamadas na XVII sesión do Comité da UNESCO que se celebrará no próximo mes de decembro. As boas prácticas Ademais da Lista Representativa do PCI (Patrimonio Cultural Inmaterial), o Rexistro das Boas Prácticas está conformado por experiencias que demostren a súa eficacia na preservación e a transmisión do patrimonio vivo. Estes métodos e enfoques deben entenderse como modelos e ensinanzas útiles adaptables a outras circunstancias, incluso en países en desenvolvemento. Desde o ano 2009, foron 29 as boas prácticas seleccionadas. España conta con 3 inscricións e Portugal non ten ningunha. Para Galicia a inscrición de Ponte...nas ondas! na UNESCO tamén sería a primeira. O modelo presentado A candidatura presentada por Portugal e España, co apoio de Xunta de Galicia, é o modelo de Ponte...nas ondas! que integra, nunha experiencia de comunicación, a preservación do patrimonio cultural inmaterial entre dous países. O traballo co patrimonio a través da práctica radiofónica permite a transmisión ás novas xeracións de prácticas e expresións representativas do patrimonio cultural inmaterial. As xornadas de radio transfronteirizas fomentan o coñecemento e a conciencia de compartir un patrimonio común por riba das fronteiras administrativas. As boas prácticas realizadas por Ponte...nas ondas! desde hai máis de 25 anos veñen acreditadas por diversos recoñecementos internacionais como o selo de “Buena práctica iberoamericana” concedido polo Ministerio de Educación de España ou o premio ONDAS “pola mellor cobertura do patrimonio inmaterial galego-portugués”. Ponte...nas ondas! foi tamén acreditada pola UNESCO como ONG consultora para o PCI en 2016, acreditación que foi renovada en 2021 despois de avaliar o Comité da UNESCO o traballo desenvolvido neste último período (as ONGs acreditadas deben remitir un informe da actividade realizada cada 5 anos). O exemplo de Meniños Cantores Ponte...nas ondas! vén de presentar o traballo Meniños Cantores 2 que se concreta nun libro-USB e unha web (www.meninoscantores.com). Este proxecto dá continuidade ao editado en 2005 e amplía o seu contido cunha serie documental de 4 capítulos que está emitindo a TVG aos domingos a partir das 19.45 hs. Para a UNESCO a transmisión interxeracional é o principio fundamental para a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial e a condición esencial para a sua sustentabilidade. Máis Información “PONTE NAS... ONDAS”: ✔️ Páxina Web: http://pontenasondas.org/ ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/pontenasondas/ ✔️ Twitter: https://twitter.com/pontenasondas ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/pontenasondasoficial/ ✔️ Flickr: https://www.flickr.com/photos/32237694@N07/ ✔️ Vimeo: https://vimeo.com/user894356 ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/Pontenasondas ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Comezamos o 2022. E xa van 29 programas de Descifrando a Historia. Neste podcast falamos con Ramón Villares, Catedrático de Historia Contemporánea na USC. Os temas foron moi variados e interesantes, xa que desde unha perspectiva diferente fálanos dos diversos temas históricos de Galicia. Este episodio é o primeiro do ano e non hai mellor maneira de facelo.
David Castellanos é Enxeñeiro Técnico Forestal, experto en Xestión de Explotacións, e achéganos consellos para os nosos cultivos. Hoxe facemos COMPOST, que nos vai a axudar a reducir o lixo orgánico e a reutilizar ese lixo, para o seu posterior aproveitamento na horta. "Para facer o compost temos que seguir unha serie de reglas, escoller a ubicación e o tipo de composteiro que queremos facer". "Ao composteiro non lle podemos botar calquera cousa e ten que estar ben ventilado e humido". "Non só é ir incorporando materia orgánica, unha vez cada dous meses hai que darlle a volta a todo". CONSELLOS PARA FACER O COMPOSTEIRO: Onde ubicar o compostador. Tipo de composteiro, morea, palets, con malla ou de plástico. O Compost ten que estar sempre ventilado. (non bolsas nin cubor herméticos) Utilizar restos orgánicos da comida, casca de ovos, planas, (non carne nin peixe), posos café, restos orgánicos da horta (nunca papel). Ir combinando diferentes capas de restos orgánicos, unha de herba, unha de posos de café, unha de restos de alimentación. Regar o compost. Voltear o compost (1 vez cada 2 meses). ✔️ Para saber se está ben feito ten que estar como a terra humida do monte. Máis Información DAVID CASTELLANOS: ✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/in/david-castellanos-iglesias-a6358b3b/?originalSubdomain=es ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast Máis Información e outras entrevistas: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
TINDERSPLAINING, as Womansplainers explican o Tinder. Xornadas laborais interminábeis, emigración ou mesmo unha pandemia son factores que agravan a sensación de incomunicación e soidade. Cada vez é máis complicado encontrar novas amizades, por non falar de relacionamentos máis ou menos profundos. En 2020 o planeta decidiu ir a outro ritmo e o confinamento disparou o número de adhesións a apps de encontros: para moitas persoas coñecer alguén grazas a un algoritmo xa non era unha opción, convertíase na única vía. Neste programa abordamos o tema desde a curiosidade de quen nunca usou estas aplicacións e a experiencia persoal de algunhas de nós. Comezamos o episodio cos conceptos máis básicos sobre o Tinder: deslizar para a esquerda/dereita, facer un match, crear unha biografía con fotos e colocar preferencias ou comezar un chat. Unha vez feita esta guía para iniciantes, comentamos os motivos que se poden ter para instalalo. A evolución e abandono de certos prexuízos sobre termos encontros a través desta ferramenta é un tema de fondo, sen deixarmos de lado a certa indefensión que se pode ter cando falamos e nos encontramos diante dunha persoa até o momento case descoñecida. Será que unha foto e uns poucos datos poden realmente marcar toda diferenza? o xogo do que nos resulta atraente está tamén moi relacionado con como somos capaces de publicitar o noso atractivo para conseguirmos máis suceso no noso perfil. Agora que xa temos feita a descrición do capítulo, deslizade á dereita!
Después del primer episodio en el que tuvimos el placer de hablar con Marcos Del Río, director general del Pontevedra CF SAD, comenzamos la tercera temporada de Fondo Norte Podcast con el primer episodio regular. En este episodio hablamos de la pretemporada, de los fichajes, del posible once inicial ante la SD Compostela y muchas cosas más. Estuvimos en directo, por lo que si quieres vernos las caras a la vez que nos escuchas puedes hacerlo en YouTube y también en nuestro canal Twitch Fondo Norte es un podcast semanal en el que hablamos sobre la actualidad del Pontevedra Club de Fútbol: fichajes, partidos, jugadores, social… todo lo que tenga color granate lo encontrarás en este podcast que tiene el color granate como su filtro principal. Participan en este episodio: Pablo CachedaManu OteroAlex DavilaManu QuirogaManuel Romay Puedes contactar con nosotros en contacto@pontevedracf.net Síguenos en redes sociales: @Pontevedra CF y PontevedraCF.Net, en nuestra Instagram del Pontevedra CF y visita la página de Pontevedra CF Música de Fondo Norte – Tan so granate Música de Kevin MacLeod – Funkorama
A psicóloga Verónica Barros fálanos sobre sexualidades e diversidade no Día internacional do orgullo LGTBIQ+. Estas siglas definen a terminoloxía da diversidade. A realidade é que, así como hai tantas personalidades como persoas, hai tantas sexualidades como persoas sexuadas. "Hai tantas personalidades como persoas, e hai tantas sexualidades como persoas sexuadas.". "No día do orgullo defendese que cada un de nós temos que ter o dereito de ter os sentimentos, a atracción e a orientación cara a persoa que queiramos". "A ignorancia fai que nós acheguemos aos demáis dunha forma moi negativa. Unha vez que abrimos a nosa mente e temos contacto con diferentes formas de pensar, con diferentes culturas e orientacións podemos comprender aos demáis". Día internacional do orgullo LGTBIQ+. Que hai detrás de todas esas letras? Isto é importante para entender por qué debe existir un día do orgullo LGTBIQ+, e tamén por que cada día hai máis iniciais nesa denominación, pasando, ao comezo do seu uso, nos anos 90, de orgullo LGB a algo tan completo como a denominación actual, na que incluso se inclúe o símbolo da suma. Nalgúns casos se lle engade a P, en referencia á pansexualidade, a A de asexualidade ou a AN de antrosexualidade. Existen certas terminoloxías máis comunmente coñecidas, mentres que moitas outras quédanse normalmente en palabras que a mairía da poboación non coñece. Por iso imos facer un repaso, xa que coñecer unha realidade fai que a entendamos mellor, e a comprensión aumenta a tolerancia. Comezamos por tres termos que son xeneralmente coñecidos: lesbiana, gay e bisexual. A “L”, a “G” e a “I”. ✔️L: Lesbiana. Homosexualidade feminina. Orientación sexual na que unha muller ten o seu desexo orientado cara a outra muller. ✔️G: Gay. Homosexualidade no cal un home ten o seu desexo orientado cada a outro home. ✔️B: bisexual. Cando alguén ten desexo ou atracción cada a persoas independentemente do seu sexo biolóxico. Nestes casos, en todos, estamos falando de orientación sexual, é dicir, de cara onde se orienta o noso desexo ou atracción. Pero a sexualidade non é só orientación, senón tamén identidade sexual. Nacemos cun sexo biolóxico, pero danse moitos casos nos que podemos non sentirnos identificados con ese sexo do que partimos. Entón estaríamos ante diversos casos: a intersexualidade ou a transexualidade ou transxénero. ✔️I: intersexual. A intersexualidade é algo moi descoñecido pero á vez moi frecuente. Neste caso, a persoa, cando nace, nace con ambos sexos físicos (home-muller). O sexo é asignado, polo tanto, por un/ha profesional, que ben determinado, na maioría dos casos, polos xenitais, e polo tanto, danse moitas dificultades, xa que a identidade da persoa pode non corresponderse con esa asignación tan aleatoria. Polo tanto, neste caso, non falamos de orientación senón de identidade sexual. ✔️T: Transxénero, transexuais. A transexualidade é o caso dunha persoa cuxa identidade sexual ou de xénero non coincide co sexo asignado ao nacer. Neste caso non é que parta dos dous sexos, senón dun, co que non se identifican. De tal maneira que hai que apoiar e intervir para conseguir o sexo co que realmente se identifique esta persoa. Hai variedade de casos. ✔️Q: Queer, que se emprega para designar ás persoas que non se consideran nin heterosexuais, nin heteronormativas e tampouco se atopan dentro do xénero binario. Ou genderqueer. É aquela persoa que non se identifica nin como home nin como muller, senón como unha terceira categoría parte, o terceiro sexo, como unha identidade intermedia ou ningunha. ✔️+: calquera outra identidade que se quede no medio de todas as anteriores ou de ningunha delas. ✔️Cisexual: Identidade concordante cos papeis sociais ou de xénero asignado a unha persoa. ✔️Sexo fluido: persoas con identidade sexual genderqueer que rotan a súa identidade de xénero, adecuándose ao contexto social ou persoal no que se atopen. ✔️Demisexual: persoa cunha orientación sexual dirixida a persoas so despois de que se forme unha forte conexión emocional con esa persoa. ✔️Polisexual: Atracción sexual, emocional, ... por diversos sexos sin discriminar entre eles. ✔️Pansexualidade: Orientación sexual cara todos os tipos de sexos. ✔️Antrosexual: Persoas que descoñecen a súa orientación sexual, pero existe unha flexibilidade sexual que lles permite desarrollar vínculos amorosos con persoas de calquera sexo e identidade. Combina demisexualidade, bisexualidad e pansexualidade, pero tendo en cotna que os antrosexuais descoñecen a súa orientación sexual. ⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella... Máis información BARROS PSICOLOGÍA: ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/ ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast Máis Información e entrevistas: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: @pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Desde la Diócesis de Tui-Vigo, a través de la Vicaría de Pastoral y la delegación de Medios de Comunicación Social, te proponemos este itinerario de espiritualidad para rezar con el Evangelio de cada día desde la Cuaresma hasta Pentecostés. Reflexión escrita por el sacerdote diocesano Juan José González. Música © Mingos Lorenzo. _______________ Comezamos nesta semana de invocación ao Espírito Santo a chamada “oración sacerdotal” que Xesús dirixe ao Pai na Última Cea. Entre gratitude e esperanza, Xesús eleva os ollos ao ceo: “Pai, chegou a hora”. Durante toda a súa vida foi anunciando esta “hora” e agora sabemos cal é: a hora da súa entrega na cruz e da glorificación que vai recibir do Pai, coa súa resurrección. Pero a oración de Xesús non só está impregnada de amor ao Pai e de íntima unión con El, senón tamén de amor e preocupación polos seus que quedan neste mundo. Todos nós estabamos xa no pensamento de Xesús na súa oración sacerdotal. El sabía das dificultades que iamos atopar no noso camiño cristián. Por iso non quere abandonarnos: pide sobre nós a axuda do Pai, prométenos a súa presenza continuada -de feito o día da Ascensión díxonos “eu estarei sempre convosco ata a fin do mundo”-, e finalmente, envíanos o seu Espírito para que en todo momento nos guíe e anime, e sexa o noso avogado e conselleiro. Dende logo non podemos dicir, con toda esta oferta do Señor, que esteamos sos… E sen embargo, segue aparecendo na súa Igrexa e en nós o desánimo. Desánimo polo paso dos anos, porque cremos que a Igrexa perdeu influencia na sociedade, polo secularismo reinante... Non será pola nosa baixa forma espiritual? Propoñámonos facer exercicio, exercicios, para abrirnos ao Espírito que quere encher, unha vez máis, as nosas mentes e corazóns para fortalecer a nosa fe, e para animarnos na tarefa, na misión, de anunciar o seu nome a todos. Ven Espírito Santo! Para vivir con enerxía, alegría e creatividade glorificando a Deus no noso mundo, na nosa realidade.
Inauguramos sección efervescente: “O algoritmo mátame” con Susana Ladra (enxeñeira informática, directora do Campus Innova da UdC) e Leonor Parcero (xestora da Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo e presidenta de Divulgacción). Unha parolada sobre as novísimas tecnoloxías desde o punto de vista técnico pero tamén de impacto na sociedade. Comezamos debullando as aplicación de rastrexo da Covid.
(0:52) Faraday e o Gran Fedor (5:27) O caganer é a figura máis importante dos beléns de 2020. Un dos problemas fundamentais na xestión da pandemia da covid é anticiparse aos cambios de tendencia. O problema é que existe un número oculto indeterminado de casos que non se detectan no rastrexo coas PCR e test de antíxenos (asintomáticos e casos leves). Un grupo galego interdisciplinario de microbiólogos, matemáticos, químicos e enxeñeiros informáticos vén de validar unha metodoloxía que permite anticiparse dúas semanas á evolución da pandemia. A estratexia foi medir a carga viral mediante PCR das augas residuais da EDAR de Bens na que se recollen as augas da área metropolitana da Coruña (370.000 habitantes dos concellos de A Coruña, Oleiros, Culleredo, Cambre e Arteixo) e crear un modelo matemática que proporciona cun 90% de fiabilidade o número de persoas infectadas. Conversamos coa Margarita Poza (microbióloga no INIBIC e na UdC) e Ricardo Cao (catedrático de estatística e investigación operativa da UdC). (32:29) Inauguramos sección efervescente: “O algoritmo mátame” con Susana Ladra (enxeñeira informática, directora do Campus Innova da UdC) e Leonor Parcero (xestora da Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo e presidenta de Divulgacción). Unha parolada sobre as novísimas tecnoloxías desde o punto de vista técnico pero tamén de impacto na sociedade. Comezamos debullando as aplicación de rastrexo da Covid. www.efervesciencia.org
Inauguramos sección efervescente: “O algoritmo mátame” con Susana Ladra (enxeñeira informática, directora do Campus Innova da UdC) e Leonor Parcero (xestora da Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo e presidenta de Divulgacción). Unha parolada sobre as novísimas tecnoloxías desde o punto de vista técnico pero tamén de impacto na sociedade. Comezamos debullando as aplicación de rastrexo da Covid.
(0:52) Faraday e o Gran Fedor (5:27) O caganer é a figura máis importante dos beléns de 2020. Un dos problemas fundamentais na xestión da pandemia da covid é anticiparse aos cambios de tendencia. O problema é que existe un número oculto indeterminado de casos que non se detectan no rastrexo coas PCR e test de antíxenos (asintomáticos e casos leves). Un grupo galego interdisciplinario de microbiólogos, matemáticos, químicos e enxeñeiros informáticos vén de validar unha metodoloxía que permite anticiparse dúas semanas á evolución da pandemia. A estratexia foi medir a carga viral mediante PCR das augas residuais da EDAR de Bens na que se recollen as augas da área metropolitana da Coruña (370.000 habitantes dos concellos de A Coruña, Oleiros, Culleredo, Cambre e Arteixo) e crear un modelo matemática que proporciona cun 90% de fiabilidade o número de persoas infectadas. Conversamos coa Margarita Poza (microbióloga no INIBIC e na UdC) e Ricardo Cao (catedrático de estatística e investigación operativa da UdC). (32:29) Inauguramos sección efervescente: “O algoritmo mátame” con Susana Ladra (enxeñeira informática, directora do Campus Innova da UdC) e Leonor Parcero (xestora da Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo e presidenta de Divulgacción). Unha parolada sobre as novísimas tecnoloxías desde o punto de vista técnico pero tamén de impacto na sociedade. Comezamos debullando as aplicación de rastrexo da Covid. www.efervesciencia.org
Comezamos a iniciativa #VémonosNosPodcasts e temos invitamos de honra: os compañeiros de Té con Gotas. Xunto con Miguel e Duarte falamos da última temporada de The Crown e da pélicula Brexit: The Uncivil War, tiñamos ganas de ver que lles parece a estes especialistas da actualidade política británica sobre ambas produccións... e como non, deixar a conversa rodar e evolucionar por conta propia. --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message
Sigue la actualidad política con D. TRUMP. Comezamos fino, pero iremos a más. Escucha el episodio completo en la app de iVoox, o descubre todo el catálogo de iVoox Originals
Comezamos a nosa cobertura especial das eleccións galegas entrevistando a Antón Gómez Reino, candidato á presidencia da Xunta de Galicia por Galicia en Común. Nas próximas semanas iremos falando con outros candidatos e representantes de distintas forzas políticas galegas.
Comezamos el año con pie derecho, en esta gran entrevista, Lesly Simon es la presidenta actual de la cámara Venezolana de comercio en USA, conversamos sobre las camaras binacionales en un inicio y el caso de la camara Venezolana Americana que es una reinvención. También hablamos sobre la importancia de convertirnos realmente en aliados y de las funciones básicas de la cámara. Aclaramos puntos relevantes dentro de la organización y como siempre extendemos la inviación a nuestros oyentes para que formen parte de este movimiento.
¿Os imagináis poder observar y ver con detalle algo alejado a kilómetros de distancia sin moveros del sitio en el que estáis ahora? Suena asombroso, imposible dirán algunos, y sin embargo... Durante años, países como Rusia o EEUU investigaron con ahínco este el fenómeno de la visión remota, llegando a obtener resultados significativos que apuntan a que se trata de un fenómeno real, aunque muy alejado de lo que comúnmente se piensa. La necesidad de acceder a información sin recurrir a los sentidos convencionales ha acompañado al ser humano desde sus inicios: chamanes, profetas, oráculos... Sin embargo, será en el S. XX cuando diferentes disciplinas se pongan mano a la obra y lleven estas capacidades al laboratorio, culminando en proyectos como el famoso Star Gate. Su historia es asombrosa, plagada de personajes increíbles como Ingo Swan o el agente 001, pero sus resultados no se quedan atrás. Junto a Enrique Ramos, autor de un ensayo sobre el tema, os damos todos los detalles. ¿Queréis saber más? Pues dadle al play. ¡Comezamos! Síguenos en redes sociales y comenta y participa con #ElDragón Facebook: https://www.facebook.com/dragoncmm/ Twitter: https://twitter.com/Dragon_CMM Instagram: https://www.instagram.com/eldragoninvisible/?hl=es Whatsapp: 660 387 997 Dirige y presenta: Jesús Ortega
Comezamos programa co Sr B e as novas da BD a todo filispím. Xaime Lis baixa dos seus andeis cósmicos unha gran BD belga, Johann e Pirluit. Con Santy Gutierrez falamos do libro que ven de editar coa editora coruñesa Demo.
Comezamos a serie falando de Karuki Murakami, un dos escritores máis coñecidos da escena mundial actualmente, e un dos seus libros de ensaio máis interesantes, polo menos para min, "De qué hablo cuando hablo de correr". Unha obra moi recomendable para corredores e seguidores de Murakami que pode ser algo dificil de dixerir para aqueles que non teñan interese nalgunha das dúas temáticas.
Comezamos programa co Sr B e as novas da BD a todo filispím. Xaime Lis escolle dos seus andeis cósmicos a un autor dos seus preferidos, Nicolás de Crecy. Enrolamos a Álvaro Pons, un dos máis reputados críticos e divulgadores da BD, con el falamos do estado das cousas dos tebeos.
Comezamos a 5 tempada o 18 de setembro!
Comezamos a 5 tempada o 18 de setembro!
Comezamos esta emisión a todo filispím, co Sr B e as novas da BD. Zapi volve ata as metrópoles para falar dos fillos de Victor Mora, nesta emisión dos tebeos xurásicos Jabato, o Corsario de Hierro e o Cosaco verde. Emilio Fonseca e o autor de Fora de mapa, a obra gañadora do último Premio Castelao de Banda desenhada. Rematamos con Javi que ven dende a libraría A Gata Tola de Compostela cos libros máis interesantes.
Comezamos coas novas da BD a todo filispím. Nos imprescindibéis aventuras históricas no caribe, a entretida e fantástica triloxía cubana de Fran Jaraba. Saldamos unha débeda coa magnífica serie Marcopola de Jacobo Fernández, falaremos con él desta obra da que ven de publicar o cuarto número. No tempo das novidades, Eva dende a libreria Banda Desenhada de Vigo.
Comezamos co Sr B que volve do seu pequeno exilio interior para as novas da BD a todo filispím. Nos imprescindíbeis, Dúas viaxes, unha obra fundacional na BD galega moderna de Xaquín Marín e Reimundo Patiño, de seguro que si Hai un home en españa que o fai todo é este, compartimos unha peculiar entrevista con David Rubín que ía sobre o seu Gran Hotel Abismo, pero que derivou en moitos outros temas. No tempo das novidades Javi dende a libreria A Gata Tola de Compostela ven para falármonos das novidades máis importantes.
Comezamos co Sr B e as novas da BD. Nos imprescindibéis, Silas Corey, unha estupenda banda deseñada francesa con intriga, aventuras e acción, unha gran obra de Nury e Alary. Falamos con Natacha Bustos, a debuxante responsábel de Moon girl and devil Dinosaur, a divertidísima serie que esta a publicar Marvel, e rematamos coas novidades que trae Javi dende a libreria A Gata Tola de Compostela.
Comezamos coma sempre co Sr B e as novas da BD. Nos imprescindíbeis, unha das obras máis nomeadas de Van Hamme, o multimillonario e canalla Largo Winch. Embarcamos desta volta a Robledo, Oscar e Dani Xove que veñen a falarnos das súas últimas obras, editadas polo Sindicato del Cómic, e rematamos con Simón o libreiro que é tamén editor destas obras que nos falará das novidades máis interesantes do principio deste mes de santos.
Comezamos tempada con esta emisión e facémolo falando da actualidade coas novas da bd a todo filispim co SrB. No imprescindíbel unha obra de Etienne Davodeau, Rural. Na entrevista, escoitaremos a Juan Díaz Canales e Rubén Pellejero, dous grandes autores que xa son lendas vivas. E rematamos con Xaime Lis que dende Komic en Compostela achegouse para falarnos das novidades. Todo con flow e voces sexis ;)
Comezamos a 4 tempada o 12 de setembro e será cunha entrevista MUNDIAL!
Nesta emisión temos un programa intenso e moi da terra. Comezamos coas novas da bd a todo filispím. Entrevistamos a un dos máis grandes autores de Bd do país e director do festival viñetas desde o atlántico, Miguelanxo Prado, e sen saír da cidade herculina, o Sr B apela á conciencia de clase e inscribe na lista de imprescindíbeis o Operario de Jano. Para rematar as novidades, que chegarán a velocidade supersónica con Javi da libraría A Gata Tola.
Comezamos falando de Buda, a lúa e o sesgo de publicación. As células nai adultas propias xa curan mascotas, pero Manuel Hermida e Luis Mariñas de Centauri Biotech advirten que non son milagreiras. Seguro que nunca probaches a langostilla, un marisco que estamos tirando pola borda. No @iim_csic o investigador Santiago Aubourg pon coñecemento para evitar este descarte pesqueiro. Pódese deseñar un simulador do comportamento humano nun sistema conectado? Este é o obxectivo de @IBSEN_H2020. Anxo Sánchez cóntanos que buscan voluntarios para experimentos on-line sobre economía simultáneos con miles de persoas. E ademais pagan!
Comezamos falando de Buda, a lúa e o sesgo de publicación. As células nai adultas propias xa curan mascotas, pero Manuel Hermida e Luis Mariñas de Centauri Biotech advirten que non son milagreiras. Seguro que nunca probaches a langostilla, un marisco que estamos tirando pola borda. No @iim_csic o investigador Santiago Aubourg pon coñecemento para evitar este descarte pesqueiro. Pódese deseñar un simulador do comportamento humano nun sistema conectado? Este é o obxectivo de @IBSEN_H2020. Anxo Sánchez cóntanos que buscan voluntarios para experimentos on-line sobre economía simultáneos con miles de persoas. E ademais pagan!
Comezamos coas novas a todo filispim, falando da actualidade da bd. O Sr B inscribe na lista de imprescindíbeis o Crónicas de Xerusalén de Guy Delisle. Núria Tamarít e Xulia Vicente, achéganse ata as metrópoles para falarnos de Duerme pueblo, o libro que rematan de presentar e que edita La Cúpula. E as novidades chegarán co gambeteiro das palabras o libreiro de komic, Xaime Lis. Todo moi malandrómico e yeyé!
Comezamos a viaxe pola BD coas novas a todo filispín. O Sr B viaxa a galaxias descoñecidas para traer aos imprescindibles, Destino Hërgüss, a primeira novela gráfica ambientada no Planeta Mincha que creou ese incansable autor que é Manel Cráneo. No tempo da entrevista falamos con Marcos Prior un francotirador do cómic que con Necrópolis apunta directamente as nosas conciencias de cidadáns para facer un retrato distópico dunha sociedade que se parece demasiado á que vivimos. Rematamos coas novidades que veñen co entusiasmo contaxioso de Javi dende a libraria especializada A Gata Tola de Compostela. Todo con flow e música de calité como o marisco das rias!
Comezamos coma sempre coas novas da bd. O Sr B anota nos imprescindibles “O garaxe hermético”, a excelsa obra que creou Moebius. Do garaxe hermético imos dun chimpo ata Coruña, alí ven de presentar a súa tese doutoral Xulio Carballo, máis de 700 páxinas cheas de BD galega. No final da emisión temos as novidades que trae Xaime, o libreiro mutante que se achega dende a libraría Komic en Compostela.
Comezamos coas novas da bd e parolando da lea xudicial de Moulinsart nos Países Baixos, o Sr B fai imprescindible o efectiviwonder cómics de Dani Xove, un dos tebeos que máis lle aquelou o ano pasado, entrevistamos a Enrique Fernández, autor de Brigada, unha bd xeitosa da que xa editou dous libros e que ten o record de recadación nun crowdfunding de cómic. No final as novidades que desta volta chegan dende a nova librería Banda deseñada de Vigo onde nos recibiu Melo que vai ser o encargado de facernos as recomendacións. Coma sempre todo cunha boa dose de música deliciosa.
Comezamos coas novas da bd. O Sr B recomenda nos imprescindibles “O Nao de Brown”, unha obra, como él di, ben escrita e ben debuxada. Falamos con José Pablo García, autor de “Las Aventuras de Joselito”, un libro que deslumbra pola calidade gráfica e a capacidade mimética do seu autor. Para rematar, Javi de A Gata Tola coas novidades; todo con música estupenda e moito bo humor.
Comezamos coas novas da bd e logo falamos con Dani Xove autor de Efectiviwonder cómics, unha das propostas que máis nos sorprendeu do pasado ano. O Sr B achégase ata Marcinelle e recomenda na súa sección de imprescindibles os albumes de Spirou. Tamén se achegou ata as Metrópoles, Marcus Fernández co que falamos do cómic dixital e das diferentes plataformas que temos para mercalos. No final, Javi da Libraría a Gata Tola cóntanos cales son as novidades máis interesantes.
Derradeira gravación do ano das Metrópoles que voltarán ó 12 de xaneiro, mais para compensar fixemos unha edición especial algo máis longa do habitual. Comezamos coas novas da bd a todo filispín e coa entrevista a Los Bravú, Dea e Diego, que marchan para Anguleme a rematar o Portolouro, entre outros proxectos, falamos e rimos a cachón. O imprescindible do Sr B é o “Píldoras azules” de Frederik Peeters, un libro que é pura sensibilidade e que aínda sen pretendelo axita conciencias. Tamén nos visitou Álvaro Ortíz para falar de Murderabilia, o seu novo libro que ven de editar Astiberri, e aproveitamos para falar de máis cousas, de gatos, de buscadores de internet e ata de pintores italianos. Rematamos coas novidades e no final Javi de A Gata Tola e o Sr B recomendan algún dos libros que máis lles aquelaron deste ano.
Comezamos falando da Comic-con de Portugal, o Sr B ven cun libro de Ralf Konig que é puro delirio, Huevos de Toro, que é o imprescindible desta emisión. Volve ás Metrópoles David Rubín, con quen falamos un bo rato do seu libro novo, feito en colaboración con Paul Pope e JT Petty, O momento de Aurora West. Nas novidades, Cano da libraría Paz de Pontevedra, todo acompañado de boa música.
Comezamos co noso primeiro podcast falando de tecnoloxía, videoxogos, series e todo o que teña algo que ver co mundo friki. Falamos de blizzard, dos novos iPhone, dos mundiais do League of Legend, Big Bang, The Simpsons e moito máis de todo o relacionado coa cultura geek e freak.
Comezamos coas novas a todo filispín, logo falamos con Manel Cráneo, un autor polifacético que debuxa, edita, guioniza, anima e ata interpreta música. O Sr B mete na listaxe de imprescindibles o "Trazo de xiz" de Miguelanxo Prado. Entrevistamos a Manuel Gago e falamos de "Vento e chuvia", a obra na que repite colaboración con Manel Cráneo, e tamén das peculiaridades deste libro que entra de cheo no "transmedia". Lembramos a serie de animación de Sherlock Holmes na que a man do mestre Miyazaki está moi presente, e rematamos coas novidades editoriais, coma sempre, con boa música e moita risada.
Comezamos con música e coas novas da BD a todo filispín. Entrevistamos a Manuel Bragado, Director da editorial Xerais e tamén a Jose Domingo flamante nominado ós Eisner, o Sr B viaxa polo Portugal de Cyril Pedrosa e coas novidades poñemos fin a este programa musical e sentimentalmente adicado a Portugal.
Comezamos coas novas da BD a todo filispín, falamos con Antonio Seijas do seu libro "La Luz", o Sr B anota na lista de imprescindibles "Los maestros cerveceros" de Van Hamme e Vallés. Kiko Da Silva fala das moitas cousas nas que anda e tamén da que será a súa primeira novela gráfica longa. No final, as novidades e a polémica. Un programa moi yeyé.