Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os mércores ás 24 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e…
[Versión estendida] Noite Efervescente desde a Casa dos Veciños da Aldea do Couto en Ponteceso. Estiveron connosco o alumnado das Aulas Científicas Eduardo Pondal e os amigos da Asociación AMIPA. Tamén contamos con Esther Suárez, Isabel Segura, Borja Tosar, Xabier Pérez Couto e Estíbaliz Espinosa.
[Versión estendida] Monográfico dedicado ao programa Ignicia da GAIN para transferir o coñecemento dos centros de investigación galegos ao mercado. (2:09) Carmen Cotelo é a directora da Axencia Galega de Innovación. (10:19) Eferméride do 29 de maio do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (11:38) María de la Fuente lidera a unidade de nanooncoloxía e terapúetica transacioal do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, IDIS, e é a promotora da spin off Diversa. (34:30) Sense Aeronautics é unha spin off de Gradiant especializada en análise de vídeo para drons. O seu responsable é Fernando Gago. (45:12) A intelixencia artificial axuda a vender pisos en PhotoIlike creada pola spin off Indestia. Conversamos co profesor de Ciencias da Computación da UdC Juan Romero.
Desde o panóptico do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o Marco, celebramos o día internacional dos museos da man do Proxecto LUMES nunha confluencia de ciencia e arte, entre a academia e o publico, e entre o norte de Portugal e Galicia. (4:05) Fran Aboy é o responsable do LUMES. (10:24) A UNESCO nomeou a Braga como Cidade Creativa da Artes Audiovisuais. Contamos con Sara Borges, coordinadora do "Circuito", o servizo educativo do Braga Media Arts. (16:03) Luis Hernández dirixe o grupo Videalab da UdC de visualización avanzada con aplicacións á arquitectura dixital e ao patrimonio histórico. (37:26) Eferméride do 22 de maio do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (38:39) En Braga atópase tamén o Laboratorio Ibérico de Nanotexia, INL, onde Lorena Diéguez lidera o grupo de dispositivos nanomédicos e Mariam Debs é a responsable de comunicación.
[Fragmento] Estivemos na aeródromo de Cerceda na fase clasificatoria galega do desafío CanSat da ESA, un concurso escolar de lanzamento de minisatélites do tamaño dunha lata de refresco. O representante galego para a final española resultou ser o equipo do Gemini Pólux. Así, fómonos tamén ao IES de Teis para coñecer ás súas integrantes, que son alumnas da Ucraína, Perú, Venezuela, Brasil, República Dominicana e Galicia
Celebramos desde Tecnópole en San Cibrao das Viñas o 20 aniversario da feira científica Galiciencia. Contamos con Javier Taibo, Margarita Ravelo, Tino Álvarez, Ana Piñeiro Sotelo, Vicente Mohedano, Cristina Mangana, Patricia Barciela, David Ballesteros, Carlos Nieto, Noemía Ortega, Adolf Cortel e Javier García Martínez. (15:20) Estivemos na aeródromo de Cerceda na fase clasificatoria galega do desafío CanSat da ESA, un concurso escolar de lanzamento de minisatélites do tamaño dunha lata de refresco. O representante galego para a final española resultou ser o equipo do Gemini Pólux. Así, fómonos tamén ao IES de Teis para coñecer ás súas integrantes, que son alumnas da Ucraína, Perú, Venezuela, Brasil, República Dominicana e Galicia.
[Versión estendida] Asistimos á edición de 2025 de Ciencia na Aldea que se desenvolveu en Pena da Nogueira no Concello de Negueira de Muñiz organizada pola Asociación Corripa. Un encontro único entre o mundo da ciencia, do medio ambiente e a xente do agro. Conversamos co biólogo Javier Castroviejo (2:40), co botánico Bernabé Moya e os organizadores e promotores do Festival de Herbas Espontáneas de Ussaramanna (Cerdeña) Rosella Urrú e Walter Secci (15:57), coa poeta e xornalista Nieves Neira (31:40), cos entomólogos Félix Torres e José Carlos Otero (35:55), co ornitólogo Antonio Sandoval e o "naturalista sonoro" Carlos de Hita (58:01) e coa xente da Asociación Corripa Vanesa Paredes e Alberto Uría (58:01). A música corresponde ao concerto ao vivo de "Catro nun Zoco" (Mini, Mariña Quintillán, Iria e Navia Rivas) neste evento.
Un dos grandes enxeñeiros da historia e pai da termodinámica foi William Rankine, un personaxe descoñecido para o gran público. Retomamos as "Entrevistas no alén" da Avoa de Einstein con este enxeñeiro poeta que chamou ó noso teléfono de aludidos por citalo de esguello a semana anterior.
[Versión estendida] Desde o CINBIO conversamos con Luis Liz Marzán, o español máis citado en ciencia de materiais. Marzán, que tamén traballa no CIC BioMagune en San Sebastián, leva máis de dúas décadas desenvolvendo investigacións de vangarda co financiamento do ERC, o Consello Europeo de Investigación. Actualmente traballa na síntese de nanoparafusos que presentan propiedades novidosas con aplicacións na transmisión de información e na interacción con proteínas.
(3:27) Un dos grandes enxeñeiros da historia e pai da termodinámica foi William Rankine, un personaxe descoñecido para o gran público. Retomamos as "Entrevistas no alén" da Avoa de Einstein con este enxeñeiro poeta que chamou ó noso teléfono de aludidos por citalo de esguello a semana anterior.(11:20) Desde o CINBIO conversamos con Luis Liz Marzán, o español máis citado en ciencia de materiais. Marzán, que tamén traballa no CIC BioMagune en San Sebastián, leva máis de dúas décadas desenvolvendo investigacións de vangarda co financiamento do ERC, o Consello Europeo de Investigación. Actualmente traballa na síntese de nanoparafusos que presentan propiedades novidosas con aplicacións na transmisión de información e na interacción con proteínas.(41:45) Eferméride do 24 de abril do "Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez" (42:55) Previa á celebración do Festival CinVigo co director do CINBio Miguel Correa e a profesora do CPI Progreso de Catoira Marta Fernández.
(2:04) Doha Elrhoul e Manuel Romero Gómez son investigadores do grupo de Enxeñaría Enerxética (INGEN) do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI). Romero é o director da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas (ETSNM) da Universidade da Coruña. Veñen de publicar un traballo que propón un método eficiente para que os metaneiros produzan in situ hidróxeno verde. Para isto, mediante unha variante do método Rankine orgánico aproveitan a calor residual dos motores e a recuperación de parte do gas natural que se perde por evaporación. (21:49) Ruta de Turismo Científico das Cerdeiras de Pontedeume con Maite Vence. (27:06) Desde o Instituto da Lingua Galega conversamos co dialectólogo Francisco Dubert sobre os traballos de doazón e validación de voces do Proxecto Nós. O obxectivo é conseguir que as intelixencias artificiais comprendan todas as entoacións e variedades do galego.
Achegámonos ao congreso da Rede Portuguesa de Comunicación da Ciencia SciCom Pt que se celebrou na Illa de Madeira. Conversamos con Ana Santos Carvalho, Sara Bettencourt (2:15), Pedro Russo e Mario Montenegro (12:38) e coñecemos entre outras iniciativas, a Conferencia Internacional de Teatro Científico de Coimbra. (38:48) O noso paxareiro, Nacho Munilla, cóntanos o recente achado de parasitismo intraespecífico en estorniños.
(2:13) A nosa sexóloga e xornalista Laura Veiga explícanos se é posible adiantar a regra. (14:45) A exposición "Menssana" achega a saúde mental aos adolescentes. Conversamos con Patricia Barciela, directora da Domus dos Museos Científicos Coruñeses. (30:20) Efeméride do 10 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez (31:52) Lucía Martín é investigadora en Epidemioloxía e Saúde Pública, e directora do Laboratorio do Radon de Galicia. O gas radon é unha asasino silencioso que tamén espreita nos centros de traballo, aínda que polo de agora se lle ten dado moi pouca atención legal e empresarial a este risco laboral.
[Versión estendida] Mario Pansera é investigador Oportunius da Xunta de Galicia e dirixe en Pontevedra o laboratorio Innovación e Postcrecemento da Universidade de Vigo, así como o proxecto PROSPRERA, financiado cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC). A súa investigación céntrase en como promover a innovación nun contexto de postcrecemento, o movemento R2R ("Dereito a Reparar") e a transición xusta cara a unha economía circular.
[Versión estendida] Os datos liberados hoxe pola colaboración DESI (Dark Energy Spectroscopic Instrument) no encontro anual da American Physical Society apuntan a que a enerxía escura non é unha constante, senón que vai devalando na historia do universo. Isto podería rachar co actual modelo estándar cosmolóxico Lambda CDM. Nolo debulla o investigador da Universidade de Berkeley Antón Baleato Lizarcos.
(5:55) Navegamos na Bitácora do Beagle con Julio Rodríguez, quen nos explica tres artigos científicos que estudan os nexos entre a saúde e o contexto social no relativo á falta de relacións sociais, a depresión e o envellecemento. (23:04) Efeméride do 3 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Ramón Núñez (24:45) Mario Pansera é investigador Oportunius da Xunta de Galicia e dirixe en Pontevedra o laboratorio Innovación e Postcrecemento da Universidade de Vigo, así como o proxecto PROSPRERA, financiado cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC). A súa investigación céntrase en como promover a innovación nun contexto de postcrecemento, o movemento R2R ("Dereito a Reparar") e a transición xusta cara a unha economía circular.
(2:00) Enoloxía e turismo científico con Maite Vence (6:29) Solución a onde está Moncho Núñez (8:27) Visitamos o CIMUS para coñecer as investigacións de Beatriz Pelaz, investigadora Oportunius do CIQUS onde desenvolve ferramentas bio-nano, como por exemplo os origamis de ADN, para desenvolver terapias controladas externamente mediante luz ou campos magnéticos. (40:35) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez (43:32) Como ver a eclipse de sol do 29 de maio con Dosi Veiga.
(0:24) Non está documentado que Einstein dixera que a introdución do termo cosmolóxico fora a maior metida de zoca da súa vida. Pero a súa constante cosmolóxica é, ata o de agora, unha chave de bóveda do que sabemos do universo. (6:11) O noso ornitólogo Nacho Munilla explícanos o papel recentemente descuberto da biofluorescencia das aves do paraíso. (20:54) Efeméride do 20 de marzo do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (23:08) Os datos liberados hoxe pola colaboración DESI (Dark Energy Spectroscopic Instrument) no encontro anual da American Physical Society apuntan a que a enerxía escura non é unha constante, senón que vai devalando na historia do universo. Isto podería rachar co actual modelo estándar cosmolóxico Lambda CDM. Nolo debulla o investigador da Universidade de Berkeley Antón Baleato Lizarcos.
[Versión estendida] Alejandro Gómez Pazo, xeógrafo e profesor axudante doutor na Universidade de León, estuda a dinámica das pedras costeiras. TaméndDramatizamos o relato "Pedra, area, balea" de Noelia Rodríguez que gañou a XIII edición do concurso Inspiraciencia, convocado pola delegación do CSIC en Cataluña, na categoría de textos en galego.
(0:21) Einstein pasou de esguello por Galicia hai 100 anos. (4:39) Wicho deixa en evidencia os bulos sobre astronautas abandonados na Estación Espacial Internacional. (13:37) Alejandro Gómez Pazo, xeógrafo e profesor axudante doutor na Universidade de León, estuda a dinámica das pedras costeiras. (24:24) Dramatizamos o relato "Pedra, area, balea" de Noelia Rodríguez que gañou a XIII edición do concurso Inspiraciencia, convocado pola delegación do CSIC en Cataluña, na categoría de textos en galego. (39:47) Eferméride do 13 de marzo do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez (40:58) Na sección "Cambio de Fase" de Daniel Pizarro coñecemos a banda deseñada "Unha fracción de segundo" (Asitbierri) de Guy Delisle sobre a azarosa vida de Eadweard Muybridge
(2:00) Moncho Núñez está nun lugar secreto. (4:24) Julio Rodríguez cóntanos na súa "Bitácora do Beagle" como a terapia xénica abre vías de curación de cegueiras causadas por retinoses pigmentarias. (18:34) Moncho Núñez preséntanos o seu libro "O Calendario da Historia da Ciencia" (41:43) Cantos tipos diferentes de fluídos hai nunha vaxina? Ten a resposta a sexóloga e xornalista Laura Veiga.
(2:04) A empresa porriñesa Biofabri do grupo Zendal é a fabricante en exclusiva da única vacina contra a tuberculose pulmonar, a MTBVAC, e impulsora dos seus ensaios clínicos. Veñen de anunciar o inicio dun novo ensaio clínico de fase 2b desta vacina, neste caso con adolescentes e adultos. Conversamos co CEO de Biofabri, Esteban Rodríguez. (17:10) Resolvemos onde estaba Luis Muiño no noso concurso "Un libro, un autor e un lugar". (19:20) Andrés Prieto, profesor da Universidadade de A Coruña e investigador do CitMaga, e Noela Sánchez, do grupo de oceanografía física da Universidade de Vigo, traballan nun proxecto de caracterización numérica dos fondos costeiros empregando sons.
(0:25) Descobren que os ratos axudan aos seus conxéneres cando perden o coñecemento practicando unha especie de RCP. (5:33) A xornalista e sexóloga Laura Veiga fálanos dos libros de autoaxuda menstrual. (17:15) Damián Copena, do Grupo de investigación en Estudios de Historia Empresarial e sectorial da Pesca, Industria e Comercio (GESPIC) da USC, publicou xunto con María Gómez un traballo na revista *Medical History* sobre a febre das sambesugas no século XIX en España para uso médico. (39:57) A banda deseñada "Deep me" e "Deep it" fai un achegamento experimental á IA. Nolo comenta Daniel Pizarro na sección "Cambio de fase".^resumo
(2:17) Luis Muiño fálanos desde un lugar secreto na nosa sección "Un libro, un autor, un lugar" (6:12) Bibiana García Visos explícanos cal é a infraestrutura que permite que teñamos auga da billa nas nosas casas. (15:34) Conversamos co psicólogo Luis Muiño sobre o seu libro "A trampa do amor. Unha reflexión contra o amor romántico. Unha guía para o amor san"
(2:23) Estíbaliz Espinosa explora a ciencia e a poesía dos asteroides, dende o asteroide Bennu e as súas mostras de aminoácidos ata o asteroide 2024 YR4 e o protocolo de seguridade planetaria da ONU. (19:43) Maite Vence tráenos rutas Observer para ver paxaros. (25:50) Celia Diaz, socióloga do Grupo Trans Soc da Universidade Complutense de Madrid, debúllanos o primeiro informe sobre confianza na ciencia e populismo científico en España, que elaborou a FECYT.
(3:14) Os mellores ceos do mundo para a observación astronómica están en perigo. Os observatorios do deserto de Atacama están a piques de quedar cegos. Conversamos con Pedro Sanhueza, experto en contaminación luminosa, consultor independente e ex-xefe da Oficina de Calidade do Ceo do Norte de Chile. (18:04) O proxecto europeo "Waste2Biocomp" emprega bacterias alimentadas con augas residuais da industria cervexeira para producir bioplásticos para a súa conversión en fibras téxtiles, calzado e envases. Belén Montero (CITENI-UdC) participa neste proxecto microencapsulando axentes antimicrobianos para crear envases activos e analizando a biodegradación dos distintos prototipos. (47:27) Guía do Ceo de Inverno con Xabier Pérez Couto, @astroxabi. Conversamos sobre ananas brancas, os planetas visibles estes días, a eclipse lunar do venres 15 de marzo e a eclipse solar do 29 de marzo.
Guía do Ceo de Inverno con Xabier Pérez Couto, @astroxabi. Conversamos sobre ananas brancas, os planetas visibles estes días, a eclipse lunar do venres 15 de marzo e a eclipse solar do 29 de marzo.
(2:46) Hai relación entre a dor menstrual e a incomodidade co teu corpo? Usar o sostén fai que caian os peitos? A nosa sexóloga de cabeceira é Laura Veiga. (10:43) Rutas polos nosos dolmens con Maite Vente de Observer, Turismo Cientifico. (15:12) Solución de "Onde está Conchi Lillo?" (18:56) A día de hoxe o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade segue a ser incomprendido pola sociedade. Conversamos coa psicóloga Claudia Balado da Instituto Galego do TDAH e trastornos asociados (Fundación INGADA).
Conversamos co psicólogo Luis Muiño sobre o seu libro "A trampa do amor. Unha reflexión contra o amor romántico. Unha guía para o amor san"
[4:54] En "Cambio de fase" Daniel Pizarro reseña a banda deseñada Logicómix. [21:44] Fátima Garcia Doval vén de publicar "Psicomitos"
Segunda parte da sesión Efer Piano Bar gravada no pub Camalea de Santiago para repasar a mellor ciencia do ano co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Nacho Munilla, Susana Ladra, Xabier Pérez Couto, Rosa Pedrido, Julio Rodríguez, Estíbaliz Espinosa e César Goldi.
[Versión estendida] Efer Piano Bar Sesión 1 gravada no pub Camalea de Santiago para repasar a mellor ciencia do ano co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Nacho Munilla, Susana Ladra, Xabier Pérez Couto, Rosa Pedrido, Julio Rodríguez, Estíbaliz Espinosa e César Goldi. Eva Poveda, directora do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, debúllanos o achado do ano da revista Science, un fármaco inxectable que protexe contra a infección do VIH cunha única punción cada 6 meses.
Asistimos á X edición do Astrogalicia, a festa galega da astronomía, que tivo lugar en Arzúa. (1:42) A betanceira Alba Fernández Barral é a xefa de comunicación do experimento que vai medir os raios cósmicos máis enerxéticos do universo, o CTAO. Rubén López Coto é investigador do Instituto Astrofísico de Andalucía e emprega intelixencia artificial para clasificar os sinais dos telescopios Cherenkov. O enxeñeiro Alejandro Cardesín é membro da Sociedade Europlanetaria e procura agrupar, xunto coa astrofísica Ana Ulla, a todos os galegos que traballan en ciencias espaciais. (29:12) Vén de nacer a Asociación Galega de Astrofotografía Polaris. Conversamos con Alejandro Rodríguez, Manuel Brioso e Leticia Pereira. (44.16) Dosi Veiga é o organizador dos Astrogalicia, pero o culpa de que rematese en Arzúa é de Miguel Sánchez. Acompáñanos tamén Martin Pawley.
(1:50) A Real Academia Galega publica os nomes oficiais de 600 especies de aves. Este é o resultado de anos de traballo entre terminólogos e ornitólogos. Conversamos con Manuel González, director do dicionario da RAG, e os ornitólogos Cosme Damián Romai e Xosé Manuel Penas Patiño. (31:15) Rosa Arroyo é coordinadora do Observatorio contra as pseudociencias, pseudoterapias, intrusismo e sectas sanitarias da Organización Médica Colexial. Con ela falamos sobre como detectar e loitar contra as pseudoterapias.
(3:34) Conchi Lillo fálanos desde un lugar secreto na nosa sección "Un libro, un autor, un lugar" (5:48) Repasamos a actualidade aeroespacial con Wicho. (21:48) Conversamos coa neurocientífica Conchi Lillo sobre mitos relacionados coa visión ao fío do seu libro "Abre os ollos"
(2:56) Os orgasmos alivian a dor menstrual? Explícanolo Laura Veiga. (16:02) Asistimos ao IV Encontro Oportunius e conversamos con Carmen Cotela (directora de GAIN) e o investigador do CIQUS Manuel Souto. (26:23) Xurxo Ayán e Carlos Otero estudan desde a arqueoloxía os prostíbulos abandonados de Galicia. Os restos materiais cóntannos historias de explotación que poñen un espello á nosa sociedade.
Rosa Arroyo é coordinadora do Observatorio contra as pseudociencias, pseudoterapias, intrusismo e sectas sanitarias da Organización Médica Colexial. Con ela falamos sobre como detectar e loitar contra as pseudoterapias.
Programa especial desde o Teatro Colón da Coruña no festival Coruña Comunica Ciencia. (0:16) Radioteatro "As aventuras de José Rodríguez e dous franceses" en directo coas voces de Avelino González, Caxoto, Manu Fernández e Estíbaliz Espinosa, o piano de Juanjo Fernández e o contexto de Xabier Pérez Couto. (44:48) Conversamos con David Ballesteros e Quantum Fracture (José Luis Crespo) sobre o festival. Coñecemos algúns dos premiados dos Prismas 2025: Antonio Martínez Ron e Virginia Luzón. (53:58) Unha espontánea sobe ao escenario e ponse ás teclas do marabilloso piano Steinway do Teatro Colón.
Son os gatos imprevisibles? O físico do IGFAE Anxo Fariña vén de publicar en American Journal of Physics as ecuacións de movemento do movemento gatuno.
(3:09) No espazo dedicado á Axencia Galega de Innovación GAIN coñecemos a futura ampliación do CESGA, o Centro de Supercomputación de Galicia (9:12) No primeiro reactor nuclear da historia un home cun machado tiña a misión de deixar caer unha barra de control pendurada dunha corda no caso de que se desbocase a reacción. Para coñecer como é hoxe en día a industria nuclear conversamos con Alfredo García (@operadornuclear), supervisor nuclear na central de Ascó, enxeñeiro e licenciado en comunicación audiovisual. (35:09) Damos a solución de onde estaba Carlos Briones. (37:27) Son os gatos imprevisibles? O físico do IGFAE Anxo Fariña vén de publicar en American Journal of Physics as ecuacións de movemento do movemento gatuno.
[Versión estendida] No primeiro reactor nuclear da historia un home cun machado tiña a misión de deixar caer unha barra de control pendurada dunha corda no caso de que se desbocase a reacción. Para coñecer como é hoxe en día a industria nuclear conversamos con Alfredo García (@operadornuclear), supervisor nuclear na central de Ascó, enxeñeiro e licenciado en comunicación audiovisual.
Desentrañan co ordenador cuántico do CESGA, o Qmio, os secretos do frescor que chega á túa boca cando tomas, por exemplo, un mojito. Este é un traballo interdisciplinario no que participaron as doutoras María Paredes, técnica de I+D de "Hijos de Rivera", e Mariamo Mussa, técnica de comunicacións cuánticas do CESGA.
Do mércores 13 ao venres 15 de novembro terá lugar a primeira edición do festival “Coruña Comunica Ciencia”. Polo coruñés Teatro Colón desfilarán divulgadores como Quamtum Fracture (José Luis Crespo), Laura Morán, Xurxo Mariño, Deborah García Bello, Xurxo Ayán, Tamara Pazos,... Tamén haberá teatro con Julio Montañana e a estrea en galego do espectáculo “A Chispa Máxica”, música con Germán Díaz e gravación con público de Efervesciencia. Conversamos co organizador do festival, David Basllesteros de Ceo Aberto, que ofrece aos oíntes 100 entradas de balde. Para conseguir un código de desconto tes que escoitar a entrevista a Ballesteros ou tamén o podes atopar na nosa canle de Telegram, https://t.me/efervescentes https://coruñacomunicaciencia.es/
Carlos Briones estivo en Galicia e deixounos unha mensaxe desde un lugar especial. Se sabes onde estivo escríbenos en twiiter. Sorteamos un exemplar asinado de "A bordo de tu curiosidade". Hai pistas na conversa, no podcast e tamén as iremos poñendo por twitter. Prazo ata o 13 de novembro ás 24:00.
(3:25) Carlos Briones estivo en Galicia e deixounos unha mensaxe desde un lugar especial. Se sabes onde estivo escríbenos en twiiter. Sorteamos un exemplar asinado de "A bordo de tu curiosidade". Hai pistas na conversa e tamén as iremos poñendo por twitter. Prazo ata o 13 de novembro ás 24:00. (5:07) Susana Ladra debullamos o Nobel de física 2024 (16:01) Carlos Briones é poeta, escritor, divulgador e investigador científico no Centro de Astrobioloxía-CSIC. Vén de publicar "A bordo de tu curiosidad". Conversamos con el sobre citas científicas, virus, microbiota, vida extraterrestre,... (34:57) Desentrañan co ordenador cuántico do CESGA, o Qmio, os secretos do frescor que chega á túa boca cando tomas, por exemplo, un *mojito*. Este é un traballo interdisciplinario no que participaron as doutoras María Paredes, técnica de I+D de "Hijos de Rivera", e Mariamo Mussa, técnica de comunicacións cuánticas do CESGA.
(2:37) A astronomía de ondas gravitacionais só ten 9 anos, pero está abrindo unha nova fiestra ao coñecemento do universo. Conversamos con Alicia Sintes, da Universitat de les Illes Balears e membro da colaboración científica LIGO. (16:03) O proxecto de ciencia cidadá "Cycling with clean air" monitoriza, empregando traxectos en bicicleta de voluntarios, a calidade do aire. Unha medición en distintas cidades galegas amosa que no entorno dos colexios a concentración de partículas PM2,5 dispárase logo do día sen coches. Conversamos con Faustino Gómez, presidente de Composcleta, asociación que forma parte da Coordinadora Española en Defensa de la Bicicleta, ConBici. (26:35) José Alberto Rubiño dirixe o proxecto QUIJOTE do Instituto de Astrofísica de Canarias, que estuda a luz máis antiga do universo. Neste proxecto caracterizan a polarización do fondo cósmico de microondas que emite a nosa galaxia na pescuda de evidencias da inflación cósmica. (32:59) As células senescentes están asociadas ás doenzas que se producen no proceso de envellecemento. Asistimos ao I Congreso Internacional da Sociedade Española de Senescencia Celular (SENESCEL), que se celebrou en Santiago de Compostela. Conversamos con Myriam Gorospe (Instituto Nacional de Envellecemento de Baltimore), Sofía Ferreira (Universidade de Edimburgo), Daniel Muñoz Espín (Universidade de Cambridge) e Carlos Anerillas (Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa) sobre as súas respectivas investigacións sobre células senescentes na doenza de alzhéimer, na sarcopenia, na pel, no fígado, no cancro de pulmón ou no medio intercelular.
(2:39) Relatamos a fascinante historia de como uns nódulos, descubertos por casualidade entre a lousa durante a construción de pistas en Forcarei, espertaron a curiosidade dun médico e dun profesor de instituto. Case 20 anos despois, no marco das XXXIX Xornadas da Sociedade Española de Paleontoloxía, reveláronse os resultados do estudo dos fósiles contidos nesas pedras. Juan Carlos Gutiérrez-Marco, do Instituto de Geociencias - CSIC, e Enrique Bernárdez presentaron o extraordinario achado dun fósil dun escorpión mariño xigante que habitou a zona da Fonsagrada hai 434 millóns de anos. (21:37) Achegámonos ao observatorio de Cotobade para celebrar a Noite Internacional de Observación da Lúa e repasar a traxectoria dos 25 anos da Asociación Astronómica Sirio.
(0:20) Levamos décadas acurralando á polio. O método para erradicar da terra esta terrible enfermidade enfróntase a un perverso dilema. Pero ningunha opción é valida coas guerras actuais. (4:56) Infiltrámonos no XVII Congreso Nacional de Viroloxía que tivo lugar en Santiago a principios de mes. Alí coñecemos en conversa con Antonio Alcamí (CBM-CSIC) que a gripe aviar vai causar estragos na Antártida o vindeiro verán. Falamos tamén con Jesús López Romalde (coordinador do comité organizador) e Juan García Arriaza (CNB-CSIC). (29:50) Na nosa segunda mesa de convidados contamos con Carmen Rivas (CIMUS), Ana Fernández Sesma (Icahn School of Medicine do Monte Sinaí de Nova York) e Albert Bosch (Universidade de Barcelona).
O virólogo César Muñoz Fontela, investigador do Instituto de Medicina Tropical Berhand Noch de Hamburgo, cóntanos a historia do virus de Ébola e como acabou investigando esta doenza.l
[Versión estendida] A avaliación actual da investigación susténtase en que revistas científicas publican os seus resultados os investigadores, pero este modelo ten moitas eivas. Unha delas é irrelevancia de investigacións locais e a subestimación das humanidades. A cibermetría permite agora crear indicadores máis transparentes e diversos, como avoga a iniciativa europea COARA. Conversamos con Isidro Aguillo, vicedirector do Instituto de Bens e Política Publicas do CSIC e director do laboratorio de cibermetría.
(2:46) O virólogo César Muñoz Fontela, investigador do Instituto de Medicina Tropical Berhand Noch de Hamburgo, cóntanos a historia do virus de Ébola (30:38) A avaliación actual da investigación susténtase en que revistas científicas publican os seus resultados os investigadores, pero este modelo ten moitas eivas. Unha delas é irrelevancia de investigacións locais e a subestimación das humanidades. A cibermetría permite agora crear indicadores máis transparentes e diversos, como avoga a iniciativa europea COARA. Conversamos con Isidro Aguillo, vicedirector do Instituto de Bens e Política Publicas do CSIC e director do laboratorio de cibermetría.
Achegámonos ao Museo Etnográfico de Quiroga para coñecer o Xeoparque Montañas do Courel ao fío do XXII Simposio de Ensino da Xeoloxía organizado pola Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra, AEPECT. (2:39) Conversamos co coordinador do equipo organizador do simposio, Eloy Cabarcos, coas profesoras de xeoloxía Ana Bueno e Natalia Fernández, e co presidente da AEPECT, o profesor da Universidade de Girona David Brusi. (32:51) Coñecemos o Xeoparque Montañas de Courel da man do seu coordinador científico, Daniel Ballesteros, e de Roberto Castro, presidente da Asociación Montañas de Courel