Programa en galego, adicado á actualidade, entrevistas e boa música rock (e derivados) de tódalas épocas. Isa Lema, Bea Ulalume, Mr. Bugalú e Tomi Desastre intentar ser críticos coa nosa realidade sen perder o bo humor. Danos unha oportunidade e suscríbete a este podcast!!
MOI IMPORTANTE (EN ESPAÑOL MÁIS ABAIXO): COMO PODEDES COMPROBAR, OS DE PODOMATIC ACABAN DE LIQUIDAR OS NOSOS AUDIOS. MOTIVO, FIXEMONOS BASTANTE POPULARES E SE SUPERARON OS 15 GB DE DESCARGAS O MES PASADO. TIÑAMOS DUAS OPCIÓNS, OU PAGAR, OU CAMBIAR DE ALOXAMENTO DO PODCAST. A PARTIRES DE AGORA DEBEDES SUSCRIBIRVOS DE NOVO E PARA FACELO ENTRADE A TRAVES DE WWW.CUACFM.ORG E A DEREITA ATOPAREDES UNHA LISTA DE PROGRAMAS E O SEGUNDO XA É ALEGRIA, PINCHADE E ATOPAREDES O BLOG E OS LINKS PARA O PODCAST. GRACIAS POR ESCOITARNOS!!!! ...... ESPAÑOL MUY IMPORTANTE: COMO PODEIS COMPROBAR, LOS DE PODOMATIC ACABAN DE LIQUIDAR NUESTROS AUDIOS. MOTIVO, NOS HEMOS HECHO BASTANTE POPULARES Y SE SUPERARON LOS 15 GB DE DESCARGAS EL MES PASADO. TENÍAMOS DOS OPCIONES, PAGAR, O CAMBIAR DE ALOJAMIEN DEL PODCAST. A PARTIR DE AHORA DEBES SUSCRIBIRTE DE NUEVO Y PARA HACERLO ENTRA A TRAVES DE WWW.CUACFM.ORG (NUESTRA EMISORA) Y A LA DERECHA ENCONTRARÁS UNA LISTA DE PROGRAMAS Y EL SEGUNDO YA ES ALEGRIA, PINCHA Y ENCONTRÁS EL BLOG Y LOS LINKS PARA EL PODCAST. GRACIAS POR ESCUCHARNOS!!!!
A fotografía pertence ao interesantísimo blog: www.feijoomente.blogaliza.org . Falamos no programa de hoxe con un dos seus responsables. Paga a pena poñela nos teus favoritos de internet. Tamén entrevistamos a Fernando Esclusa para falar da sua expedición polos USA. Pasadeo ben. Alegría!
Na foto de hoxe vedes a parte da "Super-plantilla" de CUAC FM despois da asemblea máis longa da nosa historia. En breve comezaredes a notar cambios na emisora. Hoxe falamos de moitos temas de grande interese. Non vos perdades nin un minuto!! Veña, a disfrutar.
Hoxe estivemos con Marta, de Acsur Galiza. Falounos dos proxectos que desenvolve a asociación e comentamos xuntos algunhas novas. Por sorte aínda hai xente que fai cousas interesantes polo mundo. Paga moitísimo a pena escoitalo.
Alegría de entrada de ano, fixemos repaso de novas acontecidas polo nadal, con especial atención ó que ese día se votaba no Congreso dos Deputados. Aínda así non perdimos de vista moitas outras cousas. Non damos máis pistas, escoitade, escoitade ...
Hoxe falamos, como non, sobre o dereito a comunicar con algúns dos protagonistas do impresionante especial de cinco horas que o respecto se fixo o pasado 10 de decembro en Cuac Fm. A maiores contamos con documentos enviados polos compañeiros da ACS e de Más Voces nos que falaban Ramon Zallo, Catedrático da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade do País Vasco, e Frank la Rue, Relator Especial para a Liberdade de Expresión da ONU.
Hoy entrevistamos a Ana García, una cooperante de Ayuda en Acción que nos contó cosas muy interesantes. También escuchamos un corte en el que se demuestra lo fácil que es manipular lo que quieren decir los ciudadados si tienes una cámara y un micro y vas al ataque. Y más cosillas concentradas en 58 minutos. Lástima que no suene mejor. Discupas por la calidad de sonido. La entrevista vale la pena, haz un esfuerzo. Alegría!
Hoxe falamos de Nova Rumasa, o imperio dos Ruiz Mateos, e de paso lembramos qué era e qué lle pasou á vella Rumasa, que non está de máis. Xa sabemos que o home é o unico animal que tropeza dúas veces na misma pedra, pero polo menos que tropece ben informado, o que avisa non é traidor. Falamos temén doutros temas coma as pontes que ten o calendario en 2010, da fame no mundo, e rematamos co peculiar colofón da historia pola que está a pasar Manuel, locutor de Radio Picaza, perseguido e sancionado por exercer un dereito constitucional. O curioso é que o perseguen e sancionan as mesmas insititución que deberían protexer e garantir ese dereito. Cousas veredes.
Hoy comienza el festival Coruña Visible!!! Pero con tanto tema y tanta visita al estudio se nos pasó comentarlo! Un desastre. En Google escribes Coruña Visible y tendrás bastante información al respecto. Esperamos que no os perdáis nuestras múltiples divagaciones (interesantes) del programa de hoy. Pasa y disfruta de Alegría! En la foto, los reyes del reciclaje (Y si no de qué). (enhorabuena Bea!!!)
Falamos da do encontro da Rede de Medios Comunitarios que tivo lugar en Barcelona a pasada fin de semán, falamos de xornalismo, falamos de manipulación, falamos de ecoloxía, falamos do décimo aniversario da Sala Mardi Gras, falamos de moitas cousas... o falar non ten cancelas, xa se sabe. Por certo, este xoves temos festiña na Mardi, que hai que conmemorar eses dez aniños. Vos deixamos copia do cartel, ¿a que está cambiado Elvis?
Hoxe regresaron Mariano e Bea e xa foi todo rodado. Falamos dunha chea de cousas, estreamos o disco de Manu Clavijo e pasamos un bo rato, claro que si. Dalle a play e disfruta!
Tomi facendo autocontrol e dándolle a rec cando xa ía media hora de programa. Ainda así pillades parte da entrevista con Margarida Vázquez, concelleira de Igualdade do Concello da Coruña. Entre outras cousiñas. Deume moita rabia que se perdese a entrevista con Enric Duran, o que se dedicou a pedir créditos a bancos para non devolvelos e investir os cartos en movementos sociais. Ben, pasa e escoita.
Hoxe, Tomi Desastre enfrentouse ao autocontrol. Fixemos unha entrevista entre Fernando El Detective e máis eu, falando da sua experiencia madrileña e a burocracia. Tamén fixemos un repaso picadiño da actualidade e puxemos boa música. Por certo, apuntádevos á Xornada de Comunicación Comunitaria e Dereito á Comunicación. Dia 30 de outubro en Socioloxía, e vir e disfrutar. A foto: rock'n'roll en directo.
Programa especialmente adicado ó deporte de moda: o trinking. Cartos mal gastados, mal habidos e mal extraviados por mal chamados políticos. Algo falla, é evidente.
Primeiro programa da tempada. Xentes interesantes, denuncias de atropelos e o máis xove colaborador nunca escoitado en Cuac Fm. Non está mal para a primeira edición deste ano. E mentres tanto, o xenrísimo aparecendo en turbias contas b. País.
Falamos con Mirian Meda e con Javier García, Coordenadora Xeral e Coordenador de Comunicación respectivamente da recén constituida Rede de Medios Comunitarios (ReMC), unha fiestra aberta á esperanza nun mundo cheo de intereses bastardos. Eiquí vedes á Coordenadora Xeral choiando nun directo (eso pasa por deixar as fotos colgadas pola web adiante, je, je). Nos despedimos das emisións ate outubro, nós imos tomarnos uns mesiños de descanso, sede conscientes e felices.
Se nos ha muerto Mario Benedetti, culpable de uno de los primeros proyectos radiofónicos que emprendimos conjuntamente Tomi y yo, allá por el pleistoceno inferior. Entre despotrique y despotrique, lo escuchamos a él. Algo de luz.
Perdón por el retraso, pero la vorágine del aniversario de Cuac nos tiene abducidos. De todos modos, se hace lo que se puede, que no es poco. Por el momento, comenzamos a ponernos al día, y esperamos solventar en breve el problema informático que nos tiene bloqueado el blog (¿o blogueado el bloc?)
Hoy Alegría se pasó al castellano para facilitar la conversación con los invitados. Hablamos de agua y de vidas nuevas. La verdad es que nos hemos sentido útiles trasladando mensajes que son ciertos y justos, pero que por desgracia no suelen encontrar abrigo en los medios de comunicación.
Temas comúns: comunicación, curas ... os linces toparon ca igrexia, vaia por Deus. Falamos de Cinema con David Castro e incorporamos dúas novas voces ó universo radiofónico. Pasan cousas no mundo difíciles de crer, a verdade.
Falamos de Noitenova ca Concelleira de Mocidade, e xa de paso lle preguntamos por algunha outra cousa. Analizamos someramente a entrevista de César Casal a Núñez Feij009, gran exercicio de periodismo de cámara (Alfredo Urdaci style). Pasen e vexan, isto é Alegría.