POPULARITY
Lorena Penas, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos de varias ferramentas para crear contido en redes sociais. 🔊"Cando chega o momento de pensar en novos contidos para redes sociais, quedas en branco pola falta de inspiración?". 🔊"Xa sabes que detrás de cada publicación en redes sociais hai unha longa lista de tarefas". 🔊"Trátase dunha ferramenta capaz de descargar os teus vídeos de TikTok sen marca de auga". 📢Destacar en redes sociais é complicado se non tes á man os recursos adecuados, pero hoxe traemos varias ferramentas para crear contido en redes sociais. Empezamos! 1. Answer the Public Cando chega o momento de pensar en novos contidos para redes sociais, quedas en branco pola falta de inspiración? Desbloquea a túa creatividade con esta poderosa ferramenta e ofrece contido de valor para o teu público. O seu funcionamento é sinxelo. Introduce unha palabra chave e automaticamente mostrarache as preguntas e procuras que se fan acerca dela. Podes filtrar por país e idioma para coñecer con máis detalle cales son as necesidades exactas do usuario e dar resposta a través dos teus contidos. Esta axuda extra vai vir xenial para identificar temas populares e tendencias coas que inspirarche e crear novos posts, vídeos, infografías, fíos, etc. 2. Asana Xa sabes que detrás de cada publicación en redes sociais hai unha longa lista de tarefas: buscar ideas, pensar na estratexia, escribir o copy, gravar e editar vídeos, crear as imaxes, revisar o calendario editorial… e a lista segue. Por sorte, ferramentas como Asana saen ao teu rescate para axudarche coa xestión das túas tarefas ou proxectos. É moi útil para ter todo organizado e crear contido sen que nada se nos esqueza. 3. Canva Xa falou a semana pasada Laura desta ferramenta pero non podía deixala de lado porque para min é a superferramenta do deseño para redes sociais. É fácil de usar, intuitiva e o mellor de todo é que non necesitas experiencia previa para empezar a traballar con ela. Grazas aos seus persoais prediseñadas, o proceso de deseño simplifícase ao máximo e non necesitas horas e horas para crear as túas imaxes de redes sociais. Ademais, son 100% personalizables e basta un simple xesto como arrastrar e soltar para facer imaxes sumamente atractivas. 4. CapCut Presentámosche outro imprescindible para o teu maletín de ferramentas para crear contido en redes sociais. Nun mundo onde o vídeo é o contido rei, CapCut axúdache a marcar a diferenza cos teus competidores producindo e editando pezas de gran calidade. Tes opcións moi variadas como: transicións, animacións, pantalla verde, ritmos automáticos, zooms, subtítulos automáticos ou unha das miñas favoritas, o teleprompter. Se che custa falar á cámara, non pases por alto esta función para ter á vista o guion do teu vídeo e activalo no momento de gravar. 5. SnapTik Outra das nosas favoritas é SnapTik, sóavos?. Trátase dunha ferramenta capaz de descargar os teus vídeos de TikTok sen marca de auga. Tan só necesitas a ligazón do vídeo que queres descargar, pégalo nesta web e en cuestión de segundos sérvecho no teu cartafol de descargas. Prepárache para aforrar tempo e alimentar as túas redes sociais reutilizando os teus mellores vídeos noutras redes sociais. 6. Grammarly Imaxina que un usuario aterra no teu perfil de Instagram e de súpeto atopa unha errata no teu contido. E aínda por riba é unha publicación que acabas de compartir e á que dedicaches un tempo moi valioso. Un erro pódeo ter calquera, si, pero talvez deixes unha sensación amarga no público que che segue a diario ou de súpeto chega ata ti. Por sorte, hai ferramentas como Grammarly para coidar ao detalle os teus textos. Causa unha boa impresión tendo baixo control o copy das túas redes sociais. Máis aló de detectar erros de ortografía e fallos na puntuación, tamén che propón melloras para que brilles cunha redacción clara e fácil de entender. 7. Chat GPT O rei dos reis desde hai meses, xa que che axuda moitísimo a obter información sobre un tema en concreto. Ti pregúntaslle e él responde. Podes preguntarlle o que necesites e o contestarache con “bastantes” detalles sobre o tema que elixas. Ademais pódeche dar ideas para facer publicacións. Traémosvos sete pero hai moitísimas máis. E non se trata de elixir con cal traballar, senón utilizalas todas porque cada unha delas achega dunha maneira diferente. Xa nos diredes se as coñecedes todas ou non. E enlazamos xa coa temática do próximo luns. ❓Levamos dúas semanas falando de ferramentas que se usan para crear contido nas redes sociais, pero que creedes que atrae á Xeración Z nas redes sociais? Que activa a un Z en RRSS? Para aclarar, a Xeración Z está composta polos nados entre mediados dos 90 e principios dos 2000. 👉Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN: ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/ 🎙️"SUSCRÍBETE" ao podcast.👍 👉MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html 👉Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Chegou o momento. Presentamos o derradeiro programa do Café Derby 21 e nesta ocasión somos os nosos propios convidados. Contamos con algunhas das vosas preguntas e tamén nos sinceramos sobre algúns aspectos dos que quizais quedaba algunha dúbida. Pero todo se resume nesta última hora de conversa con Adrián, Carme e Nico parolando sobre
Este domingo 26 de maio as dúas da tarde no Pazo de Xerlis A Estrada brindarlle unha calorosa homenaxe a Ramiro Meilán, por unha xubilación máis que merecida. "Síntome moi orgulloso de que me fagan esta homenaxe os amigos. Quero darlle as grazas a todos e que sigan contando comigo para o que faga falta". "Empecei a traballar con 14 anos nun taller na Estrada, despois marchei para Vigo e de aí lanceime á aventura e montei un desguace". "O mundo dos desguaces evolucionou moitísimo o que segue igual é que seguimos reciclando". O Veciño da Estrada,Ramiro Meilán foi o xerentes do mítico desguaces Meilán durante 37 anos. Coa súa profesionalidade, e o seu espíritu colaborativo, Meilán foi deixando unha fonda pegada nos afecionados locais ao motor e en todos os seus amigos e veciños que hoxe lle quixeron rendin un sentido homenaxe, a través de Radio Estrada. Non é de estrañar que agora que acaba de cumprir os 65 e que se xubila oficialmente todos lle desexen o mellor a unha persoa esencial para entender a historia do pobo da Estrada. Grazas a David Gil, pola súa colaboración e a Carmiña, Carbón, Pablo e Lucía, Isa e Clara, Tato, Diego, Kike, Mary e Aroa e á súa filla Tatiana por participar nesta sentida homenaxe. ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Chegou o momento de falar dun dos temas máis agardados: ❤️O AMOR❤️. Grazas á publicación de certa carta de certo mandatario na que recoñecía estar fondamente namorado da súa muller, decidimos actuar e montar un comité de urxencia para abordar o tema de namorarse e demais. Por iso quixemos conversar con Grande Amore, amigo histórico do Café Derby 21, nun programa gravado en directo no Parador de Vilalba como parte da programación do FIV. A partir da carta á cidadanía de Pedro Sánchez, a declaración de Bárbara Rey a Chelo García-Cortés en 'Sálvame' e o mítico audio de Laura Escanes (supostamente) acabando cunha relación, con todo isto, damos forma a un programa sobre o amor, bicarse, declararse, infidelidades e moito máis. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite
A exaltación gastronómica do lacón con grelos terá lugar un ano máis no municipio de Cuntis. Os asistentes ademais de gozar coa degustación do lacón poderán deleitarse con diversas actividades e mostras que marcarán tan sinalado festexo, declarado de Interese Turístico de Galicia. Falo con Don Manuel Campos Velay, alcalde de Cuntis. "Este ano facémoslle unha homenaxe ao Bar Quico, todo un referente que leva 104 aberto". "Temos moitas actividades que están relacionadas coas nosas tradicións e gastronomía". "Grazas a un colaborador, que quere manter o anonimato, podemos ofrecer o concerto de Antonio José gratis para todo o público". CONCERTOS, GASTRONOMÍA, ARTESANÍA E O ENTERRO DO CHAPANTE DAN FORMA A UN INTENSO PROGRAMA PARA CELEBRAR A FESTA DO LACÓN ‼️O popular cómico Pepo Suevos será o pregoeiro da XXV edición que se prevé multitudinaria‼️ Resumimos parte dos actos da fin de semana do 1 ao 3 de marzo VERNES 1 Gala do Chapante SÁBADO 2 A partir das 18 horas actuacións de: Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional e a súa Banda de Acordeóns de Cuntis Grupo Folclórico "Hai Que Roelo" Ás 22 horas. Concerto de “Antonio José” Apertura da carpa ás 21 horas ️Ás 00:30 horas. GuatequeLacón DOMINGO 3 Pola mañán pasarrúas da Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis e o desfile da Asociación CIGARRÓN de Verín e a súa banda de Gaitas Apertura da XVI edición “A camelia no Lacón con grelos”; a exposición “Un baño de mel”, na Praza de Abastos; a de “Cerámica de Castrolandín” e a XIV Mostra de Encaixe das palilleiras. E tamén a Charanga "Los Támega". Pola tarde haberá atraccións e a actuación infantil Peter Punk "Chungo que te cagas"; a actuación de “Dúo Background” e, ás 19.30 horas, o velorio e posterior enterro do Chapante. Máis Información CONCELLO DE CUNTIS: ✔️Páxina Web: https://concellodecuntis.org/es-es/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/concellodecvntis/ ✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCGA_Z3JwcdMp5iS3UsF6eiw Máis Información TURISMO DE CUNTIS: ✔️Páxina Web: https://turismodecuntis.gal//es-es/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/turismodecvntis ✔️Twitter: https://twitter.com/turismocvntis ✔️Instagram: https://www.instagram.com/turismocvntis/ ✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCfZtHlnXSDGunfQGB_p9gOA Máis Información DESTINO CUNTIS: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/destinocvntis/?ref=py_c ✔️Twitter: https://twitter.com/destinocvntis?lang=gl ✔️Instagram: https://www.instagram.com/destinocvntis/ ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast Máis Información e outras entrevistas: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Lucia Pereira é unha detective das cores. Esta actual investigadora Ramón y Cajal do INCIPIT-CSIC participou no proxecto MINIARE que estudou as iluminacións de centos de códices medievais europeos. Grazas as técnicas avanzadas non destrutivas conseguiron analizar os materiais, identificar autores e mesmo atopar falsificacións. Pereira tamén empregou estas técnicas na análise do telegrama do Titanic ou para ler as mensaxes secretas do traidor Guy Faukes. Noutra liña de investigación puxo en marcha o Museo de Invisible de recuperación de patrimonio galego deteriorado. Un primeiro exemplo é a reconstrución da foto da actriz galega do século XIX Manuela Rey para a produción do Centro Dramático Galego "Manuela Rey is in da House" dirixida por Fran Núñez.
(2:16) Hai 20 anos apareceu un envelenamento masivo por arsénico en Arizona. E uns investigadores galego dan coa súa orixe. Nolo conta o catedrárico de Enxeñería Química da USC Gumersindo Feijoo. (17:30) Lucia Pereira é unha detective das cores. Esta actual investigadora Ramón y Cajal do INCIPIT-CSIC participou no proxecto MINIARE que estudou as iluminacións de centos de códices medievais europeos. Grazas as técnicas avanzadas non destrutivas conseguiron analizar os materiais, identificar autores e mesmo atopar falsificacións. Pereira tamén empregou estas técnicas na análise do telegrama do Titanic ou para ler as mensaxes secretas do traidor Guy Faukes. Noutra liña de investigación puxo en marcha o Museo de Invisible de recuperación de patrimonio galego deteriorado. Un primeiro exemplo é a reconstrución da foto da actriz galega do século XIX Manuela Rey para a produción do Centro Dramático Galego "Manuela Rey is in da House" dirixida por Fran Núñez.
El inicio de la COP28 que se celebra en la cuna de los combustibles fósiles, la muerte del controvertido Henry Kissinger y
Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe achéganos O Venres Negro chega a redes sociais. "O Black Friday en si mesmo pode ter numerosas vantaxes para un comercio, non só o aumento de vendas". "Debemos ter en conta que, que todo o mundo se suba ao carro do Black Friday, non implica que nós tamén o teñamos que facer". "O que é beneficioso para un negocio, para outro pode non selo ou pode non encaixar coa súa filosofía corporativa". O Venres Negro chega a redes sociais Single Days, Black Friday, Cyber Monday…Estamos un pouco pesados con iso dos días especiais, non? Xa pasamos o ecuador de novembro e, este mes, quizais sexa un dos máis interesantes en canto a accións comerciais se refire: a xente adiántase ao Nadal, aproveita os descontos irresistibles do Venres Negro e estamos constantemente expostos a campañas publicitarias relacionadas con estes eventos. A orixe do Venres Negro Polo visto, hai moitas teorías ao respecto da orixe do Black Friday, aínda que unha cousa está clara: o termo apareceu por primeira vez en Estados Unidos. Unha das teorías remóntase ao 24 de setembro de 1869, cando dous axentes da bolsa de Wall Street, aliándose cun famoso político de Nova York, intentaron facerse con todo o mercado de ouro. A súa artimaña caeu en desgraza e o prezo do ouro desplomouse en cuestión de minutos, de maneira que moitos inversores se arruinaron. Esta xornada pasouse a coñecer como Venres Negro. Outra teoría, xa máis ligada ás compras, fala do sábado posterior a Acción de Grazas, a mediados da década de 1950. Nese día, o exército e a marina ían enfrontarse nun partido de fútbol americano en Filadelfia. Os desprazamentos producidos o venres previo ao partido e, a xente previsora que xa estaba a facer as súas compras de Nadal, fixeron que a cidade colapsase e que ningún polícia puidese tomarse o día libre nese venres. Bautizaron esa xornada, polas vestimentas negras, como Black Friday e, a iniciativa tivo tanto éxito que pronto os comerciantes de Filadelfia comezaron a empregar ese termo para describir as vagas de persoas que se daban cita nas tendas da cidade despois de Acción de Grazas. Porén, habería que esperar varios anos a que isto do Black Friday se popularizase en Estados Unidos. O verdadeiro pulo chegou o 19 de novembro de 1975, cando os comerciantes puxeron descontos de infarto o día seguinte a Acción de Grazas. Pola contra, se queremos saber sobre o comezo do éxito do Venres Negro en España hai que esperar a 2012, coas ofertas da cadea alemana MediaMarkt. E, un par de anos despois, sumóuselle El Corte Inglés e Amazon. Por que deberíamos realizar unha campaña de Black Friday en redes? O Black Friday en si mesmo pode ter numerosas vantaxes para un comercio: a máis evidente delas, o aumento de vendas, pero tamén desenvolver a lealdade do cliente, desfacerse de stock, atraer novos clientes, xerar uxencia e emoción de compra, incrementar a visibilidade da marca e moitos máis. Se falamos de redes sociais, estas poden un aliado moi útil para a promoción dos nosos produtos, servizos e ofertas durante este evento. ✔️Posibilitan un alcance masivo. As redes sociais teñen unha audiencia moi ampla e diversa. A promoción en plataformas como Facebook, Instagram, Twitter e LinkedIn permite chegar a un gran número de usuarios de maneira efectiva. ✔️Segmentación da audiencia. Ofrécennos ferramentas de segmentación avanzadas que permiten dirixir os anuncios a audiencias específicas segundo características demográficas, intereses e comportamentos, o que axuda a chegar a clientes potenciais máis relevantes. ✔️Interacción directa e rapidez na difusión. Podemos responder preguntas, proporcionar información adicional e xerar unha conexión máis cercana coa audiencia. Ademais, a natureza viral das redes sociais facilita a difusión rápida da información. Se a nosa oferta é atractiva, é probable que se comparta e que se cree ese boca a boca, aumentando a visibilidade da campaña. ✔️Análise e seguimento. As plataformas de redes sociais ofrecen ferramentas analíticas que nos permiten medir o rendemento das campañas en tempo real. Podemos facer un seguimento das interaccións, conversións e outros indicadores clave para axustar a estratexia. Como arrasar en redes sociais co Black Friday? Hai varias claves que podemos ter en conta á hora de darlle forma á nosa estratexia: ✔️Crear campañas en redes sociais. Afirmar que quen non está en redes sociais non existe, tal vez sexa algo sentencioso. Con todo, do que non hai dúbida é que son unha ferramenta fundamental para calquera campaña dixital. Os Social Ads permitirannos crear campañas de venda dirixidas ao noso público obxectivo sen gastar unha cifra desorbitada. ✔️Email marketing. Contar cunha newsletter sempre é unha boa idea e, con estas datas, aínda máis. Con ela, poderémosnos adiantar á propia data e ir mostrándolle á nosa audiencia o suculento prato de descontos que lles espera á volta da esquina. ✔️Xerar expectación. Se o facemos ben, temos que facelo con tempo e xerando expectación. Precisamente a través dunha newsletter e das publicacións que compartamos en redes sociais podemos crear este efecto. ✔️Mostrar as ofertas dentro das ferramentas das redes sociais. Plataformas dixitais como Instagram ou Facebook teñen integradas tendas en liña, o que se coñece como Social commerce, que lle permiten aos usuarios consultar os produtos dunha marca sen saír da rede social. Aos usuarios gústanos ter todo na palma da nosa man e que todo sexa moi fácil. Se lles aforramos tempo e esforzo ao noso público, terémolos a punto de caramelo para que realicen a súa compra. ✔️Máis creativos e travesos. Se queremos captar a atención, non será suficiente con ter descontos atractivos, senón que as creatividades e deseños que fagamos, así como o ton que empreguemos na nosa comunicación, será fundamental. É boa ideal empregar cores como o negro, amarelo ou vermello e un ton informal e cercano. ✔️Emociónate. Moitos de nós aproveitamos estas datas para facernos cos regalos de Nadal ao mellor prezo. E se por algo se caracteriza o Nadal é por apelar ás emocións. Tal vez sexa un bo momento para aplicalo en copies e creatividades. En definitiva, as datas como o Venres Negro non só nos brindan a posibilidade de aumentar as nosas vendas, senón tamén de facernos ver entre o noso público obxectivo, de maneira que nos recorde para futuras compras. Sen embargo, debemos ter en conta que, que todo o mundo se suba ao carro do Black Friday, non implica que nós tamén o teñamos que facer. Do mismo modo o que é beneficioso para un negocio, para outro pode non selo ou pode non encaixar coa súa filosofía corporativa. Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN: ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/ ️"SUSCRÍBETE" ao podcast. MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Falo con Sara Valcárcel, ilustradora de XE. XE, é un álbum de Lara Boubeta Bamio, que fala sobre a liberdade, sobre o dereito de ser a persoa que verdadeiramente queiramos ser. "XE é un libro que fala sobre a liberdade, sobre a liberdade de buscar o camiño propio, fala de abrazar a diversidade". "Ilustro dende a liberdade, sen ser literal, deixando que a imaxinación da rapazada completen a obra". "O máis bonito de traballar en proxectos así é o que se aprende de outras temáticas". Nesta lectura, dedicada á cativada, o personaxe principal, Xe, é un neno ou unha nena, quen sabe? Un misterio para toda a humanidade. A través desta historia, autora e ilustradora, expoñen a necesidade de fuxir do canon social, do politicamente correcto, para atopar a propia esencia. Esta obra representa a búsqueda da liberdade e, sobre todo, da identidade persoal. Unha identidade que fuxe dos mandatos ou expectativas sociais, e que abraza o propio sentimento individual. Xe é un exemplo de reivindicación e exposición da realidade das persoas intersexuais. Un libro que busca xerar un espazo seguro no que visibilizar e achegar a diversidade dende as idades máis temperás. Un lugar no que xerar debate e facernos a preguntas. Sara Valcárcel (A Estrada, 1994) é unha creativa multidisciplinar que compaxina o seu traballo como responsable de Comunicación na Editorial Galaxia coas súas paixóns artísticas, entre as que destaca o seu proxecto Noaltodopoleiro. O seu universo comprende a ilustración, o deseño e a fotografía. A súa vocación polas artes visuais levouna a traballar nelas e adaptalas ao mundo real, creando o seu propio estilo. Estudou Comunicación Audiovisual en Santiago de Compostela e está especializada en Dirección de Arte Publicitaria. Tivo a oportunidade de formarse en cidades coma Bos Aires ou Berlín, ambas as dúas grandes experiencias que ampliaron a súa visión do mundo e ensináronlle a mirar desde prismas completamente diferentes, os cales aplica á hora de traballar. No ámbito editorial, ilustrou “O libro secreto da filosofía”, de José Carou (Editorial Galaxia, 2023), “Xe”, de Lara Boubeta Bamio (Editorial Galaxia, 2023), “O ladrón de paraugas”, de Xosé Lueiro (Editorial Galaxia, 2021), “Call me Sinbad”, de Francisco Castro (Small Stations, 2020), e a cuberta de “Un intre antes do solpor”, IV Premio Varela Buxán, de Ana Carreira (Fundación Cultural da Estrada, 2015). Lara Boubeta Bamio (Cangas, 1994) É mestra a tempo completo e escritora cando pode. O seu activismo polos dereitos LGBTIQA+ levouna a unir estas dúas facetas e a loitar por medio da palabra. É así como nace Xe, unha reflexión sobre o xénero adaptada ás infancias. Ten unha relación complexa coa poesía que comparte nas redes por medio de @sentimentos_con_sentidos. Grazas a esta, obtivo recoñecementos en diversos certames como o do Concello de Ames ou o III Certame de poesía LGBT+ de AvanteLGBT+ Compostela. Máis Información de SARA VALCARCEL: ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/noaltodopoleiro.NP ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/saravalcarcel_/?fbclid=IwAR1KhmpUq6EKFePA6Bopc7al0_YLvROnnlMPdGIFOBHClAH_bUTEhw7vtbE ✔️ Linkedin: https://es.linkedin.com/in/sara-valcarcel Máis Información LARA BOUBETA: ✔️Twitter: https://twitter.com/LaraBoubeta94 ✔️Instagram: https://www.instagram.com/lara_laranxa/ ✔️ SoundCloud: https://soundcloud.com/lara_boubeta Máis Información EDITORIAL GALAXIA: ✔️Páxina Web: https://editorialgalaxia.gal/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/falamos.delibros ✔️Twitter: https://twitter.com/EdGalaxia ✔️Instagram: https://www.instagram.com/galaxiaeditorial/?hl=en Máis Información de SARA VALCARCEL: ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Lorena Penas, é socia fundadora de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe danos 5 claves para facer crecer a túa canle de Youtube. Todo creador ou creadora de contido desexa que o seu vídeo de Youtube chegue a moitas persoas e para iso deben saber optimizar o SEO do seu vídeo. Para isto existen varias estratexias e usalas todas de forma correcta pode axudarche a que o contido sexa máis visible e fácil de identificar pola audiencia. "As palabras chave que elixamos deben ser termos moi específicos e detallados". "Youtube xeralmente busca que permanezan no vídeo os primeiros 15 segundos". "O tempo de sesión é un factor importante de posicionamento en Youtube". Algunhas das estratexias que se poden implementar inclúen a optimización do título, descrición, etiquetas do vídeo, o uso de miniaturas atractivas e a creación de listas de reprodución. Aquí contámosche como sacarlle proveito a todo isto en 5 claves: ✔️1. Palabras craves Elixir as palabras chave adecuadas pode determinar se un vídeo terá éxito ou non. Para atopar palabras chave, é recomendable crear unha lista de palabras chave raíz, que son termos que describen temas amplos relacionados co contido do vídeo. As palabras chave que elixamos deben ser introducidas na procura de Youtube para obter suxerencias de palabras chave long tail, é dicir, termos máis específicos e detallados que se utilizan para describir un tema ou contido en particular. Tamén é importante ter en conta que o máis recomendable é buscar palabras chave con moitas procuras pero con baixa competencia para que o vídeo que subas destaque entre outros. ✔️2. Presta atención ao tempo de visualización O obxectivo principal de Youtube é manter ás persoas na túa plataforma, polo que debes buscar manter o tempo de visualización nos vídeos para que o algoritmo prefira o teu contido. Non nos referimos a que o vídeo sexa longo ou curto. Falamos de que a audiencia decida quedar vendo o contido que subiches por un tempo determinado e non o quite; Youtube xeralmente busca que permanezan no vídeo os primeiros 15 segundos. Aínda que certamente, os vídeos máis longos tenden a ter un maior tempo de visualización e, por tanto, son máis favorecidos nos resultados de procura. Tamén é importante eliminar todo o recheo dos vídeos, como as intros moi longas ou transicións que non acheguen nada relevante ao contido. Para isto é bo ter unha boa planificación sobre o que se mostrará. ✔️3. Optimización de vídeos O SEO non é unha práctica que leve a cabo en artigos escritos, tamén inflúe moito en Youtube. Unha das recomendacións é utilizar palabras craves nos títulos para axudar no posicionamento, en especial se isto axuda a maximizar o CTR (Click-Through Rate). Outra forma de optimizar é por medio das descricións facendo que as mesmas sexan de polo menos 2 parágrafos e que falen con detalles sobre o contido que se está mostrando, ademais de incluír a mesma palabra chave que se utilizou no título. Tamén hai que darlle uso ás etiquetas de vídeo, usando as que inclúan a palabra chave obxectivo e as súas derivadas. As etiquetas sempre deben describir o tema do vídeo. ✔️4. Miniaturas atractivas A miniatura de Youtube é a imaxe que aparece xunto ao título e a descrición do vídeo. Dita imaxe é a primeira impresión que os espectadores teñen do contido do vídeo, polo que é importante que sexa atractiva, que chame a atención e anímeos a facer clic. Segundo Youtube, o 90% dos vídeos con mellor rendemento teñen miniaturas personalizadas. O máis recomendable é utilizar cores brillantes e deseños con contraste para que capten a atención a primeira ollada, ademais de colocar elementos gráficos que fagan unha chiscadela ao tipo de contido que se vai a expoñer. ✔️5. Listas de reprodución As listas de reprodución son unha maneira de aumentar as vistas e as subscricións á canle debido a que axudan aumentar o tempo de sesión dos espectadores, é dicir, o tempo que unha persoa pasa na plataforma despois de empezar a ver un vídeo. O tempo de sesión é un factor importante de posicionamento en Youtube, xa que a plataforma dá prioridade aos vídeos que fan que os usuarios permanezan na plataforma durante máis tempo. As listas de reprodución fan que os espectadores vexan máis contido da canle, polo que é bo telas organizadas. Semrush pode ser unha ferramenta moi valiosa para axudar a mellorar o posicionamento dos teus vídeos en Youtube. Grazas a esta ferramenta de análise podes atopar palabras chave e temas populares dentro do teu nicho, ademais de obter datos sobre o rendemento dos teus competidores. Tamén terás a opción de monitorear a posición dos teus vídeos e facer axustes para optimizalos aínda máis. Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN: ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/ ️"SUSCRÍBETE" ao podcast. MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
“Roibén”, el recién estrenado disco de Guadi Galego, es un trabajo de coleccionista con canciones dedicadas al dolor, al amor, a las mudanzas propias y ajenas, al consuelo y a la admiración hacia poetas como Antía Otero que han servido de inspiración para el título del álbum. El concepto del sonido nace de la amistad, de un juego, de un proceso de experimentación junto a Iván Ferreiro ”sus botones salieron al ruedo rápidamente”. Esta noche Guadi interpretar a voz y piano temas como Grazas o Noa donde todo lo que es oscuro puede ser claro. Y esa luminosidad llega con la sorpresa presencial de Mäbu (María Blanco y Txarlie Solano) para interpretar este tema de colaboración del álbum. Guadi reconoce que es una artista de fondo, que se lo ha currado y agradece mucho la ayuda de l@s compañer@s que la han ayudado a sostenerse como nos canta en Matriarcas. Pero simplemente está recibiendo el cariño que profesa a los demás como nos cuenta la artista donostiarra Olatz Salvador. Despedimos con Fortuna, dedicada a las pequeñas cosas de la vida y a sus peques que nos demuestran que siempre “lo mejor está por venir”. Escuchar audio
Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos da VII sesión de "CINENCONTROS", unha iniciativa que levan a cabo en "MINICINES CENTRAL da Estrada". O último luns de cada mes proxéctase unha película con temátiva social para a continuación comentala entre todos os asistentes con un/unha experto/a na temática da película. Este luns proxectouse a película "El Acusado" e contou coa presenza da avogada Andrea Arias. Hoxe falamos con Rocío Lodeiro Matalobos e Andrea Arias Mato. Rocío Lodeiro: “Os xulgadores e os operarios xurídicos necesitan moita formación e sensibilación en perspectiva de xénero para superar esta cultura da violación”. Andrea Arias: “Podemos ver a dificultade que existe para unha víctima demostrar que non houbo consentimento”. Andrea Arias: “Esta película expón os feitos (de ambas partes) dunha forma obxetiva, para que sexa o espectador ao igual que o tribunal o que vaia xulgando os feitos”. "O ACUSADO" ( https://www.fotogramas.es/peliculas-criticas/a41114393/acusado-critica-pelicula/ ) Sinopse: Os Farel son unha parella poderosa: Jean é un destacado experto francés e a súa esposa Claire unha ensaísta coñecida polo seu feminismo radical. Xuntos teñen un fillo exemplar, Alexandre, que estuda nunha prestixiosa universidade estadounidense. Durante unha breve visita a París, Alexandre coñece a Mila, a filla da nova parella da súa nai, e convídaa a unha festa. Ao día seguinte, Mila presenta unha denuncia contra Alexandre por violación, que destrúe a harmonía familiar e pon en marcha unha inextricable máquina xudicial mediática que confronta versións opostas. ⚖️ANDREA ARIAS MATO: Avogada multidisciplinar que presta servizos a particulares e empresas en todos os ámbitos do dereito. Grazas a alianzas con outros despachos pode responder aos intereses dos seus clientes estén onde estén. ✍️ DEREITO DE FAMILIA. Divorcios, separacións, medidas paternofiliais, execucións de pensións de alimentos, incapacidades, tutelas, adopcións, sucesións, impugnación de testamentos. ✍️ DEREITO PENAL. Violencia de xénero, extradiccións, lesións, delitos graves, asistencia ao detido, acusación. ✍️ DEREITO CIVIL. Reclamacións de cantidade, responsabilidade civil contractual e extracontractual, dereitos de paso e servidumbre, monitorios, accidentes de tráfico. ✍️PROPIEDADE HORIZONTAL. Arrendamentos, morosos, desahucios, comunidades de propietarios, defectos da construcción, compraventas. ✍️ DEREITO BANCARIO. Cláusulas abusivas, devolución de gastos de hipoteca. ✍️DEREITO LABORAL. Despidos, reclamación de salarios, horas extraordinarias, incapacidades, pensións e prestacións da Seguridade Social, recoñecemento de prestacións non contributivas. ✍️ DEREITO ADMINISTRATIVO. Multas, sancións, reclamacións á Administración. ✍️ EXTRANXEIRÍA. Expedientes sancionadores, expulsións, nacionalidades, reagrupación familiar, permisos de traballo e residencia, recursos administrativos e xudiciais. ✍️ MENORES. Intervención en expedientes de reforma e protección. Trato personalizado, xestión e asesoramento integral en todo o procedemento. Máis Información de ANDREA ARIAS MATO AVOGADA: ✔️ Páxina Web: https://ariasmatoavogada.negocio.site/?fbclid=IwAR2fnVWO_2P9mr7oIaIqsLDnQrJn-T0RV_MJN8p-ZFHgZqVFsuR8ieRNrjU ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/ariasmatoavogada ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/ariasmatoavogada/ ✔️ Teléfono: (+34)698149046 ✔️ Correo Electrónico: ariasmatoavogada@gmail.com Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE: ✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia ✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/ ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Cada xoves, con Kim LLobet, abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos con Noelia Míguez Vázquez e Patricia Calveiro Iglesias do libro “8 SEÑALES, cuestión de vida o muerte" (máis información ). Tamén nos acompañará Rocio Lodeiro Matalobos , que foi Avogada do CIM do Concello A Estrada. Noelia Míguez: “Para chegar ata aquí fíxome falta moita axuda. Conto a miña historia para que se alguén se sinte identificada poida pedir axuda”. Patricia Calveiro: “Cando Noelia decideu contar a súa historia houbo moitas voces críticas. Aínda segue habendo moitos obstáculos para que as víctimas conten a súa historia e retomen a súa vida”. ✔️ NOELIA MÍGUEZ VÁZQUEZ Galega ata a medula, nacida en 1993. Vive entre Boqueixón, Sar (Santiago de Compostela) e A Pobra do Caramiñal. Sanitaria de profesión e de corazón, a enfermería é a súa paixón, ademais de facer rir á xente e, sobre todo, vivir a vida con alegría e humor. Moitas veces, o que a caracteriza é o seu humor negro; e, como ela di, está viva grazas a ese humor herdado do seu pai. Aos 19 anos empeza unha relación sentimental co amor da súa vida, o mesmo que case termina con ela. O amor non doe, pero hai amores que matan. Grazas á súa supervivencia, á súa historia, escribe a súa primeira novela. Noelia ten unha nova vida, a súa segunda vida, a súa segunda oportunidade grazas os seus pais, ás súas amigas e ao seu actual parella. ✔️ PATRICIA CALVEIRO (Santiago, 1984) licenciouse en Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid. Compostelá e filla de silledenses, sentiu o impulso de escribir desde nena. Vinculada a La Voz de Galicia desde as súas prácticas universitarias, pasou a formar parte do seu persoal no 2011. Traballou na redacción central de Arteixo e nas delegacions da Estrada, Arousa, Pontevedra, Barbanza e Santiago. Desde fai algo máis de tres anos, asina a contraportada da edición local na súa cidade, onde pon cara e nome propio ás historias humanas e as iniciativas que xorden na contorna. Máis Información de Noelia Míguez Vázquez: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/noe.dorindamiguez ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/noedorinda/ ✔️ Twitter: https://twitter.com/noedorinda ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@noedorinda?lang=en Máis Información de 8 SEÑALES, Cuestión de vida o muerte: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/patricia.calveiroiglesias ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/patriciacalveiro/ ✔️ Twitter: https://twitter.com/PCalveiro ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCUTvwphbFweFZxgUld4MCcg ✔️ TikTok: Máis Información de 8 SEÑALES, Cuestión de vida o muerte: ✔️ Páxina Web: https://editorialmeraki.com/ocho-senales/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/Editorial-Meraki-105377424930016/ ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/editorialmeraki_/ ✔️ Twitter: https://twitter.com/EditorialMeraki Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE: ✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia ✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/ ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
Lorena Penas, é socia fundadora de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe fálanos do Black Friday. Data que marca o inicio da tempada de compras do Nadal e celébrase o venres despois do Día de Acción de Grazas en EE.UU. (Thanksgiving) en novembro. "O obxectivo é que eses compradores dunha vez se convirtan en clientes leais e para sempre". "O 90% dos usuarios de Instagram segue polo menos a unha marca". "O Black Friday ofréceche a oportunidade de mostrarlle agradecemento e aprecio aos clientes máis fieis e máis antigos". Que é o Black Friday? Trátase dun día famoso polos enormes descontos que ofrecen as tendas, tanto físicas como electrónicas, que provocan un aumento considerable no gasto dos consumidores. O termo ‘Black Friday' (‘Venres negro') xurdiu en Filadelfia na década de 1950. Os oficiais da policía utilizárono para describir ás enormes e alborotadas multitudes que asolagaban a cidade o día previo ao clásico Army-Navy de futbol americano. Máis tarde, os retallistas adoptaron o Black Friday, pois dependían das compras do Nadal para asegurar estar “en números negros” antes do peche do ano fiscal. Actualmente, Black Friday estendeuse das tendas físicas ás vendas en liña e ampliou a súa duración, pois xa non se trata só dun día, senón de todo unha fin de semana de ofertas entre o venres negro e o Cyber Monday (lanzado en 2005). Estratexias de márketing para Black Friday Hai que comezar dicindo que cando de estratexias de márketing para Black Friday trátase, non existe unha fórmula máxica que funcione igual para todos. Ti coñeces aos teus clientes e sabes que resulta mellor para eles. Con todo, si existen tácticas probadas que poden contribuír á túa estratexia. A continuación, compartímosche estratexias de márketing para Black Friday que podes aplicar. ✔️1. Usa o márketing en redes sociais para promover as túas ofertas con anticipación Algúns consumidores gozan a emoción de estar a cazar ofertas; outros, prefiren planificar con tempo e aproveitar os descontos anticipados (‘early bird'). Para darlle gusto a ambos os tipos de compradores, podes usar as túas redes sociais para anunciar algunhas ‘ofertas sorpresa' e outras promocións con máis detalles. Ao compartir adiantos de ofertas exclusivas, contadores regresivos e outros contidos atractivos, as empresas poden xerar anticipación e impulsar o tráfico ás súas tendas en Black Friday. As redes sociais son unha excelente opción para conectar cos clientes e responder as súas preguntas sobre as vendas de Black Friday. ✔️2. Crea un sentido de urxencia Para entusiasmar aos clientes cos teus artigos en promoción, escribe copies que transmitan urxencia. Xerar ese sentimento no teu márketing para Black Friday motiva aos clientes para actuar rapidamente. Crear un sentido de urxencia é útil porque axuda a chamar a atención. Nunha bandexa de entrada repleta de mensaxes novas, por exemplo, un correo que chama a atención e crea un sentido de urxencia ten maior probabilidade de sobresaír. Podes motivar aos clientes para actuar agora no canto de esperar. Ao ofrecer un desconto por tempo limitado ou acceso exclusivo a certos artigos, os clientes quererán aproveitar as túas promocións antes de que desaparezan. ✔️3. Fai unha campaña de márketing por correo electrónico Establece unha campaña de márketing por correo electrónico. Quen non ama recibir ofertas e descontos todos os días na súa bandexa de entrada? Corre unha campaña unhas semanas antes de Black Friday con ofertas exclusivas para os teus subscritores. ✔️4. Optimiza o teu sitio web para os compradores que buscan a través de Google En Black Friday, os sitios de comercio electrónico compiten ferozmente por un espazo nas primeiras posicións de Google. Para chegar aí, necesitas optimizar o teu sitio web para os compradores en liña. Unha forma de facelo é usando as palabras chave que os compradores poderían usar para buscar ofertas. Investiga esas palabras e logo engádeas por aquí e por alá no teu sitio web. Asegúrache de que soen naturais e de non saturar o teu sitio con palabras chave. Ademais, debes asegurarche de que o teu sitio web sexa amigable para os usuarios móbiles, xa que cada vez máis persoas utilizan o seu teléfono para facer as súas compras de tempada. ✔️5. Ofrece aos teus clientes máis fieis promocións exclusivas Ás persoas gústalles sentirse recoñecidas, especialmente cando xa teñen unha relación coa túa marca. O Black Friday ofréceche a oportunidade de mostrarlle agradecemento e aprecio aos clientes máis fieis e máis antigos. Ofrecer descontos e ofertas exclusivas a eses clientes é unha táctica intelixente que che pode axudar a seguir fortalecendo a lealdade. Ao mostrarlle aos teus clientes que os valoras, motivaralos a seguir regresando, mesmo en días que non son Black Friday. ✔️6. Tenta vender directo en redes sociais A xente moitas veces usa as redes sociais para investigar un produto ou buscar unha marca. Case una de cada dúas persoas dixo que busca marcas, produtos ou servizos novos en Instagram. En Black Friday, todo o mundo estará a buscar descontos e promocións. Ao vender directamente en plataformas como Instagram, podes levar os teus produtos fronte aos ollos da túa audiencia obxectivo. Vender os teus produtos na aplicación facilita aínda máis que os teus clientes convertan. Ademais, nas redes sociais podes chegar a unha audiencia global. En Instagram, por exemplo, o 90% dos usuarios segue polo menos a unha marca. ✔️7. Usa hashtags para chegar a novas audiencias Black Friday dáche a oportunidade de chegar a novas audiencias en redes sociais. Ao usar hashtags, podes conectar con persoas interesadas nas ofertas de Black Friday e axudalas a atopar os teus produtos e servizos. Se es retallista, podes usar o hashtag #blackfridayshopping ou #ofertasdeblackfriday para chegar a persoas que buscan descontos. ✔️8. Dá seguimento aos teus clientes despois de Black Friday É marabilloso que poidas vender moitísimos produtos en Black Friday, pero o valor dun cliente para a túa marca crece ao longo do tempo. O obxectivo é que eses compradores dunha vez convértanse en clientes leais e para sempre. Para un 64% dos retallistas, os compradores adquiridos en Black Friday ou Cyber Monday teñen un valor menor ao longo da vida que os compradores adquiridos en calquera outro momento do ano. Dá seguimento enviando un correo de agradecemento, unha enquisa de satisfacción ou unha petición de retroalimentación sobre a súa experiencia. Desta maneira, melloras a experiencia do cliente e isto pode render froitos nos dividendos futuros. Ao darche o tempo para contactar aos clientes, mostras que a túa marca en verdade valóraos e que estás comprometido a ofrecer unha experiencia do cliente positiva. Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN: ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/ ️"SUSCRÍBETE" ao podcast. MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
A Sementeira, de Luís Álvarez Pousa e Fuxan os Ventos, foi a peza coa que abrimos o Deixe Falar desta semana. Con esa canción quixemos tributar homenaxe ao célebre grupo que foi distinguido co Premio de Honra dos Martín Codax de 2022 e prestar atención a esta iniciativa de divulgación da música galega. A nós os Martin Codax servíronnos para coñecer grupos e solistas; e tamén para coñecermos outros axentes fundamentais para o desenvolvemento da industria musical. Grazas aos Premios Martin Codax coñecemos a entidade que a protagoniza este espazo: a emisora radiofónica A Xente de Teo, representada na conversa por Iván Tourís.
(2:00) Xa está en marcha o primeiro concurso de monólogos científicos en galego. Andrea Muras e Eva Cabanelas preséntannos o certame “Ciencia Calidade” de Monólogos Científicos. (13:26) Grazas ao órgano vomeronasal os animais teñen un “sexto sentido” co que son quen de detectar sinais químicos entre individuos da mesma especie: as famosas feromonas. Os resultados do grupo de investigación de Morfoloxía Animal (MORFAN) da Facultade de Veterinaria de Lugo da USC veñen de descubrir que a domesticación do can atrofia este órgano en comparación cos seus conxéneres salvaxes como é raposo. Conversamos co líder do grupo Pablo López Quinteiro, que é ademais un dos maiores especialistas na música de Mahler. (42:41) @astroxabi contanos todo o que debemos saber para ver a eclipse lunnar total da noite do 15 ao 16 de xuño de 2022
PONTE…NAS ONDAS! é unha Asociación Cultural e Pedagóxica que, desde 1995, realiza actividades educativas e culturais en Galicia e no Norte de Portugal. Entre os fins da asociación están a promoción de actividades culturais e pedagóxicas así como a promoción da identidade común dos dous pobos dentro dunha perspectiva xeral de integración europea e do mundo lusófono. A estas finalidades engadíuselle no ano 2002 o compromiso de traballar na recuperación e difusión do Patrimonio Cultural común a galegos e portugueses. Grazas á cooperación entre escolas de Primaria e Secundaria, ao longo de máis dúas décadas, realizáronse diversas actividades desde os centros educativos das dúas marxes do río Miño, construíndo unha ponte de comunicación que atravesa a fronteira de dous territorios, descubrindo un patrimonio común compartido pola antiga Gallaecia. "Comezamos en 1995 facendo un experimento radiofónica, que consitía en unir dos estudos de radio, un en Portugal e outro en Galicia. Emitíronse máis de 12 horas, en directo, elaboradas por 15 centros educativos". "A radio nos centros educativos é ar fresco, é empoderar aos alumnos, que eles melloren e se sintan valorados na súa competencia comunicativa. Sobre todo porque desenvolven unha serie de capacidades que non se dan nunha aula clasica". "A proposta da UNESCO, supón un recoñecemento ao traballo de "PONTE NAS... ONDAS" durante todos estos anos, por parte dos dous países (España e Portugal). Queremos que sexa unha celebración de todos os pequenos que facemos cousas". PONTE...NAS ONDAS! INICIA A CONTA ATRÁS PARA A SÚA INSCRICIÓN NA UNESCO COMO MODELO DE BOAS PRÁCTICAS Presentada a candidatura por parte de Portugal e España en marzo de 2021, será a primeira inscrición para Portugal e Galicia Un ano de avaliacións que culminará na inscrición como modelo de boas prácticas co PCI (Patrimonio Cultural Inmaterial ) no Rexistro das Boas Prácticas da UNESCO Despois de ser presentada na UNESCO o pasado mes de marzo polos embaixadores de Portugal e España, a candidatura de Ponte...nas ondas! entrou na fase final avaliación por parte do organismo internacional. Nesta etapa o comité avaliador decide as propostas de inscrición das candidaturas de patrimonio inmaterial para ser proclamadas na XVII sesión do Comité da UNESCO que se celebrará no próximo mes de decembro. As boas prácticas Ademais da Lista Representativa do PCI (Patrimonio Cultural Inmaterial), o Rexistro das Boas Prácticas está conformado por experiencias que demostren a súa eficacia na preservación e a transmisión do patrimonio vivo. Estes métodos e enfoques deben entenderse como modelos e ensinanzas útiles adaptables a outras circunstancias, incluso en países en desenvolvemento. Desde o ano 2009, foron 29 as boas prácticas seleccionadas. España conta con 3 inscricións e Portugal non ten ningunha. Para Galicia a inscrición de Ponte...nas ondas! na UNESCO tamén sería a primeira. O modelo presentado A candidatura presentada por Portugal e España, co apoio de Xunta de Galicia, é o modelo de Ponte...nas ondas! que integra, nunha experiencia de comunicación, a preservación do patrimonio cultural inmaterial entre dous países. O traballo co patrimonio a través da práctica radiofónica permite a transmisión ás novas xeracións de prácticas e expresións representativas do patrimonio cultural inmaterial. As xornadas de radio transfronteirizas fomentan o coñecemento e a conciencia de compartir un patrimonio común por riba das fronteiras administrativas. As boas prácticas realizadas por Ponte...nas ondas! desde hai máis de 25 anos veñen acreditadas por diversos recoñecementos internacionais como o selo de “Buena práctica iberoamericana” concedido polo Ministerio de Educación de España ou o premio ONDAS “pola mellor cobertura do patrimonio inmaterial galego-portugués”. Ponte...nas ondas! foi tamén acreditada pola UNESCO como ONG consultora para o PCI en 2016, acreditación que foi renovada en 2021 despois de avaliar o Comité da UNESCO o traballo desenvolvido neste último período (as ONGs acreditadas deben remitir un informe da actividade realizada cada 5 anos). O exemplo de Meniños Cantores Ponte...nas ondas! vén de presentar o traballo Meniños Cantores 2 que se concreta nun libro-USB e unha web (www.meninoscantores.com). Este proxecto dá continuidade ao editado en 2005 e amplía o seu contido cunha serie documental de 4 capítulos que está emitindo a TVG aos domingos a partir das 19.45 hs. Para a UNESCO a transmisión interxeracional é o principio fundamental para a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial e a condición esencial para a sua sustentabilidade. Máis Información “PONTE NAS... ONDAS”: ✔️ Páxina Web: http://pontenasondas.org/ ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/pontenasondas/ ✔️ Twitter: https://twitter.com/pontenasondas ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/pontenasondasoficial/ ✔️ Flickr: https://www.flickr.com/photos/32237694@N07/ ✔️ Vimeo: https://vimeo.com/user894356 ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/Pontenasondas ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
A Asociación Igualdade e Mulleres da Estrada achéganos diferentes proxectos e novas relacionados coa igualdade. En Galicia existe un Servizo Galego de Igualdade desde 1993, en 2005 créase a figura da Secretaría Xeral de Igualdade. Hoxe falamos con Susana López Abella, Secretaría Xeral de igualdade dende o 11 de novembro do 2011. "Cando estás traballando duramente e pensas que está calando na sociedade, de pronto escoitas as novas e levas golpe na moral (comentarios machistas do adestrador do Rayo Vallecano, feminino), pero non na ilusión de seguir traballando e loitando contra esas actitudes machistas tan graves como é a incitación á violencia sexual". "A sociedade precisa refererentes (femininos) tanto no ámbito cientifico, deportivo como social. Grazas ao traballo que facermos (dende a Secretaría Xeral de Igualdade) no ámbito educativo e cos concellos, estase recoñecendo o traballo de mulleres como Begoña Vilas, lider de equipo na NASA". "A implicación da Federación de Taxistas de Galicia foi sempre total e absoluta. Esto anima a loitar neste ámbito tan dificil, sobre todo cando hai partidos políticos que negan que exista a violencia machista, que viven en Atapuerca e que no coñecen a realidade social deste país. É doloroso que alguén, por sacar rédito electoral, negue algo que é un gravísimo problema social". PREMIO MARÍA JOSEFA WONENBURGER: https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/gl/premio-maria-josefa-wonenburger Obxetivos: 1️⃣ A loita contra a Violencia de Xénero e a mellora da Atención e Protección Social das vítimas. 2️⃣ Promoción da Igualdade Real. 3️⃣ Intervención na Inserción Laboral 4️⃣ Programas de Sensibilización. Programas de Sensibilización: 1️⃣ Recursos didácticos e axudas económicas ás Anpas para traballar pola Co-Educación e Corresponsabilidade. (Falamos diso con anterioridade a través dos proxectos que desenvolve Acrofam). 2️⃣ Igualdade de Oportunidades. Programa Emega con 25 anos de posta en escena e recoñecido pola Unión Europea (con subvencións e recursos). 3️⃣ Visibilización da Muller. (Recursos a través de Unidades Didácticas, Proxectos, Exposicións e Programas, exemplo Nin + nin -) onde coñecer e valorar as pegadas de moitas mulleres que contribuíron a crecer en sociedade. 4️⃣ Atención personalizada Psicolóxica e Xurídica dentro da Rede de 84 Centros de Información á Muller, cofinanciado pola Conselleria de Emprego e Igualdade. 5️⃣ Centro de Atención e Formación de Recuperación Integral, en Santiago de Compostela. 6️⃣ Servizo Fegataxi desde 2012/2013 (gratuíto por renda ou situación persoal da usuaria e onde se preserva o anonimato). 7️⃣ Programa Acompañamento para huerfan@s. 8️⃣ Programa Teatro con espírito crítico. 9️⃣ Violencia Vicaria e innovación. Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE: ✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/search/top?q=igualdade%20na%20rede ✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadenarede ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/ ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Esta semana achegámonos ata a cidade da Coruña, ao Café Universal, para celebrar o terceiro aniversario de Vinte e, de paso, facer un pouco do noso, do espectáculo. Para manter o listón alto, acorde á ocasións cun selecto público, contamos coa poeta e cantautora Lucía Aldao, que vén de publicar o seu debut en soitario pero que continúa co seu dúo AldaoLado. Con ela falamos precisamente de parellas pero non románticas, senón desas persoas que son case como células dun mesmo. Tamén abordamos algunhas das polémicas da semana, como as amizades da infancia ou conservar amigos pese a todas as diferenzas. Para rematar, quixemos aproveitar a ocasión para abordar iso chamado coruñismo, que non El Coruño. Todo isto intercalando anécdotas a gusto de todxs, como sempre. Grazas a todas as persoas que viñeron vernos e ao resto: cedo teredes oportunidades de facelo
Neste episodio, Jesús Ángel e Martín preséntannos dous contos moi interesantes... Grazas, rapaces!!!
Hoxe, temos o praces de escoitar as novas creacións de Ilias Bendibour, Abdou Niang e Noa Losada, tres contos súper interesantes. Grazas, rapaces!!!
Neste 19 episodio de Descifrando a Historia falamos da presenza dos celtas, castrexos e romanos en Galicia. Grazas a Francisco Javier González rompemos unha serie de mitos que hai en torno a este tema. Os celtas estiveron aquí presentes? Que papel desempeñou Roma na formación de Galicia? E os castrexos, que son? Todo isto e moito máis aquí, en Descifrando a Historia
Todo o bo chega sempre ao seu fin e nós non podemos ser menos. Logo de máis de 9 meses case ininterrompidos, o que vén sendo un embarazo practicamente, estreando programa cada mércores, este o noso querido podcast comeza as súas vacacións de verán. Para facelo por todo o alto e non fallarlle ao espírito que tanto pregonamos, contamos con vellos e novos coñecidos, adiantos e promesas para a seguinte tempada e unha chea de anécdotas. Benvidos ao Café Derby Fest, un formato especial xunto a Grande Amore, dani e Verto no que pasamos de pedantería e cousas serias para meternos de cheo no interesante: verán, amigues, troula, tendencias, temazos e cía. Grazas por todo o apoio nos últimos meses a este pequeno pero ambicioso proxecto que é un chisco de cada persoa que nos escoite. Voltamos en nada! Feliz verán!
Neste Deixe Falar retornamos á Terra de Trasancos, con capitalidade na cidade de Ferrol. Por xenerosidade coa audiencia, nomeadamente no momento en que chega o período estival, neste episodio teremos dúas entrevistas polo mesmo prezo da unidade. En primeiro lugar falaremos cun artista que xa soou varias veces no Grandes Vozes. El é Roger de Flor -non o cabaleiro templario do século XIII; o trovador galego do século XXI-. Grazas á súa axuda, teremos o privilexio de conseguir falar tamén con Rogelio Arias, un cidadán da localidade de Fene, que dábamos por desaparecido. Escoiten... e entenderán todiño!
Boa noite de San Xoán! Nós decidimos pechar a temporada charlando dunha das nosas series preferidas: Love & Death & Robots. Meigas e ciencia ficción. Somos de mesturas curiosas! Conversamos principalmente da segunda temporada. Grazas por acompañarnos! Volveremos en setembro! --- Send in a voice message: https://anchor.fm/bocachanclas/message
Ao longo desta tempada os Saltón e Saltonas (ointes do Salta Da Cama), creceron exponencialmente. Tanto no podcast como a través do transistor. Uns dos grandes culpables foron os/as CHOFERES E ACOMPAÑANTES dos buses escolares. Poño en maiúscula porque, a pesar de non estar considerados persoal esencial do sistema educativo e da precariedade na que traballan, desenvolveron o seu taballo coa maior da profesionalidade e un gran sentido do humor para que os rapaces/as vaian seguros, felices e contentos ao colexio. Ao longo desta tempada, coa axuda e o apoio de todos, saímos a diante. Tódolos días era un pracer ir a traballar porque sabía que iba a atopar ao outro lado do transistor a unhas estupendas persoas que se convertiron co paso do tempo en amigos e familia. Unha gran familia que cada día de 8 a 10h. nós arrincamos un sorriso e nós damos poulos para afrontar o día do mellor xeito posible. No día de hoxe déronme unha gran sorpresa achegándose aos controis do "Salta Da Cama", e claro está, non me puiden resistir a poñelos diante dos micrófonos. GRAZAS POR TANTO!!!.
Benvidas e benvidos á última emisión de C'mmons baby! Antes de nada clarexar que isto é unha conclusión, non un regreso. Quero tamén desculparme por tardar cinco anos en gravar iso -a vida non deixa vivir ás veces- e desculpas tamén polo son estraño, por momentos, da miña voz, mais non sei que pasaba co micrófono que facía cousas raras. Debe ser que xa non lembraba traballar... Con todo, desta vez, os protagonistas sodes vós, os que estivestes aí do outro lado durante oito fabulosos anos. Grazas! (duración: 1h 18' 09'') baixar .mp3 / baixar .ogg Pararrayos. Inusual (EP Rombos o Diamantes 2019, CC-BY-NC-ND) The Dots. C'mon babe (EP Fashion For The Dressed And Naked 2007, CC-BY-NC-ND) Grampoder. A longa marcha (LP Golf Whiskey 2013, CC-BY-NC-SA) tdBt & the Garys. Feel like... (LP À la poursuite de René Fonck 2007, CC-BY-SA) Juana Chicharro. Dejad de chutaros (LP Juana Chicharro 2011, CC-BY-NC-SA) Dadalú. Brilla* (LP Periodo, Ponk Records 2011, CC-BY-NC-ND) El Diluvi. Als bons amics per peteneres (LP Motius 2014, CC-BY-NC-SA) Ataque Escampe. Vista Alegre Social Club (vol. 2) (LP Noites de agosto con Ataque Escampe 2012, CC-BY-NC-SA) Happy Elf. Come back (Mini LP Sexmachine, WM Recordings 2009, CC-BY-NC-SA) Megaloves. Perfil perfecto (Single Perfil perfecto 2009) The Easton Ellises. Liquorstore (EP ONE, Enough Records 2011, CC-BY-NC-ND) Winston. Tombeau du tréponème pâle (LP Passe-temps 2014, CC-BY-NC) Oláfachada. There Is Another Sky (Single ePop012, EardrumsPop 2010, CC-BY-NC-ND) The Wind Whistles. The Sun (LP Animal are people too, Aaahh! Records 2009, CC-BY-NC-ND) Bonus track Lizard Kisses. Close (Single Close 2012, CC-BY-SA) Até sempre! Abraços e beijinhos e carinhos sem ter fim...
Cantos domingos teremos pasado na nosa vida fronte ao televisor, logo de comer algo pouco recomendable e repetindo diálogos dunha película (xeralmente considerada mala) que sabemos de memoria? Moitas, agardo que moitas. Grazas a un movemento combativo, a cultura noutra hora considerada de baixa altura ou poca importancia agora ocupa un lugar tan digno xunto á considerada como alta. E ademais a esta onda de gozar sen complexos tamén a acompaña unha revisión das referencias, das iconas e o inamovible considerado como o mellor. Para falar disto, con moito humor, acompáñanos Malva, tiktoker e youtuber coa que parolamos a maiores sobre películas adolescentes, cultura teen e o himno galego.
Neste 12+1 episodio de Descifrando a Historia tratamos o contrabando na época de Salazar e Franco, como fixeron transporte ilícito de alimentos para sobrevivir. Grazas aos amigos "Os Contrabandistas" de Radio Metropolitana Porto pola colaboración. Twitter: @DescifrandoH Instagram: descifrandohistoria Spotify e Podgalego.
Ismael preséntanos este podcast con información moi interesante sobre os golfiños. Grazas, Ismael!!!
O pasado 16 de novembro naceu a Asociación Cultural República Musical Mardi Gras, un proxecto colaborativo que inclúe a protección das salas coruñesas, agrupadas na campaña #ApoyaTuSala (Mardi Gras, Jazz Filloa, Garufa Club, e o propio Bâbâ, pechado xa). A plataforma como todos os proxectos culturais crece e evoluciona propoendo outro tipo de actividades culturais como nos explica Tomi Legido. "En decembro repartimos 4.400 euros entre 4 salas de Coruña para axudarlle co pufo que estaban a xerar: Mardi Gras, Garufa club, Jazz Filloa e Baba Bar, aínda que xa pechara, axudámoslle." "En marzo editaremos un cd con 20 cancións de artistas que son todos socios/ as e que servirá para recadar fondos para o FONDO DE ANTICIPOS REPUBLICANOS (FAR). Un sistema de adiantar pasta a artistas, salas, mánagers cando lles urxa a pasta e teñan birlos sen cobrar." "Temos en marcha un Concurso de relatos breves. 450 palabras máximo e un concerto como único parámetro que debe aparecer no texto." CONCURSO DE RELATOS: Envíos a ( acrepublicamardigras@gmail.com ) cun documento á marxe cos datos da persoa participante. ✔️150 euros para o mellor relato de non socios ✔️250 para o mellor de socios ¿QUE DEBO FACER SE QUERO SER SOCIO/A? 1º Cubrir este formulario: https://bit.ly/3pwHwrP 2º Pagar a cota. No propio formulario está o número de conta. Son 10€ de cota de alta na asociación (isto págase só a primeira vez) + 20 de cota de 2021. Se ingresas máis dos 30 euros considérase Donativo para a asociación. En caso de pago de cota familiar (está explicado no formulario) podes indicalo nun correo electrónico. E con iso xa serás socia ou socio desta República. Grazas por interesarche polo noso proxecto que pretende, entre outras moitas cousas, axudar ás salas de concertos hermanadas en # Apoyatusala a que non pechen. Pero ese é só un dos obxectivos, coñecenos mellor en: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/AC-Rep%C3%BAblica-Musical-Mardi-Gras-102081098377359/about/?ref=page_internal ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast Máis Información: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas
Rocío Rodríguez Torres é Licenciada en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo. E ten un Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible na Universidade de Vigo. Tras moitos meses de búsqueda de traballo en España, conseguiu unha beca da Xunta de Galicia (Galeuropa), para facer una estancia de catro meses nunha institución europea. Agora leva catro anos e medio en Dinamarca traballando en ciencia e dous anos facendo un doutoramento na Universidade Técnica de Dinamarca. O doutoramento é un proxecto no que estuda o impacto dos microplásticos nas redes tróficas mariñas (ecosistemas mariños). Grazas a este doutoramento viaxou e investigar en diferentes ambientes (Ghana, Groenlandia). ️ "Os seres humanos inxerimos o plástico equivalente a unha tarxeta de crédito á semana". ️"No futuro gustaríame seguir traballando no mundo académico e na investigación científica. Pero é moi complicado e non sei aínda se será posible. Nesta situación actual non se poden facer moitos plans de futuro asique por agora toca rematar co doutoramento e ir pensando paso a paso". ️"Acerca de ser muller e traballar en ciencia, existe una clara desventaxa cando eres muller. Eu síntome afortunada pola situación na que me encontro pero teño compañeiras que non poden dicir o mesmo". ️"sempre te atopas con comentarios e comportamentos machistas, froito da sociedade na que vivimos". ️"Hai que facilitar que as nenas e as mulleres tamen nós sintamos co dereito e a capacidade que temos para poder ser científicas". Coñece o traballo de Rocío: ✔️ https://www.dtu.dk/english/service/phonebook/person?id=116833&cpid=&tab=2 ✔️ https://www.sciencedirect.com/science/article/abs/pii/S0048969720347938 ✔️ https://marineplastic.dk/home_en.html ✔️ https://www.sciencedirect.com/science/article/abs/pii/S0166445X20303817 ✔️ https://scholar.google.dk/citations?user=24Rs3lEAAAAJ&hl=en ✔️ https://www.researchgate.net/profile/Rocio_Rodriguez_Torres Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast.
Andrea Mosterio é unha moza que cursa 2º de bacherelato, e a través da asociación "Na Estrada, en galego" xuntou a 30 negocios que utilizan como lingua vehicular o galego. Hoxe fai un ano este fermoso proxecto, que nace da paixón de Andrea pola lingua galega e do interese na súa difusión, tanto por ela como por todos os negocios que a seguiron nesta andaina. A lingua, ademáis de ser nexo de unión e de proximidade cos veciños/as da contorna, funciona como valor diferencial do negocio. Máis información: Facebook: https://www.facebook.com/NaEstradaengalego Instagram: https://www.instagram.com/naes_tradaengalego/ Blog: https://naestradaengalego.blogspot.com/ Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast.
Se hai unha constante na vida é que do que non se fala, non existe a ollos do mundo. Pero isto non significa que non exista de verdade. Moitas foron e son as voces caladas porque a súa dor ou protesta non cabían nunha axenda mediática, porque non cadraban ou encaixaban coa liña dun discurso que non se acomplexaba por expulsar certos sectores da sociedade. Grazas ao aumento do activismo e a conciencia, podemos parolar abertamente de feminismo, violencias e historias invisibles. Hoxe acompáñanos Neves Rodríguez para falar da lacra machista, da visibilidade, da reivindicación dunha cultura propia e mil cómocs para ler.
Andrea Ghez foi a astrónoma paciente que durante dúas décadas seguiu o movemento das estrelas próximas ao centro da nosa galaxia. Grazas á óptica adaptativa os resultados foron espectaculares e lle valeron o premio nóbel de física deste ano. Postal planetaria con Borja Tosar.
(2:28) O nobel non recoñeceu o traballo de Francis Mojica. Por iso, pasadas unhas semanas da concesión do premio nobel de química 2020 ás tecnoloxías de edición xenómica CRISPR e boa ocasión para conversar con sosego e profundidade co investigador do CNB-CSIC Lluis Montoliu. (36:11) Andrea Ghez foi a astrónoma paciente que durante dúas décadas seguiu o movemento das estrelas próximas ao centro da nosa galaxia. Grazas á óptica adaptativa os resultados foron espectaculares e lle valeron o premio nóbel de física deste ano. Postal planetaria con Borja Tosar. www.efervesciencia.org
Andrea Ghez foi a astrónoma paciente que durante dúas décadas seguiu o movemento das estrelas próximas ao centro da nosa galaxia. Grazas á óptica adaptativa os resultados foron espectaculares e lle valeron o premio nóbel de física deste ano. Postal planetaria con Borja Tosar.
(2:28) O nobel non recoñeceu o traballo de Francis Mojica. Por iso, pasadas unhas semanas da concesión do premio nobel de química 2020 ás tecnoloxías de edición xenómica CRISPR e boa ocasión para conversar con sosego e profundidade co investigador do CNB-CSIC Lluis Montoliu. (36:11) Andrea Ghez foi a astrónoma paciente que durante dúas décadas seguiu o movemento das estrelas próximas ao centro da nosa galaxia. Grazas á óptica adaptativa os resultados foron espectaculares e lle valeron o premio nóbel de física deste ano. Postal planetaria con Borja Tosar. www.efervesciencia.org
Farto de que as cousas deixen de funcionar e ter que cacharrear para arranxalas. Episodio 71, gravado o 16 de outubro de 2020. Suscríbete: - Km de balde: http://feeds.feedburner.com/kmdebalde - Km gratis: http://feeds.feedburner.com/kmgratis Twitter: https://twitter.com/Kmgratis Tumblr: https://kmdebalde-kmgratis.tumblr.com
Para a estrea do Café Derby 21 queremos contar coa persoa que está tendo as mellores semanas en Galicia, Berta Dávila. Grazas ao éxito da súa novela Carrusel, a autora galega conquista cada premio encertame ao que se presenta, sendo o máis destacado últimamente o Premio Nacional da Crítica. Cos ollos postos na súa seguinte obra, Berta Dávila achégase al Café Derby 21 para falar de autoficción, o oficio da escritura e o Xabarín Club.
Novo podcast. Agora xa fora do confinamento, porque con prudencia, podemos ir traballando noutras cousas e xa imos tendo frontes abertos laborais que hai que atender como a atención ás persoas usuarias con cita previa. Nesta nova época, comezamos con un profesional das bibliotecas co que José Luis Alonso e Fidel Mouzo tiñamos moitas gañas de falar: Alberto Llano, bibliotecario no Concello de Teo. Con Alberto falamos de varias cousas, entre elas as peculiaridades das bibliotecas no seu Concello, sobre a resposta como Rede de Bibliotecas de Galicia que tivemos ante a reapertura das mesmas despois do confinamento, e cómo está a situación das propia bibliotecas (as de Teo e as de Arteixo) con relación aos sistemas de xestión bibliotecaria (Koha ou SophiA). Pensamos darlle outra dinámica ao podcast desde este mesmo e variará a periodicidade e a duración dos mesmos. Deixemos que evolucione... ;) Grazas a Alberto pola súa presenza connosco e xa quedamos emprazados a outra conversa mais adiante. :)
Hoxe é o último podcast de Palabra de Biblioteca con esta periodicidade diaria. A partir do luns o persoal bibliotecario comezamos a preparar todo para que as persoas usuarias podades voltar a elas. Xa vos informaremos como merecedes. Neste podcast de hoxe venres día 8 de maio, temos a Álex Antelo de Proyecto Bululú. Con él, José Luis e Fidel falamos das actividades que realiza de animación con toda a rapazada de Primaria do Concello de Arteixo, con moita da rapazada de Infantil, de cómo as normas que virán sobre limitación de aforos e demáis para as actividades afectarán ao desenrolo das mesmas, e incluso debatimos uns minutos si todo voltará a ser como antes cando a saúde das persoas non esté en perigo. Grazas a Álex por conversar connosco no podcast da Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo.
Ola. Benvidas, benvidos a outra Palabra de Biblioteca. Hoxe podes escoitar no noso podcast a Mari Luz Corral Uzal, responsable do Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros. Con ela, José Luis Alonso Torreiro, falará de que xa existen certos movementos para a reapertura dos nosos centros (en Arteixo teremos que agardar un pouco, pero estaredes ben informados) e doutras cousas como cal é a influencia desta crise sanitaria na vida de Mari Luz, cómo traballaron as bibliotecas de Oleiros neste espazo de tempo, e qué pasos debemos seguir para voltar á nova normalidade no que primará a saúde das persoas traballadoras dos servizos bibliotecarios e, sobre todo, a das persoas usuarias dos mesmos. Por último, Mari Luz, fará unha serie de recomendacións moi interesantes de lectura dentro de Galicia Le, pero que dentro dun pouco poderedes coller nas diferentes bibliotecas de maneira presencial. Grazas a Mari Luz e a todas as persoas que escoitades este podcast.
May the 4th be with you. Por isto festexamos o Día da Forza en 4 de maio. Boas, hoxe achegamos un Palabra de Biblioteca moi especial porque Jose Luis Alonso e Fidel Mouzo teñen a honra de falar cun convidado de grande altura. Se non fose así, non teríamos chamado no noso Concello de Arteixo á Biblioteca Central polo seu nome: Henrique Rabuñal. Podedes escoitar a Don Henrique falar sobre o seu libro: Ricardo Carvalho Calero: O anxo da terra de Editorial Galaxia, e facer pequenos comentarios sobre esta obra que, como ben sabedes, protagoniza o persoeiro literario que é homenaxeado este ano 2020 polo Día das Letras Galegas. Fala da estructura dun libro accesible para toda aquela persoa que se queira achegar Carvalho Calero, comenta da vida e circunstancias do autor e por último, falamos dun fío de Twitter que está a realizar Henrique Rabuñal donde diariamente publica información da biografía e da obra de Ricardo Carvalho Calero. Facemos referencia a un Momento de Twitter, ferramenta que permite recompilar chíos, e que tes na ligazón. Grazas a Don Henrique pola súa presenza en este Palabra de Biblioteca. #bibliotecasmunicipais #Arteixo #aculturasegue #carvalhocalero2020 #díadasletrasgalegas #17maio
En día 1 de maio, día do traballo, a biblioteca segue a publicar o seu podcast, Palabra de Biblioteca. Hoxe vimos con Rosa Barreiro, da biblioteca municipal de Caldas de Reis (Pontevedra). Falamos José Luis e Fidel das medidas que terán que tomar as bibliotecas cando voltemos a abrir con regularidade e con afán de darlle seguridade ás persoas que traballamos e todas as persoas usuarias que vos acheguedes ás bibliotecas. Teremos tempo para facer algunha que outra recomendación por parte de Rosa e de José Luis. Grazas por escoitarnos e voltamos o luns día 4 de maio cunha persoa ilustre de Arteixo.
Hoxe en Palabra de Biblioteca neste Día do Libro, 23 de abril con Marisa, da Biblioteca Municipal de Miño (A Coruña). Con Marisa botamos unha visual a cómo vai mudar a nosa visión sobre a profesión bibliotecaria ou outros aspectos da vida, da importancia das redes sociais ou de grupos de mensaxería que valen como auténticos canales de creación de comunidade bibliotecaria. Grazas a Marisa pola súa participación neste día tan sinalado.
Prometemos alomenos un podcast por día co gallo da conmemoración do Día do Libro e chegamos con este novo capítulo onde Fidel Mouzo fala con Merce Vázquez, da Biblioteca Pública Municipal de Portonovo (Concello de Sanxenxo) no que falamos de varios temas: de xestión interna das bibliotecas, de cómo será a volta, da necesidade das bibliotecas para reducir a fenda dixital para xente con menos recursos ou para persoas maiores non familiarizadas coas novas tecnoloxías... Unha conversa moi lixeira, moi amena e pensamos que interesante. Grazas a Merce e grazas a todos os que participaches dunha maneira ou outra no feedback positivo que nos estades a dar. Recorda que se queres enviar algún comentario, suxestión, recomendación ou consulta podes facelo a través de Facebook, Twitter, neste mesmo blog con un comentario ou através do correo electrónico biblioteca@arteixo.org. Escoitas Palabra de Biblioteca, hoxe con Merce de Portonovo.
José Luis Alonso Torreiro e Fidel Mouzo presentan esta nova xeira de podcast do título Palabra de Biblioteca. Aproveitamos a semana do 23 de abril, Día do Libro para comezar de novo esta xeira de podcast... Nesta época tentamos levar a casa a nosa voz para que podades saber que está a pasar co servizo de bibliotecas mentras dura o confinamento. Un esforzo por chegar esa información que non ten límites na internet para que sepades o que hai co noso servizo. Hoxe, José Luis explica varias cousas que poden ser de importancia: actividades, préstamos, no caso da desescalada qué vai a pasar... Grazas por estar aí, e difunde por favor.
Os Guerreiros de terracota de Xian portan armas de bronce relucentes e afiadas. Grazas á investigación do catedrático de arqueoloxía de Cambridge Marcos Martinón agora sabemos que isto se debe a unha feliz e inesperada coincidencia.
Os Guerreiros de terracota de Xian portan armas de bronce relucentes e afiadas. Grazas á investigación do catedrático de arqueoloxía de Cambridge Marcos Martinón agora sabemos que isto se debe a unha feliz e inesperada coincidencia.
Vivimos nun oceáno de datos persoais e médicos, se non queremos afogar teremos que botar man da ética. Conversamos coa subdirectora da Observatorio de Bioética e Dereito da Cátedra Unesco da Universidade de Barcelona Itziar de Lecuona (10:13). Os Guerreiros de terracota de Xian portan armas de bronce relucintes e afiadas. Grazas á investigación do catedrático de arqueoloxía de Cambridge Marcos Martinón agora sabemos que isto se debe a unha feliz e inesperada coicidencia. (33:57) Con Marcos Pérez coñecemos a previa do XXIV Día da Ciencia na Rúa (3:45). Na nosa introducción, o recoñecemento facial é o plutonio da Intelixencia Artifical (0:30)
Vivimos nun oceáno de datos persoais e médicos, se non queremos afogar teremos que botar man da ética. Conversamos coa subdirectora da Observatorio de Bioética e Dereito da Cátedra Unesco da Universidade de Barcelona Itziar de Lecuona (10:13). Os Guerreiros de terracota de Xian portan armas de bronce relucintes e afiadas. Grazas á investigación do catedrático de arqueoloxía de Cambridge Marcos Martinón agora sabemos que isto se debe a unha feliz e inesperada coicidencia. (33:57) Con Marcos Pérez coñecemos a previa do XXIV Día da Ciencia na Rúa (3:45). Na nosa introducción, o recoñecemento facial é o plutonio da Intelixencia Artifical (0:30)
O axudante de biblioteca Fidel Mouzo, entrevista ao alcalde actual de Arteixo Carlos Calvelo. Con él falamos deste 8 anos de goberno e do que pode vir no futuro na nosa Rede Municipal de Bibliotecas. Xa sabes que se che gusta este audio, axúdanos moito que compartas, difundas e des "Me Gusta". Grazas!
Imaxinádevos que saídes pescar cuns amigos pola ría de Arousa nunha lancha. Nun momento dado a un dos excursionistas dálle un infarto ao corazón. Que facemos nesta circunstancia onde cada segundo pode marcar a diferenza entre a vida e a morte logo de chamar ao 1 1 2? Cara onde tirar, cara o porto que estea mais preto ou o que este co vento a favor? Podemos empezar a facer compresións no peito? E se así debemos poñer a lancha a toda velocidade ou amainar un chisco para facer a reanimación? Grazas ao grupo de investigación REMOSS da Universidade de Vigo que dirixe Roberto Barcala temos resposta baseada en evidencia a estas preguntas.
Imaxinádevos que saídes pescar cuns amigos pola ría de Arousa nunha lancha. Nun momento dado a un dos excursionistas dálle un infarto ao corazón. Que facemos nesta circunstancia onde cada segundo pode marcar a diferenza entre a vida e a morte logo de chamar ao 1 1 2? Cara onde tirar, cara o porto que estea mais preto ou o que este co vento a favor? Podemos empezar a facer compresións no peito? E se así debemos poñer a lancha a toda velocidade ou amainar un chisco para facer a reanimación? Grazas ao grupo de investigación REMOSS da Universidade de Vigo que dirixe Roberto Barcala temos resposta baseada en evidencia a estas preguntas.
Conversamos coa divulgadora e profesora de matemáticas da Universidade de Sevilla Clara Grima sobre grafos, redes sociais, Rosalind Franklin, vacinas, divulgación e teatro. Esta semana o Grupo Interdisciplinario de Bioestatística da Universidade de Santiago organizou unha reunión científica sobre Modelado Conxunto de Datos Lonxitudinais e de Supervivencia. Grazas a esta técnica estatística é posible facer determinadas predicións tomando de base medicións tomadas repetidamente no tempo. Isto é algo que pode ser moi útil en disciplinas como bioloxía ou nas finanzas, pero especialmente no campo da medicina. En dúas pílulas reproducimos as impresións de varios dos participantes no seminario internacional que impartiu Dimitris Rizopoulos da Erasmus University Medical Center de Holanda.
Conversamos coa divulgadora e profesora de matemáticas da Universidade de Sevilla Clara Grima sobre grafos, redes sociais, Rosalind Franklin, vacinas, divulgación e teatro. Esta semana o Grupo Interdisciplinario de Bioestatística da Universidade de Santiago organizou unha reunión científica sobre Modelado Conxunto de Datos Lonxitudinais e de Supervivencia. Grazas a esta técnica estatística é posible facer determinadas predicións tomando de base medicións tomadas repetidamente no tempo. Isto é algo que pode ser moi útil en disciplinas como bioloxía ou nas finanzas, pero especialmente no campo da medicina. En dúas pílulas reproducimos as impresións de varios dos participantes no seminario internacional que impartiu Dimitris Rizopoulos da Erasmus University Medical Center de Holanda.
Na literatura fantástica un tema recorrente é a exploración de Marte. Grazas ao videoxogo "Let´s go Mars" podemos recrear en primeira persoa unha expedición prospectiva ao planeta vermello. Na trama deste xogo conviven un chisco de recreación e moita ciencia. "Let´s go Mars" é unha iniciativa de comunicación do proxecto H2020 "Upwards: Understanding planet Mars". Conversamos co investigador principal do proxecto Miguel Ángel López Valvede (IAA-CSIC) e coa creadora de "Let´s go mars" Ana Tamayo.
Na literatura fantástica un tema recorrente é a exploración de Marte. Grazas ao videoxogo "Let´s go Mars" podemos recrear en primeira persoa unha expedición prospectiva ao planeta vermello. Na trama deste xogo conviven un chisco de recreación e moita ciencia. "Let´s go Mars" é unha iniciativa de comunicación do proxecto H2020 "Upwards: Understanding planet Mars". Conversamos co investigador principal do proxecto Miguel Ángel López Valvede (IAA-CSIC) e coa creadora de "Let´s go mars" Ana Tamayo.
Na literatura fantástica un tema recorrente é a exploración de Marte. Grazas ao videoxogo "Let´s go Mars" podemos recrear en primeira persoa unha expedición prospectiva ao planeta vermello. Na trama deste xogo conviven un chisco de recreación e moita ciencia. "Let´s go Mars" é unha iniciativa de comunicación do proxecto H2020 "Upwards: Understanding planet Mars". Conversamos co investigador principal do proxecto Miguel Ángel López Valvede (IAA-CSIC) e coa creadora de "Let´s go mars" Ana Tamayo. Eva Rodríguez de SINC danos conta dunha investigación da USC na que veñen de constatar que o divorcio dos pais aumenta o risco de trastornos gastrointestinais e neurolóxicos nos fillos. Conversamos con Mª Dolores Seijo da Unidade de Sicoloxía Forense da USC. Neste enlace compartimos o programa "Ruptura de parella, non de familia" http://www.usc.es/programaruptura/ Débese priorizar a seguridade á privacidade dixital? Está importante pregunta dá pé a un novo debate de "Regueifas de Ciencia". Escoitamos os argumentos de Eduardo Casas, @AguilaKen Paloma Llaneza @PalomaLLaneza, Marta Peirano @minipetite e Alberto Calero @alcalero.
Na literatura fantástica un tema recorrente é a exploración de Marte. Grazas ao videoxogo "Let´s go Mars" podemos recrear en primeira persoa unha expedición prospectiva ao planeta vermello. Na trama deste xogo conviven un chisco de recreación e moita ciencia. "Let´s go Mars" é unha iniciativa de comunicación do proxecto H2020 "Upwards: Understanding planet Mars". Conversamos co investigador principal do proxecto Miguel Ángel López Valvede (IAA-CSIC) e coa creadora de "Let´s go mars" Ana Tamayo. Eva Rodríguez de SINC danos conta dunha investigación da USC na que veñen de constatar que o divorcio dos pais aumenta o risco de trastornos gastrointestinais e neurolóxicos nos fillos. Conversamos con Mª Dolores Seijo da Unidade de Sicoloxía Forense da USC. Neste enlace compartimos o programa "Ruptura de parella, non de familia" http://www.usc.es/programaruptura/ Débese priorizar a seguridade á privacidade dixital? Está importante pregunta dá pé a un novo debate de "Regueifas de Ciencia". Escoitamos os argumentos de Eduardo Casas, @AguilaKen Paloma Llaneza @PalomaLLaneza, Marta Peirano @minipetite e Alberto Calero @alcalero.
Grazas a ciencia cidadá a xente de a pé podemos achegar o noso pequena colaboración en proxectos de investigación de todo tipo. Nesta edición efervescente presentamos "Forest 112" - monitorización de pragas e especies invasoras nos nosos bosques - e "Big Bell Test" - xeración de números aleatorios para que laboratorios de óptica cuántica leven a cabo o test de Bell - Conversamos con Elena Vázquez Cendón, investigadora do grupo de enxeñería matemática industrial da USC. Grazas á simulación numérica a industria resolve problemas, desde o enchido de lagos como o de As Pontes ata os programas de procesado de datos espectroscópicos que empregan os químicos en todo o mundo.
Grazas a ciencia cidadá a xente de a pé podemos achegar o noso pequena colaboración en proxectos de investigación de todo tipo. Nesta edición efervescente presentamos "Forest 112" - monitorización de pragas e especies invasoras nos nosos bosques - e "Big Bell Test" - xeración de números aleatorios para que laboratorios de óptica cuántica leven a cabo o test de Bell - Conversamos con Elena Vázquez Cendón, investigadora do grupo de enxeñería matemática industrial da USC. Grazas á simulación numérica a industria resolve problemas, desde o enchido de lagos como o de As Pontes ata os programas de procesado de datos espectroscópicos que empregan os químicos en todo o mundo.
Iris. Diego, María e Axa responden aos nosos ouvintes, con entrevista aos compañeiros de 2ºB. Grazas rapaces!
Déborah García Bello cóntanos que é posible explicar toda a historia da arte co uso do negro en cada movemento artístico. Grazas á nanotecnoloxía agora dispomos do negro mais negro de todos os negros. Pero so un artista, Anish Kapoor, ten os dereitos en exclusiva para empregar esta cor...
Déborah García Bello cóntanos que é posible explicar toda a historia da arte co uso do negro en cada movemento artístico. Grazas á nanotecnoloxía agora dispomos do negro mais negro de todos os negros. Pero so un artista, Anish Kapoor, ten os dereitos en exclusiva para empregar esta cor...
Liberado xa, polos amabeis alumnos secuestradores, publico a crónica do que foi unha experiencia tan arrepiante como gostosa. Isto é o que deu de si o Obradoiro de radio e podcasting desta fin de semana en Vedra. Grazas a todos os alumnos (Belén, Concha, Susana, Cristina, Sonia, Cristina, Mónica, Sergio, Lorena, Miguel, Jesús, Cristina e Antón) por facerme pasalo tan ben, por terme axudado a aprender con eles (oxalá eles aprenderan tamén comigo); e grazas tamén á xente de Senunpeso por me chamar para isto. Nos vindeiros días subirei a emisión que tería sido de non ser secuestrado. (duración: 14'46")Baixar .mp3 / Baixar .oggO secuestroCamarada Nimoy. Tacoma Bridge (Camarada Nimoy, EP) O comunicadoHolgado. El fin del mundo (Hay mucho campo, EP) A negociaciónInterferenciasMaking of