POPULARITY
Cada xoves falamos de igualdade con Kim Llobet. Hoxe falamos Kim Llobet e María Sanmartín de Mulleres que Poden, que son as organizadoras do "Círculo Literario" no que Clara Pino e Charo Valcárcel, presentarán os seus poemarios, "As trobadoras silenciadas" e "A nena chuvia". Charo Valcarcel 🔊"A nena chuvia é un poemario que fala da natureza principalmente, é unha homenaxe e un berro de impotencia contra todas as agresións que recibe". Clara Pino 🔊"Sempre falamos de mulleres ilustres pero nos olvidamos das mulleres que foron un piar moi impotante para a economia de Galiza e mantenta do País. Como as labregas, e as muiñeiras e as leiteiras...". 📅 10 de abril 🕣 19:30h 🗺️ MOME A Estrada 📢 Charo Valcárcel, natural de Vinseiro. Licenciada en Filoloxía Hispánica. Foi profesora de lingua e literatura galega no IES Valle Inclán de Pontevedra. Logo da súa xubilación publicou o seu primeiro libro de poesía Cando os bosques sintan frío en decembro de 2021 e en 2022 o libro de relatos protagonizados por mulleres Funámbulas (Relatos: "Derrota, Cazador, Espello, Néboa, Certezas, Nó, Desatino, Angele dei, Inocente, Desafío, Outono, A pomada de Graña"). Participou en publicacións colectivas coma a revista Furman (2020), Xistral (2021) e nas colectáneas de poesía luso-española Cultura sen fronteiras e Abraço de culturas. Presentando con Xaime Toxo Cando os bosques sintan frío en Bueu, Libraría Miranda, agosto 2022. É unha das creadoras do proxecto web De vella a bella. No IES Valle Inclán dirixiu o grupo de teatro Argallada. 📢 Clara Pino, natural de Vigo. É unha cantante e arpista (arpa celta) galega. É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, estudos que compaxinou coa súa formación musical nos Conservatorios Superiores de Vigo e A Coruña completando a súa formación musical na E-Trad de Vigo, nas disciplinas de arpa celta e zanfona. Comezou os seus estudos de arpa da man de Rodrigo Romaní, influencia que pode observarse na súa música. Formou parte da banda Covalblú, coa que editou un traballo discográfico titulado Mai. O seu primeiro traballo discográfico, Sete saias, dúo de arpas e voces editado por Pai Música, foi publicado no ano 2007 co que obtivo un grande recoñecemento por parte da crítica musical. Forma parte do Dúo Clara Pino & Pablo Vidal, e compaxina a súa actividade musical coa docencia no ensino secundario e a escrita. No ano 2022 publicou a súa primeira obra literaria da man da Editorial Elvira, un poemario que leva por título: Fenómeno fan. 👉 Máis Información de CHARO VALCÁRCEL: ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/Charovalcarcel 👉 Máis Información de MULLERES QUE PODEN ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057202191221 🎙️ "SUSCRÍBETE" ao podcast👍 📢 MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html 👉Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Sección con María Xosé Porteiro, no A Vivir Galicia, no que falamos de mulleres galegas que fixeron historia: no primeiro capítulo, Andrea López Chao
Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos con Kim Llobet e Iago González o programa do ciclo - Marzo, con M de Muller - do Recreo Cultural da Estrada. "Quédannos dúas xornadas moi atractivas, a primeira é con Chus Pato, Premio Nacional de Poesía e logo ven visitarnos Guadi Galego". "Todos os anos temos unha actividade para concienciación infantil, este ano fixemos un taller de arte textil moi gratificante para eles". "O que hai é que crear concienciación dende un inicio, a crear valores e a comprender que é o movemento feinista que é crear unha sociedade equitativa". ✔️RECREO CULTURAL: IV Ciclo "Marzo, con M de Muller"!!! Un mes cheo de actividades inspiradoras nas que ás mulleres son as protagonistas . 7 de marzo: Inauguración con aMArte de Mulleres da Estrada e Escola Rihka, da man de Rebeca Cabaleiro ás 21h. Acompañaremos cun viño galego. 8 de marzo: Sábado de consciencia! 11:00h Obradoiro con Catro Elefantes sobre a figura de Guadi Galego 14 de marzo: Poesía en estado puro coa gran Chus Pato Premio Nacional de Poesía. 21 de marzo: coloquio cunha visita especial, Guadi Galego . Fora de micro Iago González tamén nos falou de dúas actividades que teñen pechadas. Un concerto de Pancho Barona e unha actividade conmemorativa do ano Castelao. Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Asociación Cultural Vai Rañala Meu! celebrará este sábado 8 de marzo o Día Internacional da Muller cunha completa xornada de actos no Centro Cívico Social de Sedes, Narón. Desde o día 1 e ata o 23 de marzo, poderá visitarse a exposición "Galicianas, Mulleres galegas facendo historia", que mostra o traballo e a traxectoria de 12 mulleres pioneiras nas súas respectivas áreas. A mostra, realizada pola Asociación en colaboración co Consello da Cultura de Galicia, é un tributo áquelas que marcaron a diferenza en distintos campos, e foi deseñada por Daniel Ameneiros. A partir das 12:30 horas, terá lugar un obradoiro de baile tradicional titulado "Bailar a canda os Tempos". Neste obradoiro, a cargo de Carme Campo e Chus Caramés de Andar cos Tempos, os participantes poderán descubrir os códigos e dinámicas do baile tradicional transmitidos polas persoas maiores. O obradoiro ensinará pasos de baile para gozar das folias e bailes tradicionais, ademais de reflexionar sobre o significado da danza. As persoas interesadas deben inscribirse previamente, cun custe de 10€ por persoa. A xornada rematará cunha Vermú Lila, unha foliada libre onde os asistentes poderán cantar, tocar e bailar, amosando os pasos aprendidos no obradoiro. Quen o desexe pode traer o seu propio instrumento. Para que a festa continúe con enerxía, haberá petiscos e quitafames para todos. As persoas interesadas en participar poden inscribirse enviando un correo a vairanhalameu@gmail.com ou a través do whatsapp ao número 616 421 88 82. Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural Vai Rañala Meu! coa colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña, e con ela queren poñer en valor a tradición e o traballo das mulleres galegas.
Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos con Kim Llobet do programa do 8M na Estrada e con Fátima Failde do SmartPeme da Deputación de Pontevedra. Fátima Failde "No SmartPeme asesoramos a calquer persoa que queira levar adiante o seu proxecto empresarial, ou desenvolver o que xa ten". Kim "Temos unha gran programación con actos do Concello, do Recreo Cultural e da nosa asociación, Mulleres Rurais Avelina Valladares". A Asociación de Mulleres Rurais Avelina Valladares da Estrada instaurou hai xa catorce anos o seu certame Mulleres na Memoria de Avelina Valladares, que busca precisamente agradecer a contribución das mulleres estradenses que van pola vida deixando pegada. Este ano a homenaxe será para Inés Pumares Rodríguez, Marisé García Hermida, Rosa Gulías Soto e a Asociación de Mulleres Rurais de Arca. Os galardóns entregaranse nun acto público que se celebrará o vindeiro sábado, día 8, ás 18.30 horas na sala Abanca. PREMIO HONORÍFICO AO LABOR DAS MULLERES DA ESTRADA á Rosa Ferreira, entrega mañá ás 20.00 h no mome. ✔️RECREO CULTURAL: ✨ Chega o IV Ciclo "Marzo, con M de Muller"!!! Un mes cheo de actividades inspiradoras nas que ás mulleres son as protagonistas . 7 de marzo: Inauguración con aMArte de Mulleres da Estrada e Escola Rihka, da man de Rebeca Cabaleiro ás 21h. Acompañaremos cun viño galego. 8 de marzo: Sábado de consciencia! 11:00h Obradoiro con Catro Elefantes sobre a figura de Guadi Galego 14 de marzo: Poesía en estado puro coa gran Chus Pato Premio Nacional de Poesía. 21 de marzo: coloquio cunha visita especial, Guadi Galego . SMARTPEME é unha rede de oficinas situadas nas diferentes comarcas da provincia de Pontevedra, atendidas por persoas asesoras especialistas, onde se presta un servizo de información e asesoramento gratuíto, presencial e personalizado sobre as TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), as Novas Tecnoloxías e a mellora da competitividade empresarial. SERVIZOS DO SMARTPEME Smartpeme comezou no ano 2016 como un servizo de asesoramento no uso das TIC ao tecido empresarial. A necesidade de seguir axudando ás empresas da provincia xerou a aparición de novos servizos que consolidan e impulsan a rede. ✔️ Asesoramento individualizado: ofrécese asesoramento personalizado baseado no uso das Novas Tecnoloxías no eido empresarial, distinguindo entre diferentes bloques: presenza 2.0, imaxe, software de xestión e ferramentas ofimáticas. ✔️ Smartpeme Impulsa ofrece asesoramento e capacitación na mellora da competitividade global dos negocios. As temáticas que se abordarán coincidirán coas necesidades máis relevantes para toda empresa en materia de crecemento empresarial, innovación e internacionalización. ✔️ Centro Provincial de Economía Dixital: situado en Barro-Meis e apoiado nas instalacións do FabLab que a Deputación ten no viveiro de empresas. O centro xorde co obxectivo de dar a coñecer as solucións tecnolóxicas máis novidosas no eido empresarial, entre as que se engloban impresión 3D, robótica, Big Data e realidade aumentada, entre outras. ✔️ TurisTIC, enfocado no asesoramento tecnolóxico específico para o sector turístico, dada a relevancia que ten o sector na provincia. Busca axudar a mellorar o uso e a adaptación dixital das empresas do sector, dotándoas de ferramentas para mellorar a súa competitividade e eficiencia. Máis Información do SMARTPEME: ✔️ Páxina Web: https://smartpeme.depo.gal/ ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/smartpeme ✔️ Twitter: https://twitter.com/smartpeme ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/smartpeme/ ✔️☎️: 886 20 20 20 ✔️ : info.smartpeme@depo.es ✔️ : lalin.smartpeme@depo.es Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Sofía Vázquez, de Mulleres Colleiteiras
Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. Hoxe falamos con Lucía Míguez, fundadora de Rysia, empresa especializada en impresión 3D. Para celebrar o día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. 🔊“Actualmente a rapazada ten máis referentes de mulleres na ciencia pero aínda queda moito por facer”. 🔊“Seguimos con chiclés dende pequenas, para nena a boneca e para os nenos o coche. Temos que cambiar o enfoque”. 🔊“Temos o probelma de que calquer carreira de ámbito científico é unha carreira de fondo, son carreiras longas e se queres chegar a un posto de dirección máis tempo todavía”. 👩🔬 Gciencia: 21 científicas galegas que tes que coñecer: https://www.gciencia.com/retro/21-cientificas-galegas-que-tes-que-conecer/ 📢Por que dedicamos un día á muller e a nena na ciencia? A igualdade de xénero foi sempre unha cuestión fundamental das Nacións Unidas. A igualdade entre os xéneros e o empoderamento das mulleres e as nenas contribuirán decisivamente non só ao desenvolvemento económico do mundo, senón tamén ao progreso respecto de todos os obxectivos e metas da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible. O 14 de marzo de 2011, a Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller aprobou, no seu 55º período de sesións, o informe coas conclusións convidas sobre o acceso e a participación da muller e a nena na educación, a capacitación e a ciencia e a tecnoloxía, incluída a promoción da igualdade de acceso da muller ao pleno emprego e a un traballo decente. O 20 de decembro de 2013, a Asemblea Xeral aprobou a resolución relativa á ciencia, a tecnoloxía e a innovación para o desenvolvemento, na que recoñeceu que o acceso e a participación plenos e en condicións de igualdade na ciencia, a tecnoloxía e a innovación para as mulleres e as nenas de todas as idades eran imprescindibles para lograr a igualdade entre os xéneros e o empoderamento da muller e a nena. A Asemblea Xeral declarou o 11 de febreiro Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia en recoñecemento ao papel cravar que desempeñan as mulleres na comunidade científica e a tecnoloxía. Na súa resolución do 22 de decembro de 2015, a Asemblea aprobou unha resolución que proclamaba este Día Internacional e encomiaba as iniciativas levadas a cabo pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), a Entidade das Nacións Unidas para a Igualdade de Xénero e o Empoderamento das Mulleres (ONU Mujeres), a Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) e outras organizacións competentes para apoiar as mulleres científicas e promover o acceso das mulleres e as nenas á educación, a capacitación e a investigación nos ámbitos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas. 👉 Máis Información de RYSIA ✔️Web: https://www.rysia.es/index.html ✔️Facebook: https://www.facebook.com/rysia.es ✔️linkedin: https://es.linkedin.com/company/rysia ✔️Twitter: https://x.com/rysiavigo ☎️ Teléfono: +34 986 13 75 65 👉 Máis Información de MULLERES QUE PODEN ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057202191221 🎙️ "SUSCRÍBETE" ao podcast👍 📢 MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html 👉Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Ferrol celebra o Día Internacional das Mulleres e das Nenas na Ciencia do 10 ao 21 de febreiro, cunha programación de 14 sesións de contacontos en centros educativos. O obxectivo é dar a coñecer entre o alumnado o papel de tres científicas ferrolás: Ángela Ruíz Robles, Ángeles Alvariño e Rebeca Atencia, así como a primeira muller española astronauta, Sara García Alonso.
Verónica Marcos, presidenta de FADEMUR. As mulleres do rural fronte a violencia de xénero
Verónica Marcos, presidenta de FADEMUR. As mulleres do rural fronte a violencia de xénero
Fixemos un programa especial dende a XVI Tasca do Liño de San Bartolome de Insua en Vilalba. Falamos coas Lavandeiras de Sillobre, Fiandeiras de Cabanas Rural, Filloeiras de Muimenta, Alvaro Pin e Lourdes Otero das Mulleres de Insua.
Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. Hoxe falamos do IV Foro Empresarial Igualdade con Kim Llobet, Patricia Davila Técnica Gabinete de Igualdade da Confederación Empresarial de Pontevedra e con Marisé García. 🔊"Queremos implicar á muller moito máis no sector forestal, Este ano iniciamos unha campaña de concienciación con AMARUGA (Asociación de Mulleres Autónomas Rurais de Galicia)". 🔊"Hai outro handicap no rural que é o de invitar á mociadade que se busque a vida fora del". 🔊"É importante que as persoas maiores cedan a xestión do monte á xente moza e se leve a cabo un relevo xeracional". 👉 Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 👉 Máis Información de MULLERES QUE PODEN ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057202191221 🎙️ "SUSCRÍBETE" ao podcast👍 📢 MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html 👉Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. Hoxe falamos de Cine Neurodiverso, IV Foro Empresarial Igualdade e IV Encontro de Mulleres Rurais en Melide. Falamos con Kim Llober, Patricia Davila Técnica Gabinete de Igualdade da Confederación Empresarial de Pontevedra e con Aurora Fernández, Presidenta da Asociación Alecrín. 🔊"Neste foro haberá tres mesas con distintas temáticas, sendo o tema principal a diversidade e a inclusión". 🔊"Cada ano hai máis asociacións que se queren sumar a este encontro de Melide. Habera moitas actividades e entrega de premios a mulleres de todo Galicia". 🔊"Este sábado ás 17h comeza, en Minicines Central "Cine Neurodiverso". un ciclo de cine accesible". 👉Maís info CINE NEURODIVERSO: ( https://go.ivoox.com/rf/134209638 ) Este ano o IV Foro empresarial pola igualdade é sobre Diversidade e inclusión na contorna laboral, valores empresariais cos que debemos familiarizarnos si queremos que as nosas empresas destaquen no eido social e laboral. “Diversidade e inclusión na contorna laboral” Inscríbete xa e reserva unha das prazas limitadas 🗓 10 DE OUTUBRO Confederación Empresarial de Pontevedra 📍 Avda. García Barbón 104, 36201 VIGO ⏰ 09:30h – 14:00h Estas políticas de diversidade, igualdade e inclusión DE&I, deben incluír medidas para eliminar o rumbo inconsciente nos procesos de selección, promoción e avaliación do desempeño dos traballadores e traballadoras, así como a creación dun ambiente laboral seguro. Para entender mellor o concepto de DE&I, debemos ver que significan os seus tres compoñentes: Diversidade empresarial. Trátase dun valor estratéxico que afecta ao talento do persoal. Aínda que podamos pensar que só é cuestión de cualificacións como idade, xénero, discapacidade, orixe etc., vai moito máis alá diso. Trátase tamén de diversidade en canto a coñecementos, experiencias, valores, actitudes e xenuinidade das persoas. Trátase de que as empresas avalíen a diversidade no seu persoal e tomen medidas para atraer o talento das persoas que non estean suficientemente representadas. Equidade. A equidade é un principio que se basea na igualdade, pero que dá un paso máis ao ter en conta as particularidades de cada persoa e para ofrecerlle solucións e posibilidades de desenvolvemento a medida. Isto ten moito que ver coas medidas tomadas en canto a conciliación, evitando prexuízos ou estereotipos que nos fagan pensar como empresa, que unha medida vale para todos e todas. Inclusión. Trátase doutro valor empresarial indispensable. É a práctica de crear unha contorna onde todas as persoas se sintan valoradas, respectadas e parte integral do equipo. Non só se trata de ter unha contorna diversa, senón de asegurarse de que todas as voces sexan escoitadas e consideradas na toma de decisións e na vida diaria da organización. A inclusión céntrase en fomentar unha cultura onde todas as persoas poidan participar plenamente e achegar os seus talentos e habilidades. É importante incorporar a DE&I na estratexia empresarial, non só como un compromiso ético, senón como un motor esencial para o rendemento e a sustentabilidade a longo prazo. A competitividade tamén está en atraer, reter e desenvolver talento diverso, a capacidade de dar respostas a necesidades e intereses diferentes e de achegar un valor engadido aos seus grupos de interese. DE&i garanten unha forza laboral máis representativa, fortalecen os procesos de innovación, a creatividade e a capacidade para adaptarse ao cambio, axudando a lograr unha sociedade mellor. 👉 Máis Información de MINICINES CENTRAL: ✔️ Páxina Web: http://www.rutadecomunicaciones.com/minicines/ ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/Minicines-Central-396861087069516/ ✔️Instagram: https://www.instagram.com/minicinescentral/ ✔️ Teléfono: (+34) 616165713 👉 Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 👉 Máis Información de MULLERES QUE PODEN ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057202191221 🎙️ "SUSCRÍBETE" ao podcast👍 📢 MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html 👉Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Castelo Conta: Hadriana Casla, directora del documental Mulleres de Castelo
Cristina Bajo, Marcha Mundial das Mulleres
Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. Hoxe facemos un repaso á actualidade e falamos da primeira xuntanza de "Círculo de Mulleres". Do que falamos nesta sección. (https://www.ivoox.com/falamos-noe-e-monica-garcia-e-con-audios-mp3_rf_129641006_1.html ) Kim Llobet "Moitas veces falamso de xeito banal e gratuito sen pensar o dano que podemos facer". Mónica García "Necesítase falar e necesítase sentirse escoitada pero tamén se necesitan ferramentas". Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 Máis Información de MULLERES QUE PODEN ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057202191221 ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Do día 18 ao 20 de xuño, a Asociación de Mulleres Rurais Avelina Valladares, abrirá as portas das súas clases de pintura para todos @s veciñ@s da Estrada. Coa exposición EmociónArte, na sala abanca, en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00h. Rebeca Cabaleiro "Atoparemos pintura figurativa, as técnicas que empregamos son óleo, acuarela, lápiz, carboncillo, diferentes materias... Hai alumnas dende 10 ata 92 anos.". Ana Cela "As aulas dan para moitísimo, tamén para pintar. Créase algo moi bonito en cada unha das sesións, pola variedade de idades, de personalidades...". María José rozados "Eu entrei das últimas e ía con un poco de medo, pero atopeime cunha familia fantástica e unha profesora espectacular". Máis Información REBECA CABALEIRO: ✔️ Linkedin: https://es.linkedin.com/in/rebeca-cabaleiro-mato-658070a8 ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/rebeca.cabaleiro.1 ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/rcabaleiroo/ ✔️ Blog: https://rivkacabama.blogspot.com/ ✔️ Mail: rebecaluzcabaleiro@gmail.com Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 Máis Información de MULLERES QUE PODEN ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057202191221 ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
La V Xuntanza de Palilleiras e Multilabores de Valdoviño organizada por la Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra en colaboración del Concello de Valdoviño, se celebra este sábado 8 de junio en el Pavillón O Longoiro, en Meirás. El evento, que se desarrollará durante todo el día con horario de mañana y de tarde, busca superar los registros alcanzados en la anterior edición, en la que congregó a más de 350 palilleiras y a cientos de personas que acudieron como público a admirar su trabajo artesanal a lo largo de la jornada.
Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. Hoxe falamos con Noe e con Mónica García dun proxecto de apoio entre persoas, "Círculo de Mulleres". Noe García "Necesitamos un colectivo que apoie e que entenda as situacións das persoas, trátase de falar e de escoitar". Mónica García "Quero trasladar todo o que traballei en min a outras persoas. Cando ti falas da túa realidade, vas adentro e non todo o mundo está disposto". Circulo de Mulleres. Unha actividade que "Mulleres que Poden" puxo en marcha hai 2 anos baixo o nome de Circulo de Mujeres As fillas do Sol. Un nome que dá Luz, Enerxía e boa Vibra a calquera actividade que desde aí póñase en marcha. Un novo proxecto nace dentro das fillas do Sol...nace un grupo de Apoio, onde Compartir, Respectar, Autocoidado, Equidade, Protagonista da miña Vida, Disciplina, Xenerosidade, Escucha Activa, Confianza, Palabra, Decisión, Emoción entre outras moitas, formarán parte dunha linguaxe dos nosos día a día. Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 Máis Información de MULLERES QUE PODEN ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057202191221 ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Salta Da Cama de 8-10h 107.7Fm ️ www.radioestrada.com HOXE: Santoral Que pasa en Galicia? Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀ Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns. #información #entretemento #música Sección de igualdade. Cada xoves abrimos unha fiestra cara o rural, o empoderamento e o emprendemento. Hoxe falamos da creación do "Círculo de Mulleres", na Estrada ESCOITÁMONOS PARTICIPA: : @pablochichas ☎️: 986675149 : 644165966 ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Cada xoves falamos de igualdade, rural, emprendemento e cultura con Kim Llobet. Hoxe falos con Kim Llobet que me faio resumo do 1º Encontro de Mulleres en Igualdade de Galicia. "Ten que haber máis homes neste tipo de actos, é un camiño que temos que percorrer xuntos". "durante o acto tivemos a testemuña expontanea dunha muller que se sinteu identificada e pideu axuda". "O mar da máis de 20.000 empregos ás mulleres galegas e temos o mellor porto de pesca artesán de Europa.". Máis Información da ASOCIACIÓN DE MULLERES EN IGUALDADE RÍA DE PONTEVEDRA: ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100063744633483 ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/ameiriadepontevedra/?hl=cs Correo: amei.riadepontevedra@gmail.com ☎️Teléfono: (+34)652231025 Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Cada xoves falamos de igualdade, rural, emprendemento e cultura con Kim Llobet. Hoxe falamos con Pilar Otero, presidenta da Asociación Mulleres en Igualdade Ría de Pontevedra, que organizan o 1º Encontro de Mulleres en Igualdade de Galicia. "Tradicionalmente, a pesca foi un ámbito dominado maioritariamente por homes, relegando ás mulleres a roles secundarios ou invisibles neste campo". "Moitas mulleres son pescadoras, mariñeiras, armadoras, empresarias do sector pesqueiro, e o seu labor é crucial para o desenvolvemento sostible da pesca e a conservación dos recursos mariños". "A marca PescadeRías de onde se non? é un selo de identidade e calidade para a promoción e defensa dos peixes e mariscos procedentes da frota artesanal galega". Tradicionalmente, a pesca foi un ámbito dominado maioritariamente por homes, relegando ás mulleres a roles secundarios ou invisibles neste campo. É por eso que é importante resaltar a igualdade de xénero na pesca, visibilizando o papel fundamental que as mulleres desempeñan nesta actividade económica e cultural. Moitas mulleres son pescadoras, mariñeiras, armadoras, empresarias do sector pesqueiro, e o seu labor é crucial para o desenvolvemento sostible da pesca e a conservación dos recursos mariños. Promover a igualdade de oportunidades e o recoñecemento do traballo das mulleres na pesca é imprescindible para avanzar cara a unha sociedade máis xusta e inclusiva. No sector da pesca, a igualdade de xénero é un tema de vital importancia que debe ser abordado para garantir un desenvolvemento sostible e equitativo. A pesca é unha industria que tradicionalmente estivo dominada por homes, deixando ás mulleres nunha posición de desvantaxe en canto a acceso a recursos, oportunidades e toma de decisións. Para construír unha mar de igualdade no sector pesqueiro, é fundamental que se promova a participación activa das mulleres en todas as áreas da cadea de valor, desde a pesca en si mesma ata a comercialización e xestión dos recursos. Esto implica a creación de políticas e programas que garantan a igualdade de oportunidades e a eliminación de barreiras que impidan a plena participación das mulleres no sector. Ademais, é necesario recoñecer e valorar o papel fundamental que desempeñan as mulleres na pesca, tanto na economía como na conservación dos recursos mariños. As mulleres adoitan ser as encargadas de actividades como a limpeza e o procesamento do peixe, así como da transmisión de coñecementos e prácticas tradicionais. Así mesmo, é importante fomentar a formación e capacitación das mulleres no sector pesqueiro, para que poidan acceder a mellores oportunidades laborais e contribuír de maneira máis efectiva ao desenvolvemento sostible das comunidades costeiras. Esto inclúe a promoción de espazos seguros e libres de discriminación, así como o empoderamento das mulleres para que poidan facer valer os seus dereitos e esixir un trato xusto e equitativo. En definitiva, construír unha mar de igualdade no sector pesqueiro require dun compromiso colectivo por parte de todos os actores involucrados, tanto a nivel local como nacional e internacional. Só a través da colaboración e o respecto mutuo poderemos lograr unha pesca máis xusta, sostible e equitativa para todas as persoas, independentemente do seu xénero. A nova lei de Igualdade LEI 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, da Xunta de Galicia aprobada o pasado 11 de decembro de 2023. O título V contempla nun único artigo os dereitos das mulleres no desenvolvemento rural e do sector marítimo-pesqueiro, así como a proposta dos seus respectivos estatutos. No título VII regula a organización da igualdade, onde destacan os órganos colexiados de participación institucional, tales como o Consello Galego das Mulleres, a Unidade Muller e Ciencia de Galicia, o Observatorio da Imaxe da Muller e o Observatorio das Mulleres Rurais e do Mar, que consta de dúas seccións, unha da muller rural e outra da muller do mar. A nova lei de Igualdade para a igualdade efectiva de mulleres e homes na pesca é un importante paso cara á eliminación das desigualdades de xénero neste sector. Esta lei busca garantir que tanto mulleres como homes teñan as mesmas oportunidades de acceder a empregos no sector pesqueiro, así como iguais condicións de traballo e remuneración. Ademais, a lei inclúe medidas para fomentar a participación das mulleres en postos de dirección e toma de decisións nas empresas pesqueiras, así como para promover a conciliación laboral e familiar neste sector. En definitiva, esta lei é un paso significativo cara á construción dun sector pesqueiro máis xusto, inclusivo e equitativo para todas as persoas, independentemente do seu xénero. Desde Mujeres en Igualdade Ria de Pontevedra, en colaboración con Mulleres en Igualdade do Morrazo e a Confederación Nacional de Mujeres en Igualdade, queremos construír unhas xornadas nas que as mulleres, a igualdade e a mar sexan as protagonistas. A igualdade no sector marítimo pesqueiro, en todos os seus ámbitos, destacando a contribución da muller para poñer en valor os produtos pesqueiros. Porque ao promocionar o consumo dos nosos produtos pesqueiros, estamos a dar valor a toda a cadea de produción. Por iso cremos que sería importante crear un foro “Construíndo unha mar de igualdades” que se celebraría nunha contorna tan pesqueira como é a Zona do Morrazo (Pontevedra) baixo o paraugas dunhas asociacións que levan no seu ADN tanto a igualdade como a mar nos seus estatutos e actividades. Ao longo dunha fin de semana, dedicarémonos a debullar e promocionar a nova Lei de igualdade, que tanto beneficia ao sector do mar, para que todas aquelas mulleres que pertenzan ao sector marítimo pesqueiro poidan coñecer a nova normativa e como as beneficia á hora de poñer en valor os seus postos de traballo, así como unha visibilización nos produtos que comercializan, tanto a nivel extractivo (mariscadoras, pescadoras), transformador (conserveiras, fabricas) ou comercial (pescantinas, comercializadoras). Tamén poñeremos en valor o noso patrimonio marítimo-pesqueiro, con visitas a unha praza de abastos, museos de gran relevancia tanto a nivel pesqueiro como de promoción da igualdade nas mulleres, sen esquecer as degustacións de produtos da nosa zona, baixo a marca Pescaderias, de onde se non?. Márca a PescadeRías de onde se non? é un selo de identidade e calidade para a promoción e defensa dos peixes e mariscos procedentes da frota artesanal galega, cuxa fama de variedade e calidade traspasan as nosas fronteiras. Unha marca na que pon o máximo protagonismo ao produto e aos produtores locais, reforzando os conceptos de sustentabilidade e consumo de proximidade. Ademais, daremos visibilidade a campaña “Galicia sabe a mar" da Xunta de Galicia, que tamén promove a gastronomía galega a través dos produtos do mar. Esta iniciativa busca resaltar a calidade e variedade dos produtos do mar da rexión, como o marisco, peixe, algas e outros alimentos mariños, e promover o seu consumo tanto a nivel nacional como internacional. Porque, "Galicia sabe a mar" é unha campaña para poñer en valor a excelencia dos produtos do mar galegos e a cultura gastronómica da rexión, e estes obxectivos son moi importantes para unha igualdade efectiva de todos os sectores da cadea de produción e comercialización do sector pesqueiro, nos que a posta en valor dos nosos produtos é moi importante para a economía local. Porque construír unha mar de igualdades no sector pesqueiro implica garantir unha distribución máis equitativa dos recursos e oportunidades, promovendo a igualdade de xénero e contribuíndo a un desenvolvemento máis sostible e xusto no sector pesqueiro, beneficiando desta maneira a todas as persoas involucradas nesta actividade económica. Máis Información da ASOCIACIÓN DE MULLERES EN IGUALDADE RÍA DE PONTEVEDRA: ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100063744633483 ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/ameiriadepontevedra/?hl=cs Correo: amei.riadepontevedra@gmail.com ☎️Teléfono: (+34)652231025 Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
La asociación de empresarias Mulleres Ártabras se reunirá el próximo viernes, a partir de las 9.30 horas, con representantes de la organización Executivas de Galicia. El encuentro tendrá lugar en el Pazo da Merced en Neda y servirá para estrechar lazos de colaboración entre las emprendedoras gallegas. Además, Mulleres Ártabras organizará el próximo domingo, día 21, un taller de trabajo sobre productividad y autoliderazgo para mujeres. Será a partir de las diez de la mañana en Marga Carballo Academia, situada en la calle Martínez de la Rosa de Narón, y estará impartido por Andreina Aular. Dará las claves para definir las metas personales y profesionales.
La Galería: Mulleres Colleiteiras
Cada xoves abrimos unha fiestra para a igualdade e a muller no rural. Hoxe falamos con dúas das galardoadas, este ano pola, Aso de Mulleres Rurais Avelina Valladares. A asociación Mulleres Rurais Avelina Valladares leva xa trece anos agradecendo a contribución das mulleres estradenses que van pola vida deixando pegada. Este ano a homenaxe será para Rosa Carracedo Sánchez, Sabina Chedas Otero, Rosa Rey Chao e Mónica rei García. Sabina Chedas "Emigramos a Venezuela deixando unha nena de dous anos, aquí. E debendo o viaxe. Chegei a dirixir unha fábrica con corenta empregados". Mónica García "Miña nai tivo moita forza como muller para tomar decisións, e eu véxome reflexada nela". 8 de marzo 17:30h ️ Cafetería Ananás, A Estrada Sabina Chedas Otero naceu na parroquia de Ouzande e é a menor de sete irmáns. Ao casar foi vivir a Ordes e tras uns anos emigrou a Venezuela co seu marido, deixando á súa única filla ao coidado da súa nai e dunha irmá. A súa ilusión era gañar o suficiente para ter unha casa propia, así que iniciou a súa propia aventura profesional. Comprou unha máquina de coser e púxose a confeccionar camisas. Con outras dúas socias emprendeu a creación dunha sociedade que puxo en marcha unha fábrica bautizada como Saroca, un nome que nacía da conxugación das dúas primeiras letras do nome de cada unha. Recibían as pezas cortadas e encargábanse de coselas e levalas ás tendas para a súa venda. Cando puido, levouse á súa filla tamén a Venezuela. Cando as socias de Sabina decidiron regresar a España, ela quedouse soa á fronte da fábrica e, coa colaboración do seu marido, chegou a ter 40 obreiras. Eles encargábanse da loxística e a contabilidade da fábrica, onde as contas facíanse de memoria. O matrimonio aforrou diñeiro e mandouno ao pai de Sabina para que empezase co proxecto da casa. A familia regresou a España en 1972. De volta e sendo ama de casa, Sabina descubriu a súa paixón pola pintura, unha afección que segue tendo e que adestra en Mulleres da Estrada. Rosa Carracedo Sánchez, nacida na Estrada, é a cuarta de sete irmáns. Creceu na taberna de Basilio, emprazada na contorna do lugar onde por aquel entón tiña lugar a feira de gando e onde axudou naqueles momentos difíciles da posguerra. Casou aos 19 anos con Alberto Blanco, mecánico e ferreiro de profesión co que tivo seis fillos. El emigrou a Libia a traballar e ela, con gran dificultade e esforzo, sacou adiante aos seus fillos. Ademais de traballar axudando ao seu pai na taberna, Rosa tamén se gañou a vida confeccionando pezas para bebés desde a súa casa. Segue sendo unha muller activa que participa nas actividades da igrexa e nas de Mulleres da Estrada. Rosa Rey Chao, naceu na Estrada no seo dunha familia de sete irmáns, sendo ela a quinta. Casou aos 24 anos con Armando, orixinario de Lugo. Ao principio da súa nova vida viviu en Ferrol, Viveiro, Pontevedra e Vigo. Daquela a parella instalouse en Lugo, onde naceron as súas tres fillas. Trece anos máis tarde a familia volveu á Estrada. De carácter moi social e colaborador, Rosa participa activamente en diferentes asociacións e nas actividades sociais e culturais que se organizan na Estrada. Mónica Rey García é o reflexo do novo zume estradense. Naceu en Venezuela de pais estradenses —el de San Pedro de Ancorados e ela de Rubín. De regreso na Estrada, estudou Administración e fixo prácticas nunha empresa na que quedou a traballar máis dunha década. A morte temperá dun familiar moi próximo marcou a súa forma de encarar a vida. Pertence a unha nova xeración de loitadoras onde o reinventarse é un camiño cara ao éxito. Empresaria e entregada ao movemento feminista, crea e dá oportunidades a outras mulleres da súa contorna nos seus perfís profesionais. Casada con Javier e nai de dous fillos, é unha buscadora incansable de oportunidades, sempre en continua evolución e implicada no movemento asociativo feminino. Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE: ✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia ✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/ ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos do papel da muller nos avances tecnolóxicos. Cando se trata de redes sociais e de tecnoloxía acostumamos a pensar en figuras coñecidas e tan populares como o CEO de Meta, Mark Zuckerberg; en Elon Musk, que seguramente nos soe por ser o fundador de Tesla, SpaceX, Neuralink, OpenAI ou o señor que decidiu mercar Twitter e rebautizalo como X; en Bill Gates, o fundador de Microsoft; Jeff Bezos, o creador de Amazon; e unha lista case infinita de nomes de homes. En moitos ámbitos esquecémonos de que as mulleres tiveron e teñen un papel fundamental e a tecnoloxía non é unha excepción. "Ángela Ruiz Robles foi mestra, escritora e inventora. Desenvolveu a primeira proposta de enciclopedia mecánica". "Cando se trata de redes sociais e de tecnoloxía acostumamos a pensar en figuras coñecidas, masculinas. E esquecémonos de que as mulleres tiveron e teñen un papel fundamental na tecnoloxía". "O uso da frecuencia ensanchada, de Hedy Lamarr, converteuse na base para o desenvolvemento de tecnoloxías civís como o Bluetooth e a wifi". ✔️Hedy Lamarr e a wifi Sen ir máis lonxe, que poidamos chegar á casa, a unha biblioteca ou a unha cafetería e que se nos conecte o noso teléfono móbil a unha rede wifi ou que poidamos escoitar música a través do Bluetooth nos nosos cascos inalámbricos, é grazas a unha muller. Hedy Lamarr (Viena, 1914-2000) é coñecida por ser unha estrela de Hollywood na súa época dourada pero tamén polas súas invencións. Durante a Segunda Guerra Mundial, Lamarr estaba preocupada polo uso de torpedos controlados por radio, que podían ser interferidos ou bloqueados polo inimigo. Para abordar este problema, traballou xunto co compositor e pianista George Antheil para desenvolver un sistema de comunicacións máis seguro. O seu invento baseábase na idea do espectro ensanchado, que é unha técnica de transmisión de datos inalámbrica que emprega un ancho de banda moito maior que o necesario para transmitir información. Este método facía que fose extremadamente difícil para os inimigos interceptar ou interferir a sinal, xa que só aqueles que coñecesen o patrón de cambio de frecuencia poderían descifrar a mensaxe. Aínda que este sistema, coñecido como Secret Communication System, se patentou en 1942, non foi até décadas máis tarde, na década de 1960, que o concepto de frecuencia ensanchada comezou a implementarse en tecnoloxías militares. E posteriormente, na década de 1990, o uso da frecuencia ensanchada converteuse na base para o desenvolvemento de tecnoloxías civís como o Bluetooth e a wifi, que usamos na nosa vida diaria para a comunicación inalámbrica. ✔️Ada Lovelace e a programación Ada Lovelace foi unha matemática e escritora británica do século XIX e é coñecida polo seu traballo pioneiro no campo da informática e da programación. É recoñecida polas súas notas sobre a “Máquina Analítica” de Charles Babbage, un deseño conceptual do que hoxe se considera como o primeiro ordenador xeral. Estas notas incluían algoritmos detallados destinados a ser procesados por esta máquina e, aínda que nunca se chegou a construír durante a vida de Lovelace, o seu traballo sentou as bases teóricas para a programación de computadoras, e é amplamente recoñecida como a primeira persoa en comprender o potencial das máquinas para ir máis alá de simples cálculos numéricos, anticipando así o concepto de programación informática. ✔️ Ángela Ruiz Robles e o libro electrónico Ángela Ruiz Robles foi mestra, escritora e inventora. En 1949, desenvolveu a primeira proposta de enciclopedia mecánica e, en 1962 realizou un prototipo da mesma, construído en Ferrol. Este aparello consistía nun procedemento mecánico, eléctrico e a presión de aire para a lectura de libros que consistía nunhas láminas con debuxos que se iluminaban ao pousar un dedo sobre elas. Na actualidade, a súa invención pode atoparse no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía na Coruña. E, de algunha maneira, considérase o precedente do primeiro libro electrónico. ✔️ Canva e Melanie Perkins A todos nos resultará familiar, aínda que sexa por encima, a plataforma Canva. Esta é unha ferramenta en liña que permite crear deseños gráficos e maneira sinxela e accesible, aínda que non teñamos experiencia previa nesta rama. Aínda que conta con tantos amantes como detractores, é innegable que a aplicación marcou un antes e un despois en canto a deseño para redes sociais se refire. A compañía foi cofundada en 2013 pola súa actual CEO, Melanie Perkins e, a día de hoxe, é unha das compañías de computación na nube máis importantes. ✔️X, Yaccarino e Picquot Dende xuño do ano pasado, Linda Yaccarino é a directora executiva de X. Yaccarino conta con experiencia nos medios tradicionais e é a ex-xefa de publicidade de NBCUniversal, onde forxou asociacións estratéxicas con compañías tan coñecidas como Twitter, Apple, Buzzfeed, Snapchat e Youtube. Neste sentido, en España, ata fai relativamente pouco, a directora xeral de Twitter para España e Portugal era Nathalie Picqueot, especialista en desenvolvemento de negocio, marketing e vendas no ámbito dixital. Actualmente, é a directora global de Corporate Marketing, Brand Experience e Digital Engagement do Banco Santander. ✔️Irene Cano e Fuencisla Clemares Tamén nos atopamos, entre outras, con Irene Cano, que é a directora xeral de Facebook España e Portugal desde xuño de 2012 e recoñecida como unha das mulleres máis influíntes de España; ou a Fuencisla Clemares, que é a directora xeral de Google en España e Portugal e que conta con máis de 20 anos de experiencia en dirección, consultoría estratexia, comercio electrónico, marketing dixital, industria minorista e xestión de vendas. Estas son só algunha das mulleres que fixeron que a tecnoloxía e a rede sexan o que son hoxe en día. E, aínda que sempre se incide máis sobre as figuras femininas e o seu papel na historia en datas como o Día da Muller, é importante poñer sobre a mesa todos os seus avances a diario porque, a fin de contas, no noso día a día é cando empregamos todas tecnoloxías que, sen elas, quizais non existirían. Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN: ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/ ️"SUSCRÍBETE" ao podcast. MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Salta Da Cama de 8-10h 107.7Fm ️ www.radioestrada.com HOXE: Santoral Que pasa en Galicia? Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀ Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns. Música Igualdade coa Aso Igualdade é Mulleres de A Estrada. Falamos do II encontro interxeracional, Mulleres que poden. Sorteo dun arranxo floral, para o día de San Valentín de Javier De La Iglesia arte floral. ESCOITÁMONOS PARTICIPA: : @pablochichas ☎️: 986675149 : 644165966 ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos do II Encontro Interxeracional, mulleres que poden. A música fío conductor das emocións. Falamos coa profesora Laura Tojeiro do Mestrado de Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria pola Especialidade de Música e con 4 dos seus alumnos/as. Ana, Jennifer, Daniel e Ramón. "Todo o mundo ten un músico favorito pero non un matemático e aos músicos non se nos trata co mesmo respeto que aos matemáticos". "A música está en todas as partes na nosa vida, é algo indispensable para o ser humano". "O que facemos en actividades como estás é sacar as aulas á rúa e mostrar o que facemos, ademáis de aproveitar para recoller patrimonio cultural inmaterial da xente que se achegue. ". Luns 19 de febreiro 17:00h ️ MOME, Avenida Benito Vigo, 92, baixo, 36680 - A Estrada (Pontevedra) Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE: ✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia ✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/ ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
O programa Unha científica visita o noso cole, no que o concello colabora con con AMIT Galicia está dirixido a alumnado de segundo ciclo de primaria dos colexios públicos da cidade e servirá para visibilizar o papel das mulleres nos diferentes ámbitos científicos e tecnolóxicos, así como contribuír a crear referentes para que as nenas se acheguen á ciencia. As mulleres que ofrecerán charlas aos nenos e nenas nos diferentes colexios serán a doutora pola Universidade da Coruña no Programa de Ciencias Sociosanitarias, María Jesús Movilla Fernández,que falará sobre A muller como enfermeira e científica; a doutora pola Universidade da Coruña no programa de Enxeñería Naval e Industrial, Lucía Santiago Caamaño, co relatorio A enxeñaría naval tamén é cousa de chicas; a doutora en Dereito, Asunción López Arranz, coa poñencia sobre Muller xurista, compromiso coa igualdade; a doutora pola Universidade da Coruña no programa de Ciencia e Tecnoloxía de Polímeros, Ana Ares Pernas, coa charla Deseñadoras do futuro: plásticos e impresión 3D; a enxeñeira industrial, Laura Castro Santos, que falará sobre A enerxía das mulleres; a enxeñeira naval e o oceánica pola Universidade da Coruña, Laura Alonso García con Aventuras no mar; a súa ciencia e as súas científicas; e a doutora en Física e coordinadora de AMIT Galicia, que tamén participou na rolda de prensa, Ana Jesús López Díaz, que impartirá unha charla sobre Mulleres facendo ciencia con láseres. Esta última destacou a importancia de impartir charlas nos diferentes colexios “para visibilizar o labor das mulleres científicas”, uns relatorios nos que o alumnado adoita participar de xeito moi activo”, xa que saen da rutina lectiva e sérvelles como motivación.
Este fin de semana, la Asociación de Mulleres Cabanas Rural organiza las Xornadas de Fiado da Lá. Las mismas consisten en un curso, que dura el sábado (de 10h a 14h y de 16h a 20h) y el domingo (de 10h a 14h y de 16h a 18h9 en el que cualquier persona puede rematar la semana sabiendo tejer la lana. El curso es gratis para aquellas personas socias de la Asociación, y cuesta 25€ para los no socios. Todo el material necesario para aprender a será provisto en el curso. ¡No pierdas la oportunidad!
Con Deputación de Pontevedra, Mulleres da Provincia. Charlamos con Sanny e interpreta un tema en el estudio. Estará en el concierto de Navidad de Entreculturas Vigo, con la colaboración de CÍES Podcast, el próximo día 20. Y la psicóloga Marta Segrelles nos presenta ‘Abraza a la niña que fuiste’, editada por Bruguera.
El mejor análisis del Celta con Patxi Salinas. Y con Deputación de Pontevedra, Mulleres da Provincia. Hoy charlamos con la judoca, campeona de Europa sub 23, Laura Vázquez.
Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade e co rural. Hoxe falamos con Carlos Vila, sobre o informe da Fundación Anar. "Hoxe en día un rapaz ou rapaza de 12 anos está vendo contidos en internet que non entende e está normalizando cousas que non o son". "Debemos coidar a súde mental ao igual que coidamos a saúde física. Sair a tomar un café cun amigo, tamén é saúde mental". "Non podemos demonizar as pantallas nin o uso de internet, pero hai que ter espazos para máis cousas". A violencia de xénero entre adolescentes dispárase case un 90% en só catro anos e a sexual, un 40%. O Estudo lonxitudinal sobre a Evolución de a Violencia contra as Mulleres na Infancia e a Adolescencia en España, da Fundación ANAR en base a máis de 20.000 testemuños de menores de idade, alerta dun encrudecimiento de todos os tipos de violencias machistas,nos últimos anos, entre os adolescentes españois. A investigación, analiza catro tipos de violencia —de xénero, sexual, doméstica e outros tipos de violencia física ou psicolóxica (como o acoso escolar ou o ciberacoso)— co obxectivo de coñecer a evolución da súa incidencia e poñer de relevo os cambios e tendencias detectados en catro anos. Os resultados revelan un empeoramento de todos os indicadores, especialmente no período posterior á pandemia. Sobre todo a violencia de xénero, que de 2018 a 2022 aumentou case un 90%; e a sexual, que experimentou un crecemento do 40% en tan só catro anos. E o 47,1% das adolescentes non son conscientes de estar a ser vítimas de violencia de xénero. "Vimos atravesando unha crise social de gran magnitude que impacta nos colectivos máis vulnerables, como son infancia e a adolescencia. Viuse como as situacións que xa estaban a vivir durante a pandemia, recruáronse", "un gran número de adolescentes vítimas deste tipo de violencias non son conscientes de estar a ser afectadas por esta problemática", razón pola cal é crucial fortalecer os mecanismos de detección e atención precoz na contorna da vítima e formar tanto aos nenos e adolescentes como ás familias e profesionais. A violencia de xénero, a que máis crece En xeral, todas as violencias analizadas creceron case un 40% desde 2018, pero é a violencia de xénero —cometida no ámbito da parella ou ex-parella— a que experimentou un maior incremento. Concretamente, en só catro anos produciuse un aumento do 87,8% nos casos de violencia de xénero na contorna (é dicir, nos fogares dos nenos, nenas e adolescentes); e un 87,2% nos casos nos que son as propias adolescentes as vítimas directas dos seus agresores, que no 57% dos casos son os seus noivos, e en tres de cada dez, estes son maiores de idade. No caso da violencia de xénero na contorna (no que o agresor, en case o 90% dos casos, é o pai cara á nai), o perfil analizado mostra que a media de idade é de 10 anos, e que viven en familias monoparentais (69,2%). "Non só están a ver o sufrimento das súas nais, tamén están en risco de sufrir malos tratos físicos e psicolóxicos no 47% dos casos". En cambio, o perfil sociodemográfico das vítimas directas de violencia de xénero, teñen unha media de 16 anos, e en case a metade dos casos teñen problemas de saúde mental, como condutas suicidas, autolesiones ou depresión. Ademais, sete de cada dez vítimas nin denunciou nin ten intención de facelo (especialmente no ámbito rural); a metade non é consciente do problema; e o 70% non recibe ningún tipo de terapia psicolóxica. A "normalización" e "idealización" dos celos na parella "como mostra do amor romántico" é unha das ferramentas máis potentes na dinámica de control do agresor á vítima, segundo sinalou a directora do departamento xurídico do Teléfono ANAR, Sonsoles Bartolomeu, ao debullar a análise dos discursos dos menores participantes. Más agresións sexuais en manda Detrás da violencia de xénero, a violencia sexual é a que máis creceu neste últimos catro anos entre as menores de idade: un 39,4% máis de 2018 a 2022. A maioría de agresores son de contornas próximas, como a familia ou o ámbito escolar, e detectouse un alarmante incremento das mandas: un 10% das peticións de axuda xa son relacionadas coas agresións sexuais grupais. A fundación atendeu a 2.400 nenas e adolescentes afectadas por distintos tipos de violencia sexual: agresións sexuais (no 95,1% dos casos); Grooming Practicas de adultos para obter a confianza dos menores, normalmente con fins sexuais (2,7%); pornografía (0,9%); Sexting Consiste no envío de imaxes ou vídeos de contido sexual mediante teléfono móbil. (0,7%); prostitución (0,5%); e aborto forzado (0,1%). A investigación analiza tamén a incidencia da violencia doméstica entre adolescentes, que representa case dúas de cada dez casos. A violencia no contexto intrafamiliar dáse, sobre todo, en forma de malos tratos físicos (no 45% dos casos) malos tratos psicolóxicos (41,2%). O 11,2% dos casos foron casos de abandono, no 1,4% botaran de casa ao menor e no 1,1% produciuse un "secuestro parental". Respecto a outros tipos de violencia física ou psíquica, copan a clasificación os casos de acoso escolar (o 67,6%), seguidos das agresións físicas (17,4%), o ciberacoso (8%), a agresión psicolóxica (6,8%) e os malos tratos institucionais (0,2%). "Por baixo de 10 anos é moi importante poñer o foco, porque hai nenas que están a sufrir agresións sexuais, abandono, neglixencia, subtraccións parentales, malos tratos psicolóxicos e acoso escolar. É un factor de risco e vulnerabilidade", tamén se destaca que o 14% das vítimas son menores con discapacidade (intelectual, sobre todo), que sofren maioritariamente acoso escolar. A tecnoloxía está implicada en o 44% de os casos Nesa tendencia inflúen dous factores crave, en primeiro lugar, unha perpetuación de certos valores e actitudes machistas, tanto nos fogares como nas escolas; tambien, unha irrupción das tecnoloxías, que é xa unha ferramenta clave na consecución desas violencias no 44% dos casos. A súa implicación, ademais, creceu un 82% só no período pos-pandemia. Oito de cada dez adolescentes vítimas de violencia de xénero sófrena tamén pola canle tecnolóxica. "É unha poderosa ferramenta de dominación do agresor fronte á vítima. Non vai dubidar en difundir todas esas imaxes ou vídeos comprometidas da propia adolescente para facerlle dano", as consecuencias son o dano á súa imaxe, á súa honra e á súa identidade, aínda "en pleno proceso de construción". O acceso temperán a contidos dixitais no que se mostran comportamentos "violentos, machistas e tóxicos", en idades nas que aínda non se ten o desenvolvemento e a madurez suficiente, é outra das problemáticas detectadas no informe. Por iso, recálcase a reivindicación de diversas entidades de protección á infancia: un veto a certos contidos pornográficos e prexudiciais para os menores de idade. Igualmente "preocupante" é, a gravidade e cronicidade da maioría de casos. Sete de cada dez dos problemas foron considerados de gravidade alta, un 52,9% de alta urxencia, un 53,7% de frecuencia diaria e un 62,6% duraron máis dun ano. Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE: ✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia ✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/ ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
La graduada en Gestión Digital de Información y Documentación, Patricia López Bellas, acaba de ganar el primer premio del XI Concurso de Trabajos Académicos con Perspectiva de Género Ángeles Alvariño que promueve la Oficina para la Igualdad de Género de la Universidade da Coruña. Su trabajo de fin de grado, titulado “Mulleres na prensa: análise de sexismo de novas sobre maltrato” y dirigido por la profesora de la Facultad de Humanidades y Documentación, María Elena Alfaya Lamas, alcanzó el primer galardón en la categoría de Artes y Humanidades.
Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade e co rural. Hoxe falamos con Carlos Vila, sobre a actividade de Acrofam e Kim Llobet explícanos o informe da Fundación Anar. "A violencia de xénero entre adolescentes dispárase case un 90% en só catro anos e a sexual, un 40%.". "O 47,1% das adolescentes non son conscientes de estar a ser vítimas de violencia de xénero. ". "Hai un fracaso como sociedade, porque hai un problema enriba da mesa que non damos solucionado". A violencia de xénero entre adolescentes dispárase case un 90% en só catro anos e a sexual, un 40%. O Estudo lonxitudinal sobre a Evolución de a Violencia contra as Mulleres na Infancia e a Adolescencia en España, da Fundación ANAR en base a máis de 20.000 testemuños de menores de idade, alerta dun encrudecimiento de todos os tipos de violencias machistas,nos últimos anos, entre os adolescentes españois. A investigación, analiza catro tipos de violencia —de xénero, sexual, doméstica e outros tipos de violencia física ou psicolóxica (como o acoso escolar ou o ciberacoso)— co obxectivo de coñecer a evolución da súa incidencia e poñer de relevo os cambios e tendencias detectados en catro anos. Os resultados revelan un empeoramento de todos os indicadores, especialmente no período posterior á pandemia. Sobre todo a violencia de xénero, que de 2018 a 2022 aumentou case un 90%; e a sexual, que experimentou un crecemento do 40% en tan só catro anos. E o 47,1% das adolescentes non son conscientes de estar a ser vítimas de violencia de xénero. "Vimos atravesando unha crise social de gran magnitude que impacta nos colectivos máis vulnerables, como son infancia e a adolescencia. Viuse como as situacións que xa estaban a vivir durante a pandemia, recruáronse", "un gran número de adolescentes vítimas deste tipo de violencias non son conscientes de estar a ser afectadas por esta problemática", razón pola cal é crucial fortalecer os mecanismos de detección e atención precoz na contorna da vítima e formar tanto aos nenos e adolescentes como ás familias e profesionais. A violencia de xénero, a que máis crece En xeral, todas as violencias analizadas creceron case un 40% desde 2018, pero é a violencia de xénero —cometida no ámbito da parella ou ex-parella— a que experimentou un maior incremento. Concretamente, en só catro anos produciuse un aumento do 87,8% nos casos de violencia de xénero na contorna (é dicir, nos fogares dos nenos, nenas e adolescentes); e un 87,2% nos casos nos que son as propias adolescentes as vítimas directas dos seus agresores, que no 57% dos casos son os seus noivos, e en tres de cada dez, estes son maiores de idade. No caso da violencia de xénero na contorna (no que o agresor, en case o 90% dos casos, é o pai cara á nai), o perfil analizado mostra que a media de idade é de 10 anos, e que viven en familias monoparentais (69,2%). "Non só están a ver o sufrimento das súas nais, tamén están en risco de sufrir malos tratos físicos e psicolóxicos no 47% dos casos". En cambio, o perfil sociodemográfico das vítimas directas de violencia de xénero, teñen unha media de 16 anos, e en case a metade dos casos teñen problemas de saúde mental, como condutas suicidas, autolesiones ou depresión. Ademais, sete de cada dez vítimas nin denunciou nin ten intención de facelo (especialmente no ámbito rural); a metade non é consciente do problema; e o 70% non recibe ningún tipo de terapia psicolóxica. A "normalización" e "idealización" dos celos na parella "como mostra do amor romántico" é unha das ferramentas máis potentes na dinámica de control do agresor á vítima, segundo sinalou a directora do departamento xurídico do Teléfono ANAR, Sonsoles Bartolomeu, ao debullar a análise dos discursos dos menores participantes. Más agresións sexuais en manda Detrás da violencia de xénero, a violencia sexual é a que máis creceu neste últimos catro anos entre as menores de idade: un 39,4% máis de 2018 a 2022. A maioría de agresores son de contornas próximas, como a familia ou o ámbito escolar, e detectouse un alarmante incremento das mandas: un 10% das peticións de axuda xa son relacionadas coas agresións sexuais grupais. A fundación atendeu a 2.400 nenas e adolescentes afectadas por distintos tipos de violencia sexual: agresións sexuais (no 95,1% dos casos); Grooming Practicas de adultos para obter a confianza dos menores, normalmente con fins sexuais (2,7%); pornografía (0,9%); Sexting Consiste no envío de imaxes ou vídeos de contido sexual mediante teléfono móbil. (0,7%); prostitución (0,5%); e aborto forzado (0,1%). A investigación analiza tamén a incidencia da violencia doméstica entre adolescentes, que representa case dúas de cada dez casos. A violencia no contexto intrafamiliar dáse, sobre todo, en forma de malos tratos físicos (no 45% dos casos) malos tratos psicolóxicos (41,2%). O 11,2% dos casos foron casos de abandono, no 1,4% botaran de casa ao menor e no 1,1% produciuse un "secuestro parental". Respecto a outros tipos de violencia física ou psíquica, copan a clasificación os casos de acoso escolar (o 67,6%), seguidos das agresións físicas (17,4%), o ciberacoso (8%), a agresión psicolóxica (6,8%) e os malos tratos institucionais (0,2%). "Por baixo de 10 anos é moi importante poñer o foco, porque hai nenas que están a sufrir agresións sexuais, abandono, neglixencia, subtraccións parentales, malos tratos psicolóxicos e acoso escolar. É un factor de risco e vulnerabilidade", tamén se destaca que o 14% das vítimas son menores con discapacidade (intelectual, sobre todo), que sofren maioritariamente acoso escolar. A tecnoloxía está implicada en o 44% de os casos Nesa tendencia inflúen dous factores crave, en primeiro lugar, unha perpetuación de certos valores e actitudes machistas, tanto nos fogares como nas escolas; tambien, unha irrupción das tecnoloxías, que é xa unha ferramenta clave na consecución desas violencias no 44% dos casos. A súa implicación, ademais, creceu un 82% só no período pos-pandemia. Oito de cada dez adolescentes vítimas de violencia de xénero sófrena tamén pola canle tecnolóxica. "É unha poderosa ferramenta de dominación do agresor fronte á vítima. Non vai dubidar en difundir todas esas imaxes ou vídeos comprometidas da propia adolescente para facerlle dano", as consecuencias son o dano á súa imaxe, á súa honra e á súa identidade, aínda "en pleno proceso de construción". O acceso temperán a contidos dixitais no que se mostran comportamentos "violentos, machistas e tóxicos", en idades nas que aínda non se ten o desenvolvemento e a madurez suficiente, é outra das problemáticas detectadas no informe. Por iso, recálcase a reivindicación de diversas entidades de protección á infancia: un veto a certos contidos pornográficos e prexudiciais para os menores de idade. Igualmente "preocupante" é, a gravidade e cronicidade da maioría de casos. Sete de cada dez dos problemas foron considerados de gravidade alta, un 52,9% de alta urxencia, un 53,7% de frecuencia diaria e un 62,6% duraron máis dun ano. Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE: ✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia ✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/ ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
El mejor análisis del Celta con Armando Álvarez. Y de la mano de Deputación de Pontevedra, ‘Mulleres da Provincia’. Hoy con la periodista Rocío Delgado, a la que podemos ver en ‘Xuntos en directo’ enC TVG y en Curiosity en La2 de TVE.
Mulleres que necesitas coñecer2023/Oct/FriMúsica de jazzPrograma musical especializado en jazz galego. Dirixe Xabier Facal.
El mejor análisis del Celta con Rubén Rey. Y con Deputación de Pontevedra conocemos ‘Mulleres da Provincia’. Hoy nos visita la música High Paw.
El mejor análisis del Celta con Juan Carlos Álvarez. Y con Deputación de Pontevedra, ‘Mulleres da Provincia’. Charlamos con dani di costas, que acaba de lanzar nuevo tema ‘Yo también me porto mal’.
A edición de 2023 do Festival da Canteira de Paredes en Vila-Boa, é xa historia. Para falarmos de como foi o ambiente, estivemos en conversa con Gillerme Inácio Costa. músico, mestre de canto tradicional e mestre de pandeireta en diversas asociacións; e especialista na tradición oral galega. Abrimos a conversa falando de Quempalhou e do Alalá da TVG. Despois repasamos as obras ensaísticas do convidado, con especial destaque para "Mulleres de Gargamala! Cantares de tradición oral" (ACentral Folque, 2017). A seguir á crónica do Festival da Canteira, a conversa centrouse na Mestra Felicia.
Neste 70 episodio de Descifrando a Historia realizamos unha panorámica histórica da muller na Galicia Medieval. Para tal fin acompañounos Miguel García-Fernández, o cal é todo un especialista. Foi un programa formidable. Se che gustou dalle ao gústame e comparte, só así nos farás crecer!
El mejor análisis del Celta y previa del partido ante el Mallorca con José Valtierra. Y con Deputación de Pontevedra, ‘Mulleres da Provincia’. Hoy con Elena Gallardo del proyecto Liquid Pancreas, beneficiario de la recaudación de la carrera Vigo Contra El Cáncer.
Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe presentamos unha nova tempada con Kim Llobet e Rocío Lodeiro da Asociación Igualdade e Mulleres da Estrada. "De verdade as mulleres seguimos tendo que convencer a alguén de que os bicos NON solicitados NON están ben?". "Iniciamos o noso primeiro programa co recoñecemento en todos os ámbitos da vida, persoal, social e profesional de onte, hoxe e mañá das Mulleres". "MACHISMO: Actitude de prepotencia dos homes respecto das mulleres. Forma de discriminación sexista caracterizada pola prevalencia do home. FEMINISMO: Principio de igualdade de dereitos da muller e o home". Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE: ✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia ✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/ ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Amena Karimyan é unha nova enxeñeira civil. Como afeccionada a astronomía fundou en 2018 unha asociación astronómica composta por unhas 70 mulleres. Chamáronlle á asociación "Kayhana", que en persa significa "Pequeno Universo". A principios de 2021 Kayhana gañou o concurso "Telescopios para todos" da Unión Astronómica Internacional. E así foi como recibiron un telescopio con inscricións das sinaturas de varios premios nobel. Todo truncouse en agosto de 2021, cando os talibáns volveron ao poder logo de 20 anos. O país de Amena é Afganistán. Unha terra que tivo que deixar para que non a matasen. Inicialmente acolleuna Austria, pero revocáronlle o visado. Agora vive en Alemaña. Falamos con Amena na Coruña onde impartiu unha charla na Domus.
Entrevista a Ximena González, da Marcha Mundial das Mulleres, sobre as políticas da Xunta en relación coa violencia de xénero e tamén ante o proceso das eleccións do 23X.
Charlamos con María José Llergo, que el próximo día 21 se subirá al escenario del TerraCeo del Auditorio Mar de Vigo. Y con Deputación de Pontevedra conocemos ‘Mulleres da Provincia’. Hoy Antía Caride nos presenta a las Girl’s Gang.
Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe visibilizamos a mulleres importantes e fundamentais no eido da psicoloxía e os seus estudos ou descubrimentos. "Cando comezas a estudar psicoloxía, todo o mundo che comeza a mencionar apelidos de persoas que foron relevantes neste eido. Involuntariamente sempre os asocias a homes". "Realmente foi Anna Freud quen máis investigou sobre a psicoloxía dos nenos, pero sempre pensamos no seu irmán Sigmund". "Sen o traballlo destas mulleres non se houberan obtido moitos dos avances cientificos e a psicoloxía actual non sería o mesmo". ⚕Brenda Miller. Investigacións no Instituto Neurolóxico de Montreal (Canadá) e profesora do departamento de Neuroloxía e Neurocirurxía da Universidade de McGill. Brenda é moi coñecida polo caso de H.M. Un mozo que sufrirá ataque epilépticos moi graves dende os 10 anos, e ao cal lle fixeron unha cirurxía na que lle extirparon os lóbulos temporais mediais, o que lle causou amnesia anterógrada. É dicir, deixou de poder gardar novos acontecementos na memoria a largo prazo. Sen embargo, o que descubriuMiller foi que podía continuar aprendendo novas habilidades sen recordar telo feito. ⚕Rosalie Raynor. Estudou, xunto a Watson, o condicionamento a través do pequeno Albert, un neno de 9 meses ao que introducían nun laboratorio cunha rata branca. Ao principio o neno non mostraba medo ante este estímulo, pero, comezaron a introducir un golpe forte dun martelo contra unha barra de metal, para asustar ao neno. Isto fixo que pronto o simple feito de ver a rata fora suficiente para xerarlle nervios e medo ao neno. Aprendera a que ver a rata conlevaba ese son que lle producía medo. ⚕Mary Ainsworth. Foi pioneira na psicoloxía do desenvolvemento. O máis coñecido na súa carreira foi o estudio da situación estraña e a súa contribución á teoría do apego. Esta teoría sempre se asocia a John Bowlby, porque foi o que comezou con ela, pero Ainsworth foi a que observou como os bebés respondían ante dúas persoas: unha coñecida e unha estraña, habendo tres estresores: meter ao neno nunha situación non coñecida, a interacción do neno cunha descoñecida e tamén as breves separación da súa nai. De ai, sacou que existían varios tipos de apego: seguro, evitativo, ansioso ambivalente e desorganizado. ⚕Anna Freud. Realmente moi importante no ámbito da psicoloxía, e non so porque acompañase ao seu irmán, Sigmund Freud, senón porque introduciu a idea dos mecanismos de defensa e ampliou o interese no campo da psicoloxía infantil. ⚕Melanie Klein. Xogou un papel fundamental no desenvolvemento da terapia de xogo. A través do seu traballo con menos, observou que a miúdo empregan o xogo como un dos seus principais medios de comunicación. É, polo tanto, unha forma perfecta para acceder aos pensamentos e sentimentos máis inconscientes, ansiedades e experiencias. ⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella... Máis información BARROS PSICOLOGÍA: ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/ ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos de como se comportou e se comporta a medicina coas mulleres. "Cando se fala de desigualdade, esta xa ven dende como nos diriximos aos bebés". "Nun alto porcentaxe as mulleres deixamos de practicar deporte por continuar cos nosos estudos". "A nivel médico os estudos sempre foron enfocados cara os homes". ⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella... Máis información BARROS PSICOLOGÍA: ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/ ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamon con Alba Aller, deseñadora gráfica, empresaria, nai e creadora dunhas bolsas que buscan poñer en valor as nosas tradicións. Tamén falamos con Teresa Torres, fai 36 anos organizou a primeira cea de mulleres que cada ano reune a máis de cen mulleres polo entroido “A herba de namorar atópase en perigo de extinción, polo mal estado das costas e por unha pranta invasora”. “Os homes facían ceas de empresa, e aínda que as mulleres traballaran nas empresas, non podían ir”. “Na primeira cea de mulleres éramos máis de trinta, dixéronnos de todo, case houbo divorcios. Pero na segunda edición xa fomos noventa”. Máis Información de O COPIÓN: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/ocopion ✔️Instagram: https://www.instagram.com/o_copion/ Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703 Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE: ✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia ✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/ ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas