Podcasts about nunha

  • 11PODCASTS
  • 32EPISODES
  • 37mAVG DURATION
  • 1MONTHLY NEW EPISODE
  • Mar 24, 2025LATEST

POPULARITY

20172018201920202021202220232024


Best podcasts about nunha

Latest podcast episodes about nunha

Salta da Cama
Estratexias de marketing para redes sociais e finalistas dos Premios Rebumbio, por Lorena Penas de Actual Comunicaicón.

Salta da Cama

Play Episode Listen Later Mar 24, 2025 19:05


Lorena Penas, de "Actual Comunicación Amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos de estratexias de marketing para redes sociais e dos finalistas dos Premios Rebumbio, o primeiro certame da Comunicación Dixital Local. "O Premio Xove Promesa en Comunicación é para Rubén Rosende, do Xornal da Estrada". "A cuestión é atopar aquela estratexia que se adapte a nós, ao noso inxenio, ao tempo do que dispoñamos e ao noso presuposto". "Hai milleiros de estratexias do máis interesantes que podemos empregar e hoxe imos facer un breve repaso". PREMIOS REBUMBIO: Sábado 29 de marzo 9.30 a 13.30 ️MOME, A Estrada Estratexias de marketing para redes sociais As campañas publicitarias que nos veñen á cabeza a nós nas últimas semanas? Lipton utilizando a Montoya de La Isla de las Tentaciones. A firma de hamburguesas Vicio lanzou unha campaña en redes nas que mostra unha caixiña, moi similar á que podería conter tabaco pero, neste caso, contén “20 patacas fritidas clásicas” que “favorecen seriamente a vostede e aos que están ao seu redor”. A cafetería valenciana Puto Café que se fixo viral pola súa particular carta. Nunha metade da carta mostra un listado de cafés de especilidade -co elevado prezo dun café de especialidade- e na outra mostra un listado de “putos cafés”, cun prezo máis reducido. O curioso desta campaña? Que recorda lixeiramente aos famosos copywriters de Putos Modernos. Aínda que estas campañas tiveron o seu éxito pola fórmula redes sociais + humor + elementos de tendencia, hai milleiros de estratexias do máis interesantes que podemos empregar e hoxe imos facer un breve repaso. Así, por exemplo, imos tomar de guía o medio Puro Marketing, que destaca as seguintes técnicas polo seu aproveitamento de aspectos psicolóxicos e de comportamento do consumidor e que foxen das estratexias de marketing tradicionais: ✅ Marketing de micro-momentos. Os micro-momentos son eses puntos clave onde os usuarios recorren á tecnoloxía para satisfacer unha necesidade inmediata, como aprender algo, ir a algún sitio, facer unha compra ou realizar unha tarefa. Entón o marketing de micro-momentos é unha estratexia que se centra en captar a atención dos consumidores nos instantes exactos en que buscan información, toman decisións ou realizan accións a través dos seus dispositivos, especialmente móbiles. Por exemplo, se buscamos “voos baratos a París”, algunhas compañías mostrarannos anuncios de promocións en tempo real, captando a atención do usuario xusto cando está máis predisposto a reservar. ✅ Reverse influencing. É unha tendencia que rompe co marketing de influencers. En lugar de pagar a figuras con grande alcance, algunhas firmas prefiren converter aos seus propios clientes en embaixadores de marca en redes sociais incentivándoos con descontos ou recoñecemento en redes sociais. Este tipo de estratexia ten como ventaxa que xera confianza e, a fin de contas, é máis rentable ao non ter que pagar grandes sumas a influencers. E como se fai isto? Por exemplo, animar aos consumidores a compartir fotos ou valoracións dos productos da nosa marca a cambio de descontos. ✅ Brand utility marketing. Céntrase na creación de ferramentas útiles en lugar de simplemente vender un produto. Por exemplo, Nike ou outras marcas deportivas teñen creado aplicacións que brindan aos usuarios contido de valor como son adestramentos personalizados, de maneira que reforzan a conexión coa audiencia sen necesidade de mostrar o produto en cada interacción. ✅ Brand hijacking. O Brand Hijacking ou secuestro de marca é unha estratexia de marketing na que unha empresa "toma prestada" a imaxe, a audiencia ou o recoñecemento doutra marca (ás veces incluso dun movemento ou comunidade) para beneficiarse dela, aumentar a súa propia notoriedade ou atraer clientes. Un exemplo clásico é Burguer King versus McDonald's. Unha das campañas máis coñecidas foi o Whopper Detour, nos que Burguer King ofreceron un Whopper por só un centavo a quen descargague a súa aplicación e fixese o pedido dende un McDonald's próximo. ✅ Marketing de escaseza. O marketing de escaseza ou de exclusividade é unha estratexia que xera unha sensación de urxencia nos consumidores ao suxerir que un produto ou servizo está dispoñible en cantidades limitadas ou por tempo restrinxido. O obxectivo é impulsar a decisión de compra máis rapidamente, aproveitando o medo a quedar sen el -FOMO - Fear of Missing Out. Un bo exemplo disto é o que atopamos con frecuencia en Booking, coas mensaxes que nos indican “só queda unha habitación dispoñible) ou as edicións limitadas de cafés de Starbucks. ✅ Glitch marketing. É unha estratexia que utiliza erros aparentes, fallos visuais ou imperfeccións deliberadas para captar a atención do público e xerar engagement. A idea é romper co estándar estético habitual e aproveitar o impacto visual ou a sorpresa para destacar entre a competencia. Este tipo de marketing baséase en que os usuarios están acostumados á perfección e, ao ver algo que parece "fallar", chámaselles a atención de forma inmediata. Ademais, pode transmitir unha imaxe máis auténtica, creativa e próxima á cultura dixital. Un exemplo disto, foi Diesel que lanzou unha campaña chamada Deisel, similando ser unha falsifación da súa roupa, pero en realidade non só era roupa auténtica, senón unha edición limitada, o que os fixo virais. ✅ Gimmick products. Os gimmick products son produtos creados principalmente para chamar a atención, sorprender ou entreter aos consumidores, aínda que a súa utilidade real sexa limitada ou temporal. Moitas veces baséanse nun concepto innovador, divertido ou inusual para xerar impacto e viralidade, pero poden carecer de funcionalidade práctica a longo prazo. Por exemplo, as pistolas de salsa de Heinz, xabóns en forma de nuggets de McDonald's, un perfume Whopper ou un esmalte de uñas con olor a polo frito do KFC. Estas son só algunhas das estratexias que se poden integrar en campañas en redes sociais ou noutros medios, xa que a fin de contas hai tantas estratexias como cabezas pensando. Por exemplo, o ASMR marketing, que se apoia en estímulos auditivos relaxantes para captar a atención do público; a estratexia de resposta cero cos asistentes como Alexa ou o asistente de Google; ou o hackvertising, basado na apropiación creativa de tendencias culturais. A cuestión é atopar aquela que se adapte a nós, o noso inxenio, o tempo do que dispoñamos e o noso presuposto. ❓Pregunta próxima semana: todos os negocios teñen que estar en RRSS? Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño: ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/ ️"SUSCRÍBETE" ao podcast. MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Radio Galicia
El libro en Galicia: “Está nunha situación delicada, lemos máis que nunca pero non en galego”

Radio Galicia

Play Episode Listen Later Mar 24, 2025 18:13


Malva e Duarte falan de misterios
S03E04 - Malva e Helena falan de tanxentes

Malva e Duarte falan de misterios

Play Episode Listen Later Sep 13, 2023 75:40


Esta semana Duarte marcha de vacacións, pero non vos preocupedes, que ven Helena (@cousasrarismas) a ocupar o seu lugar! Nunha conversa máis longa do que debería sobre monolingües, Love Actually e o os beneficios de ter amigues desempregades, un non pode evitar pensar que en vez de “Malva e Helena falan de tanxentes” este episodio igual debería chamarse: Malva e Helena esquecen que están nun podcast e non unha chamada de teléfono.

Radio Galicia
Catuxa Salom vennos falar de "Nunha aldea", o seu primeiro EP

Radio Galicia

Play Episode Listen Later Dec 2, 2022 10:53


Voces de Ferrol - RadioVoz
O Concello de Narón colabora co Centro de Recursos Solidarios nunha campaña de recollida de xoguetes para o Nadal

Voces de Ferrol - RadioVoz

Play Episode Listen Later Dec 1, 2022 13:14


A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, a edil responsable do Servizo Sociocomunitario de Narón, Mercedes Taibo, e a secretaria da Asociación Centro de Recursos Solidarios de Narón, Ana Pena, presentaron a campaña solidaria de recollida de xoguetes que o Concello e a citada entidade impulsan un ano máis na cidade baixo o lema “Regala sorrisos”. A rexedora local anunciou que se promoven dúas iniciativas, unha de recollida de xoguetes novos ou usados en bo estado e outra de recollida de doces de Nadal.

Salta da Cama
Estratexias de márketing para Black Friday por Lorena Penas de Actualizados Comunicación

Salta da Cama

Play Episode Listen Later Nov 21, 2022 12:24


Lorena Penas, é socia fundadora de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe fálanos do Black Friday. Data que marca o inicio da tempada de compras do Nadal e celébrase o venres despois do Día de Acción de Grazas en EE.UU. (Thanksgiving) en novembro. "O obxectivo é que eses compradores dunha vez se convirtan en clientes leais e para sempre". "O 90% dos usuarios de Instagram segue polo menos a unha marca". "O Black Friday ofréceche a oportunidade de mostrarlle agradecemento e aprecio aos clientes máis fieis e máis antigos". Que é o Black Friday? Trátase dun día famoso polos enormes descontos que ofrecen as tendas, tanto físicas como electrónicas, que provocan un aumento considerable no gasto dos consumidores. O termo ‘Black Friday' (‘Venres negro') xurdiu en Filadelfia na década de 1950. Os oficiais da policía utilizárono para describir ás enormes e alborotadas multitudes que asolagaban a cidade o día previo ao clásico Army-Navy de futbol americano. Máis tarde, os retallistas adoptaron o Black Friday, pois dependían das compras do Nadal para asegurar estar “en números negros” antes do peche do ano fiscal. Actualmente, Black Friday estendeuse das tendas físicas ás vendas en liña e ampliou a súa duración, pois xa non se trata só dun día, senón de todo unha fin de semana de ofertas entre o venres negro e o Cyber Monday (lanzado en 2005). Estratexias de márketing para Black Friday Hai que comezar dicindo que cando de estratexias de márketing para Black Friday trátase, non existe unha fórmula máxica que funcione igual para todos. Ti coñeces aos teus clientes e sabes que resulta mellor para eles. Con todo, si existen tácticas probadas que poden contribuír á túa estratexia. A continuación, compartímosche estratexias de márketing para Black Friday que podes aplicar. ✔️1. Usa o márketing en redes sociais para promover as túas ofertas con anticipación Algúns consumidores gozan a emoción de estar a cazar ofertas; outros, prefiren planificar con tempo e aproveitar os descontos anticipados (‘early bird'). Para darlle gusto a ambos os tipos de compradores, podes usar as túas redes sociais para anunciar algunhas ‘ofertas sorpresa' e outras promocións con máis detalles. Ao compartir adiantos de ofertas exclusivas, contadores regresivos e outros contidos atractivos, as empresas poden xerar anticipación e impulsar o tráfico ás súas tendas en Black Friday. As redes sociais son unha excelente opción para conectar cos clientes e responder as súas preguntas sobre as vendas de Black Friday. ✔️2. Crea un sentido de urxencia Para entusiasmar aos clientes cos teus artigos en promoción, escribe copies que transmitan urxencia. Xerar ese sentimento no teu márketing para Black Friday motiva aos clientes para actuar rapidamente. Crear un sentido de urxencia é útil porque axuda a chamar a atención. Nunha bandexa de entrada repleta de mensaxes novas, por exemplo, un correo que chama a atención e crea un sentido de urxencia ten maior probabilidade de sobresaír. Podes motivar aos clientes para actuar agora no canto de esperar. Ao ofrecer un desconto por tempo limitado ou acceso exclusivo a certos artigos, os clientes quererán aproveitar as túas promocións antes de que desaparezan. ✔️3. Fai unha campaña de márketing por correo electrónico Establece unha campaña de márketing por correo electrónico. Quen non ama recibir ofertas e descontos todos os días na súa bandexa de entrada? Corre unha campaña unhas semanas antes de Black Friday con ofertas exclusivas para os teus subscritores. ✔️4. Optimiza o teu sitio web para os compradores que buscan a través de Google En Black Friday, os sitios de comercio electrónico compiten ferozmente por un espazo nas primeiras posicións de Google. Para chegar aí, necesitas optimizar o teu sitio web para os compradores en liña. Unha forma de facelo é usando as palabras chave que os compradores poderían usar para buscar ofertas. Investiga esas palabras e logo engádeas por aquí e por alá no teu sitio web. Asegúrache de que soen naturais e de non saturar o teu sitio con palabras chave. Ademais, debes asegurarche de que o teu sitio web sexa amigable para os usuarios móbiles, xa que cada vez máis persoas utilizan o seu teléfono para facer as súas compras de tempada. ✔️5. Ofrece aos teus clientes máis fieis promocións exclusivas Ás persoas gústalles sentirse recoñecidas, especialmente cando xa teñen unha relación coa túa marca. O Black Friday ofréceche a oportunidade de mostrarlle agradecemento e aprecio aos clientes máis fieis e máis antigos. Ofrecer descontos e ofertas exclusivas a eses clientes é unha táctica intelixente que che pode axudar a seguir fortalecendo a lealdade. Ao mostrarlle aos teus clientes que os valoras, motivaralos a seguir regresando, mesmo en días que non son Black Friday. ✔️6. Tenta vender directo en redes sociais A xente moitas veces usa as redes sociais para investigar un produto ou buscar unha marca. Case una de cada dúas persoas dixo que busca marcas, produtos ou servizos novos en Instagram. En Black Friday, todo o mundo estará a buscar descontos e promocións. Ao vender directamente en plataformas como Instagram, podes levar os teus produtos fronte aos ollos da túa audiencia obxectivo. Vender os teus produtos na aplicación facilita aínda máis que os teus clientes convertan. Ademais, nas redes sociais podes chegar a unha audiencia global. En Instagram, por exemplo, o 90% dos usuarios segue polo menos a unha marca. ✔️7. Usa hashtags para chegar a novas audiencias Black Friday dáche a oportunidade de chegar a novas audiencias en redes sociais. Ao usar hashtags, podes conectar con persoas interesadas nas ofertas de Black Friday e axudalas a atopar os teus produtos e servizos. Se es retallista, podes usar o hashtag #blackfridayshopping ou #ofertasdeblackfriday para chegar a persoas que buscan descontos. ✔️8. Dá seguimento aos teus clientes despois de Black Friday É marabilloso que poidas vender moitísimos produtos en Black Friday, pero o valor dun cliente para a túa marca crece ao longo do tempo. O obxectivo é que eses compradores dunha vez convértanse en clientes leais e para sempre. Para un 64% dos retallistas, os compradores adquiridos en Black Friday ou Cyber Monday teñen un valor menor ao longo da vida que os compradores adquiridos en calquera outro momento do ano. Dá seguimento enviando un correo de agradecemento, unha enquisa de satisfacción ou unha petición de retroalimentación sobre a súa experiencia. Desta maneira, melloras a experiencia do cliente e isto pode render froitos nos dividendos futuros. Ao darche o tempo para contactar aos clientes, mostras que a túa marca en verdade valóraos e que estás comprometido a ofrecer unha experiencia do cliente positiva. Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN: ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/ ️"SUSCRÍBETE" ao podcast. MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Salta da Cama
Sinda Tosar leva anos sacando adiante a marca OVOS DE REMESAR, ovos campeiros 100% BIO.

Salta da Cama

Play Episode Listen Later Jun 2, 2022 21:50


Nunha leira de Fontesoutelo, na parroquia de Remesar, A Estrada, Sinda montou unha granxa de galiñas camperas. Os animais non están engaiolados nin encerrados nunha nave pequena. Sinda adaptou o antigo establo familiar para as novas inquilinas, que entran e saen cando queren (como MERCAR ). "Por circunstancias familiares non podo ter un traballo de oito horas fora da casa, entonces intentei compaxinar o que me gusta, que é o campo, e sacarlle un rendimento ao mesmo tempo. E conciliar coa casa". "Empecei facendo un curso de creación de microempresas e logo fun dando tumbos preguntando aquí e acola, dando moitas voltas. Porque che piden os mesmos requisitos que a unha granxa de mil ou duas mil galiñas". "É unha satisfación ver que podes conseguir algo. Que algo que che gusta podes sacalo adiante, disfrutando. Eu disfruto moito estando rodeada de galiñas". Nunha leira de Fontesoutelo, na parroquia de Remesar, A Estrada, Sinda montou unha granxa de galiñas camperas. Os animais non están engaiolados nin encerrados nunha nave pequena. Sinda adaptou o antigo establo familiar para as novas inquilinas, que entran e saen cando queren. As 24 galiñas de OVOS DE REMESAR gozan das veigas familiares que fan un total de 2 hectareas de terreno, onde campan ás súas anchas. Na granxa recóllense diariamente unhas dúas ducias de ovos camperos da mellor calidade, que podemos mercar en AMIFRUT FROITERIA, na estrada ( https://www.paxinasgalegas.es/amifrut-216500em.html ) e en Supermercado O PREZO XUSTO, en O Foxo ( https://www.paxinasgalegas.es/guillermo-56222em.html ). De todos os xeitos, no caso das galiñas camperas, o importante non é a cantidade, senón a calidade, a cría en liberdade é un factor indispensable para a súa calidade de vida e óptimo desenvolvemento. Non pode haber benestar animal en galiñas camperas se non se respectan os seus instintos, ritmos e natureza, e estes unicamente poden expresarse completamente ao aire libre; é dicir, correteando, picoteando, respirando aire puro e pastoreando nos inmellorables pastos galegos, sempre verdes os 365 días do ano. Así, as galiñas camperas elixen a demanda as herbas, insectos, sementes e pedriñas –estas últimas melloran as súas dixestións e achéganlles minerais- que atopan nos pastos. Elas mesmas se auto regulan e abastecen con nutrentes adicionais para mellorar a súa saúde e benestar. A beneficiosa luz do sol, os paseos e aleteos diarios, os cambios de estacións, o aire fresco, o verdor do campo… As condicións de vida das galiñas en liberdade, no medio da natureza, son as idóneas para lograr unha crianza espléndida, o que redunda nunha mellor saúde e, en consecuencia, nunha mellor posta de ovos. Así, grazas á Vitamina D (que obteñen da luz solar) e ao exercicio diario os seus ósos están máis fortes, o seu nivel de estrés descende, e o seu apetito aumenta. En consecuencia, unha galiña campera ben nutrida e criada terá un mellor metabolismo e estará moito máis saudable, o que se aprecia no seu plumón, patas, pico, crista… e mesmo no grosor e dureza da casca dos seus ovos. e serán galiñas felices e sas. Máis Información de OVOS DE REMESAR : ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/Ovos-de-Remesar-105835828359762 ✔️ Teléfono: (+34) 646770941 Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE: ✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia ✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/ ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Efervesciencia
Nunha estrela moi lonxana con Antón Baleato

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Apr 10, 2022 13:13


Desde Berkeley o cosmólgo Antón Baleato debulla o achado da estrela Eärendel. Esta estrela descuberta polo observatorio espacial Hubble naceu tan so 900 millóns de anos despois do Big Bang, polo que é a estrela mais antiga coñecida.

FRANCAMENTE CARIÑO
MBA MAL x36 | LETRAS GALLETAS con IGNASI TALTAVULL e as TWITCHEADAS

FRANCAMENTE CARIÑO

Play Episode Listen Later Mar 2, 2022 74:23


Nunha data tan senlleira, armamos o I Mundialito de Letras Galegas MBA MAL e recibimos unha soberana masterclass de Ignasi Taltavull (si, o de La Ruina, Haciendo la Mierda, Aquí Estamos, Culturium Club, Tragedia + Tiempo…). MBA MAL PODCAST, un podcast de Francamente Cariño. https://linktr.ee/francamentec

Salta da Cama
Kim Llobet e Vanesa Sobral poñen o foco nunha das violencias invisibles da nosa sociedade.

Salta da Cama

Play Episode Listen Later Nov 25, 2021 19:28


A Asociación Igualdade e Mulleres da Estrada achéganos diferentes proxectos e novas relacionados coa igualdade. Hoxe falamos con Vanesa Sobral, técnico do proxecto Inserta da Fundación ONCE. "A interseccionalidade é unha discriminación múlitple na que confluen diversos factores de discriminación". "Tamén existe unha violencia institucional, a muller é obrigada a pasar por diferentes trámites que fai que ela e os seus fillos revivan as situación de violencia". "Para unha muller con discapacidade, vítima de violencia de xénero, reinsertarse no emprego non só lle aporta a nivel económico, senon tamén a nivel anímico". PROGRAMA INSERTA Fundación ONCE, ante a necesidade de unir forzas e adoptar proxectos e accións dirixidas a promover e posibilitar a inclusión plena das persoas con discapacidade na sociedade, e sendo conscientes de que para a consecución do seu obxectivo son necesarios todos os medios dispoñibles polos poderes públicos, as institucións, os axentes sociais, empresariais e a sociedade en xeral, desenvolve programas como o Programa INSERTA. O Programa INSERTA diríxese a empresas que inclúen dentro das súas políticas estratéxicas a implantación dun sistema de xestión baseado nos principios que defende a Responsabilidade Social Corporativa, fundamentalmente a través da integración voluntaria, das preocupacións sociais nas súas operacións comerciais e as súas relacións cos seus Grupos de Interese e, especificamente, fomentando o seu compromiso co colectivo de persoas con discapacidade, para o que Fundación ONCE pon a disposición da empresa o seu asesoramento especializado. A adhesión ao Programa materialízase mediante a sinatura dun Convenio, a través do cal se artella de xeito coordinado un plan de acción específico que, dun modo progresivo para cada un dos anos de vixencia do Convenio, determina as accións que se acometerán en función das necesidades, das especificidades do negocio, do obxecto, do fin social e das estratexias de cada empresa. Os ámbitos de actuación do Convenio INSERTA, nos que Fundación ONCE asesora ás empresas, están constituídos por: ✔️Como eixe fundamental, o desenvolvemento de Proxectos estratéxicos de xeración de emprego directo e promoción da formación de persoas con discapacidade ✔️E como eixes complementarios: Integración laboral indirecta Impulso de accións no ámbito da accesibilidade de bens e servizos Inclusión de accións e estratexias en torno á discapacidade nos plans de responsabilidade social das grandes empresas Accións de difusión e sensibilización social Impulso, promoción e patrocinio de accións que contribúan á inserción laboral Proxectos que contribúan á mellora do colectivo das persoas con discapacidade Calquera outro de análoga natureza que sirva para favorecer os obxectivos sociais perseguidos polos asinantes O desenvolvemento da maioría destes Convenios, particularmente nos eixes relativos á formación e o emprego, o executa a entidade Inserta Emprego. Máis Información “PROGRAMA INSERTA”: ✔️ Páxina Web: https://www.portalento.es/Empresas/Rse-discapacidad/Programa-inserta.aspx ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/PorTalento ✔️ Twitter: https://twitter.com/portalento_ ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/portalento_/ ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/PorTalento1 ✔️ Linkedin: https://www.linkedin.com/company/fsc-inserta/ Máis Información "FUNDACIÓN ONCE": ✔️Páxina Web: https://fundaciononce.es/es ✔️Facebook: https://www.facebook.com/fundaciononce ✔️Twitter: @Fundacion_ONCE ✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/company/fundacion-once-inserta/?originalSubdomain=es ✔️YouTube: https://www.youtube.com/user/FundacionONCE ✔️Instagram: https://www.instagram.com/fundaciononce/ ✔️Blog: https://blog.fundaciononce.es/ ✔️Canle Telegram: https://t.me/Fundacion_ONCE Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE: ✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/search/top?q=igualdade%20na%20rede ✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadenarede ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/ ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Habitando
Ep.38: Enredando artes e educación con Jorge Raedó

Habitando

Play Episode Listen Later Nov 19, 2021 65:45


Varias persoas do grupo de Educación de ASF levamos tempo seguindo e aprendendo da traxectoria profesional de Jorge Raedó. Do seu Zaragoza natal ata Colombia onde actualmente reside, pasando por Barcelona e Finlandia entre outros sitios. Nunha choiva de ideas para describilo xurdiron as palabras curiosidade, xenerosidade, interconexión, actividade, creatividade, amabilidade, transparencia, traballo, transformación... e REDEIRO. Un pracer que se achegase por habitando para contarnos cada nó cos que foi tecendo esa rede que une persoas, artes, arquitectura, educación e infancia. Ligazóns de interese: Osamenor Ludantia Habitando Ep.24: Ludantia 2018 Encuentro Internacional Infancia+Arquitectura+Educación+Inclusión, Museo Reina Sofía enero de 2019 Anidar: arquitectura y niñez Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II Subscrición Feed | iTunes | iVoox | Spotify Contacto galicia[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

Salta da Cama
Verónica Barros, BARROS PSICOLOGÍA. DÍA INTERNACIONAL DA TOLERANCIA: Falar con persoas coas que non temos nada en común.

Salta da Cama

Play Episode Listen Later Nov 16, 2021 17:10


No Día Internacional para a Tolerancia, a psicóloga Verónica Barros explica que é a tolerancia e como nós debemos comportar para ser tolerantes cos que nós rodean e con nós mesmos. Ser diferente non é malo, o que é realmente malo, son os prexuízos que se crean ao redor daquelas persoas que realizan accións que non coñecemos ou entendemos. Ben sexa por crenzas relixiosas, culturais ou de xénero. "Falar con persoas coas que consideramos que non temos nada en común. Hai veces que xulgamos ás persoas sen falar con elas e realmente non estamos tan lonxe delas". "Facemos etiquetacións e clasificacións que nós fan ser máis intolerantes. Estas dinámicas son difíciles de cambiar pero pódense cambiar". "O "Group Think" é moi habitual na política. Dase entre persoas que só se relacionan entre persoas que pensan igual". Pensamento de grupo (groupthink en inglés) é un termo acuñado polo psicólogo Irving Janis en 1972 para describir o proceso polo cal un grupo pode tomar decisións malas ou irracionais. Nunha situación de pensamento de grupo, cada membro do grupo intenta conformar a súa opinión á que cren que é o consenso do grupo. Nun sentido xeral isto parece ser un xeito moi racional de afrontar a situación. Con todo isto resulta nunha situación na cal o grupo en definitiva ponse de acordo en determinada acción que cada membro individualmente considera desaconsellable. A definición orixinal de Janis do termo era "un modo de pensamento que as persoas adoptan cando están profundamente involucradas nun grupo cohesivo, cando os esforzos dos membros por unanimidade fan caso omiso da súa motivación para valorar dun xeito realista cursos de acción alternativos". O termo "groupthink" tiña como intención recordar os termos acuñados por George Orwell como "doublethink" e "duckspeak" da linguaxe ficticia Newspeak, que retratou na súa novela Mil novecentos oitenta e catro. O pensamento de grupo tende a ocorrer en comités e en grandes organizacións. Janis orixinalmente estudou o bombardeo a Pearl Harbor, a guerra de Vietnam e a Invasión de Baía de Cochinos. Janis citou un número de condicións antecedentes que poderían alentar o pensamento de grupo. Estas inclúen: ✔️Illamento do grupo ✔️Alta cohesión do grupo ✔️Instrucións provenientes dun liderado forte ✔️Falta de normas que requirisen procedementos metódicos ✔️Homoxeneidade nas ideoloxías e transfundo social dos membros ✔️Alta tensión proveniente de forzas externas con poucas esperanzas dunha solución mellor que a ofrecida polo líder (ou líderes). Janis listou oito síntomas indicativos de pensamento de grupo: ✔️Ilusión de invulnerabilidade ✔️Crenza incuestionable na moralidade inherente do grupo ✔️Racionalización colectiva das decisións do grupo ✔️Estereotipo compartido de membros de fóra do grupo, especialmente de opoñentes ✔️Auto censura; membros que evitan facer críticas ✔️Ilusión de unanimidade ✔️Presión directa a quen se opoñan a conformarse ✔️Membros que protexen ao grupo de información negativa Finalmente os sete síntomas de decisión afectados polo pensamento de grupo son: ✔️Estudo incompleto das alternativas ✔️Estudo incompleto dos obxectivos ✔️Fracaso no exame dos riscos da opción preferida ✔️Fallo en revalorar alternativas inicialmente rexeitadas ✔️Procura de información pobre ✔️Procesamento da información subxectivo e tendencioso ✔️Malogro na realización de plans de continxencia Películas que falan sobre a tolerancia A tolerancia é un valor humano que vai asociado ao respecto, leste foi explotado en varias ocasións por Hollywood. Algunhas películas que che podemos recomendar para compartir en familia ou en clases son as seguintes: ✔️O mordomo (EEUU 2013): Unha historia que trata sobre Cecil Gaines ( Forest Whitaker), un mordomo que serviu na Casa Branca, durante oito períodos e vivenció os cambios políticos que se deron en materia racial. ✔️A Onda (Alemaña 2008): Unha historia que evidencia como a intolerancia e o sectarismo dos réximes totalitarios poden derivar en grandes traxedias. A película trata sobre un profesor que querendo dar unha lección política aos seus estudantes, termina creando o caldo de cultivo dunha desgraza. ✔️A lista de Schindler (EEUU 1993): A película transpórtanos á Alemaña Nazi e demostra cóntaa realidade que atravesou o pobo xudeu durante eses anos. ✔️Os mozos do coro (Francia, 2004): A intolerancia vívese en todas partes, pero que mellor escenario que un correccional de menores. Nesta película un profesor de música Clément Mathieu, acepta un posto nun internado de reeducación para jovencitos. O queda tan atafegado polo que viven a diario estes mozos, que decide levar luz ás súas vidas por medio da música. ✔️A cor púrpura (EEUU, 1985): Maxistral película que debuxa a realidade da violencia de xénero, encarnada na figura de Whoopi Goldberg. Conta a historia de Celie, unha adolescente negra que é abusada polo seu pai e queda en estado. ‍⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella... Máis información BARROS PSICOLOGÍA: ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/ ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast Máis Información e entrevistas: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Salta da Cama
Verónica Barros, BARROS PSICOLOGÍA. PÓDESE DAR A ALERXIA PSICOLÓXICA? : "O corpo reacciona ante factores psicolóxicos"

Salta da Cama

Play Episode Listen Later Jul 6, 2021 11:46


A psicóloga Verónica Barros fálanos sobre a orixe psicolóxica de certas alerxias A alerxia, segundo diversos estudos, pode facer a súa aparición por factores emocionais, tensións… "Cada día está máis claro que o noso corpo reacciona contra substancias de orixe psicolóxico". "Hai neuronas no cerebro e noutras partes do corpo, como no tracto dixestivo". "Ante un problema como o estrés, o noso cerebro comeza a segregar caticolaminas e cortisol e esto pode xerar reaccións alérxicas". CAL SERÍA A DEFINICIÓN DE ALERXIA? ✔️ Segundo a Web para pacientes alérxicos da Sociedade Española de Inmunología Clínica, Alergología e Asma Pediátrica (SEICAP), a alerxia é unha reacción de defensa do organismo contra substancias externas que penetran no corpo. Esas substancias poden penetrar polo aparello dixestivo (alimentos, medicamentos), polo aparello respiratorio (inhalantes), absorbidas pola pel (contactantes), ou atravesando a pel (inxeccións, picaduras). O sistema inmune do corpo recoñece esas substancias como estrañas e tenta neutralizalas. As persoas sen alerxia tamén as recoñecen como estrañas, pero o seu organismo neutralízaas sen danarse a si mesmo, mediante mecanismos chamados de tolerancia. ✔️ As persoas con alerxia téntanas neutralizar por mecanismos que se volven daniños contra o propio organismo, e causan os síntomas de alerxia. Os síntomas son variados e dependen do tipo de alérgeno que se trate. QUE SUBSTANCIAS PODEN DAR ALERXIA? ✔️ Calquera substancia que poida causar alerxia chámase alérgeno. Os alérgenos principais son: ácaros, fungos, poles, animais, alimentos, medicamentos, látex, e velenos de abella e avespa. EN QUE CONSISTE O TRATAMENTO MÉDICO? ✔️Consiste en: Antihistamínicos, desconxestionantes en pingas ou espray, esprays nasais con corticoides, inmunoterapia ou vacúa antialérgica. Os psicólogos tamén investigan sobre a posible relación entre as alerxias e factores psicolóxicos (emocións, tensións, personalidade…). ✔️ Nunha investigación psicolóxica do 2002 de Gualberto Buela-Casal e colaboradores, conclúen que “debería facerse fincapé no estado actual da investigación sobre as relacións bidireccionales entre enfermidades biolóxicas e factores psicolóxicos”. Na súa investigación atoparon que “a gran maioría das veces non se coñece, nin a orixe de certas alerxias (que podería deberse a factores psicolóxicos ou non), nin a influencia que algúns factores psicolóxicos teñen no seu desenvolvemento. Igualmente ocorre ao contrario, é dicir, que é escaso o coñecemento sobre as implicacións que as alerxias poderían ter, ou sexa, sobre os seus efectos no funcionamento psicolóxico das persoas que as padecen. Atopámonos por tanto nun campo, no que se intúe que debe haber algo pero non se sabe que nin en que medida”. Neste estudo 22 son suxeitos alérxicos ao pole da oliveira e 206 non son alérxicos. Os resultados apuntan á existencia de diferenzas entre os grupos nas puntuacións obtidas nas escalas que avalían ansiedade social (temor á avaliación negativa e evitación e angustia social). O mesmo ocorre nas puntuacións obtidas en ansiedade xeral, avaliada a través do STAI (mediante os seus dous subescalas estado e trazo), e nas subescalas extroversión e neuroticismo do cuestionario de personalidade de Eysenck ( EPQ-A). ✔️Finalmente, conclúese que as diferenzas atopadas entre os grupos nas dúas probas ( STAI e EPQ-A) relaciónanse con compoñentes de tipo social que deben ser considerados en investigacións futuras. ‍⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella... Máis información BARROS PSICOLOGÍA: ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/ ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast Máis Información e entrevistas: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Salta da Cama
Verónica, BARROS PSICOLOGÍA. CAMBIOS PSICOLÓXICOS CANDO PASAMOS POR UNHA ENFERMIDADE.

Salta da Cama

Play Episode Listen Later Jun 22, 2021 15:45


A psicóloga Verónica Barros explica os cambios psicolóxicos que pasamos cando pasamos por unha enfermidade. "Nunha enfermidade, ás veces, as persoas que están cerca pásano peor que a persoa que sofre a enfermidade". "Sempre que buscamos información dunha enfermidade pola nosa conta, quedámonos coa peor información". "Temos que seguir para adiante, porque unha persoa falte, nós temos que seguir coa nosa vida". Como enfrontarse a unha enfermidade, dende o punto de vista psicolóxico. Proceso, dor, dor crónica, ... As enfermidades xeneran cambios a todos os niveis na vida das persoas que as padecen, pero tamén das persoas que apoian ou conviven co/a persoa que está pasando directamente coa enfermidade. Estes cambios son biolóxicos, sociais, familiares, laborais, ... Dende a parte emocional, danse unha serie de cambios que fan que a persoa se vaia adaptando de forma natural ao proceso de enfermidade. Son fases que fan que nos adaptemos para mellorar a nosa calidade de vida: ✔️1. Incertidume e confusión. É o momento inicial, no cal nos acaban de dar a noticia de que algo vai mal, pero non sabemos realmente nada. Incluso podemos non saber o que realmente temos, e polo tanto, sentímonos perdidos. Neste caso, a tendencia é a buscar información. E, por conseguinte, tamén é importante evitar o efecto de amplificación da información, onde buscamos en internet todo o relacionado cos síntomas que pensamos que temos. ✔️2. Desconcerto. Cando recibimos o diagnóstico, pode ser a primeira vez que temos contacto con esa enfermidade en concreto, ou, como pasa no caso dos cancros, por exemplo, ter moi mala información sobre a mesma. Desta maneira, nestes momentos é moi normal sentir bloqueo emocional, e, posteriormente, pasar a ter sensacións de angustia, desamparo, medo, ... Neste momento é importante recibir información adecuada, contar con especialistas cerca e persoas de confianza nas que apoiarnos. ✔️3. Oposición e illamento. Pode ser que despois de recibir ese diagnóstico apareza a negación, para que así a nosa mente teña un respiro ou como defensa para asimilar o que ben e tomar un pouco de distancia fronte o que nos dixeron que vai pasar. Incluso tamén podemos precisar un pouco de distancia cos demais. O importante é respectar os tempos e os estados de cada un. ✔️4. Rabia. Loxicamente, estar enfermo non é algo que desexemos, polo que é normal que nos frustremos e que nos doia estar padecen unha enfermidade (non é o momento, xusto agora, por que a min, ...). Todos estes pensamentos deben ser pouco a pouco xestionados, pero é bo saber que temos dereito a berrar ou a chorar de vez en cando. E isto debe ser tratado con naturalidade e comprensión polas persoas cercanas. Porque, moitas veces, os que están ao lado din...bueno, non te preocupes, non te poñas así, chorando non arranxas nada, ... pero chorar, de vez en cando, vennos moi ben. E non por chorar significa que esteamos nunha depresión, senón que pode ser a nosa mente intentando adaptarse. ✔️5. Tristeza. Despois da rabia pode vir a tristeza, que leve a illarse un tempo, e para así elaborar correctamente o que está sucedendo. ✔️6. Adaptación. Xa abordamos as cousas con máis serenidade. Aquí xa podemos avaliar a situación dunha forma máis racional. Dicir que estas son unhas fases que se repiten en moitas situacións das nosas vidas e que temos que saber xestionar estes procesos que, a pesar de ser desagradables, son os que nos permiten avanzar e elaborar correctamente un duelo, xa sexa pola perda dun estilo de vida, pola perda dunha persoa, ou dunha relación. Cada proceso ao seu nivel, e coa súa temporalidade, pero cunhas fases moi similares, ao fin e ao cabo. Recordar que todo ten a súa parte boa e a súa parte mala, e a vida non ía a ser diferente. ‍⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella... Máis información BARROS PSICOLOGÍA: ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/ ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast Máis Información e entrevistas: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: @pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Ona Jove
222 Ona Jove (19-01-2021) "Montados nunha zorra"

Ona Jove

Play Episode Listen Later Jan 16, 2021 54:51


Onajoveros i onajoveres, torna la randomositat setmanal! Parlem de l'AON (com de costum) i de la nova tiktoker/xornalista gallega que ho està petant a les xarxes. També parlem dels Golden Globes i dels Goya, perquè comença la temporada de gales de premis, i us portem recomanacions de sèries de Netflix. Tot això i molt més, al programa d'aquesta setmana de l'Ona Jove!

Voces de Ferrol - RadioVoz
O presidente do Ateneo confía en que o Concello poda rescatar os arquivos da entidade inmersos nunha subasta xudicial

Voces de Ferrol - RadioVoz

Play Episode Listen Later Jan 8, 2021 22:33


El próximo lunes termina la subasta judicial de los fondos de biblioteca, hemerográficos, fotográficos, filmoteca, archivo, arte, así como material técnico y de oficina que desde hace casi 10 años esta pendiente de rescate por el impago de los costes de almacenaje al que fue sometido cuando se realizó por parte del concello la rehabilitación del edificio de la entidad en la calle Magdalena.

Voces de Ferrol - RadioVoz
Narón e outos catro concellos de Ferrolterra participan nunha nova edicion do certame Vilas en Flor

Voces de Ferrol - RadioVoz

Play Episode Listen Later Oct 5, 2020 16:14


Vilas en Flor persegue a mellora ambiental, social e económica dos concellos, así como a dinamización do sector do paisaxismo e a ornamentación, seguindo o modelo existente noutras comunidades autónomas como Cataluña, Aragón, Canarias e Valencia, a semellanza do sistema implantado desde hai décadas noutros países como Reino Unido, Irlanda, Francia, Italia e Canadá.

Efervesciencia
Efer 455 (5-12-18): Enredados na orixe da teoría de cordas

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Dec 11, 2018 59:07


Nunha viaxe de Haifa a Venecia en barco en 1968 o físico Gabriele Veneziano elaborou un artigo científico para explicar o comportamento dos mesóns á revista Nuovo Cimento. Nese momento Veneziano non era consciente de que estaba abrindo á porta a fascinante "Teoría de Cordas". Veneziano visitou Compostela invitado polo profesor da USC e divulgador José Edelstein. Coa axuda do mesmo Edelstein repasamos estes 50 anos de Teoría de Cordas vistos por Veneziano. Conversamos coa química da Universidade de Zurich Cristina Nevado tras a súa participación na homenaxe ao profesor Luis Castedo polo seu 80 aniversario. O noso paxareiro Nacho Munilla cóntanos a historia dunha parella de cigoñas lalinenses que veñen de ser desafiuzadas.

Efervesciencia
Efer 455 (5-12-18): Enredados na orixe da teoría de cordas

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Dec 11, 2018 59:07


Nunha viaxe de Haifa a Venecia en barco en 1968 o físico Gabriele Veneziano elaborou un artigo científico para explicar o comportamento dos mesóns á revista Nuovo Cimento. Nese momento Veneziano non era consciente de que estaba abrindo á porta a fascinante "Teoría de Cordas". Veneziano visitou Compostela invitado polo profesor da USC e divulgador José Edelstein. Coa axuda do mesmo Edelstein repasamos estes 50 anos de Teoría de Cordas vistos por Veneziano. Conversamos coa química da Universidade de Zurich Cristina Nevado tras a súa participación na homenaxe ao profesor Luis Castedo polo seu 80 aniversario. O noso paxareiro Nacho Munilla cóntanos a historia dunha parella de cigoñas lalinenses que veñen de ser desafiuzadas.

Salta da Cama
CURIOSIDADES CURIOSAS luns 08-10-2018 SALTA DA CAMA

Salta da Cama

Play Episode Listen Later Oct 8, 2018 19:32


Nas curiosidades curiosas de hoxe: "Nunha vila francesa vendiman espidos"

Efervesciencia
Efer 433 (8-1-18): Reanimación nunha planeadora a todo gas

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Apr 8, 2018 42:20


Imaxinádevos que saídes pescar cuns amigos pola ría de Arousa nunha lancha. Nun momento dado a un dos excursionistas dálle un infarto ao corazón. Que facemos nesta circunstancia onde cada segundo pode marcar a diferenza entre a vida e a morte logo de chamar ao 1 1 2? Cara onde tirar, cara o porto que estea mais preto ou o que este co vento a favor? Podemos empezar a facer compresións no peito? E se así debemos poñer a lancha a toda velocidade ou amainar un chisco para facer a reanimación? Grazas ao grupo de investigación REMOSS da Universidade de Vigo que dirixe Roberto Barcala temos resposta baseada en evidencia a estas preguntas.

Efervesciencia
Efer 433 (8-1-18): Reanimación nunha planeadora a todo gas

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Apr 8, 2018 42:20


Imaxinádevos que saídes pescar cuns amigos pola ría de Arousa nunha lancha. Nun momento dado a un dos excursionistas dálle un infarto ao corazón. Que facemos nesta circunstancia onde cada segundo pode marcar a diferenza entre a vida e a morte logo de chamar ao 1 1 2? Cara onde tirar, cara o porto que estea mais preto ou o que este co vento a favor? Podemos empezar a facer compresións no peito? E se así debemos poñer a lancha a toda velocidade ou amainar un chisco para facer a reanimación? Grazas ao grupo de investigación REMOSS da Universidade de Vigo que dirixe Roberto Barcala temos resposta baseada en evidencia a estas preguntas.

Burán
Burán 012 (25-01-2018)

Burán

Play Episode Listen Later Jan 28, 2018 62:50


Nunha nave xestionada por humanos non deixamos de preguntarnos como sería deixar os nosos rumbos en man dunha intelixencia artificial. Máquinas que aprenden, posíbeis personalidades, a tentación do mal, ou os dereitos e liberdades que poden ter (ou non) as intelixencias tecnolóxicas que nos rodean son algúns dos temas que tratamos. Tamén da súa extensión na literatura galega recente ou en filmes non tan novos nunha viaxe na que albiscamos a singularidade ao lonxe. Con música de varias intelixencias artificiais, ademais dos novos Peña e os non tan novos Radiohead.

Efervesciencia
Efer 406 (1-10-17): Estamos nunha nube

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Oct 1, 2017 55:18


Visitamos o III Congreso Internacional de Observadores de Nubes en Sarria na Granxa Escola Barreiros. Desde a biblioteca do IES Alenxandre Bóveda de Vigo estreamos "Cambio de fase" sección de ciencia e banda deseñada con Daniel Pizarro. Con "Moléculas en Galego" imos recoller cogomelos. O catedrático de física da USC leva 20 anos traballando no Observatorio Pierre Augir. 400 investigadores deste proxecto internacional de detección dos raios cósmicos máis enerxéticos do universo veñen de publicar en Science que estes se orixinan fóra da nosa galaxia.

Efervesciencia
Efer 406 (1-10-17): Estamos nunha nube

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Oct 1, 2017 55:18


Visitamos o III Congreso Internacional de Observadores de Nubes en Sarria na Granxa Escola Barreiros. Desde a biblioteca do IES Alenxandre Bóveda de Vigo estreamos "Cambio de fase" sección de ciencia e banda deseñada con Daniel Pizarro. Con "Moléculas en Galego" imos recoller cogomelos. O catedrático de física da USC leva 20 anos traballando no Observatorio Pierre Augir. 400 investigadores deste proxecto internacional de detección dos raios cósmicos máis enerxéticos do universo veñen de publicar en Science que estes se orixinan fóra da nosa galaxia.

Facemos historia
Nin allea nin neutral. A Primeira Guerra Mundial e Galiza

Facemos historia

Play Episode Listen Later Mar 21, 2017 18:51


EPISODIO 17. TEMPORADA 01Entre 1914 e 1918 tivo lugar un conflito que mudou o mundo: A Grande Guerra, con maiúsculas, unha guerra cunha intensidade como non existira outra antes; unha guerra total, co resultado de 13 millóns de mortos. A Primeira Guerra Mundial foi unha guerra iniciada polas potencias europeas e desenvolvida fundamentalmente en solo europeo. Foi a entrada en 1917 dos EE.UU. o que lle aportou o carácter extraeuropeo ao conflito, aínda que estes viñesen loitar a Europa. Mais o que verdadeiramente lle outorgou á contenda o carácter mundial é que os principais estados enfrontados eran posuidores de grandes imperios transoceánicos.A Grande Guerra tivo dúas etapas perfectamente diferenciadas, a chamada Guerra de Movementos, que ocupou o ano 1914, e a Guerra de Posición ou Guerra de Trincheiras, que caracterizou os seguintes tres anos de conflitos.A entrada dos EE.UU. na guerra veu marcada polo xiro da estratexia naval de Alemaña, na busca de illar e afogar economicamente a Gran Bretaña e a Francia. A loita naval, a busca de acabar co tráfico naval no Atlántico, levou ao goberno americano a entrar en guerra e decantou finalmente o conflito. E nesta guerra naval Galiza xogou un papel destacado, xa como apoio loxístico ás frotas navais en conflito, xa como centro de espionaxe e control da información. Nunha guerra onde España declarara oficialmente a súa neutralidade, Galiza non foi nin allea nin neutral no conflito.REFERENCIAS:U-49, unha novela de Rafael Lema, publicada por Ed. Tambre - Edelvives: http://www.todostuslibros.com/libros/u-49_978-84-96772-60-1PODCAST MENCIONADOLa contrahistoria: https://itunes.apple.com/es/podcast/la-contrahistoria/id1130560048?l=en&mt=2CRÉDITOS:Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIAEl Pelele, de Enrique Granados: https://musopen.org/music/3556/enrique-granados/el-pelele/Fandangos de Candil, de Granados; interpretada por Rubén Lorenzo: https://www.youtube.com/watch?v=lcm1ibikVyQ

Facemos historia
Nin allea nin neutral. A Primeira Guerra Mundial e Galiza

Facemos historia

Play Episode Listen Later Mar 21, 2017 18:51


EPISODIO 17. TEMPORADA 01Entre 1914 e 1918 tivo lugar un conflito que mudou o mundo: A Grande Guerra, con maiúsculas, unha guerra cunha intensidade como non existira outra antes; unha guerra total, co resultado de 13 millóns de mortos. A Primeira Guerra Mundial foi unha guerra iniciada polas potencias europeas e desenvolvida fundamentalmente en solo europeo. Foi a entrada en 1917 dos EE.UU. o que lle aportou o carácter extraeuropeo ao conflito, aínda que estes viñesen loitar a Europa. Mais o que verdadeiramente lle outorgou á contenda o carácter mundial é que os principais estados enfrontados eran posuidores de grandes imperios transoceánicos.A Grande Guerra tivo dúas etapas perfectamente diferenciadas, a chamada Guerra de Movementos, que ocupou o ano 1914, e a Guerra de Posición ou Guerra de Trincheiras, que caracterizou os seguintes tres anos de conflitos.A entrada dos EE.UU. na guerra veu marcada polo xiro da estratexia naval de Alemaña, na busca de illar e afogar economicamente a Gran Bretaña e a Francia. A loita naval, a busca de acabar co tráfico naval no Atlántico, levou ao goberno americano a entrar en guerra e decantou finalmente o conflito. E nesta guerra naval Galiza xogou un papel destacado, xa como apoio loxístico ás frotas navais en conflito, xa como centro de espionaxe e control da información. Nunha guerra onde España declarara oficialmente a súa neutralidade, Galiza non foi nin allea nin neutral no conflito.REFERENCIAS:U-49, unha novela de Rafael Lema, publicada por Ed. Tambre - Edelvives: http://www.todostuslibros.com/libros/u-49_978-84-96772-60-1PODCAST MENCIONADOLa contrahistoria: https://itunes.apple.com/es/podcast/la-contrahistoria/id1130560048?l=en&mt=2CRÉDITOS:Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIAEl Pelele, de Enrique Granados: https://musopen.org/music/3556/enrique-granados/el-pelele/Fandangos de Candil, de Granados; interpretada por Rubén Lorenzo: https://www.youtube.com/watch?v=lcm1ibikVyQ

Efervesciencia
Efer 385 (19-2-17): Cribado, Tartaglia e o perforador do millo

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Feb 19, 2017 55:50


Nunha entrevista a fondo o radiofísico Manuel Viches analiza o problema do sobretratamento no cribado do cancro de mama. En "Entrevistas no alén" coñecemos a incrible vida de Niccolo Fontana "Tartaglia". A investigadora Rosa Ana Malvar (Unidade asociada MBG-CSIC UVigo “Agrobioloxía medioambiental”) cóntanos como loitar contra os perforadores do millo con variedades que incorporan unha parede celular mais consistente.

Efervesciencia
Efer 385 (19-2-17): Cribado, Tartaglia e o perforador do millo

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Feb 19, 2017 55:50


Nunha entrevista a fondo o radiofísico Manuel Viches analiza o problema do sobretratamento no cribado do cancro de mama. En "Entrevistas no alén" coñecemos a incrible vida de Niccolo Fontana "Tartaglia". A investigadora Rosa Ana Malvar (Unidade asociada MBG-CSIC UVigo “Agrobioloxía medioambiental”) cóntanos como loitar contra os perforadores do millo con variedades que incorporan unha parede celular mais consistente.

Efervesciencia
Efer 378 (1-1-17): Un ano de ciencia nunha hora de radio

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Jan 2, 2017 57:36


Programa especial de aninovo no que que entre canción e canción repasamos o mellor do ano no mundo da ciencia. Entrevistamos á portavoz de LIGO Gabriela González, investigadora do ano segundo Nature, a "espías das ondas gravitacionais". Participan César Goldi, Deborah García Bello, Borja Tosar, Xosé Luís Veiga Goy, David Ballesteros e José Edelstein.

nature ciencia entrevistamos bello de radio jos edelstein deborah garc nunha
Efervesciencia
Efer 378 (1-1-17): Un ano de ciencia nunha hora de radio

Efervesciencia

Play Episode Listen Later Jan 2, 2017 57:36


Programa especial de aninovo no que que entre canción e canción repasamos o mellor do ano no mundo da ciencia. Entrevistamos á portavoz de LIGO Gabriela González, investigadora do ano segundo Nature, a "espías das ondas gravitacionais". Participan César Goldi, Deborah García Bello, Borja Tosar, Xosé Luís Veiga Goy, David Ballesteros e José Edelstein.

nature ciencia entrevistamos bello de radio jos edelstein deborah garc nunha
Metrópoles Delirantes | cómics
Metrópoles Delirantes 28

Metrópoles Delirantes | cómics

Play Episode Listen Later Mar 22, 2015 68:21


Un dos libros máis salientables do ano pasado foi “He visto Ballenas” de Javier de Isusi, unha visión moi interesante da fin da loita armada en Euskadi, e de como as persoas implicadas nela buscan a maneira de superar os anos de violencia. O Sr B recomenda nos imprescindibles o Maus de Art Spiegelman, unha bd que fai tremer o lector coa dura historia do holocausto xudeu e as consecuencias que tivo aínda nos superviventes. Nunha comunicación intergaláctica falamos co cónsul do Planeta Mincha que nos conta cousas de Destino Hërgüss. As novidades veñen dende Ourense con Simón da Libraría Sindicato del cómic. Coma sempre con moitas risadas, boa música e un okupa no estudio.