Podcasts about facultade

  • 10PODCASTS
  • 36EPISODES
  • 39mAVG DURATION
  • ?INFREQUENT EPISODES
  • May 8, 2025LATEST

POPULARITY

20172018201920202021202220232024


Best podcasts about facultade

Latest podcast episodes about facultade

Salta da Cama
Aula de Saúde, sobrecarga en coidadoras informais, "Plan de Saúde local" coa Doutora, Carmen Fernández Merino..

Salta da Cama

Play Episode Listen Later May 8, 2025 21:42


Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. No espazo de hoxe de Aula Saúde A Estrada imos falar coa doutora Carmen Fdez Merino. Especialista en Medicina Familiar do noso Centro de Saúde da Estrada. Profesora Asociada á Facultade de Medicina da USC. 🔊“É moi importante que as persoas coidadoras se deixen axudar e pidan esa axuda”. 🔊“Para coidar, hai que coidarse. Vas enfermar se non te coidas”. 🔊“Hai unha serie de síntomas que poden indicar sobrecarga nas coidadoras”. ⚠️Síntomas que indican unha sobrecarga nas coidadoras: ✅ Alteracións na memoria ✅ Labilidad emocional (chorar, irritabilidade) ✅ Estrés ✅ Cansancio (físico e mental) ✅ Alteracións (sono, alimentación...) ✅ Fumar máis ✅ Aumento do consumo de alcohol ✅ Aillarse ✅ Desatender relacións persoais e aficcións Segundo estimacións do Instituto Nacional de Estatística (NIE) en 2050 a poboación española maior de 64 anos supoñerá un 30% do total. Unha cifra moi superior ao 20,4% actual. Segundo datos publicados por Cruz Vermella, máis do 16% dos fogares españois vive con algunha persoa dependente, e máis do 80% de quen se encarga destas persoas son “mulleres familiares” da persoa. Osea filla, irmá ou esposa... Hai un Estudo observacional transversal da sobrecarga en coidadoras informais e os determinantes relacionados coa atención ás persoas dependentes, publicado na revista Atención Primaria en 2017, e realizado en Galicia a partir de os datos de 97 coidadoras de persoas dependentes, onde reflicte que un 61,9% das coidadoras están sometidas a unha sobrecarga intensa. 🚑Máis Información CENTRO DE SAÚDE DA ESTRADA. https://observatoriosaudepublica.sergas.gal/es/atopa-saude/centro-de-salud-de-estrada 👉 Máis Información de MULLERES QUE PODEN ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057202191221 🎙️ "SUSCRÍBETE" ao podcast👍 📢 MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html 👉Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Voces de Ferrol - RadioVoz
O Campus Industrial de Ferrol e o IGADI organizan as Xornadas de análisis das relacions entre China, a UE e Iberoamérica

Voces de Ferrol - RadioVoz

Play Episode Listen Later Oct 23, 2024 16:20


O Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña acolle, o vindeiro venres 25 de outubro, a partires das 10:00 horas, as II Xornadas “Ferrol no Mundo do Século XXI: China, Unión Europea e Iberoamérica no diálogo Oriente-Occidente” que organizan o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e o Campus Industrial de Ferrol da UDC en colaboración co organismo de diplomacia pública Casa Asia. As II Xornadas “Ferrol no Mundo do Século XXI: China, Unión Europea e Iberoamérica no diálogo Oriente-Occidente” están dirixidas ao alumnado do Grao en Relacións Internacionais, titulación que se imparte na Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol da UDC, e abertas a toda a comunidade universitaria e ao público xeral interesado. A asistencia é libre e gratuíta ata completar o aforo. Máis información, enviando un correo electrónico a info@igadi.gal ou ben chamando ao 600 309 066.

Voces de Ferrol - RadioVoz
El Colexio de Podólogos de Galicia eligió un año más el campus de Ferrol para celebrar el Día de la Podología

Voces de Ferrol - RadioVoz

Play Episode Listen Later Oct 8, 2024 11:32


El Colexio de Podólogos de Galicia y la Facultade de Podoloxía de la UDC celebraron esta mañana una jornada sobre las patologías dermatológicas más habituales en los pies en el Día de la Podología. El evento tendrá lugar en el salón de actos Concepción Arenal del Campus de Ferrol, con la participación de estudiantes de Podoloxía

Voces de Ferrol - RadioVoz
José Zar Varela ha logrado uno de los premios a la excelencia académica que otorga la Fundación de Justicia Social

Voces de Ferrol - RadioVoz

Play Episode Listen Later Oct 3, 2024 16:36


El alumno de la Facultade de Ciencias do Traballo del Campus Industrial de Ferrol José Zar Varela ha logrado uno de los premios a la excelencia académica que otorga la Fundación de Justicia Social con su trabajo de Fin de Grado "A regulación da relación laboral especial dos penados nas institucións penitenciarias", presentado y defendido en el curso académico 2023-24 bajo la tutoría del profesor de la Universidade da Coruña José López Coira. Desde la institución académica se apunta que José Zar, que en la actualidad cursa el máster en Xestión e Dirección Laboral en la Facultade de Ciencias do Traballo, «recolleu este premio na sede do Consejo General de Colegios de Graduados Sociales de España en Madrid. A Matrícula de Honra obtida no traballo final do grao en Relación Laborais e Recursos Humanos que se imparte no Campus Industrial de Ferrol permitiulle participar neste certame xunto a outros 20 estudantes de 18 universidades españolas tanto públicas como privadas». Tal y como indican desde la Fundación Justicia Social, el jurado valoró el «alto nivel de calidad» de un trabajo que «afondaba nas relacións laborais especiais que teñen as persoas penadas nos distintos obradoiros de inserción que se poñen en marcha nos centros penitenciarios, facendo fincapé nas carencias que existen e poñendo en riba da mesa propostas lexislativas para mellorar a regulación».

Voces de Ferrol - RadioVoz
O Campus de Ferrol pon en marcha esta tarde un curso sobre China e o seu papel no contexto internacional

Voces de Ferrol - RadioVoz

Play Episode Listen Later Sep 25, 2024 23:01


A Facultade de Humanidades e Documentación acolle este mércores a primeira das tres sesións do curso China non horizonte do S.XXI: Sociedade, Cultura e Política Internacional, que foi organizado polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, a UDC e o Observatorio da Política China. Nesta primeira sesión participará Modesto Corderi, que fará unha introdución á cultura e á lingua chinesa (mandarín). O día 2 outubro será a quenda de Jia Bai Hui, quen profundará nas diferenzas culturais entre China e Occidente. E a última das sesións será o 9 de outubro, cando a directora adxunta do Observatorio da Política China, Marola Padín; o director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, Daniel González; e o secretario da Asociación Latinoamericana de Estudos de Asia e África, Andrés Raggio, debaterán sobre o proxecto Novas Roteiros da Seda.

Radio Galicia
Así será la nueva facultad de Farmacia; entrevista a su decana, Reyes Laguna

Radio Galicia

Play Episode Listen Later Sep 24, 2024 4:11


En el Hoy por Hoy Santiago hablamos con Reyes Laguna, la decana de la Facultade de Farmacia, después de la presentación del proyecto del nuevo centro

Voces de Ferrol - RadioVoz
Neda achégase á escritura de Xapón con motivo da celebración das súas XIX Xornadas Literarias "Trazos de Xapón"

Voces de Ferrol - RadioVoz

Play Episode Listen Later Apr 23, 2024 16:10


través das súas XIX Xornadas Literarias, Neda achegarase á literatura nipona e ao haiku co ciclo Trazos de Xapón. Organiza o Concello e colabora a Facultade de Humanidades da UDC nunha actividade gratuíta, co prazo de inscripción xa aberto. Do 25 ao 27 de abril, especialistas e tradutores do noso país abordarán este bum literario. Por Neda pasarán Carlos Rubio López de la Llave, autor da primeira historia da literatura xaponesa en español; Carlos Ramos Fuentes, profesor de lingua e tradución literaria xaponesa; ou Gabriel Álvarez, tradutor ao galego e ao español de manga e de Murakami. Ademais haberá un cinefórum sobre a película Mishima, obradoiros de haiku e contacontos. A presentación das xornadas correu a cargo este luns da concelleira de Cultura, Marián Bello; a decana da Facultade de Humanidades, Manuela del Pilar Santos; e a coordinadora cultural de Neda, Copi Villaamil.

Efervesciencia
Efer 632 (19-4-23): Calor en nanoparticulas magnéticas contra tumores

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Jul 19, 2023 56:15


(2:37) Asistimos ao III obradoiro de nanopartículas magnéticas e hipertermia que organiza a Facultade de Física da USC e o Instituto de Materiais da USC (iMATUS). Conversamos con María del Puerto Morales, Carlos Rinaldi e David Serantes. Esta liña de investigación explora a introdución de nanopartículas magnéticas no corpo dos doentes que se quentan en presenza de campos magnéticos variables de tal xeito que poden acabar con células cancerosas que son máis susceptibles ao cambio da temperatura. (24:46) Con Ana Yeste presentamos a nova edición do concurso de relatos Inspiraciencia que convoca a delegación do CSIC en Cataluña. Estíbaliz Espinosa vai impartir obradoiros creativos para posibles participantes. (39:49) Presentamos aos participantes da Regueifa de Ciencia dedicada á legalización do cannabis. Coa participación de Manuel Isorna, Patricia Amiguet, Fernando Rodríguez de Fonseca e José Carlos Bouso. www.efervesciencia.org

Salta da Cama
A Estrada acolleu o proxecto nacional de divulgación científica: Stat Wars: La Rebelión de los Datos. Falo con Ana Cao.

Salta da Cama

Play Episode Listen Later May 9, 2023 17:01


Falo con Ana Cao Ríos, graduada en matemáticas, que traballa no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. Fálanos de "STAT WARS", un proxecto de divulgación científica, liderado polo Grupo de Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía-Ministerio de Ciencia e Innovación, da Rede Nacional de Bioestadística (BIOSTATNET). "No colexio matemáticas era a asignatura que máis me gustaba, non me molestaba cando me mandaban deberes". "O obxetivo de STAT WARS é que a rapazada vexa que a estatística serve para algo e que ten moitas aplicacións". "A estatística sempre se deixa para o úlitmo tema e moitas veces (aos profesor@s) non lle da tempo de dar ata o último tema". A actividade “STAT WARS” diríxese aos estudantes de ESO, Bacharelato e FP, e ten por obxectivos: acercar aos mozos a disciplina da Estatística dunha maneira amena e divertida, con xogos e concursos, nos que poderán poñer en práctica o seu espírito crítico e descubrir diversas aplicacións da Estatística na vida real, presentándoa como unha vocación científica de futuro. O Concello da Estrada colabora na organización do evento que terá lugar no Teatro Principal desta mesma localidade, o día 18 de Abril e no que participarán 355 estudantes de 4 centros de educación secundaria: da Estrada (IES Manuel García Barros e o IES No 1), de Cuntis (CPI Aurelio Marcelino Rey García) e de Santiago de Compostela (IES de SAR). O evento será impartido polos membros da Universidade de Santiago de Compostela: Mercedes Conde, profesora de Estatística e vicedecana da Facultade de Matemáticas, Ana Bouzas e Berta Rial, ambas xestoras da investigación no Grupo de Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos (GRID-BDS) e polas investigadoras do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS): Ana Cao e Carla Díaz. “STAT WARS” é unha idea orixinal da Universidad Carlos III de Madrid (UC3M), que a Rede BIOSTATNET lanzou no ano 2017 ao territorio nacional baixo a coordinación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a través do Grupo GRID-BDS. Na edición 2022-2023 tamén participan outras 12 universidades españolas: Universidad de Almería, Universidad Autónoma de Barcelona, Universidad Carlos III de Madrid, Universidad de Castilla La Mancha, Universidad de Extremadura, Universidad de Granada, Universidad de Navarra, Universidad de Oviedo, Universidad del País Vasco, Universidad Politécnica de Catalunya, Universidad de Salamanca y Universidad de Valencia. Dende a posta en marcha do proxecto Stat Wars, en Galicia son xa máis de 3.000 os xóvenes que participaron nesta actividade divulgativa. Máis Información STAT WARS: ✔️Páxina Web: https://www.proyectostatwars.es/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/statwarses ✔️Twitter: https://twitter.com/StatWarses ✔️Instagram: https://www.instagram.com/statwarses/ ✔️TikTok: https://www.tiktok.com/@statwarses?lang=es Máis Información IDIS Santiago: ✔️Páxina Web: https://www.idisantiago.es/ ✔️Twitter: https://twitter.com/IDIS_research ✔️Instagram: https://www.instagram.com/idis_research/ ✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/company/idisantiago/ ✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCf8DuywfO-8azzAbEbzFhqQ ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast Máis Información: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Carretando
3x06|Santiago: Bugallo a pola quinta e o resto na procura do compostelanismo

Carretando

Play Episode Listen Later Apr 20, 2023 49:13


Chegamos a unha sorte de fogar: foi en Compostela onde naceu Carretando, xusto nas entrañas da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Mais desta volta estamos na cidade para ir máis aló do espírito estudiantil e do Xacobeo; desexamos entender que aconteceu e acontece en termos políticos en Santiago antes das eleccións municipais do 28M. Da man de Belén Teiga, xornalista en EuropaPress, e do consultor Roi Pérez, debullamos o goberno de Bugallo e falamos do modelo de urbe de Santiago (máis ben, da súa inexistencia). Nesta penúltima parada contamos co #MinutoCarretando dos catro principais candidatos á alcaldía compostelá: Xosé Sánchez Bugallo (PSdeG), Borja Verea (PPdeG), Goretti Sanmartín (BNG) e María Rozas (Compostela Aberta).

La estación azul
La estación azul - Especial sobre Emilia Pardo Bazán desde A Coruña - 19/03/23

La estación azul

Play Episode Listen Later Mar 19, 2023 55:22


Hoy salimos del estudio para trasladarnos a la Facultade de Filoloxía de la Universidade da Coruña. Desde aquí, rodeados de los filólogos que defenderán su legado en el futuro, os ofrecemos un programa monográfico sobre Emilia Pardo Bazán, una de las vecinas más insignes de esta ciudad, a la que ella bautizó como "Marineda". En 2021 se conmemoró el centenario de su muerte, pero desde RTVE queremos seguir celebrando el inmenso legado de esta escritora total, que fue novelista, ensayista, poeta, dramaturga, periodista, crítica literaria, traductora, editora, catedrática y conferenciante. Una figura del siglo XIX que resulta increíblemente moderna por su talante feminista. De todo ello hablamos con varios expertos en la materia. El catedrático José María Paz Gago analiza las aportaciones de Emilia Pardo Bazán a la literatura española, que van mucho más allá del naturalismo, y que no se ciñen solo a su faceta como escritora, sino que también se refieren a su actividad como prescriptora cultural de enorme influencia. También nos acompaña Xulia Santiso, conservadora de la Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán, que nos acerca jugosas anécdotas de la autora a partir de los objetos personales que se custodian en su vivienda coruñesa. Por su parte, la profesora Cristina Patiño Eirín profundiza en su compromiso con el feminismo, cuya huella se puede rastrear no solo en su obra literaria, sino también en su intensísima actividad pública y en su forma de entender las relaciones personales. Además, contamos con la presencia de Carmen Colmeiro, actual condesa de Pardo Bazán y fundadora de la Asociación Pro Legado de Emilia Pardo Bazán. El punto final lo pone Ignacio Elguero, colaborador del programa y director del departamento de Educación, Diversidad, Cultura e Internacional de RTVE, que nos adelanta un fragmento de La tribuna, la ficción sonora de RNE basada en la novela homónima de Emilia Pardo Bazán. Escuchar audio

Efervesciencia
Efer 618 (11-01-23): Mates e vida con Elena Vázquez Cendón, @ElenaVCendon

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Mar 18, 2023 56:36


(1:57) A decana da Facultade de Matemáticas Elena Vázquez Cendón vén de gañar o Premio María Josefa Wonenburger pola súa carreira investigadora e o seu compromiso pola divulgación das matemáticas ao fronte de Estalmat-Galicia. Con ela falamos de Domingo Fontán, María Wonenburger e de matemáticas industriais. (29:55) Resolvemos unha pequena inocentada que deixaramos no aire no programa Efer 615 do pasado 28 de decembro. (33:40) No alto da serra do Moncai entre a Pobra do Brollón e Monforte de Lemos atópase a Muradella, unha acumulación de pedras de cuarcita descuberta polo arqueólogo Xurxo Ayán. Logo dunha campaña de escavación os datos apuntan a que se trata dun "cairn" do terceiro milenio ac, o máis antigo de Galicia. Conversamos co arqueólogo da Universidade Complutense de Madrid Rodrigo Paulos, director da campaña arqueolóxica.

Efervesciencia
Efer 608 (9-11-22): Cos sentinelas dos novos virus que nos agardan

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Nov 13, 2022 59:29


A vida esta chea de sorpresas... e de virus emerxentes. Ven o soubemos na epidemia do Sars-Cov-2. Pero hai outros moitos que empezan a asomar a patiña por debaixo da porta. Falamos con científicos sentinelas que monitorizan estes virus cos que non nos queda outra que convivir. Achegámonos cos nosos micros á Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago onde se celebrou o Curso Virus Emerxentes organizado pola investigadora do CIMUS Carmen Rivas. (3:24) Con María Paz Sánchez Seco (xefa do laboratorio de Arbovirus e Enfermidades víricas importadas no Centro Nacional de Microbioloxía do Instituto de Saúde Carlos III) coñecemos a febre hemorráxica Crimea-Congo que poden transmitir as carrachas. (19:15) Con Miguel Ángel Jiménez Clavero @Virusemergentes (Virólogo e profesor de investigación no CISA- INIA) conversamos sobre o virus West Nile. (33:35) Todo co que sempre quixeches saber sobre os fósiles con Pedro Piñeiro. (39:44) Acabamos con Adolfo García Sastre (Director del Instituto de Salud Global y Patógenos Emergentes del hospital Monte Sinaí) e Ana Fernández Sesma (Catedrática de microbioloxía e enfermidades infecciosas do Icahn School of Medicine do Monte Sinaí de Nova York)

Efervesciencia
Efer 601 (15-6-22): Premios de transferencia da RAGC

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Jul 26, 2022 55:19


Programa monográfico dedicado aos premios de transferencia da Real Academia Galega de Ciencias. (2:42) PolyDeep é un sistema de detección e clasificación en tempo real de lesións colorectais empregando Deep Learnig. Este proxecto gañou o premio “Francisco Guitián Ojea” Conversamos con Miguel Reboiro e Daniel González do grupo SING (Sistemas informáticos de Nova Xeración) da Escola de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo no Campus de Ourense e Joaquín Cubiela responsable de oncoloxía dixestiva no CHOU. (19:57) Teresa Abuín gañou o premio Celia Brañas da RAGC pola reportaxe “Costa Inundable” emitida no programa “Vivir aquí” da TVG. (28:15) Eddy Sotelo investigador na Facultade de Farmacia da USC cóntanos en que consiste o proxecto “Ligandos fluorescentes como alternativa al uso de la radioactividad en la industria farmacéutica” que gañou o premio “Fernando Calvet Prats”. (42:49) O catedrático de instituto xubilado Manuel Casalderrey recibiu o premio de Divulgación Científica 2022.

Salta da Cama
Falamos con Anna Freixa e Kim Llobet sobre o libro YO VIEJA, un percorrido polos dereitos humanos na vellez.

Salta da Cama

Play Episode Listen Later Jun 16, 2022 16:08


Cada xoves, con Kim LLobet, abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe recibimos a Anna Freixas escritora do libro YO VIEJA. Este é un percorrido polos dereitos humanos na vellez e, concretamente, polos dereitos das mulleres, sintetizados en tres principios que a Anna Freixas parécenlle fundamentais na idade maior: a liberdade, a xustiza e a dignidade. Por tanto, estes apuntamentos de supervivencia están pensados para a nova xeración de vellas que van estreando liberdades, para as que manteñen a súa dignidade, para as anciás que mentres se desprazan polo calendario son capaces de escudriñar a vida e as relacións cotiás con perseveranza e agudeza. Este libro pretende ser unha reflexión e un divertimento sobre unha variedade de pequenas cousas que neste momento da vida pódennola amargar ou, pola contra, facérnola máis fácil. Unha especie de foco para iluminar situacións da vida cotiá que cremos tan normais que non as consideramos importantes e que, con todo, constitúen o groso da discriminación e o rexeitamento social cara ás persoas maiores, unicamente polo feito de selo. Freixas tamén trata de visibilizar determinados factores que consolidan os estereotipos que a sociedade ten sobre as veteranas. Eu, vella é un canto á liberdade e á desenvoltura; á vellez confortable e afirmativa. Coa pretensión de que entre todas consigamos vivir unha idade maior elegante, relaxada e firme. mercar libro: https://www.todostuslibros.com/libros/yo-vieja_978-84-123902-9-2 "Acercarse ao final do ciclo vital, non implica forzosamente facelo dunha maneira penosa. Podes ser moi vella, ter moitos anos e vivir con autonomía, con conciencia da túa realidade, tendo o control da túa vida...". "A dignidade por unha parte é unha actitude, un valor individual. Cada persoa ten que tomar as decicións que competen a unha vellez digna. Ás veces confundimos o respeto coa sobreprotección". "As vellas de hoxe fomos pioneiras, fomos quenes loitamos por conseguir en cada momento no que nos atopabamos aquelo que necesitabamamos. Nos anos 80´s, por exemplo, tiñamos que pedir permiso ao marido para mercar unha nevera a prazos". Escritora feminista e profesora de universidade xubilada española. Licenciouse e doutorou en Psicoloxía na Universidade de Barcelona, onde desenvolveu os primeiros anos da súa actividade docente. En 1981 chegou a Andalucía, ao ingresar na Universidade de Córdoba, primeiro no Instituto de Ciencias da Educación e logo na Facultade de Ciencias da Educación, onde chegou a ser directora do departamento de Psicoloxía e catedrática de Psicoloxía Evolutiva e da Educación. Entre 1994 e 2001 creou e dirixiu a aula de Estudos das Mujeres, transformada logo na Cátedra Leonor de Guzmán. As suas liñas de investigación versaron sobre o envellecemento das mulleres, coeducación e feminismo, e a evolución da investigación e docencia en Psicoloxía desde unha perspectiva de xénero. Tivo achegas pioneiras para o desenvolvemento da xerontoloxía feminista en España. A súa obra Muller e envellecemento: Aspectos psicosociais recibiu o Premio Dr. Rogeli Duocastella de Investigación no Campo das Ciencias Sociais, outorgado pola Fundación A Caixa, en 1993. En 1999 foille concedido o VI Premio de Divulgación Feminista Carmen de Burgos, outorgado pola Asociación de Estudos Históricos e sobre a Muller da Universidade de Málaga. En 2009 recibiu o Premio Meridiana da Junta de Andalucía, outorgado en recoñecemento ao labor realizado por persoas e institucións en prol da igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Se ben é certo que non se pode falar dunha idade concreta na que se pase de ser maduro a ser vello, sí que é certo que a OMS considera que unha persoa é de idade avanzada, aquela que ten entre 60 e 74 anos. Dende os 74 e durante os 80 anos, ese vella. E a partir dos 90 éntrase na vellez avanzada. Falamos deste tipo de categorías. Tamén dos apuntes de supervivencia ou propostas de resistencia, pensadas para a nova xeración de vellas que van estreando libertades, pero sobre todos para os que manteñen a dúa dignidade en forma e fondo. Anna Freixas convídanos a escoitar o que as mulleres teñen que decir cando son menos escoitadas, é decir, cando envellecen. Máis infomación ANNA FREIXAS: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100014154343765 ✔️Twitter: https://twitter.com/AnnaFreixasF ✔️Instagram: https://www.instagram.com/freixasfarre/ Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE: ✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia ✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/ ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Efervesciencia
Efer 595 (4-5-22): Os cans cheiran peor as feromonas cós seus parentes salvaxes

Efervesciencia

Play Episode Listen Later May 15, 2022 55:20


(2:00) Xa está en marcha o primeiro concurso de monólogos científicos en galego. Andrea Muras e Eva Cabanelas preséntannos o certame “Ciencia Calidade” de Monólogos Científicos. (13:26) Grazas ao órgano vomeronasal os animais teñen un “sexto sentido” co que son quen de detectar sinais químicos entre individuos da mesma especie: as famosas feromonas. Os resultados do grupo de investigación de Morfoloxía Animal (MORFAN) da Facultade de Veterinaria de Lugo da USC veñen de descubrir que a domesticación do can atrofia este órgano en comparación cos seus conxéneres salvaxes como é raposo. Conversamos co líder do grupo Pablo López Quinteiro, que é ademais un dos maiores especialistas na música de Mahler. (42:41) @astroxabi contanos todo o que debemos saber para ver a eclipse lunnar total da noite do 15 ao 16 de xuño de 2022

Efervesciencia
Efer 591 (30-3-22): "Atopamos bacterias resistentes aos antibióticos nos xabarís", Elena Mora

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Apr 10, 2022 54:46


(2:01) Desde Berkeley o cosmólgo Antón Baleato debulla o achado da estrela Eärendel. Esta estrela descuberta polo observatorio espacial Hubble naceu tan so 900 millóns de anos despois do Big Bang, polo que é a estrela mais antiga coñecida. (15:32) Azucena Mora é membro do Laboratorio de Referencia de E. Coli e investigadora da Facultade de Veterinaria da USC en Lugo. Con ela conversamos pola implicacións do termo "One health",unha soa saúde: humana, animal e ambiental. Así as resistencias aos antibióticos das bacterias que se atopan en animais de granxa poden xerar graves problemas de saúde humana. O sorprendente é que o equipo da Dr. Mora ten atopado xenes de resistencia aos antibióticos mesmo en fauna salvaxe, como por exemplo poden ser os xabarís. (42:37) Sabemos que as aves utilizan o campo magnético terrestre para se orientar. Pero unha cuestión aberta durante décadas e onde reside e como funciona este sentido de magnetosensibilidade. Unha das hipóteses enriba da mesa é a existencia no ollo dos paxaros dunhas moléculas chamadas criptocromos que por mecanismos cuánticos poden proporcionan este tipo de información. Un novo estudo publicado en Nature estuda no laboratorio o comportamento destas substancias. Nolo conta o noso paxareiro Nacho Munilla. www.efervesciencia.org

Salta da Cama
Henrique Sanfiz, presidente da Asociación de Medios en Galego. GALA DOS MEDIOS EN GALEGO 2022.

Salta da Cama

Play Episode Listen Later Feb 4, 2022 12:57


Henrique SanFiz, presidente da Asociación de Medios en Galego (AMEGA), fálanos do DÍA DOS MEDIOS EN GALEGO 2022. "Queremos "BOTAR A LINGUA A PACER", para que colla nutrientes e vitaminas, porque o galego precisa vitaminas". "No mundo do galego pódese decir que a botella está medio chea ou medio baleira. É unha evidencia de que o idioma galego perde falantes cada día, pero tamén hai factores positivos como a existencia de 140 medios en galegos e a utlización do galego nas redes sociais". "O galego tamén da para comer, debemos seguir na defensa da nosa lingua utilizando novos metodos, novas ferramentas, novas tecnoloxías e novos enfoques. Como fixeron, por exemplo, tanxugueiras. Reforzando a nosa identidade e chegando a mundos aos que non se contaba chegar". A Asociación de Medios en Galego celebrará o Día dos Medios en Galego co roteiro ‘Compostela e a lingua', que se desenvolverá en Santiago o próximo sábado 5 de febreiro e contará, entre outros, coa participación da poeta Rosalía Fernández Rial e a compañía de teatro Os Quinquilláns. Baixo o lema ‘Bota a lingua a pacer', iranse realizando paradas en lugares simbólicos na loita polo mantemento do idioma. O percorrido estará acompañado polo cuarteto da Asociación Cultural Panaraiada. ️O roteiro arrincará ás 11:30 horas diante do Salón Teatro, na Rúa Nova nº34. Alí Os Quinquilláns representarán unha pequena escena dunha das obras de Roberto Vidal Bolaño, conmemorando así o vinte aniversario so seu pasamento. Despois, o roteiro continuará na Praza da Universidade, no antigo Restaurante El Asesino, onde o filósofo Antón Baamonde nos descubrirá a importancia dos faladoiros que había nos locais de hostalería composteláns en tempos de crise. O escritor Bieito Iglesias será o encargado de vincular a relación entre a Universidade de Santiago de Compostela co galego, noutra parada que se realizará na Facultade de Xeografía e Historia. Haberá tamén unha visita no Colexio de Santo Agostiño, onde a profesora Anxos García Fonte debullará a relación de Rosalía de Castro coa cidade. Xa na praza de Cervantes, na Zona C, volverán actuar Os Quinquilláns, representando a peza ‘LanguagePlanning', baseada nun dos relatos de ‘Madein Galiza' de SéchuSende. Para finalizar o acto, a carballesa Rosalía Fernández Rialfará un espectáculo poético-musical. Inscricións Para participar no roteiro ‘Compostela e a lingua', no que colaboran a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, será necesario inscribirsea través do correo electrónico mediosengalego@gmail.com DÍA DOS MEDIOS EN GALEGO O Día dos Medios en Galego celébrase cada 7 de febreiro, trala súa declaración institucional no Parlamento de Galicia no ano 2018, co gallo da saída da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, O Tío Marcos d'A Portela, en 1876. ✔️En 2018 celebrouse en Barallobre (Fene), nun acto no que interviron 25 persoas relacionadas coa nosa cultura e cos medios. ✔️En 2019 a gala tivo lugar en Pontevedra, e contou coa presencia de Touriñán e Ugia Pedreira. ✔️En 2020 o acto cultural celebrouse no Casino1889 de Carballo, coa dirección de Avelino González e a regueifeiraLupeBlanco, e a actuación da banda Terbutalina. ✔️En 2021 tocou facelo vía streaming, cun formato #LateNight presentado por Federico Pérez que tivo que ser adiado polas restricións sanitarias e que se emitiu o 20 de marzo polas canles de Youtube e Facebook da AMEGA, as radios municipais e Nós Televisión. Neste 2022 o evento celébrase por primeira vez na capital galega. Con esta data festéxase o labor que realizan as as máis de 30 cabeceiras que forman a AMEGA e os máis de 140 medios que fan comunicación actualmente na nosa lingua. Máis Información dos MEDIOS EN GALEGO: ✔️Páxina Web: https://mediosengalego.gal/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/mediosengalego ✔️Twitter: https://twitter.com/mediosengalego ✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCKytKQZN_OxpSxNbHuSx5BQ ✔️Twich: https://www.twitch.tv/amegaoficial ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Efervesciencia
Efer 564 (17-6-21): O tesouro ecolóxico da Serra do Careón e a autovía A-54

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Aug 2, 2021 57:10


(2:09) Facemos un trávelin-sonoro-botánico co investigador Roi Carballal do Grupo de Análise e Conservación da Biodiversidade da USC desde os seus invernadoiros ata o laboratorio da Facultade de Farmacia atravesando o campus sur da universidade compostelá. Atopámonos tamén co botánico Tino Quintela. Coñecemos o proxecto de estudo das plantas endémicas dun ecosistema tan singular como os chans serpentínicos da Serra do Careón. Un ecosistema afectado pola autovía A-54. (31:36) O proxecto de ciencia cidadá GaliciaBMS recolle datos de bolboretas a partir de paseos de voluntarios polo campo. Falamos con Marta Vila e Lorena Rilo da UdC e con Saba González que coordina BMS en Galicia. www.efervesciencia.org

Efervesciencia
Efer 561 (27-5-21): Grecia clásica: Deusas, mulleres, mitoloxía, menstruación

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Aug 1, 2021 57:10


(2:40) A xornalista Laura Veiga é a impulsora de pingando.gal. Vén de ser seleccionada para presentar o seu proxecto de divulgación sobre o ciclo menstrual en Ciencia en Redes 21. (17:56) Presentamos a Feira Científica Galiciencia coa técnica de Tecnópole Sabela Bouza e cos divulgadores Andrea Muras, @cienciamiuda, e David Ballesteros. (27:40) Susana Reboreda, decana e profesora titular da Facultade de Historia de Ourense da Universidade de Vigo, é experta en mitoloxía grega e o papel da muller na antiga Grecia. www.efervesciencia.org

Efervesciencia
Efer 562 (3-6-21): Sen a ciencia de datos non podes gañar ao fútbol

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Aug 1, 2021 56:33


(4:11) Martin Pawley danos todas as claves para eclipse solar do 10 xuño. Á única nesta década que caerá en horario lectivo. (18:29) Ezequiel Rey, investigador do grupo REMOSS na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, é especialista en datos de deportes colectivos, especialmente o fútbol. Para as súas investigacións dispón dos datos exclusivos que rexistra o sistema multicámara da Liga Nacional de Fútbol Profesional. Como inflúe a idade no rendemento dun futbolista? Cal é o mellor minuto para cambiar os xogadores? Como avaliar o rendemento dos futbolistas? Estas son algunhas das preguntas sobre as que pesquisa o noso convidado. (44:03) Acompañamos a Jenifer Espadasín, Berta Rial e Carmen Bouzas do proxecto de divulgación da ciencia de datos “StatWars: O imperio dos datos” da rede Biostatnet a un sesión coa rapazada do IES de Sar en Santiago de Compostela. www.efervesciencia.org

Efervesciencia
Efer 546 (11-2-21): E se houbese partículas que se escapan aos detectores do LHC?

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Mar 7, 2021 57:39


(4:04) O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Veñen de escribir a Science unha carta achegando novas análises ao papel dos supercontaxiadores. (17:59) En ciencia hai cousas que non se atoan ata que se buscan. Os detectores do LHC en Xenebra non están deseñados para rexistrar a existencia de partículas de longa vida. Xabier Cid (IGFAE-USC) coordina a posta en marcha do novo detector CODEX. De atopar estas novas partículas hipotéticas, estás quedarían encadradas alén do Modelo Estándar e mesmo poderían achegar algo de luz sobre a natureza da materia escura. (37:51) Pode influír a polarización da sociedade no grado de cumprimento das normas sanitarias contra a pandemia? A esta pregunta dá unha posible resposta unha publicación do Grupo de Física non Lineal da USC en Scientific Reports empregando as chamadas redes complexas. Para construír o modelo da sociedade empregaron a rede social twitter. Conversamos con Alberto Pérez Muñuzuri. www.efervesciencia.org

Efervesciencia
A árbore xenética do coronavirus. Entrevista completa Salas-Martinón.

Efervesciencia

Play Episode Listen Later May 30, 2020 41:26


Vesrsión integra da entrevista a Antonio Salas e Federico Martinón emitida en EFER 516. O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Pero desta volta veñen de analizar o xenoma non de persoas senón o do virus SARS-COV-2 para reconstruíren a súa árbore xenealóxica. Así puideron datar a súa orixe e atopar, dun xeito non buscado, a aparición da figura do supercontaxiador nos seus datos. www.efervesciencia.org

Efervesciencia
Efer 516 (28-5-20): Supercontaxiadores

Efervesciencia

Play Episode Listen Later May 30, 2020 55:59


(2:19) Da man de Eduardo Rolland de GCiencia e o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira percorremos parte da historia da peste negra. Desde a súa chegada a Galicia ata a identificación por Yersin do seu axente patóxeno en Hong Kong no século XIX. (17:10) Aulas Galegas é un repositorio de contidos didácticos en galego, tamén de ciencias. Nolo contan Susana Vázquez e Ramón Cabanelas. (21:22) O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Pero desta volta veñen de analizar o xenoma non de persoas senón o do virus SARS-COV-2 para reconstruíren a súa árbore xenealóxica. Así puideron datar a súa orixe e atopar, dun xeito non buscado, a aparición da figura do supercontaxiador nos seus datos. (48:23) A chamada sorpresa da Avoa levounos ao físico e divulgador José Edelsteien no seu aniversario e no día da publicación do seu primeiro artigo divulgativo en galego no diario Nós. www.eferfvesciencia.org

Efervesciencia
Efer 516 (28-5-20): Supercontaxiadores

Efervesciencia

Play Episode Listen Later May 30, 2020 55:59


(2:19) Da man de Eduardo Rolland de GCiencia e o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira percorremos parte da historia da peste negra. Desde a súa chegada a Galicia ata a identificación por Yersin do seu axente patóxeno en Hong Kong no século XIX. (17:10) Aulas Galegas é un repositorio de contidos didácticos en galego, tamén de ciencias. Nolo contan Susana Vázquez e Ramón Cabanelas. (21:22) O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Pero desta volta veñen de analizar o xenoma non de persoas senón o do virus SARS-COV-2 para reconstruíren a súa árbore xenealóxica. Así puideron datar a súa orixe e atopar, dun xeito non buscado, a aparición da figura do supercontaxiador nos seus datos. (48:23) A chamada sorpresa da Avoa levounos ao físico e divulgador José Edelsteien no seu aniversario e no día da publicación do seu primeiro artigo divulgativo en galego no diario Nós. www.eferfvesciencia.org

Efervesciencia
A árbore xenética do coronavirus. Entrevista completa Salas-Martinón.

Efervesciencia

Play Episode Listen Later May 30, 2020 41:26


Vesrsión integra da entrevista a Antonio Salas e Federico Martinón emitida en EFER 516. O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Pero desta volta veñen de analizar o xenoma non de persoas senón o do virus SARS-COV-2 para reconstruíren a súa árbore xenealóxica. Así puideron datar a súa orixe e atopar, dun xeito non buscado, a aparición da figura do supercontaxiador nos seus datos. www.efervesciencia.org

Carlos Barros
Menéndez Pidal, Castela e as identidades medievais B

Carlos Barros

Play Episode Listen Later Nov 11, 2019 33:55


Segunda parte da conferencia de Carlos Barros no Ciclo "Bienio Pidalino en Galiza" na Facultade de Xeografía e Historia, organizado pola Fundación Ramón Menéndez Pidal, a USC e a Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Política Lingüística). Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019.

Carlos Barros
Menéndez Pidal, Castela e as identidades medievais A

Carlos Barros

Play Episode Listen Later Nov 8, 2019 50:26


Primeira parte da conferencia de Carlos Barros no Ciclo "Bienio Pidalino en Galiza" na Facultade de Xeografía e Historia, organizado pola Fundación Ramón Menéndez Pidal, a USC e a Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Política Lingüística). Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019.

Carlos Barros
Menéndez Pidal, Castela e as identidades medievais C

Carlos Barros

Play Episode Listen Later Nov 8, 2019 17:18


Coloquio sobre a conferencia de Carlos Barros no Ciclo "Bienio Pidalino en Galiza" na Facultade de Xeografía e Historia, organizado pola Fundación Ramón Menéndez Pidal, a USC e a Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Política Lingüística). Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019.

Efervesciencia
Efer 456 (12-12-19): Gripe do 1918 e o cambio de hora

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Dec 29, 2018 59:10


Conversamos con Adolfo García Sastre, o virólogo que reconstruíu o virus da gripe de 1918. García Sastre é codirector do Instituto de Saúde Global e Patóxenos Emerxentes da Escola de Medicina de Icahn no hospital Monte Sinaí de New York. O especialista en historia da Ciencia Xose A. Fraga cóntanos como se viviu a gripe "española" en Galicia. (A versión estendida desta entrevista esta nestoutro podcast https://www.ivoox.com/30747981) É racional o cambio de hora estacional en Europa? Este é nome dunha xornada de debate organizada polo Consello da Cultura Galega. Falamos cos seus tres relatores: Jorge Mira (USC), Rui Jorge Agostinho (director do Observatório Astronómico de Lisboa, redactor do informe sobre o cambio estacional de hora para o goberno de Portugal) e José María Martín Olalla (profesor da Facultade de Física da Universidade de Sevilla).

Efervesciencia
Efer 456 (12-12-19): Gripe do 1918 e o cambio de hora

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Dec 29, 2018 59:10


Conversamos con Adolfo García Sastre, o virólogo que reconstruíu o virus da gripe de 1918. García Sastre é codirector do Instituto de Saúde Global e Patóxenos Emerxentes da Escola de Medicina de Icahn no hospital Monte Sinaí de New York. O especialista en historia da Ciencia Xose A. Fraga cóntanos como se viviu a gripe "española" en Galicia. (A versión estendida desta entrevista esta nestoutro podcast https://www.ivoox.com/30747981) É racional o cambio de hora estacional en Europa? Este é nome dunha xornada de debate organizada polo Consello da Cultura Galega. Falamos cos seus tres relatores: Jorge Mira (USC), Rui Jorge Agostinho (director do Observatório Astronómico de Lisboa, redactor do informe sobre o cambio estacional de hora para o goberno de Portugal) e José María Martín Olalla (profesor da Facultade de Física da Universidade de Sevilla).

Campus In Itinere
Campus In Itinere (Presentación RCC 2017-2018) (11-09-2017)

Campus In Itinere

Play Episode Listen Later Sep 12, 2017 63:50


Programa realizado en directo na entrada da Facultade de CC. da Comunicación da USC para presentar a tempada 2017-2018 en radio campUSCulturae, coincidindo coa inauguración do novo curso na Universidade de Santiago de Compostela.

Efervesciencia
Reforzar a parede para loitar contra o taladro do millo

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Mar 6, 2017 7:12


Rosa Ana Malvar Pintos, profesora de investigación na Misión Biolóxica de Galicia-CSIC, cóntanos cal é papel da parede celular na pescuda de millos resistentes os diferentes tipos de perforadores. Esta é unha liña de investigación que desenvolve a Unidade Asociada “Agrobioloxía medioambiental, Calidade de solos e prantas” formada pola MBG-CSIC e a Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.

Efervesciencia
Reforzar a parede para loitar contra o taladro do millo

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Mar 6, 2017 7:12


Rosa Ana Malvar Pintos, profesora de investigación na Misión Biolóxica de Galicia-CSIC, cóntanos cal é papel da parede celular na pescuda de millos resistentes os diferentes tipos de perforadores. Esta é unha liña de investigación que desenvolve a Unidade Asociada “Agrobioloxía medioambiental, Calidade de solos e prantas” formada pola MBG-CSIC e a Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.

PLAN DIVULGA UMH - 2014
20140403_EL ESTABLECIMIENTO DE LOS HÁBITOS ALIMENTARIOS EN LOS NIÑOS Y SU INFLUENCIA EN LA OBESIDAD

PLAN DIVULGA UMH - 2014

Play Episode Listen Later Apr 17, 2014 59:05


El establecimiento de los hábitos alimentarios en los niños y su influencia en la obesidad. Profª. Drª. CARLA LOPES Departamento de Epidemiología Clínica. Medicina Preditiva e Saúde Pública. Facultade de Medicina da Universidade do Porto PLAN DIVULGA UMH Servicio de Innovación y Apoyo Técnico a la Docencia y a la Investigación. Vicerrectorado de Estudios. Universidad Miguel Hernández

Alegría CUAC FM 103.4
Alegría 15 de decembro 2009

Alegría CUAC FM 103.4

Play Episode Listen Later Dec 17, 2009 56:34


Hoxe falamos, como non, sobre o dereito a comunicar con algúns dos protagonistas do impresionante especial de cinco horas que o respecto se fixo o pasado 10 de decembro en Cuac Fm. A maiores contamos con documentos enviados polos compañeiros da ACS e de Más Voces nos que falaban Ramon Zallo, Catedrático da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade do País Vasco, e Frank la Rue, Relator Especial para a Liberdade de Expresión da ONU.