POPULARITY
El Foro Cidadán polo Ferrocarril continúa su calendario de protestas para exigir un servicio ferroviario digno y moderno para Ferrolterra, Eume y Ortegal, y ha convocado una nueva "Viaxe Reivindicativa polo Dereito ao Tren" para este sábado, 25 de octubre. La acción, anunciada a través de cartelería y redes sociales, tiene como lema la frase "O tren que está por vir e non chega" y se desarrollará en el tramo de la línea entre Ferrol y Pontedeume. El tren tiene prevista su salida de la Estación de Ferrocarril de Ferrol a las 9:10 horas y la llegada a Pontedeume a las 9:30 horas. El propio cartel informativo destaca la problemática del servicio al indicar que "A volta será en coches particulares, bus interurbano ou tren ás 13.35h", evidenciando las carencias en las frecuencias y la falta de conexiones de regreso. Esta nueva movilización se suma al viaje reivindicativo que la plataforma social ya celebró el pasado sábado, 18 de octubre, entre Ferrol y Pedroso (Narón), que sirvió para visibilizar el potencial y a la vez el abandono de esta línea. Gran Movilización Comarcal el 30 de Noviembre Además de estas acciones simbólicas, el Foro Cidadán polo Ferrocarril recuerda a la ciudadanía su llamamiento a la gran movilización comarcal prevista para el próximo 30 de noviembre. Esta manifestación tiene como objetivo congregar el clamor de toda la comarca para exigir al Gobierno y a las administraciones la modernización y mejora urgente de la conexión ferroviaria de la zona, especialmente de la línea Ferrol-A Coruña y de los servicios de Feve, que sufren un aislamiento y unos tiempos de trayecto inaceptables en pleno siglo XXI. El Foro, que está manteniendo una ronda de contactos con formaciones políticas y entidades sociales para sumar apoyos a sus demandas, busca aunar voluntades en torno a la necesidad de un pacto por el tren a Ferrol, considerada la única ciudad gallega sin conexión ferroviaria directa y moderna con la capital del Estado.
O Foro Cidadán polo Ferrocarril convocou unha "Viaxe Reivindicativa polo Dereito ao Tren" entre a Estación de Ferrocarril de Ferrol e Pedroso para este sábado, 18 de outubro. Con esta acción, o colectivo busca denunciar o "abandono" e as "carencias" do servizo ferroviario nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, unha situación que, segundo indican, exclúe a zona dun transporte público digno e moderno. Baixo o lema "O tren que está por vir e non chega", a xornada comezará ás 10.00h cunha actuación musical na estación de Ferrol, e a saída do tren está prevista para as 10.45h. O cartel da convocatoria, que ilustra cun tren de vapor e a ruta con paradas como San Xoan, Virxe do Mar, Santa Icia, O Alto, Piñeiros, O Ponto, Xuvia e Ferrerías, destaca ironicamente que os participantes deben "organizarse en coches particulares" ante a falta de alternativas ferroviarias. O Foro Cidadán, que intensificou os seus encontros con administracións e asociacións, reclama a modernización urxente das liñas, incluíndo a electrificación, a rectificación de curvas e a construción do Bypass de Betanzos, obras contempladas no plan de ADIF pero que acumulan anos de atraso. O obxectivo é visibilizar as necesidades da comarca e presionar por un transporte público que contribúa ao seu desenvolvemento equilibrado e sostible.
Falo con Mónica García Goldar presidenta de Conciencia Galicia, un colectivo con fins medioambientais que é quen organiza o mercadillo de segunda man na Estrada. "Conciencia Galicia é unha asociación que busca promover o coidado do medioambiente e concienciar á xente sobre a importancia da economía circular de consumir de forma responsable". "A xente que vai dar os obradoiro son expertos na súa materia e son de balde". "A xente xoven que queira vender as súas cousas pódense apuntar para vender as súas cousas de segunda man. E todo o mundo que queira pódese achegar a mercar". Venres 5 de outubro en horario de tarde (de 16.30 a 20.00 horas); o sábado en horario de mañá e tarde (de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 20.00 horas) e o domingo só pola mañá (de 10.00 a 13.30) Sala Abanca, A Estrada ROUPA, LIBROS, XOGUETES… VEN VENDER O QUE XA NON NECESITAS! SE TES ENTRE 18-35 ANOS, ESCRIBE A: GALICIACONCIENCIA@GMAIL.COM Mercadiño sustentable no que as mozas e mozos galegos poidan poñer á venda toda a roupa e aparellos que xa non empregan. Debe terse en conta que, por fortuna, o mercado de segunda man está máis en auxe que nunca, co xordimento de certas aplicacións como Vinted ou Wallapop que permiten comprar toda clase de productos que están todavía en bo estado a un custe menor que se fose a estrear. Arredor desta idea principal tamén se proxectan outras actividades que reflicten igualmente sobre a necesidade actual de vivir de forma máis acorde coa natureza, coma o obradoiro de alimentación saúdable, no cal se fomentará o consumo de froitas, legumes e verduras de tempada e de proximidade, ou a importancia de coidar a saúde mental, pois corpo e alma é todo un. O Mercadiño sustentable está proxectado para levarse a cabo na vila da Estrada, na fin de semana 3 a 5 de outubro de 2025. Obradoiros de: “Pes que sanan: reflexoloxía podal para o día a día”, por Mari Carmen Matalobos – Venres 3, de 17 a 20 horas “Iso é legal?: Curso básico de Dereito”, por Rubén Aguilar – Sábado 4, de 11 a 12:30 horas “Benestar e saúde mental na Xuventude”, por Lucía Baamonde – Sábado 4, de 17 a 18:30 horas “Suma Saúde”, por Raúl Ares – Sábado 4, 19 a 20 horas “Qigong e respiración consciente”, por Fernando Salgado – Domingo 5, 11 a 13 horas ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
Santiago Lamelo, presidente da Plataforma polo Dereito á Vivenda
(5:55) Navegamos na Bitácora do Beagle con Julio Rodríguez, quen nos explica tres artigos científicos que estudan os nexos entre a saúde e o contexto social no relativo á falta de relacións sociais, a depresión e o envellecemento. (23:04) Efeméride do 3 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Ramón Núñez (24:45) Mario Pansera é investigador Oportunius da Xunta de Galicia e dirixe en Pontevedra o laboratorio Innovación e Postcrecemento da Universidade de Vigo, así como o proxecto PROSPRERA, financiado cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC). A súa investigación céntrase en como promover a innovación nun contexto de postcrecemento, o movemento R2R ("Dereito a Reparar") e a transición xusta cara a unha economía circular.
O proxecto Biblioteca Humana, que conta coa colaboración da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia (AMITGAL) e o Campus de Esteiro desenvolverase o día 21 de febreiro, de 16:30 horas a 20:00 horas na sede de Afundación en Ferrol. Así, a cidadanía que o desexe poderá conversar, no patio central desta instalación, cun grupo de seis mulleres científicas sobre o seu traballo nos eidos da investigación e da ciencia. As mulleres que participarán son Lucía Santiago Caamaño, coordinadora da actividade e Doutora pola Universidade da Coruña no Programa de Enxeñería Naval e Industrial; María Jesús Movilla Fernández, Doutora pola Universidade da Coruña no Programa de Ciencias Sociosanitarias; Asunción López Arranz, Doutora en Dereito; Ana Ares Pernas, Doutora pola Universidade da Coruña polo Programa de Ciencia e Tecnoloxía de Polímeros; Laura Castro Santos, Doutora por la Universidade da Coruña no Programa de Enxeñería Naval e Industrial; Laura Alonso García, enxeñeira naval e oceánica pola Universidade da Coruña e Ana Jesús López Díaz, Doutora en Física. E unha das actividades programadas Yola concellería de Igualdade para conmemorar o Día da Muller e da Nena na Ciencia 2025.
O programa Unha científica visita o noso cole, no que o concello colabora con con AMIT Galicia está dirixido a alumnado de segundo ciclo de primaria dos colexios públicos da cidade e servirá para visibilizar o papel das mulleres nos diferentes ámbitos científicos e tecnolóxicos, así como contribuír a crear referentes para que as nenas se acheguen á ciencia. As mulleres que ofrecerán charlas aos nenos e nenas nos diferentes colexios serán a doutora pola Universidade da Coruña no Programa de Ciencias Sociosanitarias, María Jesús Movilla Fernández,que falará sobre A muller como enfermeira e científica; a doutora pola Universidade da Coruña no programa de Enxeñería Naval e Industrial, Lucía Santiago Caamaño, co relatorio A enxeñaría naval tamén é cousa de chicas; a doutora en Dereito, Asunción López Arranz, coa poñencia sobre Muller xurista, compromiso coa igualdade; a doutora pola Universidade da Coruña no programa de Ciencia e Tecnoloxía de Polímeros, Ana Ares Pernas, coa charla Deseñadoras do futuro: plásticos e impresión 3D; a enxeñeira industrial, Laura Castro Santos, que falará sobre A enerxía das mulleres; a enxeñeira naval e o oceánica pola Universidade da Coruña, Laura Alonso García con Aventuras no mar; a súa ciencia e as súas científicas; e a doutora en Física e coordinadora de AMIT Galicia, que tamén participou na rolda de prensa, Ana Jesús López Díaz, que impartirá unha charla sobre Mulleres facendo ciencia con láseres. Esta última destacou a importancia de impartir charlas nos diferentes colexios “para visibilizar o labor das mulleres científicas”, uns relatorios nos que o alumnado adoita participar de xeito moi activo”, xa que saen da rutina lectiva e sérvelles como motivación.
A Asociación Igualdade e Mulleres da Estrada achéganos diferentes proxectos e novas relacionados coa igualdade. Hoxe falamos con Rocío Lodeiro Matalobos avogada - mediadora civil, despois de 10 anos como abogada do Centro de Información á Muller da Estrada, comeza unha nova etapa como xuíza sustituta en Pontevedra. "Cando nós casamos non nós solemos informar legalmente. Hai que romper o mito de que a separación de bens está enfrentada ao amor, aínda fai falta moita pedagoxía". "Moitas persoas descoñecen que en Galicia, se nós casamos sen facer as capitulacións matrimoniais, o patrimonio dos dous conxuxes únese, e tanto os ingresos como as débedas pasan a ser dos dous". "Temos que lembrar que os menores teñen os mesmos dereitos estén casados ou non os seus proxenitores". Neste podcast contestasmos a preguntas tan interesantes como: ✔️ Faise planificación legal antes de formalizar unha parella? ✔️ Á hora de montar un negocio pode beneficiar ou perxudicar á parella? ✔️ Como diferenciamos entre matrimonio e parellas de feito. ✔️ Con quen nós podemos casar ou inscribir como parella de feito? ✔️ Diferencias entre a disolución do matrimonio e a disolución das parellas de feito. ✔️Cando un dos dous conxuxes non se quere separar ou divorciar como se pode facer?. ✔️ Diferencias entre as compensacións económicas no matrimonio e nas parellas de feito. Faro de Vigo. BERNABÉ/JAVIER LALÍN Máis Información da ASESORÍA ELEGAL: ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/Elegal-108863671675598 ☎️ Teléfono: (+34) 986499399 Correo: elegal@e-legal.es Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE: ✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/search/top?q=igualdade%20na%20rede ✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadenarede ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/ ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Carlos Rosón desenvolveu toda a súa traxectoria profesional no ámbito do Terceiro Sector de Acción Social, desde o traballo directo con colectivos en risco de exclusión, pasando pola asesoría a organizacións sen ánimo de lucro e administracións públicas. Desde hai 13 anos é director Igaxes, entidade do terceiro sector de acción social de Galicia que loita por que ningún neno, nena ou moza teña que renunciar ao seu futuro por razón de pobreza ou exclusión social, así como director da Fundación Trévol de iniciativa social. Anteriormente tamén desempeñou tarefas de coordinación e dirección noutras entidades do Terceiro Sector como Cáritas e Proxecto Home de Galicia. É Licenciado en Dereito pola USC, Master en Marketing, Consultoría e Comunicación Política pola mesma universidade e en Dirección e Xestión de Entidades Sociais, Culturais, Sanitarias e Socioeconómicas pola CEU, ademais de Esade Executive Education en Xestión e Dirección ONG´ s e en Liderazgo e Innovación Social. 2013. É así mesmo profesor da Escola de Traballo Social da Universidade de Santiago de Compostela, Presidente da Unión de Entidades Novas e Inclusión, Membro do Foro de Liderazgo Social de ESADE- PWC, Membro do Consello territorial de Galicia da Asociación española de Directivos e Membro da Xunta Directiva de FICE. "Hai unha especie de identificación entre os rapaces que estan en centros de menores e os rapaces que teñen cuestións penais ou en centros de reforma". "Os rapaces entran nun centro de menores para a súa protección, o sistema galego de protección traballa con un pouco máis de 2.000 rapaces". "Cando chega o momento de acceder a un traballo ou de alugar un piso, atópanse co estigma e o prexuizo de: "se estás nun centro de menores é porque fixeches algo malo" e eso non é así, non é verdade". "Un dos grandes soños de IGAXES é que algún dos xovenes que tutelamos, algún día traballen con nós na ONG". “NON NOS XULGUES” é unha campaña para acabar co estigma que padece a mocidade tutelada. IGAXES lanzou esta mañá a campaña "Non Nos Xulgues", que pretende acabar cos prexuízos sociais que afectan as máis de 1.000 nenas, nenos e adolescentes que viven en centros de protección de Galicia. Estes xoves medran en centros de menores porque carecen do respaldo dunha familia, pero parte da sociedade aínda pensa que fixeron algo malo. O sitio web https://nonnosxulgues.gal/ permite facer unha visita virtual a un centro tutelado e coñecer as historias das mozas e mozos que alí viven. As mozas e mozos que medran nun centro de menores non son máis conflitivos, nin menos estudosos ou traballadores ca o resto da xuventude. A única razón pola que viven baixo a tutela do sistema público de protección é porque non contaron cun fogar seguro no que crecer. Aínda así, parte da sociedade continúa a xulgalos, colocándolles etiquetas inxustas que pesan e discriminan. Coa campaña de sensibilización Non Nos Xulgues, Igaxes quere achegar á cidadanía a realidade destes nenos e nenas de primeira man: a través das súas historias, con eles e elas como únicas protagonistas. Cada ano, centos de adolescentes saen do sistema público de protección en Galicia. Dan o salto á vida adulta aos 19 anos de idade media, dez menos que o resto da xuventude. Igaxes é desde 2005 a organización responsable de desenvolver o programa Mentor, financiado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia, que acompaña a mocidade tutelada no seu camiño cara á vida independente. Estas mozas e mozos poden permanecer nas vivendas Mentor ata os 21 anos -mesmo ata os 25 en casos excepcionais-, pero a súa idade media de emancipación son os 19 anos. Nas vivendas tuteladas, e baixo o apoio de profesionais socioeducativos, estes mozos e mozas prepáranse para a vida adulta. É un proceso contra o reloxo, porque cando sexan maiores de idade terán que dar o salto á vida adulta sen apenas rede de apoio. Cando saen do sistema de protección non teñen unha familia á que volver. Por iso atopar un posto de traballo é vital para as persoas tuteladas. Se non logran un traballo ou o perden, o seu risco de exclusión pode multiplicarse severamente. A estas dificultades únese unha barreira máis: a desinformación e os prexuízos provocan que a estes mozos e mozas se lles asignen etiquetas inxustas. Parte da sociedade aínda pensa que medraron en centros porque fixeron algo malo ou porque son persoas conflitivas, cando a verdadeira razón é que as súas familias non puideron ou non souberon coidalas. Este estigma é un peso engadido ás cargas que xa soportan e a campaña Non Nos Xulgues nace para combatelo. Contará con paneis informativos itinerantes que rotarán por medio cento de concellos de Galicia, tanto en espazos públicos como en grandes áreas comerciais grazas á participación de concellos, empresas, universidades e entidades colaboradoras. Na web interactiva https://nonnosxulgues.gal/ , algúns destes mozos e mozas narran as súas propias experiencias e abren as portas da súa casa, coa única vontade de compartir a súa realidade e derrubar prexuízos. Nas redes sociais, Igaxes espallará a voz das persoas tuteladas baixo o hashtag #NonNosXulgues, animando a cidadanía a compartir esta mensaxe para que acabar co estigma se convirta nunha misión colectiva. Faite socio/a de IGAXES: https://www.igaxes.org/es/hazte-socio/ Máis Información IGAXES: ✔️Páxina Web: https://www.igaxes.org/es/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/igaxes ✔️Twitter: https://twitter.com/igaxes_ong ✔️Instagram: https://www.instagram.com/igaxes/ ✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCAxGiVsMqKrKY02A2uOO6hQ ✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/company/igaxes/ ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast Máis Información e outras entrevistas: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
A Academia Xacobea é unha institución sen ánimo de lucro. A súa finalidade fundacional principal é a promoción e desenvolvemento da investigación, estudo e divulgación do Camiño de Santiago e do fenómeno Xacobeo en todas as súas vertentes, así como a promoción e difusión dos valores universais que lle son propios. Para o cumprimento dos seus fins, levou a cabo xa importantes actividades, impartindo conferencias en diversos foros de ámbito nacional e internacional. A fin de semana pasada celebrouse o I CONGRESO MUNDIAL XACOBEO, do título "CAMIÑOS DE SANTAIGO". O acto de inauguración contou coa presenza do Rei Felipe VI. "Nas ponencias participou xente de catro continentes, analizouse O Camiño de Santiago dende diferentes vertentes". "É fundamental que haxa tolerancia, que haxa entendemento entre culturas e neste congreso debíase poñer de manifesto esta circunstancia". "Hai múltiples razóns polas que a xente, hoxe, camiña a Santiago. Hai que decir que unha das máis importantes son as espirituais. Esta razón debe ser tida en conta polas autoridades civís e eclisiásticas". Máis Información XESÚS PALMOU: Xesús Carlos Palmou Lorenzo, (Rodeiro 1949). É político e doutor en Dereito, cunha tese sobre a histórica fórmula de relación entre propietarios e caseiros. - Presidente da Academia Xacobea (2018 - actualidade) - Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia (1996 - 2005) - Presidente de Sogama (1996 - 1998) - Secretario Xeral do Partido Popular de Galicia (1999 - 2006) - Membro da Comisión Superior de Dereito de Galicia (2001 - 2013) - Membro do Consello de Contas (2009 - 2015) - Académico da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación (2012 - 2013) - Académico honorario da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación de Granada. Máis Información ACADEMIA XACOBEA: ✔️Páxina Web: https://academiaxacobea.gal/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/academiaxacobea Premios ABADESA MARIANA que premian a divulgación do CAMIÑO DA GEIRA. ( https://www.ivoox.com/luis-ferro-e-xesus-palmou-falan-dos-premios-audios-mp3_rf_68112004_1.html ) Foto: El Correo Gallego, na que se pode ver á súa Maxestade o Rey Felipe VI, situado entre o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, coa ministra Reyes Maroto e o resto de autoridades. ( https://www.elcorreogallego.es/vida-social/felipe-vi-abrio-en-fonseca-el-congreso-xacobeo-JH7933931 ) ️"SUSCRÍBETE" ao podcast Máis Información e outras entrevistas: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: @pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Antía Muíño, artista galega: unha metade das Terras de Santiago de Compostela e a outra metade da área xeográfica que ten por centro Fisterra ou o Cabo do Mundo. Aínda que sobrarían motivos para conversar con ela -sobre o Dereito, materia en que está licenciada, ou sobre o Musikene -onde se alcanzou o título superior de guitarra-, nós quixemos entrevistala por tres razóns moi concretas: porque inciou a súa carreira individual; porque xa está no catálogo de Raso Estudio; e mesmo porque é unha das estrelas participantes no Festival Osa do Mar, a onde chega tras conseguir auténticos sucesos en Muxía, na Carballeira de Baio e no Bonaval de Compostela.
Luis Ferro, colaborador da Asociación Codeseda Viva. A asociación é a promotora dos premios "Abadesa Mariana" que premian a divulgación do "Camiño da Geira e dos Arrieiros" que pasa pola Estrada. E Xesús Palmou galardoado desta edición falan do Camiño da Geira e da importancia que terá para a Estrada e a comarca. "Nuns meses o Camiño da Geira estará recoñecido pola Xunta de Galicia". "O Camiño será un motor económico moi importante para a nosa comarca". "Temos moito que ofrecer aos pregrinos que nos visitan, tanto patrimonial como gastronómicamente". Galardoados Premios ABADESA MARIANA: Henrique Malheiro. De Braga. É coautor da guía do peregrino "Camiño de Santiago da Geira e dos Arrieiros". José Eusebio. De Póvoa de Varzim. Organizou unha peregrinación en grupo que achegou a Compostela a centos de peregrinos. José y Josefa Rodríguez. De Beariz, pioneiros acollendo peregrinos. Asociación Amigos da Terra de Montes. Colectivo, que traballa por recuperar e facer visible a riqueza patrimonial y cultural desta zona, un gran apoio para a recuperación deste camiño de peregrinos. Junta de Freguesías de Caldelas, Sequeiros e Paranhos; da Cámara de Amares. Situado en Santiago de Caldelas, trátase dun fermoso pobo situado ao final da primeira etapa que é coñecido polas súas augas termais. Xesús Palmou. Presidente de la Real Academia Xacobea, colaborou dende o ano 2017 recibindo aos primeros peregrinos. Máis Información XESÚS PALMOU: Xesús Carlos Palmou Lorenzo, (Rodeiro 1949). É político e doutor en Dereito, cunha tese sobre a histórica fórmula de relación entre propietarios e caseiros. - Presidente da Academia Xacobea (2018 - actualidade) - Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia (1996 - 2005) - Presidente de Sogama (1996 - 1998) - Secretario Xeral do Partido Popular de Galicia (1999 - 2006) - Membro da Comisión Superior de Dereito de Galicia (2001 - 2013) - Membro do Consello de Contas (2009 - 2015) - Académico da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación (2012 - 2013) - Académico honorario da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación de Granada. Máis Información LUIS FERRO: Luis Ferro Xefe do Grupo Cinológico da Benemérita da Coruña ata 2009, este garda civil en situación de reserva activa -desenvolve o seu labor nun dos xulgados da Estrada- é tamén un reputado experto investigador, delegado da Asociación de Xenealoxía Heráldica e Nobiliaria de Galicia para a provincia de Pontevedra. Actualmente atópase envorcado coa potenciación do Camiño dá Geira e dous Arrieiros, en estreita colaboración coa asociación Codeseda Viva. – Diplomado en Heráldica Militar – Membro da Asociación de Estudios Históricos de Galicia. – Delegado Territorial da Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia, na provincia da A Coruña anos 2006 ó 2011, provincia de Pontevedra do 2011 ata a actualidade, e vocal da citada asociación desde o ano 2016. -Tesoureiro do Seminario de Estudios Locais da Estrada. – Membro asesor da comisión de heráldica do concello da Estrada, adaptación, seguimento, deseño e aprobación dos emblemas municipais, (escudo e bandeira), pola Xunta de Galicia. – Membro do xurado do Padroado dos premios San Martiño de Normalización Lingüística 2016, 2017 do concello da Estrada. – Vocal do padroado do Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela. ✔️Presentación do libro "TORRES, PAZOS E CASAS FIDALGAS DO CONCELLO DA ESTRADA" ️ https://www.ivoox.com/luis-ferro-presenta-o-libro-torres-pazos-e-audios-mp3_rf_66827587_1.html Máis Información CODESEDA VIVA: ✔️Páxina Web: https://codeseda.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/codesedacom ✔️Twitter: https://twitter.com/Codeseda ✔️Instagram: https://www.instagram.com/codeseda_com_galicia/ Máis Información ACADEMIA XACOBEA: ✔️Páxina Web: http://academiaxacobea.gal/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/academiaxacobea ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast Máis Información: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Neste décimo programa de Descifrando a Historia, facemos un percorrido curto e breve, pero conciso, acerca do acceso aos arquivos e o dereito a información. Falamos da Constitución de 1978 e outras leis complementarias que existen a día de hoxe no estado español e tamén da Lei de Segredos de 1968. Moi interesante.
No mundo real, se existe un felicidade química, esta é o cánnabis. Nos últimos 20 anos o contido en principio activo, THC, do cánnabis consumido en España ten pasado do 5% ó 20 %. Iso quere dicir que un porro dos da agora equivale a fumarse 4 hai dúas décadas. Pra coñecer o que di a ciencia sobre o consumo do cánnabis en nenos e adolescentes estaremos no II Congreso Internacional sobre Cannabis e os seus derivados: Saúde, educación e lei con Fernando Rodríguez Fonseca (Instituto de Investigaciones Biomédicas de Málaga) e Mª José Iglesias Fungueiriño (Psicóloga, Técnica de prevención de drogodependencias da Asociación Renacer de Ribeira).(27:24) Conversamos "Baixo Cúpula" con Daniel Marín @eurekablog en como saír do pozo gravitatorio da terra (2:34) A química analítica da USC en Lugo Gema Puertas emprega a espectroscopia para loitar contra unha fraude de ovos [SINC] (18:40)
No mundo real, se existe un felicidade química, esta é o cánnabis. Nos últimos 20 anos o contido en principio activo, THC, do cánnabis consumido en España ten pasado do 5% ó 20 %. Iso quere dicir que un porro dos da agora equivale a fumarse 4 hai dúas décadas. Pra coñecer o que di a ciencia sobre o consumo do cánnabis en nenos e adolescentes estaremos no II Congreso Internacional sobre Cannabis e os seus derivados: Saúde, educación e lei con Fernando Rodríguez Fonseca (Instituto de Investigaciones Biomédicas de Málaga) e Mª José Iglesias Fungueiriño (Psicóloga, Técnica de prevención de drogodependencias da Asociación Renacer de Ribeira).(27:24) Conversamos "Baixo Cúpula" con Daniel Marín @eurekablog en como saír do pozo gravitatorio da terra (2:34) A química analítica da USC en Lugo Gema Puertas emprega a espectroscopia para loitar contra unha fraude de ovos [SINC] (18:40)
Vivimos nun oceáno de datos persoais e médicos, se non queremos afogar teremos que botar man da ética. Conversamos coa subdirectora da Observatorio de Bioética e Dereito da Cátedra Unesco da Universidade de Barcelona Itziar de Lecuona (10:13). Os Guerreiros de terracota de Xian portan armas de bronce relucintes e afiadas. Grazas á investigación do catedrático de arqueoloxía de Cambridge Marcos Martinón agora sabemos que isto se debe a unha feliz e inesperada coicidencia. (33:57) Con Marcos Pérez coñecemos a previa do XXIV Día da Ciencia na Rúa (3:45). Na nosa introducción, o recoñecemento facial é o plutonio da Intelixencia Artifical (0:30)
Vivimos nun oceáno de datos persoais e médicos, se non queremos afogar teremos que botar man da ética. Conversamos coa subdirectora da Observatorio de Bioética e Dereito da Cátedra Unesco da Universidade de Barcelona Itziar de Lecuona (10:13). Os Guerreiros de terracota de Xian portan armas de bronce relucintes e afiadas. Grazas á investigación do catedrático de arqueoloxía de Cambridge Marcos Martinón agora sabemos que isto se debe a unha feliz e inesperada coicidencia. (33:57) Con Marcos Pérez coñecemos a previa do XXIV Día da Ciencia na Rúa (3:45). Na nosa introducción, o recoñecemento facial é o plutonio da Intelixencia Artifical (0:30)
Programa realizado na facultade de Dereito da USC. | Programa realizado desde la facultad de Derecho de la USC. | Program performed at the Faculty of Law at the USC.
Hoxe, Tomi Desastre enfrentouse ao autocontrol. Fixemos unha entrevista entre Fernando El Detective e máis eu, falando da sua experiencia madrileña e a burocracia. Tamén fixemos un repaso picadiño da actualidade e puxemos boa música. Por certo, apuntádevos á Xornada de Comunicación Comunitaria e Dereito á Comunicación. Dia 30 de outubro en Socioloxía, e vir e disfrutar. A foto: rock'n'roll en directo.