Metrópoles Delirantes | cómics

Follow Metrópoles Delirantes | cómics
Share on
Copy link to clipboard

Metrópoles Delirantes é un programa no que falamos de banda deseñada (cómics).

Metrópoles Delirantes


    • Apr 15, 2018 LATEST EPISODE
    • infrequent NEW EPISODES
    • 1h AVG DURATION
    • 92 EPISODES


    Search for episodes from Metrópoles Delirantes | cómics with a specific topic:

    Latest episodes from Metrópoles Delirantes | cómics

    MD86 - David Rubín

    Play Episode Listen Later Apr 15, 2018 60:01


    Abrimos programa coas da BD a todo filispí­m. Nesta emisión facemos un monográfico cun autor dos máis importantes do noso país, embarcamos a David Rubín que ven de publicar con Astiberri a nova versión de Cuaderno de Tormentas. Falamos de bd, da vida, da morriña e como non, do que está a pasar no mundo.

    MD85 - Santy Gutiérrez

    Play Episode Listen Later Mar 13, 2018 60:00


    Comezamos programa co Sr B e as novas da BD a todo filispí­m. Xaime Lis baixa dos seus andeis cósmicos unha gran BD belga, Johann e Pirluit. Con Santy Gutierrez falamos do libro que ven de editar coa editora coruñesa Demo.

    MD84 - Álvaro Pons

    Play Episode Listen Later Feb 12, 2018 60:00


    Comezamos programa co Sr B e as novas da BD a todo filispí­m. Xaime Lis escolle dos seus andeis cósmicos a un autor dos seus preferidos, Nicolás de Crecy. Enrolamos a Álvaro Pons, un dos máis reputados críticos e divulgadores da BD, con el falamos do estado das cousas dos tebeos.

    MD83 - Jorge Campos

    Play Episode Listen Later Dec 10, 2017 60:01


    Abrimos programa, como xa é norma, coas novas da BD a todo filispím. O Sr B segue aumentando a lista dos imprescindibeis, desta volta cunha bd da terra, Os Lobos de Moeche de Manel Cráneo. Falamos longo con Jorge Campos, estrea unha obra, titulada Alter-nativo e con ela unha editora, Aira das Letras, de Allariz.

    MD82 - Santiago Paredes

    Play Episode Listen Later Nov 28, 2017 59:15


    Abrimos programa coas novas da BD a todo filispím. O Sr b pecha o circulo e anota no listado de imprescindibeis El ala rota. Tatoo é a primeira obra de Santiago Paredes, un homenaxe ao underground.

    MD81 - La Espada de San Eufrasio

    Play Episode Listen Later Nov 12, 2017 60:06


    Abrimos programa coas novas da BD a todo filispím. Volve Zapi, desta volta coas xoias literarias ilustradas. Viaxamos atrás no tempo ata o medievo galego, ata as terras do Conde de Lemos, nese tempo e nese espazo transcorre a historia da espada de San Eufrasio, falamos con Miguel Fernández o seu debuxante.

    MD80 - Licor Café - Manel Cráneo, Xulia Pisón e Dani Xove

    Play Episode Listen Later Oct 29, 2017 60:00


    Abrimos programa coas novas da BD a todo filispím. Nos imprescidíbeis o Sr B anota a triloxía galáctica de Leo. Embarcan nesta emisión Manel Craneo, Xulia Pisón e Dani Xove, cos que falaremos do Licor café, a antoloxía da nova BD galega que ven de editar Demo Editorial. E tamén dos proxectos desta heroica editora coruñesa comandada por Cráneo.

    MD79 - Festival de Cinema e BD de Vilagarcía

    Play Episode Listen Later Oct 15, 2017 60:01


    Abrimos programa a todo filispím, co Sr B e as novas da BD. Volvemos a embarcar a Xaime nesta dorna da BD para que nos conte cales son os seus cómics favoritos na sección «andeis cósmicos». Falamos con Luis Rosales, director do festival de cinema e Banda deseñada de Vilagarcia, do que se vai celebrar a cuadraxesimo quinta edición do 23 ao 29 deste mes.

    MD78 - Berliac

    Play Episode Listen Later Oct 1, 2017 59:41


    Neste programa falamos con Berliac, contounos como ve a polemica polo boicot da editora norteamericana ao SadBoi, libro que acaba de ser editado en España, cal é a súa opinión, que buscaba con este libro e moitas máis cousas.

    MD77 - Fosfatina, Oscar Raña e Cynthia Alfonso

    Play Episode Listen Later Sep 18, 2017 59:59


    Abrimos programa a todo filispím, co Sr B e as novas da BD. Volve Zapi ás Metrópoles para nos falar dun mito, o gran Jack Kirby nos tebeos xurásicos. No tempo da entrevista falamos con Rubén Romero, señor da Fosfatina e a BD máis adiantada, tamén veñen con el Oscar Raña e Cynthia Alfonso.

    Onde se escoitan as Metrópoles

    Play Episode Listen Later Sep 13, 2017 1:11


    Comezamos a 5 tempada o 18 de setembro!

    Volvemos o 18 de setembro

    Play Episode Listen Later Sep 5, 2017 0:54


    Comezamos a 5 tempada o 18 de setembro!

    MD76 - Barea, Guitián e Xove

    Play Episode Listen Later Jul 3, 2017 120:22


    Rematamos a tempada cun gran fin de festa, invitamos a Leandro Barea, Alberto Guitián e a Dani Xove e fixemos unha tertulia ao máis puro estilo de Ferreras. Un programa espacial de duas horas no que simplemente rimos, criticamos, esbardallamos e volvemos a rir, e sen axudas psicotrópicas. Puro delirio.

    MD75 - Luis Bustos

    Play Episode Listen Later Jun 20, 2017 60:00


    Abrimos programa a todo filispím, co Sr B e as novas da BD. Nos imprescindíbeis, anotamos unha obra recente e absolutamente saborosa, I.D. de Emma Ríos. Falamos con Luis Bustos das súas obras pasadas e da recente Puerta de luz, tamén de Kubrick, Haneke e o apocalípsis, porque somos uns culturetas de carallo. Javi veu dende a libraría A Gata Tola de Compostela cos libros máis interesantes.

    MD74 - Emilio Fonseca

    Play Episode Listen Later Jun 5, 2017 60:01


    Comezamos esta emisión a todo filispím, co Sr B e as novas da BD. Zapi volve ata as metrópoles para falar dos fillos de Victor Mora, nesta emisión dos tebeos xurásicos Jabato, o Corsario de Hierro e o Cosaco verde. Emilio Fonseca e o autor de Fora de mapa, a obra gañadora do último Premio Castelao de Banda desenhada. Rematamos con Javi que ven dende a libraría A Gata Tola de Compostela cos libros máis interesantes.

    MD73 - Abel Alves

    Play Episode Listen Later May 22, 2017 60:00


    Abrimos programa coas novas da BD, a todo filispím. O SrB fai imprescindíbel unha obra pola que ten especial agarimo, La tetería del Oso Malayo de David Rubín. Para o tempo da entrevista achegouse ata as metrópoles Abel Alves, guionista de Aram o Armenio, unha fermosa obra que nos lembra un deses episodios escuros da humanidade que non debemos esquecer para non repetir, o xenocidio do pobo armenio. Rematamos coas novidades que trae Javi, dende a libraría A Gata Tola de Compostela.

    MD72 - Ana Oncina

    Play Episode Listen Later May 8, 2017 60:02


    Encetamos esta emisión coas novas da BD, a todo filispím. O SrB anota na súa lista de imprescindíbeis o Cacahuequi de Jacobo Fernández, unha banda deseñada premiada co Castelao en 2007. Xa pasaron tres anos e moitas edicións de croqueta y empanadilla e voltan ás metrópoles Ana Oncina, a autora, e Natalia Mosquera, a editora, deste fenómeno que xa vai por 13 edicións e 3 números. Rematamos coas novidades que trae Xaime, dende a libraría Komic de Compostela. E tamén coa presada de suaj que nos caracteriza.

    MD71 - Elisa McCausland

    Play Episode Listen Later Apr 25, 2017 60:00


    Abrimos coas novas da BD, a todo filispím. Volvemos a embarcar a Zapi que ven cos seus tebeos xurásicos, desta volta un clásico da viñeta española, o Capitán Trueno. Con Elisa McCausland falamos de feminismo e crítica, mais tamén do labor da asociación de autoras, da que foi impulsora. Rematamos coas novidades que trae Javi, dende a libraría A gata tola de Compostela.

    MD70 - David Fernández - ECC

    Play Episode Listen Later Apr 10, 2017 60:00


    Abrimos coas novas da BD, a todo filispím. Nos imprescindibéis cabalgamos co vaqueiro que é «máis rápido que a súa sombra», Lucky Luke, un dos grandes personaxes da BD Franco-belga que ven de cumprir 70 anos. No tempo da entrevista falamos con David Fernández un compatriota que traballa na editorial ECC e que nos dará a súa visión do sector do cómic no estado. Rematamos coas novidades que trae Javi, dende a libraría A gata tola de Compostela. Todo «salseado» con músicas tremendas.

    MD69 - Altarriba e Kim

    Play Episode Listen Later Mar 27, 2017 59:58


    Abrimos coas novas da BD, a todo filispím, pero de verdade a todo filispím. Nos imprescindíbeis, o Nausicaa de Miyazaki, un manga excelente que deu nunha película ben coñecida. Poñémonos en pe para recibir a Antonio Altarriba e Kim, premio nacional de cómic e autores dos excelentes álbumes, El arte de Volar e El ala rota, nunha conversa longa, na que falamos de BD, de Barthes e mesmo un pouco de política. No final, as novidades que trae Xaime, dende a libraría Komic de Compostela. (Queremos agradecer a Javier Pintor e á UNED as facilidades que nos deron para poder grabar esta entrevista).

    MD68 - El Irra

    Play Episode Listen Later Mar 12, 2017 60:01


    Abrimos coa dedicatoria dunha canción do Sr B. As novas da BD son, máis que nunca, a todo filispím. O gran Zapi, volve nesta emisión coa súa sección Tebeos Xurásicos, desta volta o Hazañas Bélicas. Imos Rumbo ao sur, a dorna remonta o Guadalquivir para embarcar a El Irra, autor de Palos de Ciego, unha BD intensa, dura e ben entretida que nos levará a unha Sevilla que nada ten que ver co das postais e si co da vida cotiá. No final, as novidades que trae Javi, dende a libraría A Gata Tola de Compostela.

    MD67 - Alberto Guitián

    Play Episode Listen Later Feb 26, 2017 60:14


    Abrimos coas novas da BD a todo filispím. Nos imprescindibéis lembramos a un autor cheo de sensibilidade co Sky Hawk do mestre Jiro Taniguchi. Embarcamos na dorna ao gran Alberto Guitián, un nome esencial na da BD galega, autor de obras marabillosas como Fito e Pita ou o circo Lorza, compartimos viaxe e moitas risadas e pechamos coas novidades que trae Javi, dende a libraría A Gata Tola de compostela. Rematamos cunha fermosa tonada que queremos dedicar á certa asociación de avogados coruñeses, a un señor con apelido de escritor pero con moi poucas letras e a Aurora de Lugo unha señora “de mal gusto y de poca sensibilidad”.

    MD66 - Jacobo Fernández

    Play Episode Listen Later Feb 12, 2017 60:35


    Comezamos coas novas da BD a todo filispím. Nos imprescindibéis aventuras históricas no caribe, a entretida e fantástica triloxía cubana de Fran Jaraba. Saldamos unha débeda coa magnífica serie Marcopola de Jacobo Fernández, falaremos con él desta obra da que ven de publicar o cuarto número. No tempo das novidades, Eva dende a libreria Banda Desenhada de Vigo.

    MD65 - David Rubín

    Play Episode Listen Later Jan 29, 2017 60:03


    Comezamos co Sr B que volve do seu pequeno exilio interior para as novas da BD a todo filispím. Nos imprescindíbeis, Dúas viaxes, unha obra fundacional na BD galega moderna de Xaquín Marín e Reimundo Patiño, de seguro que si Hai un home en españa que o fai todo é este, compartimos unha peculiar entrevista con David Rubín que ía sobre o seu Gran Hotel Abismo, pero que derivou en moitos outros temas. No tempo das novidades Javi dende a libreria A Gata Tola de Compostela ven para falármonos das novidades máis importantes.

    MD64 - Xaquín Marín

    Play Episode Listen Later Dec 19, 2016 60:42


    Esta é unha emisión especial, gravada na sala Normal da Universidade da Coruña, na exposición BDG70 - A Revolta do Cómic Galego. No ano 1973 tivo lugar, na sala Normal a primeira exposición de BD Galega, agora máis de corenta anos despois volve a haber unha exposición de Banda Deseñada. BDG70, a revolta do cómic galego. Xa era tempo de lembrar o traballo daqueles precursores da bd galega moderna, moitos anos esquecidos, mais hoxe, facémoslles xustiza e agradecemos volvendo a ensinar a súa obra o que fixeron pola BD Galega e pola cultura propia en tempos nos que ter compromiso coa terra e o noso país era, cando menos, perigoso. Falaremos cun dos protagonistas desta primeira época da BD galega moderna e porén desta exposición, referente do cómic, o humor e a retranca, o mestre Xaquín Marín. Faremos un faladoiro con Manel Cráneo, Xulio Carballo e Margarita Amor, responsabeis de esta magnífica, e tamén, necesaria exposición e homenaxe aos pioneiros da nosa BD. Remataremos cunhas recomendacións para agasallar neste nadal.

    MD63 - Natacha Bustos

    Play Episode Listen Later Dec 5, 2016 60:00


    Comezamos co Sr B e as novas da BD. Nos imprescindibéis, Silas Corey, unha estupenda banda deseñada francesa con intriga, aventuras e acción, unha gran obra de Nury e Alary. Falamos con Natacha Bustos, a debuxante responsábel de Moon girl and devil Dinosaur, a divertidísima serie que esta a publicar Marvel, e rematamos coas novidades que trae Javi dende a libreria A Gata Tola de Compostela.

    MD62 - Juan Carlos Abraldes

    Play Episode Listen Later Nov 21, 2016 60:02


    Para comezar o Sr B coas novas da BD. Nos imprescindíbeis o Aquí de Richard McGuire, unha das obras máis vargardistas dos últimos anos. Entrevistamos a Juan Carlos Abraldes que ven de publicar A tumba do terror, un albúm que recupera na nosa lingua historias escritas por Jason Crawley e que non nos deixaran durmir. No tempo das novidades Javi dende a libreria A Gata Tola de Compostela falaranos das novidades máis importantes.

    MD61 - Miguel Robledo, Urbanoscar e Dani Xove

    Play Episode Listen Later Nov 6, 2016 60:01


    Comezamos coma sempre co Sr B e as novas da BD. Nos imprescindíbeis, unha das obras máis nomeadas de Van Hamme, o multimillonario e canalla Largo Winch. Embarcamos desta volta a Robledo, Oscar e Dani Xove que veñen a falarnos das súas últimas obras, editadas polo Sindicato del Cómic, e rematamos con Simón o libreiro que é tamén  editor destas obras que nos falará das novidades máis interesantes do principio deste mes de santos.

    MD60 - Victor Boullón

    Play Episode Listen Later Oct 23, 2016 60:45


    Sesaxésima emisión, que comezamos co Sr B ao timón poñendo rumbo norte para pescar as novas da BD. Estreamos sección e colaborador, Zapi, que virá regularmente a contarnos cousas de superherois. Nos imprescindibéis, a sofisticación elegante do arquitecto máis estético da BD, Asterios Polyp de Mazzucheli. No tempo de entrevista falaremos con Victor Boullón, un autor que debuta da man de Demo editorial co excelente “Aleida, cidade sen alma” unha BD para os máis novos da casa, e rematamos con Javi o libreiro da Gata Tola de Compostela que ven para nos falar das novidades máis interesantes.

    MD59 - Chris Claremont

    Play Episode Listen Later Oct 10, 2016 60:33


    Un programa especial. Tan especial que só ten dous ingredientes. Ofrecemos íntegra a entrevista que fixemos a Chris Claremont no Viñetas desde o Atlántico e Rematamos con Xaime que nos fala das novidades máis interesantes.

    MD58 - Daniel Torres

    Play Episode Listen Later Sep 26, 2016 60:00


    Na quincuaxésimo oitava emisión o Sr B fai imprescindíbel unha obra que foi premio nacional, El arte de volar de Altarriba e Kim. Escoitaremos a segunda das entrevistas que gravamos no pasado viñetas desde o Atlántico, desta volta a Daniel Torres, o valenciano contounos moitas cousas do seu “La casa”. Para rematar, dende A gata tola de Compostela, Javi achegouse para nos falar das novidades máis interesantes.

    MD57 - Canales e Pellejero

    Play Episode Listen Later Sep 12, 2016 60:00


    Comezamos tempada con esta emisión e facémolo falando da actualidade coas novas da bd a todo filispim co SrB. No imprescindíbel unha obra de Etienne Davodeau, Rural. Na entrevista, escoitaremos a Juan Díaz Canales e Rubén Pellejero, dous grandes autores que xa son lendas vivas. E rematamos con Xaime Lis que dende Komic en Compostela achegouse para falarnos das novidades. Todo con flow e voces sexis ;)

    Voltamos o 12 de setembro

    Play Episode Listen Later Aug 31, 2016 0:57


    Comezamos a 4 tempada o 12 de setembro e será cunha entrevista MUNDIAL!

    Metrópoles Delirantes 56

    Play Episode Listen Later Jun 27, 2016 60:00


    Derradeira emisión desta tempada é amais moi peculiar, comezamos falando da actualidade coas novas da bd a todo filispím, e desta volta si que son a todo filispím. Embarcamos na dorna das Metrópoles a Emma Ríos, e facémoslle unha entrevista ben longa na que conta cousas moi interesantes. Esta autora galega confirma no seu novo libro ID que é tan boa guionista coma debuxante. Rematamos coas novidades, que desta volta chegan desde a tenda de Metrópolis cómics de Coruña con Diego Rois.

    Metrópoles Delirantes 55

    Play Episode Listen Later Jun 13, 2016 60:01


    Quincuaxésimo quinta emisión das Metrópoles Delirantes que comezamos falando da actualidade coas novas da bd a todo filispím. O Sr B colle o coche e pon rumbo a ningures e comeza unha viaxe que remata inscribindo na lista de imprescindíbeis o Cenizas de Álvaro Ortiz. Visítannos de novo Los Bravú o dúo polo que nunca agochamos a nosa debilidade, Dea e Diego, viñeron para falarnos de Mujer! o seu novo libro-obra de arte. E no final da viaxe, Xaime Lis o libreiro mutante de Komic coas novidades.

    Metrópoles Delirantes 54

    Play Episode Listen Later May 30, 2016 60:05


    Nesta emisión temos un programa intenso e moi da terra. Comezamos coas novas da bd a todo filispím. Entrevistamos a un dos máis grandes autores de Bd do país e director do festival viñetas desde o atlántico, Miguelanxo Prado, e sen saír da cidade herculina, o Sr B apela á conciencia de clase e inscribe na lista de imprescindíbeis o Operario de Jano. Para rematar as novidades, que chegarán a velocidade supersónica con Javi da libraría A Gata Tola.

    Metrópoles Delirantes 53

    Play Episode Listen Later May 16, 2016 60:00


    Comezamos coas novas a todo filispim, falando da actualidade da bd. O Sr B inscribe na lista de imprescindíbeis o Crónicas de Xerusalén de Guy Delisle. Núria Tamarít e Xulia Vicente, achéganse ata as metrópoles para falarnos de Duerme pueblo, o libro que rematan de presentar e que edita La Cúpula. E as novidades chegarán co gambeteiro das palabras o libreiro de komic, Xaime Lis. Todo moi malandrómico e yeyé!

    Metrópoles Delirantes 52

    Play Episode Listen Later May 2, 2016 60:27


    Quincuaxésimo segunda emisión das Metrópoles Delirantes que comezamos falando da actualidade da bd coas novas a todo filispín. O Sr B inscribe na lista de imprescindíbeis o Chapuzas de Amor de Jaime Hernández, unha obra que pecha o ciclo iniciado no 81 nas páxinas de Love and Rockets. Entrevistamos ao debuxante Jordi Lafebre, que presenta nova obra, Los buenos veranos que máis unha vez ten guión de Zidrou. As novidades chegan co libreiro gourmet, Melo, da libraría Banda deseñada de Vigo. Todo acompañado dunha estupenda selección musical.

    Metrópoles Delirantes 51

    Play Episode Listen Later Apr 18, 2016 60:13


    Volven as revistas, chega Voltio a revista que coordinan Ana Oncina e Álex Giménez, e chega co respaldo de La cúpula. Falaremos con Ana e Álex desta nova proposta. O Sr B trae ó seu curruncho de imprescindíbeis o Vampir de Joann Sfar que na España editou primorosamente Fulgencio Pimentel. Marcello Quintanilha o autor do magnífico Tungsteno, premiado no último festival de Angouleme embarca connosco na dorna da bd para contarnos dos seus proxectos. Rematamos o programa con Javi, da libraría A gata tola de Compostela, que veu para contármonos das novidades máis interesantes e tamén para falar de libros con plastiquiños.

    Metrópoles Delirantes 50

    Play Episode Listen Later Apr 4, 2016 60:01


    Volve ás metrópoles Octavio Beares, divulgador e crítico da bede, que é o comisario da exposición "De Castelao ao mañán, unha ollada ao cómic galego", e cóntanos que poderemos ver nesta exposición que remata de inaugurar no Porriño, pero que percorrera parte do país. O Sr B retrocede no tempo ata á Arxentina de Mafalda, a nena filósofa de Quino, un personaxe que non perdeu actualidade a pesares de ter máis de 50 anos. Tamén veu ata as Metrópoles,  Inés Casarejos, autora de fanzines tan extraordinarios coma o videoclub e tienda de fotos, con ela daremos un paseo polos mares do fanzineando. Rematamos programa coa sección de novidades á que volta a o máis mutante dos libreiros galegos, Xaime Lis dende a a libraría Komic de Compostela.

    Metrópoles Delirantes 49

    Play Episode Listen Later Mar 14, 2016 59:06


    Comezamos a viaxe pola BD coas novas a todo filispín. O Sr B viaxa a galaxias descoñecidas para traer aos imprescindibles, Destino Hërgüss, a primeira novela gráfica ambientada no Planeta Mincha que creou ese incansable autor que é Manel Cráneo. No tempo da entrevista falamos con Marcos Prior un francotirador do cómic que con Necrópolis apunta directamente as nosas conciencias de cidadáns para facer un retrato distópico dunha sociedade que se parece demasiado á que vivimos. Rematamos coas novidades que veñen co entusiasmo contaxioso de Javi dende a libraria especializada A Gata Tola de Compostela. Todo con flow e música de calité como o marisco das rias!

    Metrópoles Delirantes 48

    Play Episode Listen Later Feb 29, 2016 60:54


    Falamos con José Ángel Ares de, El rey de la Carretera o seu novo e apocalíptico libro con guión de Josep Busquet. O Sr B trae aos imprescindibles Las guerras silenciosas, a magnífica obra de Jaime Martín. Con Mariano Casas falamos do crowdfunding que está a facer para publicar o seu seguinte libro e dunha ferramenta docente baseada na bd que desenvolveu xunto a Teresa Comoxo. Para rematar, esta emisión as novidades que veñen con licorcafé ourensano da man de Simón do Sindicato do cómic, a libraria especializada de Ourense. Todo con música boa coma os persebes!

    Metrópoles Delirantes 47

    Play Episode Listen Later Feb 15, 2016 60:14


    Comezamos coma sempre coas novas da bd. O Sr B anota nos imprescindibles “O garaxe hermético”, a excelsa obra que creou Moebius. Do garaxe hermético imos dun chimpo ata Coruña, alí ven de presentar a súa tese doutoral Xulio Carballo, máis de 700 páxinas cheas de BD galega. No final da emisión temos as novidades que trae Xaime, o libreiro mutante que se achega dende a libraría Komic en Compostela.

    Metrópoles Delirantes 46

    Play Episode Listen Later Feb 1, 2016 60:32


    Repasamos a todo filispín os premios de Angouleme, O Sr B fai imprescindible Comanche, unha obra do recente Grand Prix de Angouleme, Hermann. Falamos longo con Miguel Porto, do seu traballo en USA e da súa faceta docente no Garaxe Hermético de Pontevedra. Despedimos con Javi de A Gata Tola que ven coas novidades e todo salseado con música boa.

    Metrópoles Delirantes 45

    Play Episode Listen Later Jan 18, 2016 60:40


    Retomamos as emisións, e nesta o Sr B anota nos imprescindibles Persépole, o libro de Marjane Satrapi no que nos conta a realidade que viveu no seu país, Irán, antes de exiliarse en Francia. Na entrevista, falamos con Jorge Monlongo, un galego emigrado en Madrid que veu para nos falar do seu libro “No me pegues que llevo gafas” un retrato ben retranqueiro do hipsterismo e a modernidade máis "in". E no final desta viaxe chegaran as novidades que trae Javi, dende a libraría A gata tola de Compostela.

    Metrópoles Delirantes 44

    Play Episode Listen Later Dec 15, 2015 61:31


    Viaxamos ata Porto onde falamos longo con Filipe Melo e Juan Cavia, os autores da excepcional “Dog Mendonça e Pizzaboy” e que están a piques de presentar “Vampiros” a súa nova bd, da que nos adiantan algunha cousas, e só podemos dicir que ten unha pinta excelente. O Sr B anota nos imprescindibles “La Bicicleta Roja” un cómic coreano que é pura poesía unha delicatessen no literario e no artístico. Con Xaime de Komic, coñecemos ás novidades destacadas. Todo cociñado amodiño, co agarimo que sempre poñemos e con música magnífica para gozar da bd.

    Metrópoles Delirantes 43

    Play Episode Listen Later Nov 29, 2015 60:36


    Embarcamos de novo conosco, na dorna das metrópoles, a un autor que devocionamos moito e que está no noso pórtico da gloria con outros santiños da bd, Álvaro Ortiz, co que falamos do seu último libro, Rituales (Astiberri), e de moitas cousas máis. Nos imprescindibles o Sr B volve a súa adorada bd francobelga para facer imprescindible un libro que mestura política e bd, humor e ironía e no que non sabemos ben que parte é real e cal ficción, Quay d´ Orsay. E no final desta viaxe pola bd remataremos coas novidades que trae Xaime dende a libraría Komic en Compostela.

    Metrópoles Delirantes 42

    Play Episode Listen Later Nov 16, 2015 61:30


    Voltamos pola Coruña e recuperamos nesta emisión o fanzineando para entrevistar a Xulia Pisón, unha das sorpresas que nos dou o Autobán e que ademais foi recentemente premiada no Certame Xuventude Crea. Nos imprescindibles do Sr B un cómic chegado dende Israel, La propiedad de Rutu Modan, gañadora do premio especial do xurado do ano pasado en Anguleme. Imos adentrarnos nos mundos de José Domingo, o autor de Pablo and Jane y la dimensión de los Monstruos que acaba de sair do prelo e que é un dos libros máis marabillosos do ano. E para rematar esta emisión, as novidades, inzadas de manga, que desta volta trae Toño dende Alita na Coruña.

    De Leria con Borja Crespo

    Play Episode Listen Later Nov 10, 2015 91:54


    Programa especial no que falamos moito tempo e de moitas cousas co inefable (di él) Borja Crespo. Crítico, divulgador e dinamizador cultural, director de cine e videoclips, fancineiro irredento e militante e unha morea de cousas máis, repasamos moitos dos traballos que fai, falamos sen cancelas e de case todo, na segunda parte únese Manel Cráneo e comeza o “despiporre”. Gravado no bar La Maleta de Coruña aos que agradecemos a súa colaboración.

    Metrópoles Delirantes 41

    Play Episode Listen Later Nov 2, 2015 60:54


    Este é un programa especial, adicado case totalmente a unha longa conversa con Manel Cráneo. Autor e director de Demo Editorial é un home imprescindible na bd galega, empeñado en facer bd dende Galiza e en galego, falamos de tempos pasados e sobre todo do que está a preparar. O Sr B fai imprescindible unha obra que ten moito que ver coa nosa terra pero que naceu alén do mar, nos Estados Unidos, o Pretty Deadly ou Bella Muerte debuxado por Emma Ríos con guión de Kelly Sue De Connick e cor de Jordie Bellaire. E rematamos coas novidades, que trae a nosa nova fichaxe, “Luigi” o libreiro de Metrópolis Cómics de Coruña.

    Metrópoles Delirantes 40

    Play Episode Listen Later Oct 19, 2015 60:55


    Advaita é a primeira obra de Iván Sende, un autor do país que con esta obra conta as viaxes que realizou ata a India para coñecer mellor a tradición hinduísta, un viaxe persoal de coñecemento interior e de transformación. Nos imprescindibles o Sr B fala da bd coa que moita xente comezou a gozar dos cómics eróticos unha obra archicoñecida, ata para os que non son asiduos o xénero, O Clic de Manara.O festival de cinema fantástico da Coruña e a Fundación Luís Seoane son os responsables da exposición Furia al desnudo: los lápices de David Rubín, falaremos de arte con David Barro, o director da fundación. E para rematar, as novidades con Javi o libreiro de A gata tola de Santiago de Compostela que é todo paixón e emoción cando fala de bd.

    Claim Metrópoles Delirantes | cómics

    In order to claim this podcast we'll send an email to with a verification link. Simply click the link and you will be able to edit tags, request a refresh, and other features to take control of your podcast page!

    Claim Cancel