Bocachanclas

Follow Bocachanclas
Share on
Copy link to clipboard

Somos os Bocachanclas, uns amigos que falan... falan moito... incluso de máis. As veces metémonos en sumidoiros de opinión que normalmente levannos a botar unhas risas xuntos. Nunca se nos pasara pola cabeza publicar isto, pero se uns profesionais poden facelo... por que nós non?

Roi Rodríguez


    • Dec 29, 2023 LATEST EPISODE
    • every other week NEW EPISODES
    • 1h 7m AVG DURATION
    • 101 EPISODES


    Search for episodes from Bocachanclas with a specific topic:

    Latest episodes from Bocachanclas

    King, gobernando cada librería

    Play Episode Listen Later Dec 29, 2023 93:26


    O' Pablo decidiu traer un debate á mesa. Un dos escritores máis famosos do mundo. Un fenómeno cultural indubidable. Alta cultura pop ou cultura de masas sen máis? Repasamos a vida do escritor estadounidense e os seus universos. Escribindo tres novelas ó ano, temos bastante do que charlar. Tamén xogamos ás adiviñanzas. Que máis queredes? Pensamento lateral, misterioso e oscuro, para tod@s. O pracer é noso! --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

    Arsène, un francés con moito encanto

    Play Episode Listen Later Dec 15, 2023 86:02


    O' Roi trae un macguffin que tedes que descubrir escoitando o programa. O que é seguro é que relatamos dous roubos famosos, para dar un previo atractivo á súa sección. Falamos da relevancia do personaxe creado por Maurice Leblanc. Navegamos tamén polo mundo das súas adaptacións. Información, entretemento, recomentacións, debate…todo xunto aquí na vosa “pérdida de tempo” --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

    Hogwarts traducido a videoxogo: Aventura ou Sims?

    Play Episode Listen Later Dec 1, 2023 88:32


    Falamos dun videoxogo que marcou a moita xente neste 2023: Hogwarts Legacy. O'Lois, que xogou unha boa cantidade de horas, decidiu analizar un pouco polo miúdo este fenómeno. Non só de ventas, tamén para a comunidade potteriana, que non é pequena. Forza nostálxica ou algo máis? O'Roi e O'Pablo cóntannos dos seus obxetos máxicos favoritos, tamén temos un xogo sobre o propio xogo…un mundo de cousas! E non só máxicas! Acompañádenos ;). --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

    Jury Duty, máis ala dos formatos

    Play Episode Listen Later Nov 17, 2023 77:48


    O'Roi quixo desta volta traernos unha serie que é varias cousas á vez: un documental, un reality e unha ficción. Si, todo xunto. Falamos tamén doutros temas que saen a raíz disto: os Mockumentary, diferentes noticias que teñen que ver cos xuízos. Moita cousa, acorde co ben que o pasamos contándoas. --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

    Cociña, estrés e outras tolemias contemporáneas

    Play Episode Listen Later Nov 3, 2023 82:23


    Fogóns. Ritmo. Unha das series favoritas dos últimos tempos. O'Lois tráenos unha viaxe a través desta ficción protagonizada por Jeremy Allen White. Analizámola, así de relax e con cariño. Aproveitamos, os tres procastinadores, para charlar de alta cociña, estrés e outras divagacións. Vide cear con nós por aí! --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

    Cómo están ustedes?!

    Play Episode Listen Later Oct 20, 2023 71:29


    Desta volta, O'Pablo quixo profundizar nunha das familias máis coñecidas dentro do entretemento ibérico: os Aragón. Aproveita tamén para darnos máis contexto previo do mundo circense. Enlazando coa temática, tamén charlamos sobre pallasos máis…escuros. Viaxe completa a pasados do mundo clown! --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

    Descubrindo a Jeremy Rifkin

    Play Episode Listen Later Oct 6, 2023 74:52


    Perder o tempo tamén pode ser debatindo. Os temas serios sonche boa fonte de intensos e “inútiles” divagares. Rifkin é un ensaísta tan polémico como prestixioso. Neste caso, Lois vaise centrar en falarnos do libro La era de la Resilencia. Vaia, imos falar da sociedade e eses temas potentes. Neste programa somos de variar, xa sabedes. --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

    Remexendo no pasado do Baldur's Gate

    Play Episode Listen Later Sep 22, 2023 78:10


    O Baldur's Gate está sendo unha revolución no mundo do gaming. Roi, quere aproveitar para explicarnos as orixes…irnos cara atrás e falar de como e cando comezou ese mundo do Dangeons and Dragons. Fai retrospectiva, e tamén máis alá. E, por suposto, doses do noso espíritu relaxado e absurdo para acompañar. --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

    Verán de lecturas á sombra: Pablo & Co

    Play Episode Listen Later Sep 8, 2023 67:16


    Retornamos actividade! Abrimos o programa cun variado de noticias (algunhas reais e outras non tanto). A tempada comeza coa sección de Pablo. Tráenos unha serie de recomendacións e análises literarias moi variadas. Tamén falamos do noso claro, ese perder o tempo vario pinto. Seguimos co orgullo ProcastiNoso! --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

    Idiotas americanos dos días verdes

    Play Episode Listen Later Jun 30, 2023 54:58


    Viaxamos á adolescencia de O'Pablo. A ese momento onde xa o neno comeza a ser un home, e quere aprender as sensacións de liberdade. Dulcificacións a parte, neste episodio (derradeiro da tempada

    Unplugged Rangers: The Movie

    Play Episode Listen Later Jun 9, 2023 78:14


    A nostalxia é unha viaxe por un camiño circular que sempre volve. Desta vez paramos na estación dos 90's e damos un paseo pola epoca da musica grunge, do resurxir dos solos de guitarra e dos grupos de 5 adolescentes que se transformaban para loitar e salvar á terra: Go Go Power Rangers! --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

    Chatbots: millóns de chimpancés aporreando teclados.

    Play Episode Listen Later May 26, 2023 80:24


    Hoxe, sexa cando sexa para ti, temos un episodio histórico. A vida antes das IAs e a vida despois. A.I.D.I. Roi, acosado a preguntas polos outros dous, ábrenos o camiño do coñecemento para o tema. Estaremos gobernados dentro de pouco de robots IA? Non, tentamos ir máis ó básico, para entender de onde sae este boom actual. Invitámosvos a viaxar con nós, e a mandar ó mail dúbidas que tentaremos respostar con bo e entusiástico cientifismo. --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

    Upright: Unha road-serie máis dinámica que estirada

    Play Episode Listen Later May 12, 2023 68:52


    Desta rolda tócanos unha peza audiovisual australiana. Aquí non traballamos prexuízos fronteirizos. O'Lois, que tamén foi o máis procastinador da quincena, trouxo a debate este contido procedente de Filmin. Co cómico e músico Tim Minchin e Milly Alcock (coñecida por House of the dragon), Upright conta as aventuras de dous personaxes perdidos na vida (e nas carreteras australianas). Desta vez non metimos spoilers, imos aprendendo (que va, cadrou así). Disfrutade das nosas novas aventuras podcasteiras! --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

    Especial Patróns: Series a Cara ou Cruz

    Play Episode Listen Later Apr 28, 2023 67:56


    Somos de contrastes, porque procastinar vai coa contradicción. Neste episodio aventuràmonos con dúas series ben diferentes. Una no eido da ciencia-ficción (Fundation) e a outra realista pero nunha realidade allea para case todos: os ricos e tensos líos familiares de Succesion. Da temporada última xa falaremos, aquí tratamos as tres anteriores. Debullamos, dibagamos, entusiasmámonos. Esas cousas nosas, xa sabedes. --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

    O tiruliru dos heroes

    Play Episode Listen Later Apr 14, 2023 59:18


    Boas xente! Aquí seguimos, perdendo o tempo. Neste novo episodio, O'Pablo tráenos músicas. Por iso o tiruliru do título. Mais non calquera, melodías significativas asociadas ó “Camiño do heroe”. Campbell, John Williams…tendes moito que descubrir aquí. Para acompañar, o noso charloteo habitual…con ganas e despreocupacións claro, iso nunca falta. Cal é a vinculación entre os leiv motivs musicais dos personaxes e a narrativa dos filmes? Viaxade con nós! --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

    Menudos Mimemas

    Play Episode Listen Later Mar 31, 2023 67:29


    Hoxe (sexa cando sexa para ti) traemos, da man de O'Roi, unha breve historia entusiástica dos memes. De onde saen? En que momento estamos nese sentido? Por suposto, comentamos tamén os nosos preferidos…certas divagacións coma sempre…”Procastimovidas”, disfrutando. --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

    menudos hoxe
    Especial Patróns: Ted Lasso e Os Nosos Discos

    Play Episode Listen Later Mar 17, 2023 64:40


    Estamos tan vagos (ou non tanto) que volvemos a recuperar contido do noso Patreon. Desta vez marcámonos un mix musical xuntando os extras de Ted Lasso e un percorrido polos nosos discos preferidos. --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

    Tier List Ridley Scott

    Play Episode Listen Later Mar 3, 2023 140:46


    Segundo especial co querido Quique Lojo (2/2, de momento). Desta vez exploramos o mundo dun director máis asociado ó mundo comercial, que ten un percorrido fílmico moi variado. Tamén a nivel calidade. Debatimos, rimos, facemos o que nos gusta: perder o tempo pasándoo ben. E de paso soltar algunhas intelectualidades das que nos molan. Catro cabezas frikis dan pa moito, ou polo menos pa entreterse ben a gusto. --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

    Tier List Tim Burton

    Play Episode Listen Later Feb 17, 2023 127:59


    Volvemos cos especiais. Vaia, a falar aínda máis. Uniuse a nós outro tolo, Quique Lojo, guionista e friki coma nós. Se che gusta este dibuxante-director-icono, este é o teu programa. Percorremos as películas máis puntuadas del, básicamente por non facer un programa de seis horas, que poderíamos, pero non é plan. Viaxade con nós a mundos imaxinarios oscuros pero entrañables á vez. --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

    Homenaxe a Bill Withers

    Play Episode Listen Later Feb 3, 2023 58:00


    Hai figuras da música que non precisan selo, chégalles con estar. Formar parte. Por iso O´Lois tráenos unha viaxe pola vida deste músico estadounidense. Mais non só iso. Tamén temos varios debates dos que nos gustan e un concurso de versións, no que Pablo e Roi teñen que puntuar. Información, xogo e diversión. Procastinar é unha festa. --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

    Unha familia pouco convencional: Os Adams

    Play Episode Listen Later Jan 20, 2023 69:30


    Entramos nun mundo misterioso e divertido. O'Pablo tráenos unha familia recoñecida que non segue as convecións sociais Os Adams. Como naceron? Cal foi o seu camiño ata o éxito de Mércores. Deunos moito pa falar. Fantasías e realidades polas que Procastinamos con moito gusto. --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

    Misterios con Lupa

    Play Episode Listen Later Jan 6, 2023 62:14


    O'Roi tráenos un xogo. Falamos sobre canles de youtube que se adican a resolver películas, e sobretodo de misterios e pensamento lateral. Algo de O Xogo do Calamar...unha boa mestura entretida e entusiasta. Viaxade con nós, temos boas divagacións mais enfocadas e botamos unhas risas. Moito Procastinar para 2023! Non todo vai ser currar ou... --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Especial Nadal: Cowboy Murakami

    Play Episode Listen Later Dec 25, 2022 84:58


    Chegamos a estas datas cun contido moi especial. O escritor ó que din que lle negan o Novel e unha revolución no anime xaponés, Murakami e Cowboy Bebop. Espazo asiático en ProcastiNation, o teu lugar friki favorito. Charlamos sobre o literato as súas curiosidades. Tamén da serie de Netflix por suposto, que se adaptou fai uns meses e trouxo todo tipo de comentarios. Paz e Zen para tod@s! --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Tempos pasados si foron mellores

    Play Episode Listen Later Dec 9, 2022 65:16


    Hoxe toca unha viaxe no tempo. A non moi lonxe, a finais do século XX. Nas terras inglesas había unha xente tola á que lle deixaron experimentar. E saiu unha serie transgresora, precursora de moitas outras que podedes ver hoxe. É Spaced, e Pablo fálanos dela. E xa de paso falamos de outras tantas cousas xa que estamos. Procastinar ten sempre espazo nas nosas vidas. --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Novas semánticas en tempos pesados

    Play Episode Listen Later Nov 25, 2022 56:51


    Imos xogar coas palabras. Como fixo Rodrigo Cortés, o noso querido amigo, no seu último libro: Verbolario. Facemos un pouco de spoiler do libro (pola pasta que nos paga o salmantino) e de paso aproveitamos para inventar un concurso. Lois fálanos sobre a última creación de Cortés e fai un acto de oportunismo querendo simular algo parecido. Se tendes intriga, a escoitalo. Non é xerundio, pero quedou moi ben. --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Un debate inesperado para viaxar pola Terra Media (2ª parte)

    Play Episode Listen Later Nov 11, 2022 97:26


    O debate da pa moito. Desta vez máis e mellor. Súmase Iria Veiga, a contarnos a súa visión da polarizada resposta á serie de Amazon. Segue con nós Raquel BGes. Nesta ocasión profundizamos máis en Tolkien. Continuamos co misterio de Sauron, análise de diversos detalles e tamén as nosas expectativas de cara o futuro da serie. Que fai Amazon Studios coa serie máis cara da historia? Tentamos respostalo. --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Un debate inesperado para viaxar pola Terra Media

    Play Episode Listen Later Oct 28, 2022 65:50


    Sentámonos a falar sobre Os Aneis de Poder cunha invitada de luxo: Raquel Besteiro Gestoso. Analizamos as tramas, debullamos a construcción dos personaxes. Iso si, mellor escoitar isto despois de ver a serie. Avisamos. Tamén o pasamos moi ben, non todo vai ser pensar. Esta é a primeira parte, na segunda crecerá a familia con Iria de Balea Vermella. Que tal foi a serie máis cara da historia? Descubrídeo con nós. --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Entre partituras e fotogramas

    Play Episode Listen Later Oct 14, 2022 61:00


    O xogo chegou ó tempo da Procastinación! Roi tráenos unha sección da que adiviñar persoas que se moveron entre dous mundos, a risco de ser criticados/as. Antes charlamos de Frank Drake, detalles destes días perdendo o tempo...o de sempre pero aínda máis fresco. Sen vós non sería o mesmo. --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Os paraugas sempre viñeron ben

    Play Episode Listen Later Sep 30, 2022 72:16


    Hai unha serie chamada Umbrella Academy, igual vos soa de algo. Pero...sae dun comic! Ao Lois déuselle por curiosear sobre isto coa excusa da non moi lonxana última temporada da serie. Seguimos contando o que procastinamos claro, se é o noso, pero neste caso coa excusa dos personaxes, as similtudes e diferencias entre os comis e a serie...entre outras curiosidades e charlas frikis. Non sei a que esperades para darlle ó play. --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    As peripecias de Tomb Rider

    Play Episode Listen Later Sep 16, 2022 70:10


    Perder o tempo xogando a algo...a quen non lle pasou? O Pablo está nostálxico e decidiu facer unha investigación da historia do videoxogo Tomb Raider. Antes, polo camiño, repasamos unha lista coas peores (e mellores, que as hai) adaptacións ao cine de xonos dos últimos anos. Coñeceremos de onde sae Lara Croft, e a súa evolución. Non é curioso e fascinante para perder un pouco o tempo? É. --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Os fantásticos mundos de Neil Gaiman

    Play Episode Listen Later Sep 2, 2022 62:02


    Voltamos! Con moita forza e ideas frescas. Contamos as novas manías procastinadoras. O Roi tráenos unha viaxe por unha mente fascinante: percorremos con el as obras de Neil Gaiman: xornalista, escritor, dramaturgo, guionista...un tolo que nos encanta. Acompañádenos nesta "non volta" ó cole! --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Que o Canon vos acompañe

    Play Episode Listen Later Jul 8, 2022 131:45


    Estamos tolos! Para pasar un bo rato de verán lanzámonos a facer unha clasificación do canon actual de Star Wars. Á nosa maneira claro. Seguramente o impulso da serie de Obi-Wan nos levou a revisitar...tomar unha cervexas e unha charla friki nunca sobra. Disfrutade do verán! --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Love, death and vacacións!

    Play Episode Listen Later Jul 1, 2022 42:38


    Terceira tempada xa desta aclamada serie. E para nós un clàsico peche, bueno, podemos debatir isto. O caso é que o pasamos xenial debullando capítulo a capítulo esta nova camada de animacións. Recomendamos mirar a serie antes de escoitalo. Disfrutade do verán! --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Comics: viñetas e tinta!

    Play Episode Listen Later Jun 24, 2022 49:09


    Amig@s frikis!! Hoxe toca falar de comics, así en xeral. Cada un de nós trae recomendacións frescas para ler no verán. Penúltimo programa de tempada! Coa calor, boa viñeta se lle arriba. Algo así. --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Moonknight: o Cabaleiro Branco

    Play Episode Listen Later Jun 10, 2022 58:06


    A nosa tríple personalidade procastinadora está aquí para presentarvos un tipo con carisma de manicomio. Deuses exipcios, algo de violencia (pero menos que nos comics) e o gran Oscar Isaac. Ingredientes tremendos para disfrutar e analizar…Moon Knight!! --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Strange: into the Marvel multiverso

    Play Episode Listen Later May 27, 2022 66:12


    Boas amig@s da maxia escura! O marveliano Doutor Strange volve da man de Sam Raimi, e nós non poidamos perder esta ocasión para falar do asunto. Recén saídos do cine volcamos aquí as nosas reaccións. Non o perdades! --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Succesion, xogos de poder

    Play Episode Listen Later May 13, 2022 73:46


    O que nos gusta a nós analizar unha gran serie, desta vez…Succession! Moitas cousas se moven nas altas esferas. Neste caso da familia Roy. Non o noso Roi, é o nome deles así. Cal é o éxito da serie? Descubride con nós! --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Lasso e 11 máis

    Play Episode Listen Later Apr 29, 2022 56:44


    Benvid@s ó fútbol inglés! Este é o campo do ProcastiNation FC e hoxe ímosvos narrar o partido dunha serie fantástica de Apple TV+. Ted Lasso pasou a ser un fenómeno sorpresa, unha comedia fresca e entusiasta. E estamos aquí para debullala con vós. Procastinade a gusto! --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Fundación Fatal

    Play Episode Listen Later Apr 15, 2022 65:08


    Amig@s da Ciencia-Ficción! Neste novo episodio lanzámonos a analizar a serie de Apple TV+ Fundation, inspirada no clásico da literatura escrito por Isaac Asimov en 1942. Un reto de adaptación coordinada por David S. Goyer. Disfrutamos moito Procastinando con esta gran aposta de Apple! --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Xuízo a The Batman

    Play Episode Listen Later Mar 15, 2022 83:02


    Puxémonos elegantes para percorrer este Gotham novo (ou non?) que nos presentan DC e Mat Reeves. Tivemos que mercar lanternas e paraugas, que pouco sae o sol nesta nova entrega. Moito disfrutamos analizando e comentando esta nova adaptación do personaxe clásico dos comics…agora encarnado por Robert Pattinson. Viaxade con nós! --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Spielberg Side Story

    Play Episode Listen Later Feb 12, 2022 60:40


    Aquí en ProcastiNation somos moi de tender pontes. Desta vez, entre 1961 e 2021. Así, nada menos. Tamén entre Shakespeare e Spielberg. As bandas e o amor. O caso é pasalo ben falando de clásicos e…neoclásicos? --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    O Xogo de Matrix

    Play Episode Listen Later Jan 28, 2022 56:32


    Aquí podedes escoller a pastilla azul ou a vermella, aceptamos ambos sectores da sociedade. Aventurámonos a analizar este fenómeno audiovisual e cultural. É unha gran farsa? Unha obra de arte que marca un antes e un despois? Morfeo agarda as vosas escollas. --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Welcome to the Bebop

    Play Episode Listen Later Jan 14, 2022 60:23


    Benvid@s xentes do procastineo ó ritmo do anime. Pablo nos trae a un coñecido cowboy, que nos leva a debatir tamén sobre esa gran polémica: os live action dos debuxos animados. Da para moito isto. Aventuras a golpe de jazz é unha forma fantástica de comezar o ano. --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Into the Spider-Christmas

    Play Episode Listen Later Dec 24, 2021 71:31


    Seguimos expandindo o noso "Procastiverso"! O primeiro...Feliz Nadal! Imos aquí coa "análise entusiástica" do visionado de Spiderman No Way Home (como bos frikis fomos en vose). A película do momento. Nós somos como nos cadra, ás veces coa actualidade e ás veces non. Tamén neste episodio presentamos o noso Patreon, xa oficialmente aberto. Tendes motivos varios para escoitarnos. Este ano ou o seguinte! Feliz 2022! --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Un debuxante chamado Tartakovsky

    Play Episode Listen Later Dec 17, 2021 52:51


    Presentámosvos a unha desas persoas que está detrás dos productos de animación. Esa xente na sombra, pero da que coñecemos con ou sen querer as súas series porque pasan a formar parte da cultura popular. De orixes rusas pero moita vida en Estados Unidos, un talento chamado Genndy. Un placer descubrírvolo ou profundizar na súa figura con vós! --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    estados unidos esa chamado tartakovsky genndy
    Murakami Blues

    Play Episode Listen Later Dec 10, 2021 68:50


    Desta volta vai de literatura! Invitámosvos a unha viaxe polos mundos de H.Murakami. De paso tamén nos deu por divagar por máis lugares. Oriente inspira, e tirarnos de lingüa non che é difícil. Temos curiosidades, filosofía variada e palabras dun mestre. Non tendes mellor plan. Ou si, pero non tan variado. --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Pensando a Hannah Arendt

    Play Episode Listen Later Dec 3, 2021 48:40


    Neste, o noso podcast, non só perdemos o tempo...tamén nos gusta reivindicar figuras relevantes. O'Pablo achéganos a figura de Hannah Arendt. Deunos para filosofar, coñecer...que procrastinar tamén da para pensar! E unha das figuras máis influíntes do século XX...é un gran motivo para aprender e charlar. Que poden ir xuntas da man!

    Especial: Procastimusics

    Play Episode Listen Later Nov 26, 2021 65:05


    Seguimos Procrastinando! Hoxe traemos un especial con músicas que nos marcaron na nosa vida...de diferentes formas xD. Igual é a nostalxia de que está cerca o Nadal! Non temos claro o motivo. Apetecíanos. Quen non ten músicas que lle foron importantes por algo? Existirá esa persoa?

    Elemental, querido Conan

    Play Episode Listen Later Nov 9, 2021 69:12


    Desta vez Procastinamos algo menos! É que pasamos a falar de S.Holmes e investigar da moito traballiño…o noso Pablo cóntanos detalles e curiosidades do rastreador más famoso da literatura. Acompañádenos na procura! Todo detalle será benvido para a análise do caso. --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Dereitos Torcidos

    Play Episode Listen Later Oct 22, 2021 70:17


    Seguimos Procastinando! Neste caso O'Roi tráenos o polémico tema do dereitos de autor. Para quecer motores falamos antes dos trocos na lista das mellores cancións da historia da revista Rolling Stone. Moita música e charlas procastinadoras ;) --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Estudo de Caso: Scenes from a marriage

    Play Episode Listen Later Oct 16, 2021 82:56


    Chega un novo formato a Procastination! Os Estudos de Caso. Poñemos a bata branca e collemos o bisturí. Analizamos Escenas de un matrimonio, miniserie de HBO. Debullade con nós! --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message

    Claim Bocachanclas

    In order to claim this podcast we'll send an email to with a verification link. Simply click the link and you will be able to edit tags, request a refresh, and other features to take control of your podcast page!

    Claim Cancel