Unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana.
Chegou o momento. Presentamos o derradeiro programa do Café Derby 21 e nesta ocasión somos os nosos propios convidados. Contamos con algunhas das vosas preguntas e tamén nos sinceramos sobre algúns aspectos dos que quizais quedaba algunha dúbida. Pero todo se resume nesta última hora de conversa con Adrián, Carme e Nico parolando sobre
Chegamos ao noso último programa con convidado, xa que esta temporada remataremos dun xeito distinto. E, como xa sabedes, tamén ao final do podcast. Lembrade que celebraremos un derradeiro Café Derby 21 o xoves 27 de xuño, ás 19:30 horas no Riquela Club, en Santiago de Compostela. Como somos moi de pechar ciclos con significado, quixemos contar co padriño do noso podcast para darlle final. O escritor Xacobe Pato pasou polos nosos micros hai 4 anos e volve agora para falar do
No noso novo programa subímonos ao escenario e poñémonos dramáticos para tratar os grandes temas da vida e... falar de Manuel Fraga. En concreto, de Iribarne, a obra de teatro que está dando a volta a Galicia, esgotando entradas alí onde vai e converténdose en todo un fenómeno popular. Para parolar sobre
Son moitas as persoas que pedían este momento e por fin podemos confirmar que se fixo real: Fillas de Cassandra no Café Derby 21! Atopámonos co dúo galego logo do seu masivo concerto en Santiago de Compostela ante miles de persoas. Aínda con folgos, tiveron todo o ánimo para falar sobre
Chegou o momento de falar dun dos temas máis agardados: ❤️O AMOR❤️. Grazas á publicación de certa carta de certo mandatario na que recoñecía estar fondamente namorado da súa muller, decidimos actuar e montar un comité de urxencia para abordar o tema de namorarse e demais. Por iso quixemos conversar con Grande Amore, amigo histórico do Café Derby 21, nun programa gravado en directo no Parador de Vilalba como parte da programación do FIV. A partir da carta á cidadanía de Pedro Sánchez, a declaración de Bárbara Rey a Chelo García-Cortés en 'Sálvame' e o mítico audio de Laura Escanes (supostamente) acabando cunha relación, con todo isto, damos forma a un programa sobre o amor, bicarse, declararse, infidelidades e moito máis. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite
Pode parecer que traballamos sen escaleta e sen texto preparado, pero iso non é de todo certo. Levamos anos deixando oco ao incerto e a que todo aconteza, polo que desenvolvimos unhas certas habilidades. Por iso, neste programa xuntámonos coa actriz, presentadora e cómica Lucía Veiga para
Logo de varias semanas de incógnitas, nos últimos días moitos misterios foron desveleados, algúns positivos e outros non tanto. Para achegarnos á máxima actualidade no campo da investigación e resolución de incógnitas, neste programa contamos coa escritora e dama da novela negra, Arantza Portabales. Xunto a ela repasamos cuestións tan variadas como a paixón polo misterio, os nosos asasinos e detectives favoritos, os elementos para unha boa novela negra, misterios actuais como o de Kate Middleton e esa crise de comunicación, ou as motivacións para matar, desde o persoal ata o profesional. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite
Que ninguén se deixe enganar polo título deste programa! Xa se tratou abondo a nostalxia e os recordos, por iso quixemos darlle un ollar diferente á materia. Para facelo con motivo e con consello experto, neste episodio contamos co cineasta Bruno Arias, finalista aos premios Mestre Mateo co seu debut 'Os espazos en branco'. Neste documental, Bruno achégase á figura da súa tía, Xela Arias, dun xeito íntimo e persoal. Efectivamente, imos falar da
Saúde para todxs! Esta semana propoñemos un brinde para nós por sacar a diante unhas semanas raras e continuar como se nada. Por iso, quixemos contar coa opinión dunha experta na comedia, na arte de vivir e dos lugares onde se brindan. Dámoslle a benvida a Leti da Taberna para parolar sobre
ÚLTIMA HORA: Galicia vai a eleccións o #18F. Aínda non sabías nada disto? Quizais eras a última persoa do país. En calquera caso, un evento tan relevante para o futuro e a cultura tiña que ter o seu oco no Café Derby 21, pero desde o noso propio terreo. Por iso, contamos co xornalista, comunicador político e director de Ou Ké!, Iván Iglesias para parolar sobre
Aínda que somos persoas que apostan por dialogar e falar de calquera tema con calquera convidado, ás veces é preciso contar con expertos na materia que senten cátedra e falen con coñecemento pleno. Por iso, para animar o comezo do ano, dedicamos o programa ao
Aínda que parecía non chegar, aquí está: EPISODIO NÚMERO 100 DE CAFÉ DERBY 21. Celebramos o noso centenario (esta foi a grabación número 100) dun xeito simbólico e que nos leva de novo á nosa orixe. Efectivamente, volvemos ao online pero por un bo motivo, a nosa convidada vive en Italia. E con ela tamén logramos un fito: a primeira persoa do Deporte como convidada. Dedicamos o episodio 100 ao ⚽ FÚTBOL ⚽ coa futbolista Vero Boquete. Repasamos a traxectoria dunha das mestras do deporte rei, desde os seus comezos nas categorías infantiles ata o seu presente en Italia ou o paso por Estados Unidos, ademais de achegarnos á realidade actual do fútbol feminino, o seu estado de gloria, os referentes ou os múltiples casos de discriminación e polémicas vividos nos últimos tempos. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite
No primeiro episodio de 2024 queremos recoller as emocións e vivencias das últimas semanas de tolemia festiva. Achegámonos ata un dos nosos lugares de calma, o Café Universal, na Coruña, para parolar sobre algo esencial e moi presente nestes días:
Pechamos este ano 2023 cun episodio moi especial para nós porque é a celebración dun aniversario único na cultura galega. Achegámonos ata Santiago de Compostela para parolar con Dios Ke Te Crew, en concreto con Sokram porque se nos xuntamos todos poderíamos xogar ao fútbol sala, banda fundamental na escena do rap en Galicia e en galego. Logo dunha carreira de 20 anos celebrada nun doble concerto-homenaxe-evento nas salas Capitol e Malatesta, puxemos calma para afondar no tema do programa:
Neste aínda 2023 non podía faltar un programa* cunha das revelacións da temporada e un talento único, froito do encontro entre Galicia e Euskal Herria. Atopámonos coa cineasta Jaione Camborda en Santiago de Compostela, no clásico Pub Momo da capital galega, e, antes que nada, brindamos pola súa Concha de Oro no Festival de San Sebastián grazas a O Corno, un dos filmes da temporada e dentro do noso top do ano. Ela xa é profeta na súa terra, en todas elas. Xunto a Jaione Camborda falamos neste programa sobre
Sección Intersección (02:19) Café Derby 21 con David Fidaldo (14:45) Para este programa tivemos o pracer de formar parte do festival Intersección, o festival de cine internacional da Coruña. Nesta ocasión, o noso convidado é o cineasta, animador e artista visual David Fidalgo, que está tendo unha feliz temporada de festivais e premios con 'Sandwich Cat'. Fidalgo é un dos iconos actuais en Galicia sobre o humor absurdo e existencial que toca nos límites coas bágoas, por iso foi o momento perfecto para falar sobre
Achegámonos de novo ata Santiago de Compostela, aínda que só dúas partes das tres que compoñen o Café Derby 21 chegaron ata a estación de tren. Quen falta e por que? No programa resólvese o misterio. Quen non faltou foi o noso convidado, alguén a quen tiñamos moita gana de escoitar e que parolase con nós: MONDRA. Un dos fenómenos musicais deste ano, sen dúbida. Por iso, aproveitamos para falar sobre
OLA!!!!! Boas, como andamos? Café Derby 21 volve para unha 4ª temporada, era inevitable. Logo dunhas vacacións merecidas e semanas invisibles de traballo, rachamos o noso silencio para facer o mellor comeback posible: REVISITARNOS A NÓS MESMXS. Por iso, no primeiro programa desta nova temporada falamos de ⌛ PASAR O TEMPO ⌛ coa nosa madriña, a nosa benquerida Berta Dávila. Ademais de parolar sobre literatura, tamén contamos as anécdotas detrás dos nosos comezos, sobre vivir no presente, ollar ao pasado, arriscar o futuro, máquinas do tempo, exparellas e segundas oportunidades. Xa estamos aquí!
Para acurtar a espera ata que volvamos de vacacións de verán, lanzamos este programa especial feito en directo desde o FICBUEU cos cineastas Lucía Estévez e Miguel Canalejo, participantes na sección GZ_00 coas súas curtas O Neno Sardiña e O Coidado. En compañía, falamos sobre unha cuestión que atravesaba todos os traballos seleccionados como representantes do talento galego:
Os tempos son chegados e como avisamos semanas atrás, a terceira temporada do Café Derby 21 chega ao seu fin. Como non podía ser doutro xeito epara estar á altura dun ano tan tolo como 2023, deixamos un programa histórico para a memoria e como peche perfecto a tantas semanas mantendo o nivel. Por iso, desprazámonos ata o Parlamento de Galicia para falar dos ✅FINAIS✅ con... Ana Pontón! Aproveitando o final da campaña electoral para as municipais e o fin da nosa terceira temporada, falamos con Ana Pontón sobre como facer para relaxarnos logo do estrés acumulado, como é a sensación de rematar un proxecto importante para unha mesma ou sobre o fin do anonimato e ser unha persoa pública, Tamén botamos a vista atrás para lembrarnos dos finais de curso escolar, dos bailes de fin de curso, da chegada do verán e de como iso cambia cando eres universitario, que o fin de curso pode ser en setembro ou xullo polas recuperacións. E para rematar, parolamos e fantaseamos con Ana Pontón sobre como sería o noso último día na Terra no caso de chegar a fin do mundo, ou sobre como rematar ben un día que foi perfecto. Ademais, recollemos algún momentos chamados Fin de la cita, en homenaxe a Mariano Rajoy e o seu gazapo icónico e algúns finais de películas que nos deixaron do revés. En resumo, este é o fin da terceira temporada do Café Derby 21, desde o Parlamento de Galicia. Quen contaba? Unha aperta e grazas por estas semanas de cariño e apoio
Esta semana estreamos o penúltimo programa da tempada e achegámonos ata Santiago de Compostela, con vistas á Cidade da Cultura desde a terraza do Balcón das Brañas. Rompemos o noso día a día para falar, precisamente, sobre
Neste programa celebramos o Día das Letras Galegas dun xeito especial ou, mellor dito, en compañía dalguén especial, unha icona pop e poeta das que figuran nos temarios de bacharelato e oposicións: Yolanda Castaño. Tomando como inspiración os anos de silencio editorial e distancia entre poemarios na súa obra, e grazas ao feito de que é veciña de Nico, aproveitamos para falar dun tema que atravesa a todo o mundo:
Esta semana achegámonos ata Vilalba, capital da chairega por excelencia, para gravar o Café Derby 21 como parte da programación do Festival Independente de Vilalba, o FIV, que para nós xa é un espazo querido. Alí, xunto ao afortunado público que gañou as entradas por sorteo, conversamos con Carlangas (alias Carlos Pereiro, ou viceversa), que vén de facer o seu debut musical tras a separación de Novedades Carminha. Precisamente, este foi o día tamén no que Carlangas deu o seu primeiro concerto en Galicia dentro deste novo ciclo. Xunto a él e desde a Casa da Cultura, falamos sobre eses delicados momentos que poderíamos chamar 1️⃣PRIMEIRAS VECES1️⃣, como o primeiro amor, o primeiro bico, o primeiro disco, o primeiro concerto ou, de xeito aleatorio, a primeira comuñón. Este programa é difícil de resumir, o mellor xeito de achegarse a el é escoitalo como se fosse, de feito, a primeira vez. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite
Esta semana sentamos arredor dunha mesa no Café Universal, na Coruña, para abrirnos en canle e compartir algunas das nosas historias persoais ao tempo que unimos as experiencias con referentes que adoramos. Por suposto, este programa tiña que chegar. Falamos sobre os SENTIMENTOS co laureado poeta e amigo do programa, Ismael Ramos, poñendo o corpo por diante e a nosa vida á altura das doutros loables personaxes. Parolamos sobre a alegría, a cultura da felicidade constante, a tristeza, a confusión da depresión, a situación actual da saúde mental, a problemática da terapia publicitada, a ira ou cartas de amor. Atravesamos todo un mundo de sentimentos e pensamentos para contar algunhas das nosas historias e, sobre todo, reflexionar sobre cómo estamos agora mesmo. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite
Para o programa desta semana fixemos unha viaxe dobre: ata a costa, pola zona de Arousa, e ao noso interior, preto do corazón e a alma. Así é como nos sentimos logo de ver o filme Matria, que está arrasando en cinemas e non podía faltar nesta temporada do Café Derby 21. Un dos fitos culturais deste 2023. Para achegarnos ao que significa
Este programa é especial, único na súa especie! Collemos o coche a arrincamos en ruta pola provincia da Coruña para facer o que máis nos gusta: comer e falar. Para esta reportaxe sonora e dialogada, sentamos no Coffee Mori co crítico gastrónomico, escritor e historiador da arte, Jorge Guitián, para parolar arredor do concepto da
Recuperamos a presencialidade logo de dous programas nos que volvemos ás nosas orixes e para celebrar a nosa xuntanza de novo, aproveitamos para falar dese tema que nos une a todxs e que foi semente deste podcast:
Rematamos o noso retorno ao telemático traendo boas novas e prometendo grandes anuncios proximamente (moi proximamente), pero ademais coa resaca dun Entroido moi necesario para todos que nos inspirou fondamente para este programa. Porque o Entroido ten os mesmos elementos que unha boa diva: espectáculo, estética e música de calidade. Para falar, precisamente, das
Esta semana chegamos cun lixeiro retraso, pero todo queda xustificado polas moitas noticias que están por vir nas vindeiras semanas. Como a nosa mesa de son aínda está no taller, tivemos que volver momentáneamente (e para o noso pesar) ao telematico. Para aliviar este feito, contamos cunha persoa que rachou a cuarta parede experto niso de comunicar en redes sociais, o xornalista musical e tiktoker Rodri Míguez. Xunto a él parolamos como poicas veces de actualidade e da
Esta semana achegámonos ata Santiago de Compostela para falar co actor Diego Anido, candidato ao premio Goya por As Bestas e rostro fundamental da interpretación en Galicia, no Coffee Mori. O tema da conversa xira arredor, precisamente, das
Xa que cada persoa ten a capacidade de imaxinar e crear novos espazos, criaturas e relatos, podemos dicir que a Fantasía é un elemento común do ser humano. A Fantasía pode ser una mentira preciosa, ben vestida, ou unha historieta para entreterte, pode ser unha narración coidada e longa sobre un reino máxico afastado ou un relato actual sobre os soños dunha moza artista. Na Fantasía, como xa se ve, cabe todo. Por iso quixemos falar cun experto na materia: Alberto Vázquez, cineasta, artista gráfico, guionista e un longo etcétera, que vén de presentar o seu novo filme Unicorn Wars. Antes de resolver se gaña o premio Goya ao que aspira con esta nova película, a segunda despois do seu debut Psiconautas. Afondamos na cuestión de que é e porque fascina tanto a imaxe e idea dos unicornios, un mito de actualidade cargado de merchandising. Percorremos a vida e obra da artista conceptual xaponesa Yayoi Kusama, que conta os éxitos do presente logo dunha dura vida de plaxios a mans de xente como Andy Warhol. Studio Ghibli era una parada obrigada nun programa como este, adicado á Fantasía, e cun convidado de honra á hora de falar tanto de películas de animación que deixan pegada. Que se agocha tras a Fantasía?✨ · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
Esta semana puxémonos en modo fogar e non marchamos a ningún directo, senón que recibimos na casa a dúas convidadas coas que tiñamos moitas ganas de parolar. Foi complexo decidir cal concepto foi no que afondamos ao longo da conversa deste programa porque, de certo, abríronse varias frontes de distinto tipo. Para poñer remedio a isto, cremos que do que máis falamos foi do rompedor, iso que racha co establecido e aporta un novo vento. Con Lúa Mosquetera, artista 360º e amiga do programa, e Anxela Baltar, metade do grupo BALA, achegámonos á poesía Beat e o trato que se deu ás mulleres do movemento co paso do tempo, lembrando as súas historias e como foi aquel tempo convulso e excitante. Repasamos e sacamos conclusións da traxectoria das parellas de Nick Cave e PJ Harvey, Marianne Faithfull e Mick Jagger, Cher e Bono, Vivienne Westwood e Malcolm McLaren e Joan Baez e Bob Dylan; xente que se cruzou no amor e no artístico e que rematou mal no mellor dos casos. Para finalizar, parolamos arredor do canon nas artes debido ao nomeamento do filme de Chantal Akerman Jeanne Dielman, 23 quai du Commerce, 1080 Bruxelles como o mellor da historia pola revista Sight & Sound e como este vai mudando. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
Hai poucas cousas que todas as persoas teñan en común, pero as ganas de pasalo ben e gozar dunha boa troula é unha delas. Unha troula hipotética, diferente a cada gusto, pero que signifique divertirse e liberarse a un mesmo tempo. Neste programa parolamos co xornalista e escritor Fran P. Lorenzo, que presenta o seu novo libro A Festa Equivocada, unha compilación dos seus artigos nos primeiros anos do novo milenio e editado por Rodolfo e Priscila. E para falar con el achegámonos ata o Café Universal, onde se celebrou o 4º aniversario de Vinte. Unha festa na que falar de festa presentando unha suposta festa equivocada. Xunto a Fran P. Lorenzo repasamos os acontecementos fundamentais nos primeros anos 2000, como a ley de matrimonio igualitario ou os éxitos de Shakira, para que nos explicase como eran aquelas noites de festa e días de realidade convulsa. Tamén nos achegamos á historia dos Club Kids e reflexionamos sobre a festa como un espazo seguro para os que non poden ser vistos, os disidentes. Lembramos troulas monumentais como unha de Queen e collemos o debate sobre o alcohol e as drogas para divertirse. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
Pantasmas, zombies, regresados, vampiros, meigas, demos, dragóns... Vivimos rodeados de narrativas sobrenaturais e moitas veces non nos damos nin de conta. Moitas festas, como o Entroido, teñen a súa base nesas experiencias místicas relacionadas co paranormal ou con criaturas que nada se lle achegan á evolución científica. Pese a iso, a xente posúe en xeral un grao de crenza no sobrenatural, ben sexa deste xeito, consumindo filmes de terror, literatura sobrenatural, programas de pseudociencia, astroloxía, rituais de todo tipo ou participando dalgunha superstición inocente e inofensiva. Para tratar este tema achegámonos ata o Culturgal e falamos co actor Tamar Novas, gañador do premio Goya e candidato en varias ocasións aos Mestre Mateo, que presenta o filme O corpo aberto, unha historia de lendas e superstición nun mundo ao límite baseado nun texto de Méndez Ferrín.
Os tempos son chegados e, como eles, nós tamén chegamos ata Lugo, finalmente! Viaxanos ata a cidade amurallada para conversar coa artista e autora gráfica Alicia Pena, lucense afincada en Suecia que vén de publicar o seu debut «Gallina Clueca», na Libraría Trama. Con motivo da estrea literaria desta historia sobre a maternidade, os procesos reproductivos asistidos e as frustracións e sentimentos para facer medrar a familia, escollimos precisamente como tema
Neste programa achegámonos ata o festival Curtocircuíto en Santiago de Compostela para palorar e reflexionar sobre a liberdade coas cineastas Clara Roquet e Carla Andrade, xurado e participante na sección Planeta GZ respectivamente. Experimentamos un pouco co formato debido a unha cuestión técnica, pero a esencia prevalece. Para falar de liberdade trouxemos os exemplos de Marina Abramović, o caso real de Christopher McCandless e os filmes Into the Wild, Frances Ha ou Lady Bird. Pero a cuestión de todo isto está nos debates que as nosas convidadas abriron. Un programa diferente, pero intenso.
Nesta nova onda de atender á tradición pódese caer no risco de esquecer a historia máis aló do estético e do artístico. Sen o trasfondo humano de quen crea non hai renovación posible. Por iso esta semana achegámonos ao oficio tradicional das colareiras dun xeito especial. En riguroso directo desde o auditorio do Grove e como parte do festival Mulleres Creativas 2022 do colectivo Grovemakers, Café Derby 21 recibe á súa convidada máis lonxeva ata a data: a colareira octoxenaria e estrela de TikTok Veva, e tamén á súa neta e compañeira de aventuras Patri B. Dopazo, comunicadora e colareira. Xunto a elas falamos do seu oficio, de como se realiza e as súas orixes, de clandestinidade e resistencia, de turismo, de memoria histórica, dos materiais para facer colares. Tamén parolamos de achegarse ás redes para divulgar, das megaindustrias que devoran a tradición e quedou tempo para algunha que outra cantiga.
En cantas casas fixeche vida? Digamos, cantas habitache? Transformáronse en fogares? Foron espazos de dor e trauma ou de felicidade? As casas, como concepto, son un conxunto de valores e significados no que conviven as familias, os medos, os caseiros e os demos no corredor a escuras. Sobre a importancia dos fogares e lugares vitais parolamos coa poeta e tradutora Alba Doval, que vén de publicar o poemario Unidade, no que reflexiona arredor dos non lugares e os espazos que vertebran a nosa vida para ben e para mal. Tamén falamos sobre as primeiras veces, a existencia ou non das vacacións, dos pisos universitarios, que tipo de viaxes e turismo nos gustan máis, de voltar ao fogar dos pais ou dun edificio de Le Corbusier en Marsella.
As fantasías son sinónimos dos soños, do que resulta difícil ou imposible de cumplir por diferentes motivos. Pertencen, por tanto, ao universo da imaxinación e do mitolóxico. Dan resposta a preguntas e necesidades internas e inherentes ao ser humano. Aínda que hai outro tipo de fantasía, unha máis de cotío, que se representa sobre escenarios e que abre mundos de brillo nas pesadas rutinas: o transformismo, o mundo drag. Para achegarnos a este universo complexo e difícil de catalogar contamos cunha académica da súa arte: a drag pandereteira Meiga-i. Xunto a ela repasamos a súa propia orixe e vida, pero tamén os significados das identidades, o que significa esa arte e oficio, a precariedade do sector ou a súa función de entretemento e diversidade. Parolamos a maiores de como aproximarse ao transformismo desde a galeguidade, do paradigma de concursos como Drag Race que fomenta espazos e novas artistas pero que atenta contra formas disidentes, de cabaret e teatro, do mes do Orgullo e de como se atopa Galicia e as súas drags en pleno ano 2022.
Din que a vida poder mudar nun só segundo, que toma iso e menos para que todo vaia a mellor ou peor. Nos tempos actuais de atención limitada os segundos costan como o ouro e canto máis se acumulan, máis valor collen. Son moitos os formatos no que o tempo toma parte: da eternidade dun cadro aos 15 segundos dun TikTok. Pero na adaptación está o secreto, por iso moitos medios de comunicación están comprimindo os seus contidos e noticias a un minuto ou menos. Esta semana falamos con Gabri Fuentes, xornalista e moito máis, cara visible das noticias exprés na TVG. Xunto a el falamos de texto curtos, de titulares rechamantes, de informar a través de TikTok ou da atención que prestamos ás cousas. Tamén parolamos do FOMO (Ter medo a quedar fóra da conversa), de borrarse as redes sociais, do exceso de información, de desconexión e felicidade. Tivemos tempo para afondar no tema da dobraxe audiovisual en galego, do catálogo de Netflix, da Patrulla Canina e demais.
Case poderíase afirmar que hai algo común a todas as persoas: o gusto polo bo comer. E do mesmo xeito afirmaríase que nalgún momento todo ser humano se cruzou cun documental ou programa de viaxes que amosaba outra cara dun lugar, outros monumentos para visitar. E no punto medio de ambas cuestións atópanse eses formatos que combinan ambas realidades: o viaxar para comer. Sobre isto falamos esta semana co actor e cómico Xosé A. Touriñán, que vén de presentar a segunda temporada de Rutas Bizarras xunto a Marta Hazas, programa no que amosan lugares menos coñecidos e tamén se dan homenaxes culinarias. Tamén parolamos con el de acentos, de falar castelán para traballar, de Fariña, de Catro Gatos e facer humor doutro xeito, de onde queda o humor hoxe en día e dunhas marionetas con rostro político que se perderon hai tempo.
Hai episodios da Historia que deliberadamente permanecen agochados baixo as grandes narrativas que vertebran o pasado de persoas, países e sociedades. Unha data fundamenta nos libros desa materia na escola é 1492, fin de ciclo e apertura a un Novo Mundo para o Vello Continente. Pero tanto antes como despois de chegar a América, houbo probas, ensaios e réplicas de como facer conquistas en lugares como Canarias, que viviu a súa propia colonización. Este episodio recupérase de xeito lixeiro no galardoado filme Eles transportan a morte, dos cineastas Helena Girón e Samuel Delgado, convidados desta semana que falan desa conexión interna e externa na pantalla entre Galicia e as Illas Canarias a través dos camiños persoais, de meigas e curandeiras ou de guachinches e furanchos. Con este filme foron capaces de chegar ata o festival de Venecia, San Sebastían ou Rotterdam, e desa experiencia tamén aproveitaron para falar no programa, aínda que o escenario máis importante para eles fose o do Curtocircuíto. Xunto a este par de cineastas parolamos sobre Cristóbal Colón e as consecuencias presentes daquela expedición que cambiou o rumbo da Historia, de colonialismo, de facer cinema poético e intercalalo coas novidades de Marvel ou de non subestimar a intelixencia do público.
Que agocha o sorriso de Mona Lisa? Non temos nin idea, aínda que si sabemos o moito que a arte pode intrigar e espertar no seu público. Todo isto pese a que en ocasións carecemos de ferramentas ou coñecementos para comprender a simboloxía ou trascendencia dunha obra. Se temos sorte e tempo, pode ser que na sala do museo no que nos atopemos alguén se apiade e nos explique aquilo que descoñecemos. Durante uns anos Bernardo Pajares, o convidado desta semana, gardou con mimo a seguridade de obras penduradas no Museo del Prado. Logo decidiu que debía facer máis e comunicar, falar desas obras e das outras pinacotecas que visitaba. Así xurdiu o podcast Arte Compacto, un referente que tamén se pode escoitar en Radio Nacional, ao que tempo despois se uniu Juanra Sanz, compañeiro de vida. Xunto a Bernardo falamos sobre a mocidade e os museos, como é contar arte a quen non a está vendo, sobre a importancia da representación na arte e de dar contexto actual a historias do pasado ou sobre o factor político da arte.
Hai cousas que sintes ou pensas pero que non comentas en alto para non quedar como ególatra, pero unha das máis raras e que todas as persoas (aínda que o neguen) matinaron é se nos están gravando, se ese oco na parede é unha cámara. Se esta vida, este momento, é entretemento para outra xente, quizais marcianos, que nos observan como un espectácul, unha serie. De feito, moitxs de nós bromeamos coas «temporadas da nosa vida», na que chega e vaise xente como unha personaxe e as cousas son xiros argumentais. Isto xa existe na nosa vida e chámase telerrealidade, adopta diferentes formato e bate récords de audiencia. Sobre isto falamos coa presentadora e actriz Lucía Regueiro, que vén de estrearse con A Sariña busca pretendentes. Con ela reflexionamos sobre a veracidade dos feitos, o posible guión e as tripas da televisión. Tamén parolamos de como coordinar vida e familia, iso que lle din conciliación, de como ela puido facelo logo de dar a luz, de ser presentadora en Galicia, do espazo feminino perdido nas pantallas e concursos ou sobre os formatos de preguntas e charla culturais.
Vvivimos toda vida acompañadxs por un gran descoñecido. Vai con nós a todas partes, pasando desapercibido, sen que salten as nosas alarmas. Está, de feito, dentro de nós e non no sentido espiritual. Falamos do cerebro, esa máquina perfecta que segur sendo un misterio. Esta semana a divulgadora científica Tamara Pazos (coñecida como Putament_) achegános algún dato curioso sobre o órgano máis importante do corpo e reflexionamos sobre hábitos que mellorarían a nosa saúde, pero imposibles de realizar. Tamén parolamos sobre a saúde mental pero non desde a óptica habitual, senón analizando se se está indo polo camiño adecuado e non estaremos nunha fase de sobreinformación, mensaxes baleiras e tendencia á patoloxía ou tratamento. Tamén afondamos na cuestión do doutoramento e como é o proceso, así como o sistema educativo actual e a súa puntuación. Pechamos o programa falando das oposicións de emprego público, o dano mental que pode acontecer e por que son algo tan desexado.
O amor aparece, como din aquelas que o teñen, nos lugares máis inesperados. Nos filmes así o amosan, dá igual que agardes por el ou non. O amor chegará onde e cando menos penses que está. Pode que apareza, inclusive, no autobús urbano liña 15 de Santiago de Compostela, o bus das universidades. Con iso fantaseaba Belén Puime, creadora da serie Pringadas e Carballo Interplay baby, cando ía polas mañás a clase. Procuraba entre os asentos ao seu futuro namorado. Porqur iso tamén é vida universitaria. Xunto a ela falamos da súa serie, de mulleres creadoras, diso que é a Universidade e o que supón ou da xeración Z e a súa representación. Tamén aproveitamos o décimo aniversario de Girls para analizar o seu impacto en nós e na sociedade, para falar de como a xente moza debe monetizar a súa creación ou do deserto en Galicia para xerar contido fóra do estánda e para a Xen Z.
Que ler é un pracer (a quen lle guste), xa o sabíamos. É un pracer que enriquece, do que te levas algo. Xeralmente en todos os días placeres te levas algo: o gozo. Hai que reivindicar tamén esa literatura que non quere ser intelectual, que quere divertirse e facer de ti alguén máis entretido. Parolamos xunto ao xornalista e escritor Carlos Meixide deste tipo de lecturas, e en especial da literatura erótica como fenómeno. Tamén repasamos a súa obra, con especial fincapé na súa particular aproximación a obras para a mocidade. Tamén falamos de autoeditarse, de pasear por feiras vendendo libros, da súa editorial Rodolfo e Priscila xunto a Berta Dávila, do seu rol como coach de acento xunto a Inma Cuesta ou Aron Piper e, por suposto, do seu paso por concursos de televisión.
Vivimos no tempo da información e do acceso a ela, de ter o coñecemento na man practicamente. Pero esta hiperconexión tamén influé no espallamento de teorías que lles din «alternativas». O que os de fóra chamamos: negacionismo. Nas últimas semanas houbo incluso quen negou que os mares e océanos sexan reais. Son, según eles, bloques para manter á xente separada. Desta tontería falamos cos divulgadores científicos de Balea Vermella, dúo composto por Raíña Vermella e Javi Balea. Con eles parolamos dos seus inicios e como se cruzaron, da pandemia da saúde mental, de achegar a ciencia máis básica á poboación ou desmontar bulos.
Pensamos moitas veces cando vemos entregas de premios ou medallas canto pesará iso que dan. Canto pesa iso? É fráxil? De que está feito? Bueno, hai galardóns de quilos, outros que valen moito pero son case invisibles, polo tanto moi lixeiros. Así arrincamos a conversa co cineasta Alfonso Zarauza esta semana, cun dos seus premios decapitado porque escachou. Era, polo tanto, pesado e fráxil. Zarauza estrea esta semana Malencolía, o seu novo filme tras o éxito de Ons. Con el parolamos sobre eses outros pesos indeterminados da vida, que trata a película, como as mudanzas de fogar, os estereotipos, a identidade galega ou o recoñecemento. Tamén tivemos tempo para repasar os inicios de Diego Anido, a carreira de Zarauza con Encallados ou Os Fenómenos, a vida como xurado de festival, a marxinación do cine galego en España (que non no mundo) ou o equipo polo que Oliver Laxe canta os goles.
Os actos preceden ás persoas, aínda que non sempre falan na totalidade delas. Se o teu traballo é consistente, prolongado no tempo e unha peza fundamental para comprender o todo xeral, podemos dicir que eres un tótem. Que levas no asunto o tempo suficiente para ver xurdir e caer a moita xente, moitos estilos, e ademais para deixar pegada. Así arrincamos o programa de hoxe xunto á cantautora Guadi Galego, nome indispensable da música galega desde o século pasado. Con ela parolamos da súa carreira e de como mudou o “mundillo” desde que comezou. Tamén falamos sobre facer pop ou folk, de supervivencia, de manterse traballando, de liberdade creativa, de esforzo e non só inspiración ou de contentar ao público cantando o que non che apetece.