Decote

Follow Decote
Share on
Copy link to clipboard

A túa ración diaria de Alt-P

Agos Reigosa

  • Sep 6, 2018 LATEST EPISODE
  • infrequent NEW EPISODES
  • 10m AVG DURATION
  • 106 EPISODES


Search for episodes from Decote with a specific topic:

Latest episodes from Decote

#252 Streaming compartido

Play Episode Listen Later Sep 6, 2018 10:58


Estamos de volta coa que podemos chamar segunda tempada do Decote. Adicamos este primeiro episodio para falar das opcións que temos para ver contido multimedia a distancia sen romper a cachola poñéndonos de acordo en que segundo empezar ou parar a reproducción. Para isto temos catro opcións, SyncLounge para Plex, Netflix Party para Netflix e Gaze e Rabbit para todo tipo de contidos.

#251 La secta de la tierra plana

Play Episode Listen Later Apr 5, 2018 8:01


Rematamos a serie de marzo con este libro anti-conspiranoia e que pode servir como refresco para todos aqueles, coma min, que teñen claro que a terra non é plana pero non teñen a facilidade para explicarllo e demostrarllo a un neno de cinco anos. Un libro cheo de historia para saber de onde veñen e o porque destas teorías tan absurdas coas que nos toca convivir.

#250 Stanley Parable

Play Episode Listen Later Apr 4, 2018 10:33


Voltamos en abril co par de podcast que nos quedaron de marzo falando do feito en febreiro. En concreto hoxe tócanos falar dun desos videoxogos que son para pensar, para reflexionar e para entender o que ocorre en tantos outros, é dicir, un metaxogo. 

#249 Altered Carbon

Play Episode Listen Later Mar 12, 2018 8:41


Altered Carbon é a serie que vin en febreiro, unha serie feita e dispoñible en Netflix que moitos se apresuraron a comparar con Blade Runner, pero nada máis lonxe da realidade. Esta serie ambientada no século XXV bebe de moitas das referencias que bebeu Blade Runner e outros grandes do xénero pero ao estar baseada na novela de Richard K. Morgan ten o seu propio universo e normas para facer as delicias do espectador.

#248 Black Panther

Play Episode Listen Later Mar 7, 2018 10:21


Pasamos dos 12 de xaneiro e chegamos a febreiro para comezar cun estreno, nada menos que Black Panther, a última aposta do universo Marvel que todo sexa dito, non deixou en min un sabor tan doce como lle ocorreu a maioría da xente. A parte de iso, recomendadísimas as sesións en VOS que podedes atopar nalgunhas nos cines de algunhas cidades, non en todas por desgracia, para gozar dos estrenos da mellor forma posible.

#247 Ghost in the Shell

Play Episode Listen Later Feb 27, 2018 10:15


Última entrega da serie 12 do mes de xaneiro nesta ocasión para falar de cine, sendo máis concretos, para falar da polémica Ghost in the Shell que despois de tanto tempo agardando por ela pasou sen pena nin gloria pola salas de cine do país. Falamos diso, de todo o que bebe do anime de 1995, da series Stand Alone Complex e de como a insistencia de Hollywood por dixerirnos as películas antes de presentarnolas pode levar por diante a esencia das mesmas.

#246 Undertale

Play Episode Listen Later Feb 23, 2018 9:43


Tócalle o turno aos videoxogos, e tóca falar dunha das obras mestras do ano 2015. O traballo de Toby Fox, que foi capaz de encargarse de todos os apartados técnicos e artísticos de Undertale e ofrecernos un videoxogo sinxelo e ao mesmo tempo moi profundo. Unha historia de autocoñecemento e descubrimento do mundo dende un punto de vista moi persoal, unha obra que se adapta a nós segundo a imos explorando.

#245 Bojack Horseman

Play Episode Listen Later Feb 22, 2018 10:03


Continuamos co noso repaso a xaneiro e hoxe tócalle o turno ás series. Falamos en concreto de unha das mellores series de animación que un pode atopar en Netflix, de factoría propia e que xa conta con catro tempadas. Unha mezcla de humor e drama, do mellor e o peor do ser humano con toques de humor, toda unha recomendación para os que queren algo divertido pero tamén profundo e complexo.

#244 De qué hablo cuando hablo de correr

Play Episode Listen Later Feb 21, 2018 8:57


Comezamos a serie falando de Karuki Murakami, un dos escritores máis coñecidos da escena mundial actualmente, e un dos seus libros de ensaio máis interesantes, polo menos para min, "De qué hablo cuando hablo de correr". Unha obra moi recomendable para corredores e seguidores de Murakami que pode ser algo dificil de dixerir para aqueles que non teñan interese nalgunha das dúas temáticas.

#243 12

Play Episode Listen Later Jan 30, 2018 9:26


Agora que xa cumplimos os do primeiro mes xa podemos falar dos propósitos para o novo ano, e é que falar deles sen telos cumplido canto menos o primeiro mes non sería unha boa forma de empezar o ano. Pois iso, falamos dos meus propósitos para o novo ano, un para cada mes, pero vós tamén podedes deixarme os vosos ou trasladarme as vosas suxerencia nos comentarios.

#242 The Last Jedi

Play Episode Listen Later Jan 10, 2018 12:02


Volvemos para falar dunha das películas máis agardadas do ano pasado, Star Wars: The last Jedi. Unha película que non deixou a ninguén indiferente e da que falamos hoxe no Decote para dar o noso puntos de vista, falar de algúns dos puntos máis polémicos e ver o que está por vir no universo cinemático de Star Wars.

#241 O momento da realidade aumentada?

Play Episode Listen Later Oct 4, 2017 10:25


Despois de pasar polo momento da realidade virtual coas apostas de HTC, Oculus e a propia Playstation, que parece que non acabar de convertirse no éxito que elas esperaban, chega o momento da realidade aumentada da man de Google e Apple co precentes das Hololens de Microsft. Serán estos kits para desenvolvedores capaces de marcar a diferencia? Complicado sabelo a día de hoxe, pero as sensacións non son boas

#240 The night manager

Play Episode Listen Later Oct 3, 2017 7:54


Como xa vos contei en algunha ocasión, non hai mellor momento para poñerse ao día coas series pendientes que o verán. Este verán deu para moito e a primeira que vos achego por aquí é esta The night manager na que podedes atopar a Hugh Laurie e Toom Hiddleston en todo o seu explendor. Unha serie curtiña pero que merece moito a pena, sobre todo se tedes Amazon Prime.

#239 Apple Watch un ano despois

Play Episode Listen Later Oct 2, 2017 11:37


Despois de un ano e moitas vivencias toca falar do Apple Watch, da súa evolución e dos problemas que nos fomos atopando neste escaso ano de convivencia. O prezo de reparar a pantalla, como protexela ou a imposibilidade de escoitar podcasts dende estes son algúns dos problemas que o tempo non está resolvendo, máis ben todo o contrario.

#238 Echo, echo, echo…

Play Episode Listen Later Sep 29, 2017 12:12


Onte, sen previo aviso, Amazon presentou novos membros para a súa familia Echo así como un novo Fire TV. Moi interesantes as presentacións no eido dos asistentes de voz domésticos que, aínda que non chegaron a estes lares, xa teñen unha competición aberta nas terras americanas na que Amazon semella levar a dianteira. Mixx.io | El Windows de las casas  Emilcar Daily | Twitter y Amazon non dan más The Verge | The 5 biggest announcements from today’s Amazon hardware event

#237 Strava + Relive

Play Episode Listen Later Sep 28, 2017 11:38


Verán é un momento perfecto para practicar deporte, polos menos no meu caso, é o momento do ano onde máis luz do días hai e máis quilómetros se poden meter ao corpo. Este ano, coa chegada do Apple Watch á miña vida estiven á procura de unha aplicación que puidese tirarlle todo o proveito e, aínda que frouxea nalgúns puntos, Strava foi a elexida. Todos os motivos no podcast de hoxe.

#236 TRÅDFRI

Play Episode Listen Later Sep 27, 2017 11:26


 Voltamos á normalidade do Decote falando de Tradsfri, e forma máis asequible de dar o primeiro paso no mundo da domótica da man de Ikea. Probamos este sistema de iluminación intelixente que proximamente se fará compatible con Homekit e outros sistemas de domótica, convertíndose nunha das formas máis económicas de iniciarse neste mundo. Falamos de como funciona, cales son as súas limitación e que funcións imos gañar coa chegada de Homekit.    Iluminación intelixente en Ikea

#235 A historia dos podcasts

Play Episode Listen Later Sep 26, 2017 10:33


Tal e como prometemos onte, hoxe toca falar da historia dos blogs en galego, un medio moito menos extendido que o blog pero que nos últimos anos está atopando o seu momento de máis calidade e esparcemento. Falamos dos primeiros podcasts, da creación do falangullo e da creación de podgalego, o primeiro punto de encontro para a comunidade.Todo, como sempre, aberto as vosas colaboracións. Historia dos podcastsPodgalego

#234 A historia dos blogs

Play Episode Listen Later Sep 25, 2017 11:27


Voltamos despois de un inmerecido descando para falar do que estivemos facendo nas vacacións. Falamos neste primeiro podcast da temporada da historia dos blogs en galego, de cales foron os seus inicios e porque estiveron motivados, damos os nomes de algúns estudos clave e animámosvos a participar na creación destas dúas webs. Historia dos blogsPodgalego

#233 Tesla Model 3

Play Episode Listen Later Jul 12, 2017 12:20


Por casa anda rondando dende fai un tempo a posible renovación dun coche e un dos últimos contendientes en saír ao estrado foi o novo Tesla Model 3 (para que vexades a presa que temos). No episodio de hoxe tratamos algunhas das cuestións que nos surxiron ao fixarnos nun Tesla e cales foron as respostas e incógnitas que nos quedaron despois de informarnos. Web de TeslaSaúl López en YoutubeVlog NY

#232 Xoves de miscelánea

Play Episode Listen Later Jun 15, 2017 10:18


Como nin mañá nin a próxima semana vai haber Decotes aproveitamos este xoves para falar de todo o que pasou nas últimas semanas e algo do que está por vir, unha forma de deixar o menor número posible de temas sen tratar das últimas semanas e avisaros de todo o que está por vir na próxima. Tim Cook Says Apple Focused on Autonomous Systems in Cars Push - BloombergApple está trabajando en coches autónomos, ¿qué podemos esperar de este anuncio? - La VanguardiaTim Cook on Donald Trump, the HomePod, and the Legacy of Steve Jobs - Bloomberg

#231 Apple Design Awards 2017

Play Episode Listen Later Jun 13, 2017 12:03


A semana pasada tivemos a nosa ración de aplicacións de Android por mor do Google IO e esta semana toca outro tanto do mesmo por mor da WWDC. O curioso é que ambas listas coinciden nunha mesma aplicación, será ese un motivo suficiente para mercala?

#230 X B O X

Play Episode Listen Later Jun 12, 2017 10:20


O E3 aínda está lonxe de rematar pero xa tivemos a primeira nova merecedora de un Decote enteiro. A prensentación da Xbox One X, coñecida como Scorpio no seu desenvolvemento, e todos os xogos cos que sairá foron o punto forte da coferencia de Microsoft, asi que imos adicarlle o programa de hoxe a analizar este lanzamento de hardware. Xbox One X: la consola más potente de la historia tiene juego 4K nativo - XatakaLa Xbox One X y todo lo que Microsoft presentó en el E3 2017 - Gizmodo

#229 Mundo Verán

Play Episode Listen Later Jun 7, 2017 9:48


Empezamos a tempada de programas de verán coa edición de hoxe que leva o nome do noso mundo de Minecraft. E é que o verán é un dos mellores momentos para xuntarse cos amigos para vivir novas e inimaxinables aventuras en Minecraft, con Realms, e Discord. Así que aproveitamos o día de hoxe para falar destes dous grandes inventos da nosa era. DiscordMinecraft Realms

#228 WWDC 2017

Play Episode Listen Later Jun 6, 2017 11:35


Máis de dúas horas de presentación deron para presentar moitas cousas que seguro moitos de vós xa vístedes, asi que como acostumamos facer, hoxe imos tratar todo aquilo que está aí pero do que non se falou o suficiente na presentación. Pequenos detalles que cambiaran como traballamos cos nosos aparellos e que vos descubrimos neste Decote. Lo mejor de la WWDC 2017 en 10 minutos (Xataka) - YoutubeApple WWDC 2017 keynote in 19 minutes (The Verge) - YoutubeMonument Valley 2Business Chat - AppleCore NFC - AppleiOS 11 brings Next/Previous Track controls to individual AirPods

#227 Un, dous, E3

Play Episode Listen Later Jun 5, 2017 10:59


Temos tres semanas por diante de auténtico bulir informativo, comezamos hoxe pola tarde coa apertura do WWDC, continuamos para a semana con todas as conferencias do E3 e para a seguinte unha sorpresa que tamén a fará moi entretida. Como son moitas cousas as que veñen hoxe falamos de todas elas e do que podemos agardar de cada unha. AppleEverything u/Foxconninsider Reported Today - RedditFiles App - TwitterActivity for iPhone - Twitter E3Todo lo que necesitas saber sobre Star Wars Battlefront II - Vidaextra

#226 Intel Core i9

Play Episode Listen Later Jun 2, 2017 8:35


Nótase que non imos achegando ao verán e á presentación de Apple do próximo día 5 porque as cousas están máis calmadas que nunca. Falamos da nova cámara de Nest, dos outros plans de Andy Ruin, dos cambios no Lol, os novos procesadores de Intel e de todas as estrelas que nos van a chover este xuño. Nest Cam IQ - Nest WebThis is the new Ambient OS, Essential’s big bet to control your home - The VergeEssential Home is an Amazon Echo competitor that puts privacy first - The VergeRunas reforjadas y actualización del honor | Riot Pls: League of Legends - Youtube

#225 Soda Player

Play Episode Listen Later Jun 1, 2017 9:32


No Decote de hoxe traemos unha recomendación dun dos nosos ouvintes máis veteráns, a súa recomendación, como di o título, é Soda Player, un reprodutor intermedio entre Popcorn Time e Plex. Un sistema que lle tira proveito aos torrents pero sen ter que baixalos e sen ter que estar atado ao que seleccionen uns terceiros. Unha opción perfecta para aqueles que están sempre conectados e con pouco espacio no ordenador. Soda Player WebSoda Player RedditCabo Prior e Santa Comba - YoutubeFotos Phantom 4 - TwitterCamposancos en Twitter

#224 Essential Phone

Play Episode Listen Later May 31, 2017 9:02


Essential Phone é unha nova aposta no mundo Android por traer un proposta diferente, atractiva e rompedora. E neste caso non só é diferente polo que presentan, senón tamén por quen está detrás desta proposta, non todos os días se ve a un dos creadores do sistema operativo móbil máis usado do mundo poñer o seu esforzo en crear un terminal. Exclusive: This is the Essential Phone - The VergeEssential Official Web Todos os podcasts en podcast.altg.net

#223 Playerunknown’s Battleground

Play Episode Listen Later May 30, 2017 9:01


Poucos ascensos tan meteóricos como o deste xogo desarrollado pola desconocida Bluehole podemos atopar neste 2017 ou nos últimos anos na industrias, sobre todo se temos en conta que se trata dun xogo inesperado, que todavía está en early access e que gastou menos que nada en promocionarse. Falamos dalgunhas das claves do éxito da sensación destes últimos meses. Playerunknown's Battleground - Steam¿Por qué mas de 1 millón de personas juegan a Playerunknown's? - IGN

#222 Fidget Spinner

Play Episode Listen Later May 29, 2017 8:39


Finalmente este sábado merquei un fidget spinner, un deses xoguetes pouco tecnolóxicos que se poñen moi de moda de ano en ano, asi que porque non falar del e de outras modas.   Máis información en podcast.altg.net

#221 Star Wars en cifras

Play Episode Listen Later May 26, 2017 8:57


Na miscelánea desta semana temos un pouco de Instagram e a súa versión de probas, Snapchat, falamos do Xbox Game Pass, dos libros que recomenda Bill Gates, das renovacións de HBO para a próxima tempada e dos 40 anos de Star Wars. Todo lecturas moi recomendadas para este fin de semana, máis de inverno que de verán, que temos por diante.   Todos os enlaces e capítulos anteriores en podcast.altg.net

#220 DJI Spark

Play Episode Listen Later May 25, 2017 9:56


Se fai un mes exacto falabamos das DJI Goggles e de todos eses pequenos drones de competición, hoxe toca falar da nova incorporación á familia de drones china DJI. Nesta ocasión da súa nova aposta ao cuadricóptero máis pequeno e barato da súa tenda, desbancando desta posición a Mavick, que era ata onte o que ostentaba esa posición.   Todos os enlaces en podcast.altg.net

#219 O novo Surface Pro

Play Episode Listen Later May 24, 2017 10:07


Nova presentación de Microsoft, a segunda no último mes, nesta ocasión para presentarnos as novas Surface Pro, a súa aposta máis profesional no mundo das tablets-portátiles que chega con poucos cambios exteriores pero moitos interiores e un gran acompañamento.   Todos os enlaces en podcast.altg.net

#218 Google Play Awards 2017

Play Episode Listen Later May 23, 2017 10:13


Como xa sabedes no meu día a día uso sobre todo aparellos iOS, así que é raro que traiga por aquí cousas relacionadas co día a día con Android xa que non son parte da miña vida diaria. Así que, cando vin que Google sacara os Google Play Awards 2017 pareceume unha ocación perfecta para falar de apps que de seguro moitos de vós podedes utilizar todos os días.   Enlaces a todas as aplicacións en podcast.altg.net

#217 MSI 2017

Play Episode Listen Later May 22, 2017 8:48


Este domingo foi a final do Mid-Season Invitational 2017, un torneo de metade de temporada, moi similar á Copa Confederacións do futbol, onde o mellor equipo de cada rexión busca demostrar que o seu equipo e a súa liga é superior á do resto. Así lle foi a G2, equipo da LCS, neste MSI.

#216 O mp3 sigue vivo

Play Episode Listen Later May 19, 2017 10:23


Voltamos á carga coa miscelánea dos venres para falar dos novos televisores de Amazon, de aquela aplicación que era Instagram pero agora xa é case Snapchat, da non morte do mp3, de Shazam, de Minecraft, de Youtube e do primeiro aniversario de Overwatch.   Todos os enlaces en podcast.altg.net

#215 Google I/O

Play Episode Listen Later May 18, 2017 12:33


Onte foi a presentación inaugural do Google I/O 2017, as xornadas que de forma anual fai o gran buscador para falar de todas as novidades que veñen respecto a Android, os seus aparellos e terminais móbiles, aplicacións e, como non, o propio buscador. Falamos do que foron as principais novidades cunha lista de lecturas recomendadas extensa para que queira meterse de cheo no tema.   Todos os enlaces e podcast anteriores en podcast.altg.net

#214 El día del gallego

Play Episode Listen Later May 17, 2017 3:31


Feliz día das Letras Galegas 2017!   Todos os enlaces e podcasts anteriores en podcast.altg.net

#213 Limbo

Play Episode Listen Later May 16, 2017 9:18


Xa facía tempo que non falabamos por aquí de un xogo, asi que este marte imos falar do predecesor de INSIDE. Limbo é un pequeno xogo, tanto en mecánicas como en duración, cun apartrado artísticos sobresaínte, apto para todo tipo de xogadores e plataformas, unha historia para todos os públicos desas que tanto me gusta recomendar.   Máis enlaces e episodios anteriores en podcast.altg.net

#212 Sobre o rasomware e WannaCry

Play Episode Listen Later May 15, 2017 9:37


O pasado venres Telefónica quedou bloqueada por un rasomware, feito que despois se extendería a outras empresas e países afectando incluso ao sistema sanitario británico. Falamos do que pasou, de como e porque pasou para que entendamos todos xuntos que narices é un rasomware e como se puido espallar tan axiña.   Todos os enlaces e podcast anteriores en podcast.altg.net

#211 Todos queren un Amazon Echo Show

Play Episode Listen Later May 12, 2017 10:10


Voltamos coa miscelánea dos venres nesta ocasión chea de filmes e de novas sobre Microsoft, Apple e Amazon que estiveron moi activos estas últimas semanas sacando novidades e presentando o que según eles vai ser o futuro dos aparellos do fogar. Nota a parte para Tesla, que non fala do futuro senón do presente dos fogares sacando ao mercado o seu primeiro modelo de teito solar.   Todos os enlaces e podcast anteriores en podcast.altg.net

#210 Guardians of the Galaxy Vol. 2

Play Episode Listen Later May 11, 2017 8:59


Voltamos despois de unhas longas vacacións para falar do último filme de Marvel. E non, o de que segundas partes nunca foron boas non se cumpre neste caso, pois con esta segunda entrega, aínda que non estea falta de problemas e cousas a melloras, temos unha entrega chea de aventura, humor e máis información ca nunca sobre os personaxes e as súas historias.   Máis información e enlaces ás análises en podcast.altg.net

#209 Máis Zeldas que Switchs

Play Episode Listen Later Apr 28, 2017 9:05


Voltamos co resumo desta semana marcada polas presentacións de resultados, tanto de Twitter, como de Instagram como de Nintendo. Especialmente interesante esta última ao tratarse da primeira tras a saída da Switch, e como sempre a de Twitter que segue loitando por ser rendible.   Todos os enlaces e episodios anteriores en podcast.altg.net

#208 Twitch máis preto, Youtube máis lonxe

Play Episode Listen Later Apr 27, 2017 9:53


Twitch segue imparable facendo novos e mellores cambios na súa plataforma. Se fai un tempo falabamos de como integraban Amazon Premium na plataforma, despois de Pulse, o seu propio Twitter, hoxe tocar falar dun novo programa de afiliados que permita case a calquera con tempo e adicación ter a posibilidade de facer cartos coa plataforma.   Todos os enlaces e episodios anteriores en podcast.altg.net

#207 DJI Goggles

Play Episode Listen Later Apr 26, 2017 7:38


Levábamos moito tempo sen falar de drones por aquí, e iso que é unha das cousas que máis me gustan deste futuro no que vivimos, así que aproveitando a saída das DJI Goggles imos falar de outra modalidade máis asequible e divertida de ter un drone, os de competición.   Todos os enlaces e episodios anteriores en podcast.altg.net

#206 Paga co móbil con Paypal

Play Episode Listen Later Apr 21, 2017 7:54


Voltamos un venres con todo o que nos quedou no tinteiro que nesta ocasión, ao ser un semana tan escasa en decotes, son bastantes cousas importantes que saíron á luz estos días. Se falta algunha non te preocupes, tratarémola con máis calma e protagonismo en vindeiros programas.    Todos os enlaces e episodios anteriores en podcast.altg.net

#205 Star Wars Celebration 2017

Play Episode Listen Later Apr 19, 2017 6:53


A pasada semana, entre o 13 e o 16 de abril, celebrouse en Orlando a Star Wars Celebration 2017, unha reunión onde fans, actores, directores e todo tipo de persoas vinculadas coas películas e o universo pasan varios días repartidos en paneis e charlas falando de todo o que xa foi, todo o que está por vir e todos aqueles que xa non están con nós.   Máis información e enlaces en podcast.altg.net

#204 Calendarios para o futuro

Play Episode Listen Later Apr 7, 2017 8:24


Voltamos unha semana máis falando de cousiñas interesantes e lecturas recomendadas que non entraron na edición diaria do Decote esta semana. Falamos de Android, tomándolle a dianteira a Windows como sistema operativo máis usado para acceder a internet, de Apple e o futuro das súas tarxetas gráficas, de xogos, de conceptos e de moitas cousas interesantes.   Todos os enlaces a estas novas e aos enlaces anteriores en podcast.altg.net

#203 Iron Fist

Play Episode Listen Later Apr 6, 2017 10:27


Tras Daredevil, Jessica Jones e Luke Cage chega Iron Fist para pechar a presentación dos catro protagonistas que formarán parte de The Defenders en agosto, cando a serie de Netflix chegue aos nosos fogares. Deixaron o mellor para o final ou xa non lles quedaban folgos para esta última entrega?   Máis información en podcast.altg.net

#202 Apple toma en serio aos Pros

Play Episode Listen Later Apr 5, 2017 7:17


Onte sorprendíanos John Gruber, un dos máis reputados articulistas sobre o mundo Apple, cun artigo no seu blog, Daring Fireball, onde falaba dunha recente reunión cos executivos de Apple onde se tratou, ou máis ben, se lle comunicou cal ía ser o futuro desta gama e da gama iMac a un ano vista, ou pode que un pouco máis. Falamos disto e do que isto supón.   Todos os enlaces e podcasts anteriores en podcast.altg.net

Claim Decote

In order to claim this podcast we'll send an email to with a verification link. Simply click the link and you will be able to edit tags, request a refresh, and other features to take control of your podcast page!

Claim Cancel